Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Óptica
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1.-Aprehender os fundamentos (conceptos, principios e propiedades) da interferencia óptica e da coherencia óptica, e coñecer e saber formalizar diferentes procesos de interferencia óptica por división da fronte de onda e por división de amplitude tanto simple como múltiple.
2.-Aprehender os fundamentos da difracción óptica e coñecer e saber formalizar, baixo distintas aproximacións fundamentais, diferentes procesos de difracción óptica. Aprehender os fundamentos dos elementos ópticos difractivos e a Holografía.
3.-Aprehender os fundamentos do tratamento difraccional da imaxe óptica xunto cos seus aspectos fotométricos fundamentais.
Resultados da Aprendizaxe
Con respecto á materia Óptica II, o alumno demostrará:
-Saber distinguir os diferentes tipos de fenómenos interferenciais, saber formalizalos e saber utilizalos para desenvolver pequeñas aplicacións metrolóxicas segundo o tipo de interferómetro.
-Coñecer as propiedades aplicacións dos principais elementos ópticos difractivos: placas zonais, redes de difracción, etc.
-Coñecer a utilidade dos instrumentos ópticos básicos e saber decidir sobre o seu uso e incorporación noutros sistemas ópticos.
-Adquirir bases sólidas para Másteres que precisen coñecementos fundamentais de óptica física.
Relación de contidos:
-Ondas localmente planas; ondas paraxiais; discontinuidades refractivas e reflectivas paraxiais; funcións de transmisión e reflexión.
-Fundamentos da Interferencia: sinal analítica complexa; función de correlación; coherencia espacial e temporal.
-Interferencia por Division da Fronte de Onda. Interferencia simple: experiencia de Young e outros dispositivos interferenciais; interferencia de feixe múltiple: traslación dunha abertura no seu plano.
-Interferencia por Division da Amplitude de Onda: interferencia simple e múltiple en láminas; interferómetros de dous feixes: interferómetro de Michelson e outros dispositivos; interferómetro Fabry-Perot: poder cromático de resolución.
-Multicapas: multicapas antirreflectantes e de alta reflectancia; filtros interferenciais.
-Teoría Escalar da Difracción: principio de Huygens-Fresnel, zonas de Fresnel e curva de vibración; teorías de Kirchhoff e de Sommerfeld-Rayleigh.
-Difracción de Fraunhofer: aproximación de campo lonxano; difracción de Fraunhofer por distintas aberturas; poder de resolución.
-Redes de Difracción: ecuación da rede; poder cromático de resolución; superposición de ordes.
-Difracción de Fresnel: aproximación de campo próximo; integrais de Fresnel e espiral de Cornu; difracción de Fresnel por distintas aberturas e obstáculos.
-Teoría Difraccional da Imaxe: a formación da imaxe como un proceso de dobre difracción; método de contraste de fase.
-Estudo Enerxético e Psicofisico da Radiación: magnitudes radiométricas e fotométricas; fontes lambertianas; rendemento fotométrico dun instrumento óptico. Instrumentos Opticos: estudo xeométrico, físico e fotométrico dos instrumentos ópticos.
Estrutura por temas:
PARTE 1
1.-Ondas Localmente Planas (LP). Ondas Paraxiais.
2.-Fundamentos da Interferencia e Coherencia Optica.
PARTE 2
3.-Interferencia por División Simple da Amplitude.
4.-Interferencia por División Múltiple de Amplitude.
PARTE 3
5.-Teoría da Difracción. Teoría Paraxial da Difracción.
6.-Estudo e Aplicacións da Difracción de Fresnel.
7.-Estudo e Aplicacións da Difracción de Fraunhoffer.
Bibliografía Básica de Teoría
-Material docente elaborado polo(s) profesor(es) sobre "Optica II" ubicado dixitalmente na Aula Virtual da materia.
-Optica, E.Hecht y A.Zajac, Fondo Educativo Interamericano, 3ª ed., 2000.
-Optica, J.Casas, Librería Pons, Zaragoza, 1994.
-Introduction to Modern Optics, G.R.Fowles, H.Rinehart-Winston Inc., 2nd ed., 1975.
-Optics, A.N.Matveev, MIR Publishers, 1988.
-Física (Vol.1), R.P.Feynman, Addison Wesley Iberoamericana, 1987.
-Optical Physics. A. Lipson, S.G. Lipson, H. Lipson. Cambridge University Press, 4ª ed., 2011.
-Physical Optics. S. A. Akhmanov, S.Y. Nikitin. Oxford University Press, 1997.
Bibliografía Básica de Problemas
-Material docente elaborado polo(s) profesor(es) sobre "Optica II" ubicado dixitalmente na Aula Virtual da materia.
-Optica Física, Problemas y ejercicios resueltos, F.Carreño y M.A.Antón, Prentice Hall 2001
-Teoria y Problemas de Optica, E.Hecht, McGraw-Hill, 1976.
-Theory and Problems of Optics, E.Hecht, McGraw-Hill, 1975.
-100 Problemas de Optica, P.M.Mejías y R.Martínez, Alianza Editorial, 1996.
-Problemas de Fisica General: Optica, D.V.Sivujin, Reverté, 1984.
Bibliografía Complementaria:
-Principles of Optics, M.Born and E. Wolf, Pergamon Press, 7th ed.(expanded), 2002.
-Diffraction, Fourier Optics and Imaging, O.K.Ersoy, John Wiley & Sons, Inc., 2007.
-Fundamental of Photonics, B.E.A.Saleh & M.C.Teich, John Wiley & Sons, Inc.
Recursos bibliográficos na rede
-No material docente elaborado polo(s) profesor(es) sobre "Optica II" ubicado na Aula Virtual (Moodle) hai ligazóns a páxinas web, applets-java, etc.
-Physics of Light and Optics J.Peatross and M.Ware (libro en liña en aberto: https://optics.byu.edu/textbook)
-Óptica y Fotónica M. Figueras (libro en liña en aberto: https://www.mentesliberadas.com/2018/12/13/libros-gratuitos-fisica-univ…
-Web: https://spie.org/education/education-outreach-resources
Básicas e Xerais
CB1-Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2-Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3-Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CG1-Posuír e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Física, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2-Ter a capacidade de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Física.
CG3-Aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
Transversais
CT1-Adquirir capacidade de análise e síntese.
CT2-Ter capacidade de organización e planificación.
CT5-Desenvolver o razoamento crítico.
Específicas
CE1-Ter unha boa comprensión das teorías físicas máis importantes, localizando na súa estrutura lóxica e matemática, o seu soporte experimental e o fenómeno físico que pode ser descrito a través deles.
CE2-Ser capaz de manexar claramente as ordes de magnitude e realizar estimacións adecuadas co fin de desenvolver unha clara percepción de situacións que, aínda que fisicamente diferentes, mostren algunha analogía, permitindo o uso de solucións coñecidas a novos problemas.
Seguiranse as indicacións metodolóxicas xerais establecidas na Memoria do Titulo de Grado en Física da USC. As clases serán presenciais é a distribución de horas expositivas e interactivas sigue o especificado na Memoria de Grao.
-Organización das clases: clases expositivas onde se presentarán os aspectos teóricos conceptuais e formais da óptica física, e clases interactivas co obxecto de afondar nos aspectos teóricos e de adquirir destrezas para o prantexamento e resolución de exercicios e problemas. Na medida do posible amosarase a relación da óptica con outras materias da titulación.
-Método de exposición-interacción: aos alumnos váiselles fornecendo dun material (en pdf, ppt, fotocopias, etc.) onde se recolle o desenvolvemento dos contidos teóricos que se explican na aula así coma exercicios e problemas para o traballo persoal do alumno, subliñando que non son apuntamentos senón un material de seguimento das clases tanto expositivas como interactivas.
-Actividades de reforzo: despois de impartidos contidos suficientes proporáselles aos estudantes a resolución de exercicios e/ou problemas, e mesmo, na medida do posible, a realización de traballos e/ou actividades, que lles axuden a asimilar e a afondar nos contidos da materia.
-As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas, se son telemáticas requerirán de cita previa o que tamén é recomendable para as presenciais.
-Avaliación Continua: consistirá na realización de dous controis e pequenas actividades. Os controis corresponderán ás dúas primeiras partes da materia (ver sección de Contidos). Asemade propoñeranse pequenos exercicios e/ou tests cunha cualificación máxima de 0.5 puntos. A cualificación da avaliación continua computa o 30% da nota final (3 puntos), desglosada en tres notas N1+N2+N3: se M é a media artimética dos controis entón N1=M/3 se M é igual ou menor que 3, e N1=1 se M>3; N2 é a nota dos pequenos exercicios e/ou tests (máximo 0.5 puntos); finalmente N3=0.15*M, é dicir, o 15% da nota media M dos controis.
-Avaliación por Exame Final escrito sobre os contidos da programación docente dividida en tres partes na data fixada no calendario oficial de exames do centro.
-O alumno que obteña unha nota igual ou superior a 5 puntos nos controis queda liberado das partes correspondentes no Exame Final, se ben pode realizalas de novo no dito Exame Final, quedando entón anulada a cualificación do control correspondente. Asemade, con notas iguais ou superiores a 4 as ditas partes son compensables entre sí, polo que son tamén liberatorios coa condición de que se compensen.
-A cualificación final será a media das notas obtidas nas tres partes da materia sempre que sexan iguais ou superiores a 4. No caso en que a media sexa inferior a 5, pero superior a 4, aplicaríase a seguinte media ponderada: 70% da media artimética obtida nas tres partes máis o 30% da avaliación continua.
-O alumno que se presente no Exame Final a todas as partes terá como nota a que obteña de forma global no dito exame. No caso en que dita nota sexa inferior a 5, pero superior a 4, aplicaríase a media ponderada indicada no punto anterior.
-A cualificación final sempre será a máis alta entre: a do Exame Final e a resultante da suma do 70% da nota do Exame Final co 30% da nota da Avaliación Continua.
-A segunda oportunidade consistirá nun Exame Final. A cualificación da avaliación continua non se conserva na segunda oportunidade. A cualificación final será a obtida no dito Exame Final.
Observación:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”:
Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e as fontes.
Tempo estudo/Traballo persoal:
-Horas presenciais:
Expositiva/Interactiva: 32/24 horas
-Avaliación: 9 horas (exame e actividades)
-Horas non presenciais:
Teoría/Práctica: 50+35=85 horas
-Total volume de traballo: 150 horas
-Recoméndase repasar os conceptos básicos de ondas recibidos na titulación.
-Recoméndase un estudo ao día da materia (teoría e exercicios) para o seu axeitado seguemento, así como non memorizar a materia senón atender á súa comprensión.
-Requisitos previos recomendados: Física Xeral I-II. Métodos Matemáticos I-VI e Optica I; asemade recoméndase estar matriculado da materia de Técnicas Experimentais III.
Xesus Prieto Blanco
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813506
- Correo electrónico
- xesus.prieto.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jesus Liñares Beiras
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813501
- Correo electrónico
- suso.linares.beiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Magna |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 0 |
Mércores | |||
11:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Magna |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 0 |
Xoves | |||
11:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Magna |
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Magna |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 0 |
18:00-19:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 0 |
Venres | |||
11:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Magna |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 0 |
26.05.2025 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 0 |
26.05.2025 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 130 |
26.05.2025 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
26.05.2025 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 830 |
02.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 0 |
02.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
02.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 830 |