Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 142 Horas de Titorías: 6 Clase Interactiva: 2 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Inorgánica, Electrónica e Computación, Matemática Aplicada, Bioloxía Funcional, Física de Partículas, Matemáticas, Estatística, Análise Matemática e Optimización
Áreas: Química Inorgánica, Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial, Astronomía e Astrofísica, Matemática Aplicada, Bioloxía Celular, Ecoloxía, Física da Materia Condensada, Álxebra, Xeometría e Topoloxía, Análise Matemática, Estatística e Investigación Operativa
Centro Facultade de Matemáticas
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A Memoria do Grado en Matemáticas recolle a posibilidade de que o estudantado poida obter recoñecemento académico dun máximo de 6 créditos optativos pola realización de prácticas externas relacionadas co título. Ademais, no Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela celebrado o 6 de marzo de 2020 acordouse a consideración das prácticas externas como materia optativa do Grao en Matemáticas.
Tal e como recolle o RD 1393/2007, a introdución de prácticas externas vén a reforzar o compromiso coa empregabilidade das/os futuras/os graduadas/os, enriquecendo a formación do estudantado das ensinanzas de grao, nunha contorna que lles proporcionará, tanto a elas/es como ás persoas responsables da formación, un coñecemento máis profundo acerca das competencias que necesitarán no futuro.
Dada a gran diversidade de Empresas e Institucións que colaboran de maneira habitual coa Facultade de Matemáticas, non é posible definir uns contidos fixados a priori, aínda que en calquera caso se garantiza a súa relación con contidos do Grao en Matemáticas.
Non procede. Axustarase en función de cada actividade formativa proposta polas Empresas ou Institucións que oferten prazas de prácticas.
Competencias Básicas
CB1: Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que se basea na educación secundaria xeral, e que adoita atoparse nun nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos de vangarda da súa área de estudo.
CB2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación de forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse mediante o desenvolvemento e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan a reflexión sobre cuestións relevantes de carácter social, científico ou ético.
CB4: Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5: Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias Xerais:
CG1: Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas das Matemáticas, xunto cunha determinada perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2: Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados sobre problemas científicos, tecnolóxicos ou doutro tipo que requiran o uso de ferramentas matemáticas.
CG3: Aplicar tanto os coñecementos teórico-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto no ámbito académico como profesional.
CG4: Comunicar, tanto por escrito como oralmente, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Matemáticas a un público tanto especializado como non especializado.
CG5: Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
Competencias transversais:
CT1: Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos en Matemáticas, incluído o acceso a Internet.
CT2: Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
CT3: Verificar ou refutar razoadamente os argumentos alleos.
CT4: Traballar en equipos interdisciplinares, aportando orde, abstracción e razoamento lóxico.
CT5: Ler textos científicos tanto na súa propia lingua como noutros idiomas relevantes para o ámbito científico, especialmente o inglés.
Competencias específicas:
CE1: Comprender e utilizar a linguaxe matemática.
CE3: Elaborar demostracións de resultados matemáticos, formular conxecturas e imaxinar estratexias para confirmalos ou desmentilos.
CE4: Identificar erros en razoamentos incorrectos propoñendo demostracións ou contraexemplos.
CE5: Asimilar a definición dun novo obxecto matemático, relacionalo con outros xa coñecidos e ser capaz de utilizalo en diferentes contextos.
CE6: Saber abstraer as propiedades e feitos substanciais dun problema, distinguíndoos dos que son meramente ocasionais ou circunstanciais.
CE7: Propoñer, analizar, validar e interpretar modelos de situacións reais sinxelas, utilizando as ferramentas matemáticas máis adecuadas aos fins que se perseguen.
CE8: Planificar e executar algoritmos e métodos matemáticos para resolver problemas no ámbito académico, técnico, financeiro ou social.
CE9: Utilizar aplicacións informáticas de análise estatística, cálculo numérico e simbólico, visualización gráfica, optimización e software científico, en xeral, para experimentar en Matemáticas e resolver problemas.
Existirán dúas modalidades de oferta poder realizar Prácticas Externas Curriculares no Grao en Matemáticas:
O estudantado poderá propiciar a formalización de novos convenios de cooperación educativa cunha determinada entidade a través dos centros da universidade ou de entidades xestoras. Neste suposto, a/o estudante que propiciou o convenio terá dereito preferente e por unha soa vez a desenvolver as prácticas na entidade asinante.
Oferta ordinaria presentada na convocatoria anual de prácticas do Grao en Matemáticas na que se recolle a oferta de prazas de prácticas das entidades colaboradoras (ver listaxe na seguinte ligazón: https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-matematicas/practicas). Neste caso, a asignación á/ao estudante farase por nota media de expediente e estará condicionada a que cumpra os requisitos indicados na devandita convocatoria.
En calquera dos dous supostos anteriores, o estudantado non poderá manter ningunha relación contractual coa empresa, institución ou entidade pública ou privada na que se van realizar as prácticas.
Unha vez asignadas as prazas de prácticas ofertadas, cada estudante, independentemente da modalidade de oferta de prácticas, deberá formalizar a matrícula na materia “Prácticas Externas Curriculares (G1011453)” así como completar o documento anexo ao convenio de prácticas debidamente cuberto e asinado no Decanato da Facultade de Matemáticas no prazo que se estableza na resolución definitiva da convocatoria de prácticas, e sempre antes do inicio das prácticas.
Ao longo do período de realización de prácticas (que dependerá da dispoñibilidade da entidade colaboradora), a/o estudante contará co seguimento do/a titor/a na entidade colaboradora, que será designado/a pola entidade colaboradora e deberá ser unha persoa vinculada á mesma e con experiencia profesional necesaria para realizar unha tutela efectiva. Así mesmo, o estudantado tamén contará cun/ha titor/a académico/a na USC que deberá ser un profesor/a da titulación, e de ser posible, con coñecementos afíns á práctica que se vaia realizar.
Nos Artigos 23 e 24 do Regulamento de Prácticas Académicas Externas da USC (que pode consultarse en https://assets.usc.gal/sites/default/files/paragraphs/moreinfo/2020-09/…) recóllense os dereitos e deberes dos/as titores externos e académicos, respectivamente.
Con relación á entidade na que se desenvolven as prácticas, tal e como se recolle no Regulamento de Prácticas Académicas Externas na USC, o estudantado deberá:
Incorporárense na data acordada e cumpriren o horario previsto no proxecto educativo.
Cumpriren e respectaren o sistema organizativo daquela.
Gardaren o debido sixilo respecto dos asuntos que coñezan na súa tarefa.
Cumpriren e respectaren as normas de seguridade e prevención de riscos laborais da entidade.
Cumpriren con dilixencia e boa fe as actividades acordadas coa entidade colaboradora.
Calquera outro deber previsto na normativa vixente e/ou nos correspondentes convenios de cooperación educativa asinados pola USC e, de ser o caso, a entidade xestora de prácticas vinculada á mesma, coa entidade colaboradora
As actividades de titorización académica das Prácticas Externas Curriculares poderán ser presenciais e/ou virtuais a través de MS Teams ou outras ferramentas telemáticas dispoñibles para as/os docentes e as/os estudantes.
A avaliación das prácticas externas curriculares será leva a cabo polo/a titor/a académico/a, que deberá ser un/ha profesor/a da titulación e, a ser posible, con coñecementos afíns á práctica que se vaia realizar. Para levar a cabo dita avaliación, o/a titor/a académico/a contará cun informe do titor/a na Empresa ou Institución así como unha memoria final de prácticas elaborada polo/a estudante.
Por outra parte, unha vez rematado o período de prácticas na Empresa ou Institución, o estudantado deberá elaborar unha memoria final. Dita memoria será de formato libre aínda que deberá conter, cando menos, a seguinte información:
Datos persoais da/o estudante.
Entidade colaboradora onde se realizaron as prácticas externas, localización e período de realización das mesmas.
Descrición concreta e detallada das tarefas, traballos desenvolvidos e departamentos da Empresa ou Institución aos que estivo asignada/o.
Valoración das tarefas desenvolvidas cos coñecementos e competencias adquiridos en relación cos estudos do Grao en Matemáticas.
Relación dos problemas expostos e o procedemento seguido para a súa resolución.
Identificación das achegas que, en materia de aprendizaxe, supuxo a realización de prácticas externas curriculares.
Valoración das prácticas e suxestións de mellora.
Unha vez que dita memoria sexa revisada polo/a titor/a académico/a, será remitida á Unidade de Apoio á Xestión de Centros e Departamentos da Facultade para o seu arquivo.
Por outra banda, o/a titor/a na entidade colaboradora deberá elaborar un informe sobre as actividades realizadas polo/a estudante durante o período de realización das prácticas. O informe do/a titor/a na Empresa ou Institución deberá conter a súa valoración sobre, cando menos, os seguintes aspectos:
Asistencia
Cumprimento das tarefas asignadas
Aproveitamento das actividades realizadas
Motivación
Iniciativa
Traballo en equipo
Capacidade de aprendizaxe
Dito informe será remitido á persoa responsable da coordinación das prácticas externas que o arquivará e tamén dará traslado do mesmo ao/á titor/a académico/a. O modelo para completar este informe sobre o seguimento do estudantado pode consultarse na seguinte ligazón: https://nubeusc.sharepoint.com/sites/centro-matematicas/SitePages/Pr%C3….
O/A titor/a académico/a, á vista do informe da entidade colaboradora e da calidade da memoria final presentada polo/a estudante, avaliará as prácticas desenvolvidas. A cualificación final será a media ponderada do 70% da cualificación asignada á memoria presentada xunto co 30% da nota recollida no informe do/a titor/a na entidade colaboradora.
Posteriormente, o/a titor/a académico/a deberá cubrir e asinar a acta correspondente. Así mesmo, o estudantado terá dereito á revisión das cualificacións na súa presenza, nas datas e horarios que para tal efecto deberán fixarse no momento de facer públicos os resultados provisionais. As datas de revisión deberán estar comprendidas dentro dos dez días seguintes á publicación dos resultados. O prazo para a revisión non poderá ser inferior a tres días hábiles a contar despois da data de publicación das cualificacións.
O recoñecemento académico das prácticas académicas externas no expediente da/o estudante realizarase despois de asinada a acta de prácticas polo/a titor/a académico/a.
Tal e como se recolle na ficha da materia de Prácticas Externas Curriculares do Grao en Matemáticas, as actividades formativas que se contemplan para a mesma son:
Titorías individualizadas: 5 horas.
Traballo autónomo: 30 horas.
Sesión interactivas na entidade colaboradora: 150 horas.
Toda a información sobre a realización de Prácticas Curriculares Externas no Grao en Matemáticas, así como a listaxe de Empresas e Institucións que dispoñen de convenio coa Facultade para ofertar prazas de prácticas, pode consultarse na seguinte ligazón: https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-matematicas/practicas.
Habilitarase unha Aula Virtual na que se incluirá a todo o estudantado matriculado na materia de Prácticas Externas Curriculares así como á persoa responsable da coordinación das prácticas así como ao persoal necesario da Unidade de Apoio á Xestión de Centros e Departamentos da Facultade.
Na convocatoria de Prácticas Externas Curriculares do Grao en Matemáticas, que se publica anualmente, establécense os requisitos que debe reunir o estudantado para podes optar á realización de prácticas. En particular, para poder participar en dita convocatoria será necesario ter superado a lo menos 120 créditos da titulación no momento de publicación da mesma, ou o que é o mesmo, estar matriculado/a materias de terceiro ou cuarto curso da titulación.
Para dar cumprimento ás resolucións reitorais do 12.09.2023 e do 06.02.2024 polas que se establece o réxime de inclusión na seguridade social e cotización do estudantado da USC que realice prácticas académicas externas, o USC precisa obrigatoriamente e con antelación á incorporación ao centro de prácticas que o estudantado dispoña do Número da Seguridade Social (NUSS). É importante que o estudantado que participe na convocatoria de prácticas xestione con anterioridade a obtención do NUSS.