Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Unha vez cursada a materia de Química e Economía Industrial espérase que o alumnado sexa quen de:
- Coñecer os tipos principais de reacción química da industria química e as súas principais características asociadas.
- Comprender a interacción da industria co contorno, analizando, ademais, os procedementos sobre a base da súa aplicabilidade, e os fundamentos operativos e as características técnico-económicas.
- Poder aplicar o aprendido ao desenvolvemento de liñas de investigación e, sobre todo, na práctica industrial.
De acordo coa Memoria do Grao en Química, os contidos desta materia deben proporcionar ao alumnado unha base de coñecementos sobre:
“Introdución á análise e deseño dos procesos de fabricación. Análise económica e de rendibilidade dos procesos químicos. A implantación e funcionamento de plantas químicas. Procesos de química industrial: conceptos xerais. Procesos químicos. Estudo detallado: industria do petróleo, o ferro, o aceiro e as fundicións, xeración de enerxía mediante combustión, produción de biocombustibles, pasta de papel, fabricación de cloro e de sosa, producción de cal e de cemento, produción de metales non ferrosos, do ferro e do aceiro, etc.
1.- Introdución a análise e deseño dos procesos de fabricación: conceptos xerais
2.- Análise económica dos procesos químicos, O mercado e as vendas: oferta e demanda. Leis do mercado Proceso de produción. Prezos de produtos químicos, Diagrama de fluxo monetario nunha empresa.
Conceptos básicos da economía: Operacións financeiras simples: réximes de capitalización, Criterios económicos e financeiros de elección de alternativas. Rendibilidade, Capital: capital inmobilizados e capital circulante. A amortización, Custos: concepto e clasificación
3.- Procesos de química industrial: Industria do petroleo, Xeración de enerxía mediante combustión, Producción de biocombustibles
Pasta de papel, Fabricación de cloro e de sosa, Produción de cal e de cemento, Produción de metais non ferrosos, O ferro, o aceiro e as fundicións
Bibliografía básica:
“Economía para la función directiva del ingeniero en la industria química- Gestión financiera. Antonio de Lucas Martínez, Ediciones Signe SA, (2011). Solicitado on-line.
"Introducción a la química industrial", A. Vian, 2º ed, Ed Alambra S.A. (2012). Edición en e-book ISBN:978-84-291-9204-9
Bibliografía complementaria:
"Nueva introducción a la Ingeniería Química. Volumen 2: Operaciones de separado, Ingeniería de la reacción química y Estudio de procesos químicos". Guillermo Calleja Pardo, 1ª ed, Ed Síntesis (2016) ISBN-10: 8490773971
“Tecnología y margen de refino de petróleo”, Lluch Urpí, J.L. Diaz de Santos, Madrid (2008)
BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os estudantes demostraran ter e comprender os coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se atopa polo xeral a un nivel que, se ben apoiase en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG2 - Que sexan capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos o doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Química.
CG3 - Que poidan aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e plantexamento de problemas e na búsqueda das suas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG4 - Que teñan capacidade de comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedimentos, resultados e ideas en Química tanto a un público especializado como non especializado.
CG5 - Que sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos novos coñecementos e técnicas en cualquera disciplina científica ou tecnolóxica.
TRANSVERSAIS
CT6 - Traballo en equipo.
CT7 - Traballo nun equipo de carácter interdisciplinar.
CT8 - Traballo nun contexto internacional.
CT9 - Habilidades nas relacións interpersonais.
CT10 - Razoamiento crítico.
CT11 - Compromiso ético.
ESPECÍFICAS
CE4 - Tipos principais de reaccións químicas e as suas principais características asociadas.
CE13 - Capacidade para demostrar o coñecemento e a comprensión dos feitos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas coas áreas da Química.
CE15 - Recoñecer e analizar novos problemas e plantexar estratexias para solucionalos.
Os contidos de apoio para a impartición da materia (diapositivas, etc.), estarán dispoñibles no Campus Virtual da materia.
A) Clases expositivas: Lección impartida polo profesor que pode ter formas diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais das materias,…). O profesor pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral (agás a exposición de traballos en Power Point), os estudantes non precisan manexalos na clase.
A asistencia a clase non e obrigatoria, pero é moi recomendable.
B) Clases de seminario: O alumno participa activamente nas clases de distintas formas: entrega de exercicios a o profesor (algúns dos propostos no boletín de problemas ou proxectos que o profesor entrega ós alumnos con suficiente antelación); resolución de exercicios na aula, etc. Será necesario empregar Excel para resolver a maioría dos exercicios, polo que se recomenda o uso dun portátil persoal.
C) Titorías de asistencia obrigatoria. En xeral, suporán para cada alumno 2 horas por cuadrimestre e asignatura. Proporanse actividades coma a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre a teoría, problemas, exercicios, lecturas e outras tarefas propostas, coma a presentación e exposición, debates e comentarios de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos.
As clases desenvolveranse tendo en conta a dobre natureza dos contidos da materia: por unha parte exporanse os conceptos teóricos da economía básica empregando a pizarra e/ou transparencias ou sistemas de proxección. Son clases meramente expositivas que inclúen a resolución de problemas de cálculo de análise económico e de rendibilidade de proxectos e procesos químicos empregando Excel. Por outra banda, un segundo grupo de clases constituirá o estudo, análise e comprensión dunha serie de procesos de fabricación da industria química que serán propostos e dirixidos polo profesor e desenvoltos e expostos polo alumnado (en grupos de composición a definir).
A avaliación continua terá un peso do 30% da cualificación final da materia e constará de dúas partes: 1.- Participación activa en clase/actividades 30 %; 2.- Elaboración, entrega e presentación dun traballo (70%). Esta ultima será a única actividade obrigatoria da avaliación continua. Os seminarios incluirán exercicios e traballos realizados presencialmente e exercicios entregados polo profesor. A calificación obtida na avaliación continua será comunicada ós alumnos con anterioridade á realización do exame.
O exame escrito final versará sobre os contidos totais da materia e terá unha valoración do 70% do total da cualificación final.
O exame levarase a cabo de forma presencial
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O alumnado debe obter unha nota mínima de 3,5 (sobre 10) en cada unha das partes avaliables para poder sumas ámbalas dúas notas. Para superar a materia precísase unha nota final mínima de 5 puntos. As cualificacións do traballo, as actividades de seguimento e as titorías serán comunicadas ao alumno antes do exame final. A asistencia as titorías é obrigatoria.
No caso de non superar a materia na primeira oportunidade, gardarase a nota da avaliación continua e a titoría en grupo para a oportunidade de exame de xullo (non para o curso seguinte) e o alumno só terá que repetir o exame. Do mesmo xeito, para superar a materia precisarase unha cualificación global mínima de 5,0 puntos. A calificación do alumno non será inferior á do exame final nin á obtida ponderándoa coa da avaliación contínua.
Os estudantes que non acaden unha nota mínima na avaliación continua e titorías terán igualmente a posibilidade de realizar o exame, constituíndo este o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
As competencias avaliaranse nas diferentes actividades de acordo coa táboa seguinte:
Traballo Seminarios Titorías Exame
CG2 x x x
CG3 x x
CG4 x x x x
CG5 x
CB1 x
CE4 x x x
CE13 x x x
CE15 x x x
CT9 x x
CT10 x x x x
CT11 x
CT8 x
CT6 x
CT7 x
En función do aportado na correspondente ficha da memoria do Grao en Química, estímase:
Estudo autónomo individual ou en grupo: 48 horas
Resolución de exercicios e elaboración de traballos: 18 horas
Preparación das presentacións orais, traballo de biblioteca. etc: 10 horas
Total: 76 horas
Recomendase para aproveitar mellor esta materia optativa haber cursado no primeiro cuadrimestre a materia obrigatoria Enxeñaría Química e cursar de forma simultánea no segundo cuadrimestre a materia obrigatoria Proyectos profesionais en Química
A materia impartirase en Castellano/Galego
Esta materia é optativa dentro do plano de estudos do Grao en Química. En función do número de alumnos matriculado poderase modificar ou condicionar en certa medida algún dos apartados anteriores.
Daniel Jose Franco Ruiz
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- daniel.franco.ruiz [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Física (planta baixa) |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula Química Analítica (2º andar) |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Física (planta baixa) |
23.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Matemáticas (3º andar) |
26.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Física (planta baixa) |