Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 26 Clase Interactiva: 28 Total: 56
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Fisioloxía Vexetal
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Comprender os aspectos básicos dos procesos implicados no desenvolvemento das plantas dende a xerminación das sementes ata a senescencia, pasando polo crecemento vexetativo e reprodutivo; abordando os seus mecanismos moleculares, celulares e fisiolóxicos.
-Abordar o estudo dos distintos sistemas de regulación e coordinación dos procesos de desenvolvemento nas plantas, tanto endóxenos coma ambientais (fitohormonas, luz...).
Programa de clases expositivas (26 h)
Bloque I. Metabolismo, transporte e modo de acción das fitohormonas
1. Introdución ás fitohormonas. Integración en organismos vexetais. Coordinación espacial e temporal. Modulación ambiental. Concepto de substancias reguladoras do crecemento. Capacidade de resposta do tecido. Sensibilidade. Interaccións. (1 h)
2. Auxinas. Homeostase, percepción e sinalización. (1.5)
3. Xiberelinas. Homeostase, percepción e sinalización. (1.5)
4. Citoquininas. Homeostase, percepción e sinalización. (1.5)
5. Etileno. Homeostase, percepción e sinalización. (1.5)
6. Acido abscísico. Homeostase, percepción e sinalización. (1)
7. Brasinosteroides. Homeostase, percepción e sinalización. (1)
8. Outras fitohormonas: Ácido salicílico. Jasmonatos. Estrigolactonas. (2)
Bloque II. Fisioloxía do crecemento e desenvolvemento
9. Introdución ao crecemento das plantas. Concepto de crecemento, diferenciación e desenvolvemento. Elongación celular. Mecanismo de extensión da parede celular. Regulación. División celular e diferenciación. Ciclo celular. Totipotencia e polaridade. (1.5 h)
10. Ciclo vital. Formación do corpo da planta. Organización estrutural e funcional dos meristemos apicais. (1.5 h)
11. Fotomorfoxénese. Fitocromos. Estrutura e foto-reversibilidade. Respostas das plantas mediadas polos fitocromos. Outros fotorreceptores. (2 h)
12. Floración. Indución floral. Rutas de regulación da floración: fotoperíodo e vernalización, outras rutas. Modelo ABCDE de desenvolvemento da flor. (2.5 h)
13. Formación de gametos e interación polen-pistilo. Frutificación. Establecemento, crecemento e maduración do froito. (2.5 h)
14. Formación da semente, embrioxénese. Durmición e xerminación. (2 h)
15. Morte celular programada. Senescencia. Abscisión. (1 h)
16. Movementos das plantas. Tropismos. Nastias. (1 h)
17. Fisioloxía en condicións de estrés. Estrés abiótico e biótico. Respostas xerais fronte ao estrés. (1 h)
Programa de clases interactivas/seminarios (19 h)
Seminarios relacionados con temas da materia, que sirvan para afondar e asentar o coñecemento das bases que regulan o desenvolvemento das plantas.
Programa de clases prácticas de laboratorio obrigatorias (10 h)
1. Efecto das citoquininas (kinetina) sobre o atraso do envellecemento.
2. Indución da actividade alfa-amilase por xiberelinas en sementes.
3. Avaliación do poder xerminativo das sementes.
4. Efecto do ácido abscísico no desenvolvemento de plántulas de trigo.
5. Efecto da gravidade sobre o crecemento de raíces de millo.
Por dispoñibilidade do material o programa de prácticas pode verse modificado Titorías (2 h)
Resolución de dúbidas
Tutorías (1h)
Resolución de dúbidas dos contidos da materia.
Básica
Taiz, L., Zeiger, E., Moller I. M., Murphy, A. 2022. Plant Physiology and Development (7ª ed). Sinauer Assoc. Inc. Publ. Sunderland, Massachusetts (USA). ISBN: 978-1-60535-255-8.
Buchanan, B., Gruissem, W., Jones, R. 2015. Biochemistry and Molecular Biology of Plants (2ª ed). Wiley, (USA). ISBN: 978-0-470-71421-8.
Complementaria
Azcón-Bieto, J., Talón, M. 2008. Fundamentos de Fisioloxía Vexetal (2ª ed). McGraw Hill/ Interamericana, Madrid (España). ISBN: 9788448151683.
Bowsher, C., Steer, M., Tobin, A. 2008. Plant Biochemistry. Garland Science, New York (USA). ISBN: 978-0-8153-4121-5.
Hopkins, W.G., Hüner, N.P.A. 2008. Introduction to Plant Physiology (4ª ed). John Wiley & Sons, Inc, New York (USA). ISBN: 978-0-470-24766-2.
Jones, R., Ougham, H., Thomas, H., Waaland, S. 2013. The Molecular Life of Plants. Wiley-Blackwell. ISBN: 978-0-470-87012-9.
Smith, A.M., Coupland, G., Dolam, L., Harberd, N., Jones J., Martin, C., Sablowski, R., Amey, A. 2009. Plant Biology. Garland Science, New York (USA). ISBN: 978-0-8153-4025-6.
Nesta materia espérase que o alumnado alcance os seguintes resultados da aprendizaxe:
Coñecementos/contidos: Con06, Con09
Habilidades/destrezas: H/D01, H/D02, H/D03, H/D08, H/D10, H/D11, H/D13
Competencias: Comp01, Comp03, Comp04, Comp05
As clases expositivas impartiranse en 26 sesións dunha hora, cunha periodicidade de 2 horas semanais no primeiro cuadrimestre do curso académico. Nelas explicásense os aspectos básicos dos temas que compoñen o programa da materia. A metodoloxía será a Clase Maxistral propiciando a participación do alumnado.
As clases interactivas de seminario impartiranse en sesións de 1 ou 2 horas e serán presenciais. Nestas clases resolveranse problemas achega do funcionamento das plantas e discutiranse os resultados das últimas investigacións relacionadas co programa da materia. Para optar á nota de avaliación continua débese asistir polo menos ao 50% dos seminarios. As metodoloxías docentes utilizadas serán a Aprendizaxe Baseada en Problemas e a Aprendizaxe Colaborativa/Traballo en Grupo.
As prácticas de laboratorio serán presenciais e de asistencia obrigatoria na sua totalidade para poder realizar o exame de prácticas. Desenvolveranse en 5 sesións de 2 horas. Nelas comprobaranse experimentalmente algúns dos conceptos desenvolvidos nas clases teóricas. Será obrigatorio levar impreso o caderno de prácticas e recomendable levar un esquema de traballo preparado previamente polo alumno. As metodoloxías docentes utilizadas serán a Aprendizaxe Baseada en Problemas e a Aprendizaxe Colaborativa/Traballo en Grupo.
Para a cualificación final consideraranse os seguintes apartados:
Exame de prácticas (10%). Consistirá en problemas e preguntas breves sobre o contido das prácticas. Este exame será presencial, tras finalizar a práctica do último día. En caso de suspender este exame, a recuperación terá lugar co exame da segunda oportunidade. Os resultados da aprendizaxe avaliados nesta proba serán Con09, H/D01, H/D02, H/D08, H/D10, H/D13, Com01, Com04 e Com05.
Avaliación continua (20%). Avaliarase o traballo e a participación nos seminarios, incluíndo as probas escritas que se exporán ao longo do curso sobre os contidos expostos en clases expositivas e seminarios. Para optar á nota de avaliación continua débese asistir polo menos ao 50% dos seminarios. As probas escritas serán presenciais, durante as clases de seminarios. Os resultados da aprendizaxe avaliados nesta proba serán Con06, Con09, H/D01, H/D02, H/D08, H/D10, H/D011, H/D13 e Com01.
Exame final de teoría (70%). Este exame é complementario á avaliación continua e consistirá en problemas, preguntas breves de desenvolvemento e/o preguntas tipo test. Incluirá contido das clases expositivas e dos seminarios. Este exame será presencial. Os resultados da aprendizaxe avaliados nesta proba serán Con06, Con09, H/D02, H/D03, H/D011, H/D13 e Com01.
Para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 no exame de prácticas e un mínimo de 4 no exame de teoría (mínimo de 2.5 en cada un dos bloques da materia). Soamente no caso de superar a nota esixida en ambos os exames (teórico e práctico) sumarase a nota obtida na avaliación continua.
No caso de non superar algunha das actividades obrigatorias, a cualificación máxima será de 4.5 (suspenso).
Na segunda oportunidade manteranse as notas de avaliación continua obtidas durante o curso e o exame teórico ou práctico aprobado, repetíndose só o suspenso.
No caso de repetidores/as aplicaranse os mesmos criterios de avaliación que no caso de primeira matrícula. A nota do exame de prácticas, ou a asistencia a prácticas, manteranse durante dous cursos académicos, NON así a nota de avaliación continua.
No caso de alumnos/as con dispensa, as prácticas de laboratorio serán de obrigada realización, do mesmo xeito que o exame asociado, que supoñerá o 10% da nota global. As actividades correspondentes ás clases expositivas e interactivas de seminario non serán obrigatorias e avaliaranse no exame final, que supoñerá o 90% da nota global.
Traballo presencial:
Clases expositivas 26 h
Clases interactivas de seminario 19 h Clases interactivas de laboratorio 10 h Titorías 1 h
Probas que contribúen á cualificación: 3 h
Traballo persoal:
Estudo individual: 91 h
Materia traballada en clases expositivas e seminarios. 82 horas
Materia traballada en clases prácticas: 9 horas
Total horas de traballo: 150 h
-Recoméndase a asistencia ás clases expositivas para manter unha aprendizaxe continuada da materia ao longo do curso.
-Aconséllase así mesmo o estudo da materia durante todo o curso para unha mellor asimilación e sedimentación da información recibida, sen menoscabo dunha maior dedicación durante as datas previas á realización de cada un dos exames.
-Considérase conveniente o manexo da bibliografía recomendada, tanto antes de cada clase, para un mellor seguimento da exposición do/a profesor/a, como despois desta, para completar e corrixir as notas tomadas.
O alumnado dispoñerá do material que o profesorado considere necesario no campus virtual e/o a través da aplicación Teams.
Queda expresamente prohibido que o alumnado distribúa o material docente (tanto escrito como audiovisual) dispoñible no Campus Virtual e Teams a persoas non matriculadas no curso. Así mesmo, o alumnado non poderá utilizar o material achegado polo profesorado no Campus Virtual para a elaboración de apuntamentos que non sexan de uso exclusivo persoal.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Maria Victoria Gonzalez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 881813342
- Correo electrónico
- mvictoria.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Marcos Viejo Somoano
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 881813322
- Correo electrónico
- marcos.viejo [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Xoves | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
26.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
26.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
26.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
10.07.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
10.07.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |