Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego, Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Adquirir unha formación básica en Edafoloxía, que inclúe comprender a formación, constituíntes, propiedades e tipos de solos do mundo.
Comprender as funcións e servizos ecosistémicos do solo e a súa importancia no funcionamento dos ecosistemas e a importancia da edafodiversidade.
Adquirir unha formación básica en Edafoloxía, que inclúe comprender a formación, constituíntes, propiedades e tipos de solos do mundo.
Comprender as funciones do solo e a súa importancia no medio ambiente, como fonte de materias primas, sistema de asentamento e nutrición vexetal, filtro de contaminantes e, en conxunto, o papel do solo no funcionamento dos ecosistemas e na preservación da biodiversidade.
Clases expositivas (26h)
1. O solo: concepto de solo. O solo como sistema. Funcións produtivas e ambientais do solo. A biota do solo. (2h)
2. A organización do solo: da edafosfera á microestrutura. Pedión, perfil e horizontes. Tipos de horizontes. Nomenclatura dos horizontes do solo. Horizontes de diagnóstico. (3h)
3. Factores de formación do solo. Influencia na formación e características dos solos dos factores ambientais: material de partida, clima, topografía, organismos e tempo. (2h)
4. Compoñentes do solo I. Fase sólida: compoñentes inorgánicos e compoñentes orgánicos. Natureza, composición, propiedades e métodos de estudo. (3h)
5. Compoñentes do solo II. Fases fluídas: a disolución do solo e a atmosfera do solo. Natureza, composición, propiedades e métodos de estudio. (1h)
6. Propiedades do solo I. Propiedades físicas: cor, textura, estrutura, densidade e porosidade. (1h)
7. Propiedades do solo II. Propiedades físico-químicas. A reacción do solo. Cambio iónico e retención de ións. Reaccións de oxidación-redución. (3h)
8. Procesos de edafoxénese. Tipos de procesos de edafoxénese. Horizonación e edafoturbación. Maduración. Meteorización e evolución da materia orgánica. Procesos en medios con hidromorfía: condicións redutoras e alternancia de condicións redox. Transferencias en disolución. Transferencias en suspensión: arxiluviación, podzolización. Metaedafoxénese. (4h)
9. Clasificación de solos. A Base referencial Mundial do Recurso Solo: estrutura, criterios de diagnóstico e grupos de solos de referencia. Taxonomía de solos. Equivalencias. (4h)
10. Os solos do Mundo. Grupos de referencia da Base Referencial Mundial do Recurso Solo: descrición, distribución, uso e manexo. (3h)
Clases interactivas (12 h)
Seminarios (6h)
-Introdución á mostraxe e descrición de solos (1h)
-Os datos xerais de solos e a súa interpretación (1h)
-Interpretación, clasificación e avaliación de solos (4h)
Práctica de campo (6h)
Farase un percorrido polo medio natural orientado á interpretación de factores de formación, morfoloxía, propiedades e procesos de formación de diferentes tipos de solos de Galicia.
Titorías (3h): Orientadas á resolución de dúbidas dos estudantes.
-Factores de formación (1h)
-Compoñentes e propiedades do solo (1h)
-Clasificación e interpretación de solos (1h)
Clases expositivas (26h)
1. O solo: concepto de solo. O solo como sistema. Funcións produtivas e ambientais do solo. A biota do solo. (2h)
2. A organización do solo: da edafosfera á microestrutura. Pedión, perfil e horizontes. Tipos de horizontes. Nomenclatura dos horizontes do solo. Horizontes de diagnóstico. (3h)
3. Factores de formación do solo. Influencia na formación e características dos solos dos factores ambientais: material de partida, clima, topografía, organismos e tempo. (2h)
4. Compoñentes do solo I. Fase sólida: compoñentes inorgánicos e compoñentes orgánicos. Natureza, composición, propiedades e métodos de estudo. (3h)
5. Compoñentes do solo II. Fases fluídas: a disolución do solo e a atmosfera do solo. Natureza, composición, propiedades e métodos de estudio. (1h)
6. Propiedades do solo I. Propiedades físicas: cor, textura, estrutura, densidade e porosidade. (1h)
7. Propiedades do solo II. Propiedades físico-químicas. A reacción do solo. Cambio iónico e retención de ións. Reaccións de oxidación-redución. (3h)
8. Procesos de edafoxénese. Tipos de procesos de edafoxénese. Horizonación e edafoturbación. Maduración. Meteorización e evolución da materia orgánica. Procesos en medios con hidromorfía: condicións redutoras e alternancia de condicións redox. Transferencias en disolución. Transferencias en suspensión: arxiluviación, podzolización. Metaedafoxénese. (4h)
9. Clasificación de solos. A Base referencial Mundial do Recurso Solo: estrutura, criterios de diagnóstico e grupos de solos de referencia. Taxonomía de solos. Equivalencias. (4h)
10. Os solos do Mundo. Grupos de referencia da Base Referencial Mundial do Recurso Solo: descrición, distribución, uso e manexo. (3h)
Clases interactivas (12 h)
Seminarios (6h)
-Introdución á mostraxe e descrición de solos (1h)
-Os datos xerais de solos e a súa interpretación (1h)
-Interpretación, clasificación e avaliación de solos (4h)
-Práctica de campo (6h)
-Orientada á interpretación de factores de formación, morfoloxía, propiedades e procesos de formación de diferentes tipos de solos de Galicia.
Titorías (3h): Orientadas á resolución de dúbidas dos estudantes.
-Factores de formación (1h)
-Compoñentes e propiedades do solo (1h)
-Clasificación e interpretación de solos (1h)
Básica
- PORTA CASANELLAS, J., LÓPEZ-ACEVEDO, M., POCH CLARET, R., 2014. Edafología: uso y protección de suelos. 3ª ed. Madrid: Mundiprensa. Bibl. Bioloxía A TG 292
- IUSS Grupo de trabajo WRB. 2015. Base Referencial Mundial del Recurso Suelo. Un marco conceptual para la clasificación, correlación y comunicación internacional. Actualización 2015. Informes sobre Recursos Mundiales de Suelos 106. FAO, Roma. http://www.fao.org/docrep/011/a0510s/a0510s00.HTM
- WHITE, R.E., 2006. Principles and practice of soil science: the soil as a natural resource. 4th ed. Malden: Blackwell Publishing. Bibl. Farmacia A TS 21 B.
Complementaria
- DRIESSEN PM, DECKERS, JA. SPAARGAREN, OC AND NACHTERGAELE FO (Eds.). 2001. Lecture Notes on the Major Soils of the World. World Soil Resources Reports 94. Food and Agriculture Organization of the United Nations, Rome. https://www.researchgate.net/publication/40120040_Lecture_Notes_on_the_…
- EUROPEAN SOIL BUREAU NEWORK. 2005. Soil Atlas of Europe. European Comission, Office for Official Publications of the European Communities, Louxemburg. http://eusoils.jrc.ec.europa.eu/projects/soil_atlas/Download.cfm
- FITZPATRICK, E.A., 1984. Suelos: su formación, clasificación y distribución. México: CECSA.México: CECSA. Bibl. Bioloxía TS 34 A.
- ORGIAZZI, A., BARDGETT, R.D., BARRIOS, E., BEHAN-PELLETIER, V., BRIONES, M.J.I., CHOTTE, J-L., DE DEYN, G.B., EGGLETON, P., FIERER, N., FRASER, T., HEDLUND, K., JEFFERY, S., JOHNSON, N.C., JONES, A., KANDELER, E., KANEKO, N., LAVELLE, P., LEMANCEAU, P., MIKO, L., MONTANARELLA, L., MOREIRA, F.M.S., RAMIREZ, K.S., SCHEU, S., SINGH, B.K., SIX, J., VAN DER PUTTEN, W.H., WALL, D.H. (EDS.), 2016, Global Soil Biodiversity Atlas. European Commission, Publications Office of the European Union, Luxembourg. 176 pp. https://esdac.jrc.ec.europa.eu/public_path/shared_folder/Atlases/JRC_gl…
- HUANG, P.M., LI, Y., SUMNER, M.E. eds., 2012. Handbook of soil sciences: properties and processes. 2nd ed. Boca Raton: CRC Press Taylor & Francis Group. Bibl. Bioloxía TS 274 1
- BOHN, H.L., MCNEAL, B.L. Y O’CONNOR, G.A., 1993. Química del suelo. México: Limusa. Bibl. Bioloxía A TS 37.
Básica
- PORTA CASANELLAS, J., LÓPEZ-ACEVEDO, M., POCH CLARET, R., 2019. Edafología: uso y protección de suelos. 4ª ed. Madrid: Mundiprensa. Bibl. Bioloxía A TG 292 (3ª edición).
- IUSS Grupo de trabajo WRB. 2015. Base Referencial Mundial del Recurso Suelo. Un marco conceptual para la clasificación, correlación y comunicación internacional. Actualización 2015. Informes sobre Recursos Mundiales de Suelos 106. FAO, Roma. http://www.fao.org/docrep/011/a0510s/a0510s00.HTM
- DRIESSEN PM, DECKERS, JA. SPAARGAREN, OC AND NACHTERGAELE FO (Eds.). 2001. Lecture Notes on the Major Soils of the World. World Soil Resources Reports 94. Food and Agriculture Organization of the United Nations, Rome. http://www.isric.org/Isric/Webdocs/Docs/Major_Soils_of_the_World/start… ftp://ftp.fao.org/agl/agll/docs/wsrr94e.pdf
- FITZPATRICK, E.A., 1984. Suelos: su formación, clasificación y distribución. México: CECSA.México: CECSA. Bibl. Bioloxía TS 34 A.
- WHITE, R.E., 2006. Principles and practice of soil science: the soil as a natural resource. 4th ed. Malden: Blackwell Publishing. Bibl. Farmacia A TS 21 B.
Complementaria
- EUROPEAN SOIL BUREAU NEWORK. 2005. Soil Atlas of Europe. European Comission, Office for Official Publications of the European Communities, Louxemburg. http://eusoils.jrc.ec.europa.eu/projects/soil_atlas/Download.cfm
- ORGIAZZI, A., BARDGETT, R.D., BARRIOS, E., BEHAN-PELLETIER, V., BRIONES, M.J.I., CHOTTE, J-L., DE DEYN, G.B., EGGLETON, P., FIERER, N., FRASER, T., HEDLUND, K., JEFFERY, S., JOHNSON, N.C., JONES, A., KANDELER, E., KANEKO, N., LAVELLE, P., LEMANCEAU, P., MIKO, L., MONTANARELLA, L., MOREIRA, F.M.S., RAMIREZ, K.S., SCHEU, S., SINGH, B.K., SIX, J., VAN DER PUTTEN, W.H., WALL, D.H. (EDS.), 2016, Global Soil Biodiversity Atlas. European Commission, Publications Office of the European Union, Luxembourg. 176 pp. https://esdac.jrc.ec.europa.eu/public_path/shared_folder/Atlases/JRC_gl…
- HUANG, P.M., LI, Y., SUMNER, M.E. eds., 2012. Handbook of soil sciences: properties and processes. 2nd ed. Boca Raton: CRC Press Taylor & Francis Group. Bibl. Bioloxía TS 274 1 (solicitado para acceso digital en la BUSC)
- BOHN, H.L., MCNEAL, B.L. Y O’CONNOR, G.A., 1993. Química del suelo. México: Limusa. Bibl. Bioloxía A TS 37.
Coñecementos: Coñ01; Coñ02; Coñ11
Habilidades/Destrezas: H/D01; H/D02; H/D03; H/D06; H/D07; H/D08; H/D09; H/D10; H/D11
Competencias: Comp02; Comp03; Comp04; Comp05; Comp08
Básicas/Xerais
Nesta materia traballaranse, en maior ou menor medida, todas as competencias básicas e xerais do Grao en Bioloxía
Transversais
CT1. Capacidade de análise e síntese
CT2. Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT4. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada
CT11. Capacidade para a resolución de problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
Específicas
CE5 Ámbito competencial: Medio ambiente, poboacións e ecosistemas:
CE5.a - O medio físico, fluxos de enerxía e ciclos bioxeoquímicos.
CE5.d - Xestión e conservación
CE5.e - Diagnostico e solución de problemas ambientais
CE5.f -Avaliación do impacto ambiental.
Nas clases expositivas, nas que se presentarán a través de clases maxistrais os aspectos básicos da materia, utilizaranse medios audiovisuais e facilitarase ás/aos estudantes, a través da aula virtual da materia, o material básico para o seguimento das clases teóricas, así como material complementario (textos, gráficos, táboas ...) para fomentar a participación e a discusión durante a clase. Tamén se empregarán recursos informáticos por medio de enlaces a páxinas web con información edafolóxica.
As clases interactivas centraranse no traballo persoal das/os estudantes baixo a tutela e dirección do profesorado para tratar aspectos da materia que non se poden contemplar nas clases teóricas e abordar a resolución de problemas e aspectos aplicados da ciencia do solo. Para elo fomentarase o debate, a aprendizaxe colaborativa e baseada en problemas na resolución de estudos de caso.
No traballo de campo o traballo persoal da/o estudante orientarase a fomentar a capacidade de observación e a descrición e interpretación de solos, axudando a consecución deste obxectivo a través do debate e a análise colaborativa.
As titorías desenvolveranse en grupo moi reducido, para aclarar dúbidas, fornecer información ou orientar ao estudantado, así como para coñecer o progreso na adquisición de competencias.
Para facilitar a preparación e seguimento de todas as actividades por parte do estudantado, empregarase a aula virtual na plataforma Moodle do campus virtual da USC e MS Teams. A través desta ferramenta ofreceráselles información da programación docente e materiais complementarios para o estudo da materia.
Ao inicio do curso facilitarase aos estudantes o seguinte material na aula virtual:
GUÍA DOCENTE: a guía docente aprobada para a materia.
PLANIFICACIÓN DE ACTIVIDADES: unha guía na que se indicará a planificación de actividades.
PROBLEMAS: material para a interpretación e clasificación de solos (as solucións discutiranse nos seminarios).
Nas clases expositivas, nas que se presentarán os aspectos básicos da materia, utilizaranse medios audiovisuais e facilitarase aos estudantes, a través da aula virtual da materia, o material básico para o seguimento das clases teóricas, así como material complementario (textos, gráficos, táboas ...) para fomentar a participación e a discusión durante a clase. Tamén se empregarán recursos informáticos por medio de enlaces a páxinas web con información edafolóxica.
As clases interactivas centraranse no traballo persoal dos estudantes baixo a tutela e dirección do profesorado para tratar aspectos da materia que non se poden contemplar nas clases teóricas e abordar a resolución de problemas e aspectos aplicados da ciencia do solo. No traballo de campo o traballo persoal do estudante orientarase a fomentar a capacidade de observación e a descrición e interpretación de solos.
Campus Virtual
Utilizarase a aula virtual da materia (Moodle) como ferramenta de comunicación cos estudantes ofrecéndolles información da programación docente e materiais complementarios para o estudo da materia.
Ao inicio do curso facilitarase aos estudantes o seguinte material na aula virtual:
GUÍA DOCENTE: a guía docente aprobada para a materia.
PLANIFICACIÓN DE ACTIVIDADES: unha guía na que se indicará a planificación de actividades.
PRESENTACIÓNS: as presentacións usadas polo profesorado nas clases expositivas.
PROBLEMAS: material para a interpretación e clasificación de solos (as solucións discutiranse nos seminarios).
Docencia presencial
Clases expositivas e interactivas (presenciais, interactivas obrigatorias): as clases realizaranse combinando tanto a clase maxistral (exposición e discusión de temas) como en forma de seminarios (realización de exercicios). É importante que os estudantes traballen o material posto á súa disposición con anterioridade ás sesións presenciais para promover a interacción co profesor. A asimilación de contidos por parte dos estudantes verificarase mediante a realización de cuestionarios que serán entregados a través da aula virtual.
Práctica de campo: realizarase unha práctica de campo (presencial) orientada á interpretación dos factores de formación, á morfoloxía, ás propiedades e aos procesos de edafoxénese de diferentes tipos de solos de Galicia. A implicación dos estudantes na práctica avaliarase mediante a realización dun cuestionario.
Titorías (presenciais)
Orientadas á resolución de problemas e dúbidas dos estudantes.
Titorías individualizadas
Realizaranse de forma presencial no despacho do docente e/ou mediante a plataforma MS Teams.
Para a avaliación terase en conta a asistencia, participación e coñecementos adquiridos nas actividades presenciais, un traballo en grupo e unha proba final.
A asimilación de contidos por parte das/os estudantes verificarase mediante a realización de cuestionarios que serán entregados a través da aula virtual.
O aproveitamento da práctica de campo avaliarase mediante a realización dun cuestionario.
a) Avaliación continua (40% da cualificación final):
a.1. Valorarase a asistencia e participación nas actividades presenciais (clases expositivas, saída de campo, seminarios): 10% da cualificación final
a.2. As respostas a cuestionarios e problemas que se entregarán aos estudantes a través da aula virtual: 10% da cualificación final
a.3. A realización dun traballo en grupo obrigatorio. Os estudantes deberán presentar un traballo (realizado en grupos dun máximo de 3 persoas) que consistirá nun póster sobre algún aspecto ambiental (impacto, conservación da biodiversidade, etc) onde o solo sexa un elemento central na cuestión tratada: 20% da cualificación final, obrigatorio
Avaliación dos resultados de aprendizaxe: Coñ01; H/D01; H/D02; H/D03; H/D06; H/D07; H/D08; H/D09; H/D10; H/D11; Comp03; Comp04;Comp08
b) Proba final obrigatoria. Constará de cuestións sobre os contidos da materia : 60% da cualificación final.
Avaliación dos resultados de aprendizaxe: Coñ01; Coñ02; Coñ11; H/D01; H/D06; H/D07; H/D08; H/D11; Comp02; Comp05; Comp08
Para superar a materia na 1ª oportunidade a cualificación final será a suma das puntuacións de cada un dos criterios de avaliación. As cualificacións das distintas actividades da avaliación continua só se sumarán a cualificación final se se acada un 30 % do seu valor. Se non se acada unha cualificación mínima na proba final (un 40% do seu valor) a nota final será a desta proba.
O estudantado que teña que acudir á segunda oportunidade conservará as cualificacións obtidas na avaliación continua en caso de ter acadado a puntuación mínima, debendo repetir o exame final.
No caso de estudantes repetidores, as cualificacións da avaliación continua, en caso de ter superada a puntuación mínima, conservaranse ata o final do seguinte curso académico.
No caso de estudantes aos que se lles teña concedido dispensa de asistencia a clase, a avaliación realizarase mediante o exame sobre os contidos do programa (60% da cualificación final) e un exame práctico (40% da cualificación final).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Para a avaliación terase en conta a asistencia, participación e coñecementos adquiridos nas actividades presenciais, un traballo en grupo e unha proba final.
a) Avaliación continua (40% da cualificación final). Valorárase en función da asistencia, e participación nas actividades presenciais
(10% da cualificación final), as respostas a cuestionarios e problemas que se entregarán aos estudantes a través da aula virtual (10% da cualificación final) e a realización dun traballo en grupo (20% da cualificación final, obrigatorio). Os estudantes deberán presentar un traballo (realizado en grupos dun máximo de 4 persoas) que consistirá na interpretación, avaliación e clasificación de solos tipo a partir de fichas de solos reais; será valorado en función da calidade da memoria, a claridade na presentación dos resultados e a súa correcta interpretación.
Competencias: CB3, CB4, CT1, CT2, CT11, CE5d, CE5e, CE5f.
b) Proba final (60% da cualificación final, obrigatoria). Constará de cuestións sobre o programa de teoría e as actividades interactivas.
Competencias CB3, CB5, CG5, CT1, CT2, CT4, CT11, CE5a, CE5d, CE5e, CE5f.
Criterios xerais
Para superar a materia na 1ª oportunidade será obrigatorio ter realizadas as actividades correspondentes á avaliación continua acadando unha puntuación de polo menos 1/3 do seu valor. A cualificación final será a suma das puntuacións de cada un dos criterios de avaliación. Se non se acada unha cualificación mínima na proba final (un 40% do seu valor) a nota final será a desta proba.
Para superar a materia na segunda oportunidade haberá que realizar as probas non superadas na primeira opción. Se algún estudante opta por realizar unicamente a proba final, a cualificación máxima só poderá ser de aprobado.
As cualificacións do traballo en grupo e de asistencia e participación nas actividades docentes, en caso de ter superada a puntuación mínima, conservaranse ata o final do seguinte curso académico.
No caso de estudantes aos que se lles teña concedido dispensa de asistencia a clase, a avaliación realizarase mediante un exame sobre os contidos do programa (60% da cualificación final) e un exame práctico (40% da cualificación final).
Os estudantes repetidores poderán optar por realizar as mesmas tarefas que os que cursan a materia por primeira vez ou realizar un exame final sobre os contidos teóricos (60% da cualificación final) e prácticos (40% da cualificación final) da materia
Traballo presencial na aula
Clases expositivas: 26 horas
Clases interactivas:
Práctica de campo: 6 horas
Seminarios: 6 horas
Titorías: 3 horas
Realización de exames: 2 horas
Total horas de traballo presencial: 43 horas
Traballo persoal
Estudo individual: 54,5 horas
Elaboración do traballo en grupo: 6 horas
Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca ou similares: 8 horas
Asistencia a charlas, ou outras actividades recomendadas: 1 horasTotal horas de traballo persoal: 70,5
Horas totais de dedicación á materia: 43 presenciais + 69,5 persoais = 112,5 horas
4,5 ECTS: 112,5h
Traballo presencial: 43h
- Docencia teórica en aula: 26h
- Práctica de campo: 6h
- Seminarios: 6h
- Titorías: 3h
- Exame: 2h
Traballo persoal (estudo individual, cuestionarios e actividades propostas, traballo en grupo): 69,5h
-Asistencia e participación nas actividades docentes expositivas e interactivas, incluída a práctica de campo.
-Co obxectivo de fomentar a participación nas clases, recoméndase a realización das actividades requiridas ao longo do curso e, en especial, o traballo coa información subministrada a través da aula virtual, antes das clases expositivas e interactivas.
-Uso de bibliografía especializada, non só dos libros de texto, senón tamén de artigos de investigación e de divulgación científica.
-Distribuír o traballo persoal ao longo do semestre.
-Uso das horas de titorías para resolver calquera dúbida que xurda durante o estudio da materia, ao longo do curso
-Asistencia e participación nas actividades docentes expositivas e interactivas, incluída a práctica de campo.
-Co obxectivo de fomentar a participación nas clases, recoméndase a realización das actividades requiridas ao longo do curso e, en especial, o traballo coa información subministrada a través da aula virtual, antes das clases expositivas e interactivas.
-Uso de bibliografía especializada, non só dos libros de texto, senón tamén de artigos de investigación e de divulgación científica.
-Distribuír o traballo persoal ao longo do semestre.
-Uso das horas de titorías para resolver calquera dúbida que xurda durante o estudio da materia, ao longo do curso.Canles de comunicación co alumnado:
Canles de comunicación co alumnado:
MS Teams: na aula da materia, conversas individuais para titorías personalizadas.
Aula Virtual da materia (Moodle)
Correo electrónico (exclusivamente o institucional da USC)
É importante que as/os estudantes traballen o material posto á súa disposición con anterioridade ás sesións presenciais para promover a interacción co profesor. MS Teams: na aula da materia, conversas individuais para titorías personalizadas.
Aula Virtual da materia (Moodle)
Correo electrónico (exclusivamente o institucional da USC)