Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 26 Clase Interactiva: 14 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer e saber aplicar os principais indicadores para avaliar a calidade dos solos.
Comprender e saber identificar os principais procesos de degradación de solos.
Coñecer as prácticas de xestión que permitan a conservación dos ecosistemas.
Programa de clases expositivas (26 h)
I. FUNCIÓNS, USOS E CALIDADE DO SOLO (5 h)
Funcións ambientais e servizos ecosistémicos dos solos. Usos humanos do solo. Calidade e saúde dos solos: definición, conceptos e indicadores. Métodos de avaliación da calidade e a saúde do solo. O marco europeo da saúde do solo.
II. APTITUDE PARA USO AGRÍCOLA E FERTILIDADE (6 h)
O solo e a produción vexetal. Aptitude agrícola do solo: factores de produción e fertilidade. Avaliación xeral de terras: metodoloxía e exemplos. Métodos de avaliación da aptitude agrícola. Prácticas agrícolas: labranza, corrección, rego.
III. DEGRADACIÓN DOS SOLOS (6 h)
Impacto das actividades humanas sobre os solos: agricultura e gandeiría, minaría e industria, urbanización. Procesos de degradación e contaminación de solos. Propiedades dos solos degradados.
IV. MANEXO SOSTIBLE E CONSERVACIÓN DO SOLO (6 h)
Modificación das propiedades do solo para a súa conservación. Xestión da vexetación: medidas agronómicas. Xestión da auga: métodos mecánicos. Loita contra a erosión eólica. A agricultura de conservación.
V. RESTAURACIÓN DE SOLOS DEGRADADOS (3 h)
Principios xerais. Técnicas de tratamento de solos contaminados. Bioremediación e fitoremediación. Materia orgánica, reciclaxe de residuos e restauración.
Programa de clases interactivas (14 h)
Seminarios (6 h)
- Avaliación da calidade do solo mediante o sistema Cornell (2 h)
- Avaliación da aptitude agrícola de solos mediante o sistema USDA-LCC (2 h)
- Avaliación da vulnerabilidade á erosión mediante o cálculo do factor k da RUSLE (2 h)
Práctica de campo (4 h)
Realización de medidas para a avaliación da calidade do solo en campo: avaliación visual, permeabilidade, compactación.
Práctica de laboratorio (4 h)
Determinación de propiedades físicas de solos: estabilidade de agregados.
Titorías (1 h)
Resolución de dúbidas sobre calquera aspecto da materia.
Bibliografía básica
• López Bellido, L., 2021. La salud del suelo. Editorial Acribia, Madrid. Biblioteca de Farmacia, AA1.
• Morgan, R.P.C., 1996. Erosión y conservación del suelo. Ediciones Mundi-Prensa, Madrid. Biblioteca de Farmacia, TS-347.
• De la Rosa, D., 2008. Evaluación agro-ecológica de suelos. Ediciones Mundi-Prensa, Madrid. Biblioteca de Bioloxía, TG-684.
Bibliografía complementaria
• Fournier, F., 1975. Conservación de suelos. Ediciones Mundi-Prensa, Madrid. Biblioteca de Famacia, TS-30.
• Marshall, T.J., Holmes, J.W., Rose, C.W., 1996. Soil Physics. 3rd ed. Cambridge University Press, Cambridge. Biblioteca de Famacia, TS-434.
• Mirsal, I., 2008. Soil Pollution: Origin, Monitoring and Remediation. Springer Berlin, Heidelberg. Biblioteca de Bioloxía, TS-266.
• Porta Casanellas, J., López-Acevedo, M., Poch Claret, R., 2019. Edafología: uso y protección de suelos. 4ª ed. Madrid: Mundiprensa. Biblioteca de Farmacia, A-TS-14G.
Coñecementos/contidos:
Con01, Con11
Habilidades/destrezas:
H/D01, H/D02, H/D03, H/D06, H/D07, H/D08
Competencias:
Comp01, Comp03, Comp04, Comp05, Comp06
Clases expositivas, de tipo maxistral, nas que o docente explicará os conceptos propios da materia con apoio de medios audiovisuais e informáticos; pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais), promovendo a participación do alumnado. A asistencia ás clases expositivas non é obrigatoria.
Clases interactivas de seminario en grupos reducidos, nas que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, realízanse exercicios, problemas, simulacións de casos, etc. Requiren participación activa do alumnado. A asistencia aos seminarios non é obrigatoria.
Clases interactivas de laboratorio e de campo, nas que o alumnado, seguindo os protocolos preparados a tal efecto, manexará os equipos apropiados e resolverá cuestións prácticas. A asistencia á totalidade das clases de laboratorio e campo é obrigatoria.
Titorías (en grupo reducido) para aclarar dúbidas, proporcionar información ou orientar o alumnado, así como para coñecer o progreso na adquisición de competencias. A asistencia non é obrigatoria.
Avaliación continua: A avaliación continua farase por medio de probas orais e/ou escritas, entrega ou presentación de traballos, asistencia e participación na aula, titorías e suporá o 50% da cualificación final. Resultados de aprendizaxe: H/D01, H/D02, H/D03, H/D06, H/D07, H/D08, Comp01, Comp02, Comp03, Comp04, Comp05, Comp06
Exame final: complementario á avaliación continua, incluirá todos os contidos impartidos na materia e suporá o 50% da cualificación final. Resultados de aprendizaxe: Con01, Con02, H/D03, H/D06, H/D08, Comp01, Comp02, Comp03
Criterios xerais
A cualificación final será a suma das puntuacións da avaliación continua e o exame final.
Para superar a materia, tanto na 1ª oportunidade como na 2ª oportunidade, será obrigatorio ter realizadas as actividades correspondentes á avaliación continua acadando unha puntuación de polo menos 1/3 do seu valor. Se non se acada unha cualificación mínima no exame final (un 40% do seu valor) a nota final será a desta proba.
No caso de alumnado ao que se lles teña concedido dispensa de asistencia a clase, a avaliación realizarase mediante un exame sobre os contidos do programa (60% da cualificación final) e un exame práctico (40% da cualificación final).
O alumnado repetidor poderá optar por realizar as mesmas tarefas que o que cursa a materia por primeira vez ou realizar un exame final sobre os contidos teóricos (60% da cualificación final) e prácticos (40% da cualificación final) da materia.
4,5 ECTS: 112,5h
Traballo presencial: 43h
- Docencia teórica en aula: 26h
- Seminarios: 6h
- Práctica de campo: 5h
- Práctica de laboratorio: 3h
- Titorías: 1h
- Exame: 2h
Traballo persoal (estudo individual, cuestionarios e actividades propostas): 69,5h
Esta materia require coñecementos previos da materia Edafoloxía (primeiro semestre).
Asistencia ás clases expositivas de forma habitual; asistencia e participación en clases interactivas; utilización dos recursos dispoñibles na plataforma virtual; consulta da bibliografía e realización das actividades complementarias suxeridas; distribuír o traballo persoal ao longo do semestre; asistencia a titorías para resolver as dificultades.
Utilizarase a aula virtual da materia (Campus Virtual-Moodle) como ferramenta de comunicación co alumnado, ofrecéndolle información da programación docente e materiais complementarios para o estudo da materia.
Canles de comunicación directa co profesorado a través do Campus Virtual e do correo electrónico institucional.
Remigio Paradelo Nuñez
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881815042
- Correo electrónico
- remigio.paradelo.nunez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 06. Diane Fosey e Jane Goodall |
Venres | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 06. Diane Fosey e Jane Goodall |
02.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08. Louis Pasteur |
03.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |