Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 28 Clase Interactiva: 29 Total: 58
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Bioloxía Funcional
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Ecoloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O estudantado debe saber describir, analizar e interpretar variables do medio físico que condicionan as adaptacións, a distribución e a abundancia de seres vivos e os seus cambios ao longo do tempo.
Os obxectivos específicos, cognitivos e procedementais:
- Adquirir o coñecemento dos métodos de medida e o procesamento de datos das principais variables do medio físico que determinan a presenza e abundancia e distribución das poboacións. Do mesmo xeito, deberán de adquirir a comprensión de determinados procesos e o seu recoñecemento no campo.
- Adquirir as destrezas e habilidades necesarias para o procesamento de datos referentes ás principais variables ambientais, así como a súa representación. Isto conleva a familiarización do alumnado coas tecnoloxías necesarias para acadar este obxectivo, como son as follas de cálculo e os sistemas de información xeográfica.
- Adquirir as destrezas e habilidades necesarias para a adquisición en campo e laboratorio de datos sobre as principais variables ambientais empregadas en bioloxía, así como os rudimentos de traballo no campo como o reformulo e caracterización, en relación a variables fisicoquímicas, de parcelas de mostraxe.
Contenidos xerais
Mapas e representacións cartográficas. Sistemas de información xeográfica. Sistema atmosférico e acuático: métodos de medida, fontes de datos, unidades, cálculos, índices, representación e interpretación de distintas variables. Hidroloxía: augas superficiais e subterráneas, concas e redes hidrográficas. Sistema terrestre: caracterización de formas e tipos de relevo. O solo.
Programa específico da parte expositiva (27 horas).
- Tema 1.- Introdución o estudo do medio físico para biólogos. Elementos do medio físico, representación de variables relativas ao medio físico. Escala e resolución. Sistemas de infromación xeográfica (3 horas).
- Tema 2.- Sistema atmosférico. Métodos de medida, fontes de datos, unidades, cálculos, índices, representación e interpretación das variables: radiación, luz, temperatura, humidade, precipitación e vento. Evaporación e Evapotranspiración Climogramas e índices e clasificacións climáticas (7 horas).
- Tema 3.- Sistema acuático. Métodos de medida, fontes de datos, unidades, cálculos, índices, representación e interpretación das variables: salinidade, luz, temperatura, oxíxeno, pH, potencial redox, velocidade da corrente. Cálculo de caudais (3 horas).
- Tema 4.- Caracterización das formas do relevo. Introdución ao estudo das formas do relevo e os sistemas xeomórficos. Medida, e interpretación de parámetros que caracterizan o medio físico (orientación, altitude, pendente) (4 horas).
- Tema 5.- Ambientes xeomórficos e formas do relevo asociadas: meteorización, ladeiras, kárst, fluvial, glacial e periglacial, eólico, costeiro (5 horas).
- Tema 6.- Solos e procesos edafogenéticos. Conceptos de formación de solose a súa relación coas formas do relevo. Propiedades dos solos: medida e interpretación. Clima do solo: réxime de temperatura e réxime de humidade. Distribución de solos. (5 horas).
Prácticas de campo e laboratorio (10 h).
1. Práctica informática: introdución os sistemas de información xeográfica mediante software libre (2 h).
2. Práctica de laboratorio: caracterización de propiedades físico-químicas básicas de solos e sedimentos (cor, pH, tamaño de partícula, etc.) (2 h)
3. Práctica de campo: caracterización dun medio acuático (perfil do leito, medida da velocidade da auga, estimación do caudal, pH, condutividade, temperatura, osíxeno en disolución etc.) e outro terrestre (emprego do GPS para determinación de coordenadas, selección e delimitación dunha parcela de estudo, análise da pendente e orientación, análise da cobertura etc.) (6 h).
Seminarios (20 h).
1. Procesamento e representación de datos de temperatura (2 h).
2. Representación de datos de vento. Rosa dos ventos (2 h).
3. Representación de datos de temperatura e precipitación, confección de climogramas. Cálculo de irradiancia (2 h).
4. Radiación neta e evapotranspiración. Aplicación a un balance hídrido de cuberta (2 h).
5. Estratificación en masas de auga: caracterización dun lago meromíctico (2 h).
6. Percepción sobre o ambiente e conceptos básicos do medio físico (2 h).
7. Conceptos de cartografía e uso de mapas I (2 h).
8. Conceptos de cartografía e uso de mapas II (2 h).
9. Conceptos de cartografía e uso de mapas III (2 h).
10. Cambios ambientais e cambios na paisaxe: paleoecoloxía (2 h).
Titoría (1 h).
Na que o docente expoñerá brevemente unha problemática ambiental (sobre a que se forneceu información previa) e formulará unha serie de cuestións. A continuación, realizarase un debate no que dous grupos de alumnos defenderán as súas posturas enfrontadas.
Traballo de curso
Ao longo do curso levarase a cabo un traballo no que se reflectirán algúns dos conceptos e técnicas introducidos na exposición e nos seminarios. Elixirase unha área pequena e nela realizarase un estudo cartográfico de caracterización do medio físico. Este traballo será presentado en forma de cartel.
BÁSICA
Hugget R.J. 2011. Fundamentals of geomorphology. Routledge Fundamentals of Physcial Geography. Third edition. Routledge, Taylaor & Francis Group. London and New York.
Pérez Navarro, A., Botella Plana, A., Muñoz Bollas, A., Olivella González, R., Olmedillas Hernández, J.C:, Rodríguez Lloret, J. 2011. Introducción a los sistemas de información geográfica. Editorial UOC.
Schaetzel, R., Anderson, S. 2005. Soils, genesis and geomorphology. Cambridge University Press.
COMPLEMENTARIA
Aramburu Maqua, M.P., Escribano Bombín, R. (dir-coord). 2014. Guía para la elaboración de estudios del medio físico. Fundación Conde del Valle de Salazar, ESTSI Montes UPM, Ministero de Agricultura Alimentación y Medio Ambiente. Madrid. http://oa.upm.es/55224/1/Guia_para_la_elaboracion_de_estudios_del_medio…
Comins, N.F. What if the Earth had two moons? Macmillan.
Ernst, W.G. (ed) 2000. Earth systems, processes and issues. Cambridge University Press
Lavigne, D.M. 2006. Gaining Ground: in pursuit of ecological sustainability. IFAW.
Porta, J., López-Acevedo, M., Roquero, C. 1994. Edafología para la agricultura y el medio ambiente. Ediciones Mundi-Prensa.
Cartografía y SIG, Ministerio para la transición ecológica: https://www.miteco.gob.es/es/cartografia-y-sig/
QGis: https://www.qgis.org/es/site/
Strahler A., Strahler A.H. 1997. Geografía Física. Omega.
Relación de resultados da aprendizaxe:
Coñecementos/contidos: Con02, Con08, Con09
Habilidades/destrezas: H/D01, H/D02, H/D03, H/D06, H/D07, H/D08, H/D10
Competencias: Comp01, Comp03, Comp06
CLASES EXPOSITIVAS: Clase maxistral. Traballo Tutelado. Non obrigatoria.
SEMINARIOS. Seminarios. Prácticas Aula de Informática. Traballo Tutelado. Asistencia obrigatoria para aprobar a materia en ambas as oportunidades, (porcentaxe de asistencia 90%).
PRÁCTICAS DE COMPUTADOR. Prácticas Aula de Informática. Asistencia obrigatoria para aprobar a materia en ambas as oportunidades, (porcentaxe de asistencia 100%).
PRÁCTICAS DE LABORATORIO: Prácticas de laboratorio. Asistencia obrigatoria para aprobar a materia en ambas as oportunidades, (porcentaxe de asistencia 100%).
PRÁCTICAS DE CAMPO. Prácticas de campo. Asistencia obrigatoria para aprobar a materia en ambas as oportunidades, (porcentaxe de asistencia 100%).
TITORÍAS. Titorías. Asistencia obrigatoria para aprobar a materia en ambas as oportunidades, (porcentaxe de asistencia 100%).
Estes criterios serán empregados nas dúas oportunidades. O estudantado repetidor avaliarase co mesmo sistema.
A nota final será unha combinación de avaliación continua (50%) valorando a asistencia, participación e o rendemento do estudantado nas diferentes actividades a través de entregas (prácticas 10%, seminarios 10%, traballo do curso 30%) e de forma complementaria a avaliación dos coñecementos teóricos (50%) mediante un exame dos contidos teóricos (tipo test e/o resolución de problemas). Todas as actividades obrigatorias son avaliables. A cualificación final será a suma das obtidas na avaliación continua e no exame final. Para superar a materia é necesario alcanzar unha cualificación mínima do 40% da puntuación máxima (2 sobre 5) tanto na avaliación continua en conxunto como no exame.
Para o estudantado repetidor, en caso de asistir ás actividades obrigatorias, realizado o traballo de curso e superada a avaliación continua, a nota da devandita avaliación poderase conservar ata o seguinte curso académico.
Os mesmos instrumentos utilizaranse para avaliar as competencias segundo o esquema:
- O exame teórico avalía as habilidades: Con02, Con08, Con09, H/D01, H/D03, H/D06, H/D07, H/D08, Comp01, Comp03.
- A realización do traballo de curso: Con02, H/D01, H/D02, H/D03, H/D06, H/D07, H/D08, H/D10, Comp01, Comp03, Comp06.
- As clases interactivas avalían: Con02, Con09, H/D01, H/D02, H/D03, H/D06, H/D07, H/D08, Comp01, Comp03.
Calcúlase que o estudantado necesitará entre 1,5 e 2 horas de estudo e traballo persoal por cada hora de clase. Deste xeito, o tempo de dedicación será:
Traballo presencial:
27 horas de exposición
20 horas interactivas de seminario
2 horas interactivas de laboratorio
6 horas interactivas de campo
2 horas interactivas na aula de informática
1 hora de titoría
2 horas de exame
Traballo sen contacto:
90 horas de traballo persoal
- Asistir participativamente ás clases teóricas e prácticas
- Realizar e entregar puntualmente os trabajos pertencentes á evaluación continua.
- Analizar a bibliografía facilitada
Serán necesarios coñecementos previos de materias como Xeoloxía e Biofísica (calor e temperatura, a condución, a convección, a radiación, a calor sensible e a calor latente. Lei de Planck-Einstein e a Lei de Stefan-Boltzmann).
Contarase con aula virtual. A comunicación co profesorado será a través da aula virtual, MSTeams ou correos electrónicos.
Jesus Ramon Aboal Viñas
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Teléfono
- 881813311
- Correo electrónico
- jesusramon.aboal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Antonio Manuel Martinez Cortizas
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813379
- Correo electrónico
- antonio.martinez.cortizas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Patricia Sanmartin Sanchez
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881814984
- Correo electrónico
- patricia.sanmartin [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
María Do Carme Pacín Salvador
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Correo electrónico
- mcarme.pacin [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Iñaki Beceiro Cillero
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Correo electrónico
- inaki.beceiro.cillero [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo/CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
11.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
11.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |