Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 26 Clase Interactiva: 29 Total: 56
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Fisioloxía Vexetal
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer en profundidade o metabolismo das plantas, así como a captación de recursos hídricos e nutricionais (nutrientes minerais, anhídrido carbónico e osíxeno). O obxectivo final da materia é que o alumnado integre este coñecemento nos distintos niveis de organización da planta, desde o nivel celular ao do organismo, así como a súa interacción co medio.
Aplicar a casos prácticos os coñecementos sobre captación de recursos e metabolismo das plantas.
Programa de clases expositivas (26 h)
1. Aspectos xerais das plantas: introdución, 1 h.
2. Transporte a través de membranas, 2 h.
3. Relacións hídricas da célula vexetal, 2 h.
4. Captación de auga e transporte polo xilema, 2 h.
5. Transpiración, 1 h.
6. Nutrición mineral, 2 h.
7. Introdución á fotosíntese, 1 h.
8. Reaccións dependentes da luz, 5 h.
9. Fixación do CO2, 1 h.
10. Fotorrespiración, 2 h.
11. Regulación ambiental da fotosíntese, 1,5 h.
12. Utilización do carbono fixado, 1,5 h.
13. Floema, 1 h.
14. Metabolismo do nitróxeno, 2 h.
15. Metabolismo do xofre, 1 h.
Programa de clases interactivas/seminarios (19 h)
Resolución de problemas relacionados cos temas abordados nas clases expositivas.
Programa de clases prácticas de laboratorio obrigatorias (10 h)
1. Determinación do potencial hídrico e/ou osmótico das células das plantas, 2,5 h.
2. Indución da actividade nitrato reductasa, 2,5 h.
3. Fotosíntese en cloroplastos illados, efecto de inhibidores e da calidade da luz 2,5 h.
4. Análise de resultados e exame de prácticas, 2,5 h.
Por dispoñibilidade do material o programa de prácticas pode verse modificado.
Titorías (1h)
Resolución de dúbidas dos contidos da materia.
Exame (3h)
Realización de probas escritas sobre contidos correspondentes á parte teórica e/ou práctica.
BÁSICA
Taiz, L., Zeiger, E., Moller I. M. and Murphy, A. eds., 2022. Plant Physiology and Development. 7th ed. Sunderland, MA: Sinauer Associates.
Buchanan, B., Gruissem, W. and Jones, R. eds., 2015. Biochemistry & Molecular Biology of Plants. 2nd ed. Hoboken: Wiley-Blackwell.
COMPLEMENTARIA
Jones, R., Ougham, H., Thomas, H. and Waaland, S., 2012. The Molecular Life of Plants. Chichester: Wiley-Blackwell.
Smith, A.M., Coupland, G., Dolam, L., Harberd, N., Jones J., Martin, C., Sablowski, R. and Amey, A., 2010. Plant Biology. New York: Garland Science.
Taiz, L., Zeiger, E., Moller I. M. and Murphy, A. eds., 2018. Fundamentals of plant physiology. Sinauer Associates - Oxford University Press
Nesta materia espérase que o alumnado adquira os seguintes resultados da aprendizaxe:
Coñecementos/Contidos: Con06 e Con09
Habilidades/destrezas: H/D01, H/D02, H/D03, H/D08, H/D10, H/D11 e H/D13
Competencias: Com01, Com03, Com04 e Com05
SÓ SON OBRIGATORIAS AQUELAS ACTIVIDADES NAS QUE SE INDIQUE EXPRESAMENTE
As clases expositivas impartiranse en 26 sesións dunha hora, cunha periodicidade de 2 horas semanais no primeiro cuadrimestre do curso académico. Nelas explicaranse os aspectos básicos dos temas que compoñen o programa da materia. A metodoloxía será a Clase Maxistral propiciando a participación do alumnado.
As clases interactivas de seminario impartiranse durante 19 sesións de 1 ou 2 horas e serán presenciais. Nestas clases resolveranse problemas sobre o funcionamento das plantas e discutiranse os resultados das últimas investigacións relacionadas co programa da materia. Para optar á nota de avaliación continua débese asistir polo menos ao 50% dos seminarios. As metodoloxías docentes serán a aprendizaxe baseada en problemas e a aprendizaxe colaborativa/traballo en grupo.
As prácticas de laboratorio serán presenciais e de asistencia obrigatoria. Desenvolveranse en 4 sesións de 2,5 horas. Nelas comprobaranse experimentalmente algúns dos conceptos desenvolvidos nas clases teóricas. Será obrigatorio levar impreso o caderno de prácticas que se proporcionará con anterioridade, e recomendable levar un esquema de traballo previamente preparado polo alumno. As metodoloxías docentes serán a aprendizaxe baseada en problemas e a aprendizaxe colaborativa/traballo en grupo.
Na cualificación final consideraranse os seguintes apartados:
• Exame de prácticas (10%). Consistirá en problemas e preguntas breves sobre o contido das prácticas. Este exame será presencial e levarase a cabo tras finalizar a práctica do último día. En caso de suspender este exame, a recuperación terá lugar co exame da segunda oportunidade. Os resultados da aprendizaxe avaliados nesta proba serán Con09, H/D01, H/D02, H/D08, H/D10, H/D13, Com01, Com04 e Com05.
• Avaliación continua (20%). Avaliarase o traballo e a participación nos seminarios, incluíndo as probas escritas que se proporán ao longo do curso sobre os contidos expostos en clases expositivas e seminarios. Para optar á nota de avaliación continua débese asistir polo menos ao 50% dos seminarios. Os resultados da aprendizaxe avaliados nesta proba serán Con06, Con09, H/D01, H/D02, H/D08, H/D10, H/D11, H/D13 e Com01.
• Exame final de teoría (70%). Este exame é complementario á avaliación continua e consistirá en problemas, preguntas breves de desenvolvemento e/ou preguntas tipo test, incluíndo contido tanto das clases expositivas como dos seminarios. Os resultados da aprendizaxe avaliados nesta proba serán Con06, Con09, H/D02, H/D03, H/D011, H/D13 e Com01.
Para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 no exame de prácticas e un mínimo de 4 no exame de teoría (sendo necesario alcanzar un mínimo de 2,5 en cada un dos bloques dos que constará o exame teórico). Soamente no caso de superar a nota esixida en ambos os exames (teórico e práctico) sumarase a nota obtida na avaliación continua.
No caso de non superar algunha das actividades obrigatorias a cualificación máxima será de 4,5 (suspenso).
Na segunda oportunidade manteranse as notas de avaliación continua obtidas durante o curso e o exame teórico ou práctico aprobado, repetíndose só o suspenso.
As probas escritas realizaranse de maneira presencial.
No caso de repetidores/as aplicaranse os mesmos criterios de avaliación que no caso de primeira matrícula. A nota do exame de prácticas, ou a asistencia a prácticas manteranse durante dous cursos académicos, NON así a nota de avaliación continua.
No caso do alumnado con dispensa será necesaria a realización das prácticas de laboratorio, ao final das cales realizarase o correspondente exame que suporá un 10% da nota global. As actividades correspondentes ás clases expositivas e interactivas de seminario non serán obrigatorias e avaliaranse no exame final que suporá un 90% da nota global.
Traballo presencial:
- Clases expositivas: 26 h
- Clases interactivas de seminario: 19 h
- Clases prácticas de laboratorio: 10 h
- Titorías: 1 h
- Probas que contribúen á cualificación: 3 h
Total horas de traballo presencial o virtual: 59 h
Traballo persoal:
- Estudo individual: 91 h
Total horas de traballo: 150 h
-Asistencia ás clases expositivas e seminarios para manter unha aprendizaxe continuada da materia ao longo do curso.
-Aconséllase o estudo da materia durante todo o curso para unha mellor asimilación e sedimentación da información recibida.
-Considérase necesario o manexo da bibliografía recomendada, tanto antes de cada clase, para un mellor seguimento da exposición do profesor, como despois da mesma, para completar e corrixir as notas tomadas.
Queda expresamente prohibido que o alumnado distribúa o material docente (tanto escrito como audiovisual) dispoñible no Campus Virtual e Teams a persoas non matriculadas no curso. Do mesmo xeito, o alumnado non poderá utilizar o material achegado polo profesorado no Campus Virtual para a elaboración de apuntamentos que non sexan para o seu uso exclusivo.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Maria Victoria Gonzalez Gonzalez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 881813342
- Correo electrónico
- mvictoria.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Del Carmen Rodriguez Gacio
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Correo electrónico
- mdelcarmen.rodriguez.gacio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Yolanda Ferradas Rial
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Correo electrónico
- yolanda.ferradas.rial [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Marcos Viejo Somoano
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 881813322
- Correo electrónico
- marcos.viejo [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 02. Gregor Mendel |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 01. Charles Darwin |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 02. Gregor Mendel |
08.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
08.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
08.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
19.06.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
19.06.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |