Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 18 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Física Aplicada
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Analizar desde un punto de vista teórico e práctico os principios básicos da Física, así como a súa aplicación. Principalmente no ámbito da
Bioquímica. O alumno debe finalizar o curso cun bo coñecemento e manexo dos conceptos que se inclúen no programa, e cunha visión do
interese que ten o estudo da Física para alcanzar un necesario grao de comprensión de diferentes conceptos que lle xurdirán cando estude
outras materias da titulación.
TEORÍA:
· Introdución.
· Biomecánica. Cinemática. Dinámica. Estática.
· Estática e Dinámica de fluídos.
· Calorimetría. Termodinámica. Metabolismo.
· Electricidade e Magnetismo.
PRÁCTICAS (pode haber cambios en función da dispoñibilidade de material de laboratorio):
· Centro de gravidade.
· Densidades.
· Banco hidrodinámico.
· Tensión superficial.
· Viscosidade.
· Medidas calorimétricas de diferentes compostos.
. Corrente eléctrica.
Básica:
CROMER, A.H. “Física para las Ciencias de la Vida”. Reverté, 1996.
KANE, J.W.; STERNHEIM, M.M. “Física”. Reverté, 2010.
JOU, D.; LLEBOT, J.E.; PÉREZ GARCÍA, C. “Física para Ciencias de la Vida”. McGraw-Hill, 1994.
Complementaria:
Aguilar, J.; Senent, F. Cuestiones de Física. Reverté, 2002.
Benito, R. M., Losada, J. C., Ablanque, J. y Sanz, A. S. Prácticas de Laboratorio de Física. Ariel Practicum, 2002.
Fernández, F.; Baixeras, C.; Casas, M. Prácticas de Física (Biología, Veterinaria, Informática). Alhambra, 1984.
Giancoli, D.C. Física para Ciencias e Ingeniería. Pearson Educación, 2009.
Hewitt, P. G. Física conceptual. Pearson -Addison Wesley , 2009.
Jou, D.; Llebot, J.E.; Pérez, C. Problemas de Física para Ciencias de la Vida. Serie Schaum. McGraw-Hill., 1986.
Lea, S. M., Burke, J. R. Física. La naturaleza de las cosas. Ed. Paraninfo, 2001.
Lleó, A., Betete, B., Galeano, J. , Lleó, L., Ruiz Tapiador, I. Problemas y Cuestiones de Física, Ed. Mundi-Prensa, 2002.
McDonald, S.C.G.; Burns, D.M. Física para las Ciencias de la Vida y de la Salud. Fondo Educativo Iberoamericano, 1982
Strother, G.K. Física Aplicada a las Ciencias de la Salud. McGraw-Hill, 1981.
Ortuño Ortín, M. Física para Biología, Medicina, Veterinaria y Farmacia. Crítica, 1996.
Perales, F. J. La resolución de problemas en Física. Ediciones Anaya, 2005.
NOTA: para algúns temas utilizarase a bibliografía on- line que se considere de utilidade en cada caso.
H/D08 - Planificar e utilizar os principais métodos experimentais dirixidos ao análise da actividade biolóxica, técnicas de aillamento, caracterización de moléculas biolóxicas, desenrolo de sistemas terapéuticos e evaluación de sustancias activas.
H/D01 - Aplicar adecuadamente as ferramentas físicas, químicas, matemáticas e estatísticas ao estudio dos procesos biolóxicos.
Comp01 – Desenrolar a capacidade de organizar e planificar adecuadamente o traballo, partindo dunha síntese e análise que permitan tomar decisións.
Comp06 - Desarrollar la capacidad de aprender de forma autónoma con iniciativa y espíritu emprendedor.
Con02 - Recoñecer as bases físicas, químicas, matemáticas e estatísticas dos procesos biolóxicos.
Nas clases de teoría (docencia expositiva) explicaranse os conceptos teóricos establecidos no programa da materia, tratando de seguir unha metodoloxía que facilite a adquisición dos coñecementos por parte do alumnado. Buscarase a súa participación durante as clases.
Nas clases de seminario (docencia interactiva) analizaranse e discutirán os problemas propostos previamente aos alumnos mediante boletíns, que poderán ser realizados individualmente ou en grupo.
Realizaranse titorías individuais para aclarar problemas e cuestións de cada alumno, así como titorías nas aulas (docencia interactiva) onde se realizará un seguimento da comprensión e dificultades que tiveron os alumnos sobre os diferentes coñecementos adquiridos, procurando resolver todas as dúbidas e problemas que lles xurdiran. Tamén se propoñerán tarefas de reflexión e aplicación ao ámbito da Bioquímica.
Nas prácticas (docencia interactiva), de asistencia obrigatoria, aplicaranse os coñecementos e conceptos adquiridos polo alumno nas clasesteóricas e de seminario. As prácticas realizaranse no laboratorio en grupos de dous alumnos. Utilizarase o Campus Virtual da USC como apoio á docencia.
-A realización das prácticas da materia é obrigatoria, e avaliarase o caderno de prácticas que deberá presentar cada grupo. Puntuación: ata 1 punto. Competencias avaliadas: H/D08, H/D01, Comp01, Comp06, Con02.
-A avaliación continua (asistencia e actividade en clase, boletíns de casos prácticos e traballos diversos) supoñerá un máximo de 2 puntos (ata 1 punto a asistencia, e ata 1 punto os traballos de clase). Competencias avaliadas: H/D08, H/D01, Comp01, Comp06, Con02.
-Exames: Faranse exames finais, e parciais se se considera de interese. En xeral, os exames constarán dunha parte de teoría-cuestiones e doutra de problemas, cada unha das cales se puntuará sobre 10, e se promediará entre ambas sempre que a cualificación de cada unha delas non sexa inferior a 4. En caso contrario, o exame estará suspenso coa nota máis baixa. O exame estará aprobado se a mencionada media fose igual ou superior a 5.
O exame final contará como máximo 7 puntos na nota definitiva da materia (Ex.: un 10 no exame supoñerá un 7 para o cálculo da nota final, que será 10 se se alcanzasen os 3 puntos na avaliación continua e prácticas). Por baixo de 5 no exame supoñerá automaticamente suspender a materia, e non ter en conta a cualificación da avaliación continua e prácticas (neste caso a cualificación final que figurará na acta da materia será 0.7 x nota exame). Competencias avaliadas: H/D08, H/D01, Comp01, Comp06, Con02.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
O estudante para o seguimento e compresión dos contidos da materia deberá empregar alomenos 40 horas para a docencia expositiva, 22 horas para os seminarios e para a realización dos traballos propostos (boletíns, campus virtual e memoria de prácticas), 27 horas para as titorías en grupo, preparación e realización de exames, e da orde de 10 horas para prácticas.
- Realizar os exercicios e cuestións propostos.
- Consultar o diferente tipo de bibliografía recomendada polo profesor.
Idiomas de impartición: castelán nas exposición docentes, pero facilitaranse as consultas en galego.
Jose Antonio Rodriguez Añon
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881814005
- Correo electrónico
- ja.rodriguez.anon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jorge Proupin Castiñeiras
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Correo electrónico
- xurxo.proupin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Eugenio Anselmo Rodriguez Nuñez
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Correo electrónico
- eugenio.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 2P AULA 3 SEGUNDA PLANTA |
08.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 3 SEGUNDA PLANTA |
08.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA |
13.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 3 SEGUNDA PLANTA |
13.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA |