Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 18 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Inorgánica
Áreas: Química Inorgánica
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Dispoñer de coñecementos básicos que permitan a adquisición doutros máis específicos dentro das áreas de Química.
• Saber correlacionar os conceptos aprendidos nas clases de teoría coa realización práctica.
• Distinguir entre as propiedades dos elementos segundo a súa posición no sistema periódico.
• Identificar as propiedades dos compostos inorgánicos.
Teoría:
BLOQUE 1. QUÍMICA XERAL
Tema 1.Conceptos básicos.
Conceptos básicos. Elementos e compostos químicos. Masa atómica e molecular. Concepto de mol. Determinación das fórmulas químicas: empírica e molecular. A ecuación química e estequiometria.
Tema 2. Estrutura atómica e periodicidade nos elementos inorgánicos.
Modelo atómico de Bohr do átomo de hidróxeno. Átomos hidroxenoides: orbitáis atómicos e números cuánticos. Configuracións electrónicas. Átomo polielectrónico. A Táboa Periódica e as Propiedades Periódicas.
Tema 3. Enlace químico.
O enlace iónico. Propiedades dos compostos iónicos. O enlace covalente. Enlaces covalentes polares e non polares. Momentos dipolares. Forzas de enlace intermoleculares. Estados da materia: sólido, líquido e gaseoso.
BLOQUE 2. QUÍMICA INORGÁNICA
Tema 4. Elementos non metálicos.
Características xerais, propiedades, reactividade dos elementos non metálicos dos grupos principais e os seus compostos máis importantes.
Tema 5. Elementos metálicos dos grupos principais.
Características xerais, propiedades, reactividade dos elementos metálicos dos grupos principais e os seus compostos máis importantes.
Tema 6. Elementos de transición e compostos de coordinación.
Características dos metais de transición. Compostos de coordinación. Natureza e tipos de ligandos. Propiedades dos complexos metálicos.
Prácticas:
• Práctica 1. Normas de seguridade. Coñecemento e manipulación dos materiais e reactivos máis elementais nun laboratorio.
• Práctica 2. Filtración. Centrifugación. Cristalización.
• Práctica 3. Destilación a presión ordinaria. Sublimación.
• Práctica 4. Obtención de metais
• Práctica 5. Compostos de coordinación
BÁSICA:
• Petrucci, R. H.; Harwood, W.S. y Herring, F. G.: “Química General”, 8ª ed.,Prentice Hall, Madrid,2002.
• Atkins, P. y Jones, L.: “Principios de Química”: los caminos del descubrimiento”, 3ªed., Panamericana, 2006.
• Chang, R: “Química”, 8ª ed. McGraw-Hill Interamericana de México, México 2007.
• Housecroft, C. E., Sharpe, A. G., “Química Inorgánica” 2ª edición Madrid,2006
• Rayner-Canham, G. “Química inorgánica descriptiva”, 2ª. edición Pearson Educación, México, 2000.
• D.F. Shriver, P.W. Atkins, Quimica Inorganica 4ª edición Editorial: Mc Graw-Hill España, S.A.; 2014.
COMPLEMENTARIA
• BROWN, T. L., LEMAY, H.E. BURSTEN, B.E.. “Química. La Ciencia Central”. 9ª Ed. Pearson-Prentice-Hall, México (2004)..-
• REBOIRAS, M. D. "Química. La ciencia básica". Ed. Thomson, Madrid (2006).
• KOTZ, J. TREICHEL P. M. "Química y reactividad química". 5ª ed., Thomson, México (2003).
• MASTERTON W.L., HURLEY C. N. "Química. Principios y Reacciones". 4ª ed., Thomson/Paraninfo, Madrid (2003).
• “Química. Un proyecto de la American Chemical Society”, 1ª ed., Reverté (2005).
Con03 - Coñecer os fundamentos químicos que determinan a estrutura das moléculas e reactividade dos grupos funcionais.
Con04 - Demostrar o coñecemento das bases químicas que permiten o deseño de calquera técnica experimental necesaria para a análise de moléculas.
Con08 - Recoñecer en profundidade as bases químicas e biolóxicas, que determinan a estrutura tridimensional das moléculas e complexos supramoleculares e relacionar a súa estrutura e funcións.
H/D01 - Aplicar adecuadamente as ferramentas físicas, químicas, matemáticas e estatísticas ao estudo dos procesos biolóxicos.
H/D02 - Utilizar os fundamentos do equilibrio químico para manexar e executar os principais métodos de instrumentación analítica.
H/D03 - Utilizar os principios químicos e termodinámicos da biocatálisis e o papel das encimas no funcionamento das células e organismos.
Comp01 - Desenvolver a capacidade de organizar e planificar adecuadamente o traballo, partindo dunha síntese e análise que permitan tomar decisións.
Comp06 - Desenvolver a capacidade de aprender de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
1. CLASES EXPOSITIVAS. Duración aproximada 50 minutos. Exposición de coñecementos dirixida ao gran grupo, nelas desenvolveranse de forma oral os epígrafes que se indican no programa da materia relacionando conceptos, principios e teorías vinculadas con áreas da Química xeral e inorgánica. Previamente á exposición, todo o material presentado necesario para o seguimento das clases estará ao dispor dos alumnos no Campus Virtual.
2. SEMINARIOS. Terán como obxectivo aplicar os coñecementos adquiridos a un conxunto de cuestións/exercicios. Para iso, ao principio de cada tema proporcionarase aos estudantes un boletín con exercicios ou preguntas de discusión para potenciar o desenvolvemento do traballo persoal autónomo. Recolleranse para valorar a evolución dos alumnos e o grao de consecución de coñecementos que van adquirindo e así controlar de forma obxectiva o traballo persoal realizado polo alumnado. Nas clases de seminario resolveranse dúbidas, ademais exporanse estratexias para a súa solución.
3. CLASES PRACTICAS DE LABORATORIO. Desenvolveranse prácticas de laboratorio con contidos directamente relacionados cos teóricos correspondentes á materia de Química. Nas sesións levarán a cabo os experimentos propostos no programa práctico da materia e que se recollen no guion de prácticas. Previamente á realización das prácticas os estudantes deberán buscar na bibliografía todos aqueles datos e información necesaria para levar a cabo as mesmas. Os estudantes prepararán un esquema da práctica, que recolla de forma sinxela e clara cada un dos pasos para seguir, reaccións axustadas e datos de importancia, que entregarán ao profesor. A continuación, levarán a cabo a práctica e irán desenvolvendo paralelamente un caderno de laboratorio sobre o seu traballo, que reflicta de maneira detallada cada unha das operacións e reaccións realizadas. Asistencia obrigatoria.
4. TUTORIAS EN GRUPO. Serán reunións do alumnado co profesorado co propósito de resolver en grupo as dúbidas xurdidas durante a aprendizaxe da materia.
5. TUTORIAS INDIVIDUAIS. Serán reunións do alumnado co profesorado coa intención de resolver as dúbidas xurdidas durante a aprendizaxe da materia. Estas sesións son de carácter voluntario, pero o profesorado fará fincapé na súa utilidade importancia.
6. APOIO A TRAVES DÁ USC-virtual. de carácter voluntario, con resumos de cada un dos temas da materia incidindo nos aspectos máis importantes, tamén dispoñerán de lecturas recomendadas polo profesorado, e cuestionarios para poder realizar autoavaliacións.
ASPECTO: AVALIACIÓN CLASES TEÓRICAS
CRITERIO: Dominio dos coñecementos teóricos e prácticos da materia
INSTRUMENTO: Realizaranse 2 probas de avaliación ao longo do curso.
COMPETENCIAS: Comp01, Comp06, Con03, Con08, H/D01, H/D03
PESO NA NOTA FINAL: 60 %
Comp01, Comp06, Con03, Con08, H/D01, H/D03
ASPECTO: TRABALLO CONTINUO
CRITERIO: A participación en clase: cuestións formuladas polo profesorado, dúbidas formuladas polo alumnado, realización dos exercicios dos boletíns, etc. (10% dá cualificación final) entrega de traballos propostos (10 % dá cualificación final).
INSTRUMENTO: Observación e notas do profesorado, así como a entrega de exercicios e/ou traballos propostos; polo que será necesaria unha asistencia regular durante todo o curso
COMPETENCIAS: Comp01, Comp06, Con03, Con08, H/D01, H/D03
PESO NA NOTA FINAL: 20 %
ASPECTO: EVALIACIÓN DAS CLASES PRÁCTICAS
CRITERIO: Dominio das técnicas e protocolos experimentais empregados as prácticas.
INSTRUMENTO: Observación do traballo realizado no laboratorio, e presentación dunha memoria práctica
COMPETENCIAS: Con04, Con08, H/D0, H/D02, H/D0, Comp01, Comp06.
PESO NA NOTA FINAL:.20 %
ACLARACIÓNS:
(1) A nota obtida en cada proba de avaliación non debe ser inferior a 4.
(2) Ademais da asistencia obrigatoria ás sesións de prácticas de laboratorio é imprescindible ter unha avaliación positiva da memoria de prácticas.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Esta materia é anual e consta de 6 créditos ECTS, o que significa unha carga de traballo para o alumno/a de 150 horas (6 créditos x 25 h/crédito).
• Traballo presencial na aula:
• Clases expositivas: 30 h
• Clases interactivas (seminarios): 3 h
• Prácticas de laboratorio: 15 h
• Titorías: 3 H
• Probas de avaliación: 4 h
• Exame final: 3 h
TOTAL: 58 h
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO: 92 h
A asistencia a clases, un estudo continuado da materia, e a resolución e comprensión dos problemas e cuestións formuladas nos seminarios son a mellor garantía para superar a materia. Recoméndase facer uso das titorías para solucionar as dúbidas xeradas no estudo da materia.
Os idiomas de docencia son castelan e galego.
Laura Rodriguez Silva
Coordinador/a- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- laura.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Uxia Barreiro Sisto
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- uxiabarreiro.sisto [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Xoves | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 2P AULA 3 SEGUNDA PLANTA |
17.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 3 SEGUNDA PLANTA |
17.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA |
09.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 3 SEGUNDA PLANTA |
09.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA |