Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 17 Total: 38.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Nesta materia, abordase un conxunto de contidos de xeito global e integrado que proporcionan ao Graduado en Biotecnoloxía a perspectiva necesaria para intervir na correcta concepción, instalación ou funcionamento dun bioproceso industrial. En concreto, perséguense os seguintes obxectivos:
-Identificar e distinguir os distintos elementos dos esquemas dos procesos biotecnolóxicos industriais.
-Enumerar os requisitos de sustentabilidade nos bioprocesos desde unha perspectiva do ciclo de vida.
-Aplicar paquetes de software para a simulación e modelado de bioprocesos.
-Resolver problemas de ecoeficiencia.
-Estudos de bioprocesos. Produción de encimas, antibióticos, aminoácidos e compostos farmacéuticos. Biocombustibles. Biopolímeros.
-Sostibilidade. Ferramentas para a análise da sustentabilidade ambiental e a ecoeficiencia.
-Simulación e modelización matemática de procesos biotecnolóxicos industriais.
-Aspectos básicos da optimización.
Estes contidos estrutúranse nos seguintes bloques:
CLASES EXPOSITIVAS (20 h)
Bloque I: Tipos de bioprocesos dentro da biotecnoloxía branca: encimas, antibióticos, aminoácidos e compostos farmacéuticos. Biocombustibles. Bioplásticos. Análise de bioprocesos. Estrutura e síntese de diagramas de fluxo de bioprocesos. Etapas de pretratamento (esterilización), bioreacción e separación ("downstreaming"). Concepto de biorefinería. Tipos de biorrefinerías (aceites, lignocelulosa, azucres, proteínas, biogás, etc).
Bloque II: Beneficios ambientais e sustentabilidade. Análise ambiental de bioprocesos. Obxectivos de desenvolvemento sostible. economía circular. Ferramentas de xestión ambiental baseadas no ciclo de vida. Análise do ciclo de vida, pegada de carbono e pegada hídrica. Ecodeseño. Aspectos básicos da integración enerxética.
SEMINARIOS (5 h)
Tres seminarios dedicaranse á resolución de problemas de esterilización, necesarios para o acondicionamento en bioprocesos, e as operacións de separación máis utilizadas en "downstreaming" (filtración, centrifugación, adsorción, etc.). Outro seminario empregarase na presentación dun bioproceso e o último na presentación dun artigo científico sobre unha análise ambiental dun bioproceso.
AULA DE INFORMÁTICA (12 h)
Simulación de bioprocesos industriais, análise ambiental e enerxética de bioprocesos mediante SuperProDesigner.
TITORÍA GRUPAL (1,5 h)
Dentro das posibilidades orzamentarias, considérase unha visita técnica a unha instalación industrial. De non ser posible, empregarase para resolver dúbidas cara o exame.
Bibliografía básica
DORAN, P.M. Bioprocess Engineering Principles. 2nd edition. Amsterdam. Elsevier, 2013. Recurso electrónico. ISBN 978-0-12-220851-5.
DIAZ, M. Ingeniería de Bioprocesos. Madrid. Ed. Paraninfo, 2012. ISBN 978-8-42-838123-9.
Bibliografía complementaria
SEIDER, W.D., LEWIN, D.R., SEADER, J.D., WIDAGDO, S., GANI, R. e NG, K.M. Product and Process Design Principles: Synthesis, Analysis, and Evaluation, 4ª ed. John Wiley and Sons, 2019. ISBN: 978-1-119-63696-0.
TURTON, R., BAILIE, R.C., WHITING, W.B. e SHAEIWITZ, J.A. Analysis, Synthesis and Design of Chemical Processes, 4ª ed. Upper Saddle, NJ, EE.UU: Prentice Hall, 2013. ISBN 978-0-13-261812-0.
HAUSCHILD, M.Z., ROSENBAUM, R.K., OLSEN, S.I. Life Cycle Assessment: theory and practice. Gewerbestrasse, Springer, 2018. ISBN 978-3-31-956474-6
SIMPSON, R. y SASTRY, S.K. Chemical and Bioprocess Engineering. New York, Springer-Verlag, 2013. Recurso electrónico. ISBN 978-1-4614-9126-2.
Con01: Conocer los conceptos, métodos y resultados más importantes de las distintas ramas de la Biotecnología.
Con03: Tener conocimientos sobre balances y transferencias de materia y energía, termodinámica aplicada y operaciones de separación, así como saber aplicarlos a la resolución de problemas de Ingeniería.
H/D01: Pensar de forma integrada y abordar los problemas desde diferentes perspectivas con razonamiento crítico.
H/D02: Buscar, procesar, analizar/interpretar y sintetizar información y resultados relevantes procedentes de diversas fuentes y obtener conclusiones en temas relacionados ca biotecnoloxía.
H/D14: Saber analizar y diseñar procesos industriales biotecnológicos y aplicarlos a la mejora de procesos y productos con criterios de sostenibilidad y gestión de la calidad relacionados con la Biotecnología
Comp04: Que los estudiantes sepan aplicar los conocimientos teóricos-prácticos adquiridos en el grado de una forma profesional y sean competentes en el planteamiento/resolución de problemas, así como en la elaboración/defensa de argumentos tanto en contextos académicos como profesionales relacionados con la innovación y la industria biotecnológica.
Comp08: Apreciar claramente las implicaciones éticas, sociales, económicas y ambientales de la actividad profesional a desarrollar, así como conocer y aplicar criterios de evaluación de riesgos biotecnológicos.
Nas clases expositivas combinarase unha docencia de tipo maxistral para presentar os contidos coa resolución práctica de exercicios-tipo que ilustren os contidos teóricos.
Os seminarios centraranse no plantexamento e resolución de casos prácticos, ás veces de xeito individual e ás veces en grupo, para enfatizar e complementar os contidos vistos nas clases expositivas. O alumnado entregará algunhas tarefas desenvolvidas durante as clases de seminario para a súa avaliación. É obrigatoria a asistencia a esta actividade.
Buscarase e fomentarase a participación activa do alumnado, tanto nas horas expositivas coma nos seminarios.
Nas prácticas en aula de informática usarase software específico (integración enerxética, simulación de bioprocesos), así como a folla de cálculo Excel, para realizar casos prácticos relacionados cos contidos teóricos vistos nas clases expositivas. A asistencia a esta actividade é obrigatoria.
Se é posible, realizarase unha visita a unha empresa de biotecnoloxía e pediráselle ao alumnado que elabore un cuestionario con aspectos relacionados coa empresa.
Durante a primeira semana de curso indicarase realización obrigatoria dun traballo, que se presentará na última sesión de seminario. Para o seguimento do avance do traballo usaranse as titorías individuais.
Utilizarase o Aula Virtual da USC cos seguintes obxectivos:
• Proporcionar información sobre a materia (guía docente, horarios, exames, anuncios, etc.).
• Proporcionar o material didáctico para as clases (diapositivas dos temas, casos prácticos, material complementario, etc.).
• Servir de medio de comunicación entre alumnado e profesorado.
• Entrega de tarefas.
Tamén se utilizará a ferramenta MS Teams como medio de comunicación non presencial alumno/profesor.
Exame Final. Realizarase un exame final que terá un peso dun 50%, necesitando alcanzar como mínimo 4 puntos sobre 10 para poder compensar no conxunto da materia. O exame terá unha parte teórica (cuestións curtas) cun peso do 50%, e unha parte práctica cun peso do 50%. En cada parte por separado deberá acadarse como mínimo un 3,5 sobre 10 para poder compensar.
Aula de informática. As actividades na aula de informática terán un peso dun 25% da nota final da materia. É obrigatorio realizar esta actividade.
Actividades. As actividades propostas, incluíndo o traballo obrigatorio, terán un peso dun 15% na nota final.
Titorías grupais. A participación do alumnado na visita técnica o informe sobre a mesma terá un peso conxunto dun 5% na nota final, no caso de que se realice.
Informe do profesor: 5%. Valorarase a participación activa (formulación de preguntas ou respostas) nas clases expositivas e interactivas.
Antes da realización do exame final, o alumnado coñecerá as notas obtidas nos outros apartados avaliables.
Para a avaliación da segunda oportunidade, manteranse todas as notas das actividades avaliadas durante o curso, excepto o exame final; de tal xeito que o alumnado só deberá realizar un novo exame final.
Considerarase NON PRESENTADO o alumnado que non realice algunha das actividades obrigatorias avaliables.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o establecido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudiantes e de revisión de calificacións".
A continuación, indícanse las competencias avaliadas en cada ítem:
-Exame final: Con01, Con03, H/D001, H/D002, H/D014, Comp4
-Aula de informática: H/D001, H/D002, H/D014, Comp4
-Actividades: H/D001, H/D002, Comp4
-Titoría grupal: Con01, H/D001, H/D002
-Informe do profesor: Con01, Con03 H/D001, H/D002, H/D014, Comp4, Comp8
Na seguinte táboa indícanse as horas previstas para cada actividade:
Actividade ........................Presencial (h)
Docencia Teórica ........................20
Docencia interactiva seminario..... 5
Docencia interactiva informática....12
Titorías en grupo reducido............1,5
Exame e revisión.........................1,5
Traballo persoal del alumnado.......71,5
• Recomendase a asistencia a clase e a participación nas mesmas.
• Recomendase o uso da aplicación USC Campus Virtual da materia e o uso de titorías para resolver as dúbidas que xurdan.
• Recomendase ter aprobadas as seguintes materias: Fundamentos de procesos biolóxicos. Termodinámica e cinética. Transporte de fluídos e transmisión de calor. Transferencia de materia. Biorreactores. Biotecnoloxía ambiental.
As clases impartiranse en castelán/galego, pero usarase material didáctico en inglés.
Jorge Sineiro Torres
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816803
- Correo electrónico
- jorge.sineiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Daniel Jose Franco Ruiz
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- daniel.franco.ruiz [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 09. Barbara McClintock |
27.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
07.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12.Vasili Dokucháyev |