Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 27 Clase Interactiva: 21 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Identificar os roteiros centrais do metabolismo e a súa regulación en diferentes organismos.
- Saber integrar os diferentes roteiros metabólicas no contexto do conxunto do organismo.
- Aplicar coñecementos sobre o metabolismo da información xenética.
- Aplicar coñecementos sobre o mecanismo de síntese das proteínas e a súa evolución post- biosíntese.
- Identificar a relevancia dos balances enerxéticos e materiais dos roteiros metabólicas.
- Saber deseñar modificacións funcionais de roteiros metabólicas con obxectivo biotecnolóxico.
• CLASES EXPOSITIVAS (PROGRAMA DE TEORÍA, 28 HORAS)
Síntese de proteínas*
Lección 1. Tradución da mensaxe xenética e evolución postbiosíntese das proteínas (3h).
Roteiros do metabolismo intermediario aerobio e bioenerxética
Lección 2. Oxidación do acetil- CoA: Ciclo do ácido cítrico (1.5h).
Lección 3. Transporte electrónico e fosforilación oxidativa (2h).
Metabolismo de hidratos de carbono
Lección 4. Catabolismo de hidratos de carbono. Glicolise (2.5h).
Lección 5. Gluconeoxénese e roteiro das pentosas fosfato (2.5h).
Lección 6. Metabolismo do glucóxeno (1.5h).
Metabolismo de lípidos
Lección 7. Catabolismo de lípidos. Oxidación de ácidos graxos e metabolismo de corpos
cetónicos (2.5h).
Lección 8. Biosíntese e regulación do metabolismo de ácidos graxos (1.5h).
Lección 9. Biosíntese de glicéridos e esfingolípidos (1.5h).
Lección 10. Metabolismo de terpenos e esteroides (1.5h).
Metabolismo de aminoácidos e nucleótidos
Lección 11. Degradación de proteínas e catabolismo de aminoácidos (2 h).
Lección 12. Biosíntese de aminoácidos e de metabolitos relacionados (2h).
Lección 13. Metabolismo de nucleótidos (1.5 h).
Integración e interrelacións nos roteiros do metabolismo
Lección 14. Integración e coordinación de procesos metabólicos (1.5 h).
* Coa excepción do tema dedicado á síntese de proteínas, e os dedicados aos ácidos nucleicos e o seu metabolismo (estruturas do ADN na cromatina e cromosomas, ARN e expresión xénica e a súa regulación, así como procesos de replicación, transcrición, reparación e recombinación). explicarase nas materias de Xenética I e II.
Na materia de Fisioloxía Vexetal explícase a fotosíntese, o transporte fotosintético de electróns e a fotofosforilación e a biosíntese de hidratos de carbono nas células vexetais. E, en Microbioloxía I, explícase o tema relacionado co ciclo e a fixación do nitróxeno.
• CLASES INTERACTIVAS (SEMINARIOS, 15h)
Seminarios temáticos/exposición (reforzo e ampliación de aspectos específicos da materia; 7,5h) e participativas (exposición e resolución de cuestións sobre o temario da materia; 7,5h).
• CLASES INTERACTIVAS (LABORATORIO, 6h)
En dúas sesións de 3 horas, levarase a cabo a purificación e análise enzimática e un estudo da fermentación alcohólica (práctica 1 e 2).
• CLASES TITORIAIS (2h) Consulta e aclaración /resolución de dúbidas.
• Examen y revisión (3 HORAS)
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- Berg, J.M., Tymoczko, J.L., Gatto, G.J.Jr & Stryer, L. 2019. Biochemistry. Nine ed. New York.
W.H. Freeman and Company.
- Garret, R.H. & Grisham, C.M., 2024. Biochemistry. 7th ed. Cengage Learning Inc.
- McKee, T., y McKee, J.R., 2020. Bioquímica. Las bases moleculares de la vida. 7ª ed. México:
McGraw-Hill/Interamericana Editores. Disponible “on line”:
https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/book.aspx?bookid=29…
- Mathews, C., Van Holde, K.E., Appling, D.R. & Anthony-Cahill, S.J., 2013. Bioquímica. 4ª ed.
Madrid: Pearson.
- Nelson, D.L. & Cox, M.M., 2021. Lehninger Principles of Biochemistry. 8ª ed. New York:
Macmillan International.
- Voet, D., Voet, J.G. & Pratt, Ch., 2016. Fundamentos de Bioquímica. 4ª ed. Buenos Aires:
Editorial Médica Panamericana.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- Alberts, B. et al., 2022. Molecular Biology of the Cell. 7th ed. W.W. Norton & Company, Inc, New York.
- Bhagavan, N.V., Chung Eun-Ha. 2015. Essentials of Biochemistry. With Clinical classes.
2nd edition. Academic Press. Disponible “on line”:
https://www.sciencedirect.com/book/9780124166875/essentials-of-medical-…
- Meissenberg, G., Simmons, W.H. 2018. Principios de Bioquímica Médica. 4ª edición.
Elsevier España, S.L.U. Disponible “on line”:
https://www.clinicalkey.com/student/content/toc/3-s2.0-C20170026563
- Rodwell, V.W., Bender, D.A., Botham, K.M., Kennelly, P.J. y Weil, P.A., 2018.
Harper Bioquímica ilustrada. 31ª ed. México: McGraw-Hill/Interamericana.
Disponible “on line”:
https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/Book.aspx?bookid=27…
RELACIÓN DE RESULTADOS DA APRENDIZAXE
Coñecementos/contidos: Con02
Habilidades/destrezas: HD01, HD03, HD05
Competencias: Comp02, Comp04, Comp05
• Clases expositivas.
Clases maxistrais para a presentación dos contidos do programa teórico da asignatura con uso de encerado apoiado con presentacións informáticas.
• Clases interactivas:
(a) Seminarios. Avaliables, non obrigatorios e aprendizaxe colaborativa para profundar/ampliar e reforzar conceptos e temas específicos presentados nas clases expositivas e potenciar a aprendizaxe mediante a participación do alumno na clase oralmente ou por escrito (ver sistema de avaliación).
(b) Prácticas de laboratorio. O obxectivo das prácticas será a familiarización do alumnado con algunhas das metodoloxías propias dun laboratorio de Bioquímica. As prácticas serán de carácter obrigatorio.
• Clases de titorías. Aclaración e resolución de dúbidas sobre a materia.
SISTEMA DE AVALIACIÓN DO APRENDIZAXE
(A) (Exame final). Actividade obrigatoria avaliable complementaria á avaliación continua. Os contidos do programa teórico avaliaranse mediante exame escrito presencial (exame final). A máxima cualificación obtida no exame (10 puntos) equivale a un 75% da cualificación final e a condición de que se respondeu a un mínimo do 85% das preguntas. Ademais, o exame, debe estar compensado en canto á cualificación obtida en respostas a preguntas obxectivas (tipo test, cadros de relación de termos.....), respecto a a alcanzada en preguntas cuxa contestación implica xustificar, argumentar, razoar e relacionar conceptos.
(B) (Avaliación continua)
(a) Seminarios interactivos. Actividade non obrigatoria avaliable que podería implicar a presentación e/o exposición de traballos, para reforzar coñecementos de temática específica, elaboración de mapas de roteiros metabólicos a entregar e/o a participación (oral e/o escrita) do alumno na clase: - identificando/ interpretando/ describindo e explicando imaxes/ figuras/ esquemas relacionados ou presentados nos contidos das clases expositivas. - respondendo a cuestións/ preguntas/ exercicios expostos (polo profesor) na propia clase ou previamente presentadas e accesibles aos alumnos a través da aula virtual e que están relacionadas con cada unha das leccións ou os bloques temáticos da materia. Esta actividade cualificarase de 0 a 10 puntos e a valoración máxima alcanzable (1.5 puntos), supoñerá un 15% da cualificación final da materia, e a condición de que se alcanzou, polo menos, un 4.7 no exame final (ver avaliación final). Requírese un mínimo de asistencia do 80% para poder ser cualificados neste apartado. No caso dos alumnos repetidores atoparanse nas mesmas circunstancias que os matriculados por primeira vez, respecto a esta actividade.
(b) Prácticas de laboratorio. Actividade obrigatoria avaliable.
- A asistencia a todas as sesións prácticas será obrigatoria para superar a materia. Valorarase o traballo no laboratorio e avaliaranse mediante entrega dunha tarefa ou a realización dun cuestionario en liña a través da aula virtual (10% da cualificación total da materia). As ausencias sen xustificar supoñerán a cualificación de NON APTO.
- Os alumnos deberán obter unha cualificación de APTO (5) nas prácticas para superar a materia. - A cualificación da práctica manterase durante un curso o que supoñerá que os alumnos repetidores non terían que repetir a práctica o curso seguinte.
- Repetidores. Os alumnos repetidores estarán eximidos de realizar as prácticas, pero non se conserva a cualificación dos seminarios do curso anterior.
(C) Avaliación final. A cualificación final obterase como a media ponderada das cualificacións parciais obtidas en: (A) o exame de contidos (final) das clases expositivas (cualificado de 0 a 10 puntos e coas condicións previamente mencionadas) e que corresponde a un 75% do total da nota final e (B) da avaliación continua correspondente ás clases interactivas (25% do total), @teniendo en cuenta que a cualificación obtida nos seminarios só poderá sumarse ao exame final se se obtivo neste un mínimo de 4.7 puntos e cumpríronse cos requisitos esixidos nas prácticas. - Os alumnos que non superen a materia na convocatoria ordinaria poderanse presentar á oportunidade de recuperación mantendo a nota da avaliación continua (repetirase exclusivamente a avaliación dependente do exame final). - Os alumnos que suspendan a materia e teñan que repetila, poderán manter a nota de prácticas durante o curso seguinte, sempre que realizasen as prácticas.
SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE
(A) EXAME FINAL
Coñecementos/ Contidos: Con02
Habilidades/ Destrezas: H/D01, H/D05
Competencias: Comp02, Comp05
(B) AVALIACIÓN CONTINUA
(a) Seminarios. Avaliaranse as competencias:
Coñecementos/ Contidos: Con02
Habilidades/ Destrezas: H/D01, H/D03
Competencias: Comp02, Comp04
(b) Prácticas de Laboratorio
Coñecementos/ Contidos:
Habilidades/ Destrezas: H/D01, H/D05
Competencias: Comp02, Comp05
Clases maxistrais (expositivas) 28h
Seminarios (interactivas) 15h
Prácticas de laboratorio (interactivas) 6h
Titorías 2h
Exame 3h
Traballo en aula 54h
TRABALLO PERSOAL
Estudo Individual 96 h
• Asistencia a todas as actividades docentes.
• Uso da bibliografía recomendada e o presentado na aula virtual, no seu caso.
• Participación nas clases correspondentes, respondendo oralmente e/o por escrito ás cuestións/preguntas expostas polo profesor, tanto na propia clase como nas presentadas nas diferentes leccións do programa teórico e as específicas dos seminarios.
• Afondar nos aspectos da materia indicados e presentados polo profesor nas clases correspondentes.
• Facer resumos/esquemas ou guións que sinteticen os contidos importantes de cada unha das leccións do programa, tentando conxuntar e relacionar diferentes aspectos que se explican en cada unha delas.
• Elaborar mapa(s) metabólicos que permitan reunir os roteiros metabólicas centrais en diferentes situacións fisiolóxicas que permitan relacionar, visualizar e aclarar aspectos da materia explicados en bloques separados.
• Autoavaliación da comprensión dos contidos. O alumno debería tratar de xerar, en por si e utilizando a bibliografía recomendada, un catálogo de preguntas e respostas de maneira adecuada ao temario.
• Facer uso das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia.
• É recomendable que para unha mellor comprensión da materia de bioquímica II téñanse coñecementos previos de materias como a bioquímica I, xenética I/ II, bioloxía celular, fisioloxía animal e vexetal, microbiología, ademais de nocións básicas de química (orgánica e inorgánica).
• Na materia teórica explicada durante o curso podería haber variacións respecto ao programa presentado na guía docente (no orde tempo e/o incorporación de novos conceptos e actualizacións máis recentes).
• Utilizarase o campus virtual para deixar información relacionada coa materia e que poida ser de utilidade para os alumnos.
• Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na "Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
• As canles de comunicación preferentes serán o correo electrónico e as titorías individuais. En caso de ser necesario, poderase establecer comunicación mediante MS-Teams.
Primitivo Barja Francisco
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816931
- Correo electrónico
- primi.barja [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Lourdes Dominguez Gerpe
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- ml.dominguez.gerpe [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Martes | |||
---|---|---|---|
19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08. Louis Pasteur |
Mércores | |||
19:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 08. Louis Pasteur |
22.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
02.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |