Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 17 Total: 38.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía, Enxeñaría Química
Áreas: Microbioloxía, Enxeñaría Química
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Nesta materia abórdanse de forma global e integrada un conxunto de contidos que achegan ao Graduado en Biotecnoloxía a perspectiva ambiental da biotecnoloxía. En concreto, perséguense os seguintes obxectivos:
- Identificar sistemas aeróbicos de tratamento de augas residuais.
- Aplicar os coñecementos sobre procesos biolóxicos anaerobios aos balances e ao deseño de reactores metanoxénicos.
- Identificar os procesos biolóxicos de tratamento de residuos sólidos.
- Enumerar as diferentes posibilidades de biorrecuperación de solos contaminados.
- Saber propoñer solucións a diferentes problemas ambientais.
O programa da materia estrutúrase en 3 grandes bloques, cada un deles dividido nunha serie de temas.
BLOQUE I. Biotecnoloxía ambiental (3 h)
Tema 1 (2 h (E) + 1 h (S)). Introdución á Biotecnoloxía Ambiental. Problemas ambientais globais. Microorganismos e medio ambiente. Aplicacións da Biotecnoloxía Ambiental. Xestión e tratamento de augas residuais. Xestión e tratamento de residuos sólidos e solos contaminados. Xestión e tratamento de correntes gaseosas. Contaminantes emerxentes. Biocombustibles.
BLOQUE II. Caracterización e tratamento de augas residuais (16 h)
Tema 2. Introdución ó tratamento das augas residuais (3 h (E) + 2 h (S)). Caracterización de augas residuais: parámetros físicos, químicos e biolóxicos. Caracterización de caudais e cargas contaminantes. Lexislación aplicable. Métodos de tratamento de augas residuais.
Tema 3. Fundamentos dos procesos de tratamento biolóxicos de augas residuais (5 h (E) + 4 h (S) + 2 h (L)). Eliminación de materia orgánica, nitróxeno e fósforo. Introdución e deseño do proceso de lamas activas. Introdución e deseño de reactores metanoxénicos. Tecnoloxías emerxentes.
Seminarios. Resolución de problemas sobre caracterización e tratamento de augas residuais.
Laboratorio: Visita a unha instalación industrial de tratamento de augas residuais.
BLOQUE III. Caracterización e tratamento de residuos sólidos (18 h)
Tema 4. Introdución ó tratamento de residuos sólidos (3 h (E) + 2 h (S)). Definicións. Clasificación de residuos. Caracterización de residuos: propiedades físicas, químicas, térmicas e biolóxicas. Lexislación europea e estatal. Plans de xestión de residuos.
Tema 5. Tratameento biolóxico de residuos sólidos (4 h (E) + 4 h (S)). Conceptos xerais. Compostaxe. Dixestión anaerobia. Outras alternativas de xestión de residuos sólidos.
Tema 6. Biorrecuperación de solos contaminados (3 h (E) + 2 h (S)). Conceptos xerais. Técnicas de biorrecuperación: in situ, on site e off site. Outras técnicas de recuperación. Biomonitorización.
Seminarios. Resolución de problemas sobre caracterización e tratamento de residuos sólidos e recuperación de solos contaminados.
TITORÍA EN GRUPO (1 h)
Adicarase á presentación dos traballos en grupo obrigatorios.
EXAME (3,5 h)
Realizarase un exame final complementario á avaliación continua que constará dunha parte teórica (cuestións curtas) e unha parte práctica (problemas).
Bibliografía básica
RITTMANN, B.E. y MCCARTY, P.L. Environmental Biotechnology: Principles and Applications, 2nd edition. McGraw-Hill Education, 2020. Recurso electrónico. ISBN: 9781260441604.
CASTILLO, F. Biotecnología Ambiental. Editorial Tébar Flores, 2005. ISBN: 978-8473602112.
Bibliografía complementaria
EVANS, G.E. y FURLONG, J. EnvirJohn Wiley and Sons, 2011. Oxford : Wiley-Blackwell, Oxford, 2010. Recurso electrónico. ISBN: 9780470975152.
KIELY, G. Environmental Engineering. Boston: Mc-Graw Hill Higher Education, 1998. ISBN: 0077091272.
• Tratamento de augas
Metcalf & Eddy Inc. Wastewater Engineering. Treatment and resource recovery. 5ª Edición. New York: Mc-Graw Hill, 2014. ISBN: 9781259010798.
• Tratamento de residuos
Tchobanoglous, G. Gestión Integral de Residuos Sólidos. Madrid: Editorial Mc-Graw-Hill., 1998. ISBN: 8448118308.
• Solos contaminados
Ortiz, I., Sanz, J., Dorado, M. & Villar, S. Técnicas de recuperación de suelos contaminados. Colección coordinada por la Fundación para el conocimiento Madrid, Universidad de Alcalá, 2007. Disponible en internet en:
https://www.madrimasd.org/sites/default/files/informacionidi/biblioteca…
Coñecementos/contidos: Con01, Con03
Habilidades/destrezas: H/D01, H/D02, H/D03, H/D06, H/D10, H/D11
Competencias: Comp01, Comp02, Comp03, Comp05, Comp08
Nas clases expositivas empregarase unha docencia tipo maxistral para desenvolver boa parte do temario. (Con01, Con03, H/D01, H/D11)
Os seminarios centraranse na resolución de cuestións, problemas e casos prácticos (aprendizaxe baseado en problemas), unhas veces de forma individual e outras en grupo (aprendizaxe colaborativa), coa fin de complementar os contidos vistos nas clases expositivas. O alumnado entregará algunhas tarefas desenvolvidas durante as clases de seminario para a súa avaliación. A asistencia a esta actividade é obrigatoria. (Con01, Con03, H/D01, H/D03, H/D05, H/D06, H/D10, H/D11, Comp01, Comp02, Comp03, Comp05, Comp08)
Procurarase e fomentarase a participación activa do alumnado, tanto nas horas expositivas como nos seminarios.
As horas de laboratorio usaranse para realizar unha visita técnica a unha instalación industrial de tratamento de augas residuais e proporase ao alumnado a elaboración dun informe que contemple especialmente a aplicación dos conceptos tratados na materia. A asistencia a esta actividade é obrigatoria. (Con01, Con03, H/D01, H/D10, H/D11, Comp03, Comp08)
Durante a primeira semana do curso indicarase a obrigatoriedade da realización dun traballo en equipo, que se presentará durante a titoría grupal. Para o seguimento do progreso do traballo, utilizaranse titorías individuais. (Con01, Con03, HD01, H/D02, H/D03, H/D05, H/D10, H/D11, Comp01, Comp02, Comp03, Comp05, Comp08)
A Aula Virtual da USC empregarase cos seguintes obxectivos:
• Facilitar información sobre a materia (guía docente, horarios, exames, convocatorias, etc.).
• Facilitar o material didáctico para as clases (diapositivas dos temas, casos prácticos, material complementario, etc.).
• Servir como medio de comunicación entre o alumnado e o profesorado.
• Entrega de tarefas.
A ferramenta MS Teams tamén se utilizará como medio de comunicación non presencial entre estudantes e profesoras.
Exame final. Realizarase un exame final complementario á avaliación continua que terá un peso do 60%, sendo necesario acadar polo menos 4 puntos sobre 10 para poder compensar no conxunto da materia. O exame terá unha parte teórica (preguntas curtas) cun peso do 40%, e unha parte práctica cun peso do 60%. En ambas as partes por separado, acadarase como mínimo un 3,5 sobre 10 para compensar.
Actividades. As actividades propostas, incluído o informe da visita técnica, terán un peso do 15% na nota final.
Titorías en grupo. A realización do traballo en equipo xunto coa súa exposición terá un peso do 15% na nota final. Esta actividade é obrigatoria.
Informe do profesorado: 10%. Valorarase a participación activa (formulación de preguntas ou respostas) nas clases expositivas e interactivas.
Para a avaliación da segunda oportunidade manteranse todas as cualificacións das actividades avaliadas durante o curso, agás o exame final; de tal xeito que o alumnado só terá que realizar un novo exame final.
O alumnado repetidor poderá solicitar manter as notas correspondentes ó traballo en grupo e ó informe da visita técnica, debendo realizar novamente as actividades propostas e o exame final.
Considerarase NON PRESENTADO o alumnado que non realice ningunha das actividades avaliables obrigatorias.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión de cualificacións”.
Os resultados da aprendizaxe avaliados en cada ítem indícanse a continuación:
-Exame final: Con01, Con03, H/D01, H/D11, Comp01, Comp03, Comp05
-Actividades: Con01, Con03, H/D01, H/D05, H/D06, H/D10, H/D11, Comp01, Comp02, Comp05, Comp08
-Titoría en grupo: Con01, Con03, H/D01, H/D02, H/D03, H/D05, H/D10, H/D11, Comp02, Comp05, Comp08
-Informe do profesor: Con01, Con03, H/D01, H/D02, H/D11, Comp01, Comp02, Comp03, Comp05
A materia ten unha carga de traballo de 4,5 ECTS, que se reparte da seguinte forma:
Actividade ..........................................Horas………..... Presencialidade (%)
Clases expositivas ...............................20.......................100
Seminarios..........................................15.......................100
Laboratorio........................................2,0........................100
Titorías en grupo................................1,0.......................100
Exame e revisión.................................4,0........................100
Traballo persoal……………………………………70,5………………………….0
Total.................................................112,5
-Recoméndase a asistencia e participación a clase.
-Recoméndase o uso da aplicación Campus Virtual da USC para a materia e a utilización de titorías para resolver as dúbidas que poidan xurdir.
-É recomendable que o alumnado teña un certo dominio do inglés para a consulta de bibliografía.
As clases impartiranse en castelán, aínda que tamén se utilizará material didáctico en inglés.
Ana Maria Otero Casal
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816913
- Correo electrónico
- anamaria.otero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Marta Carballa Arcos
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816020
- Correo electrónico
- marta.carballa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08. Louis Pasteur |
03.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
02.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |