Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 17 Total: 38.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Aportar coñecementos teóricos e destrezas na resolución de problemas sobre operacións rexidas pola transferencia de materia. Preténdese mostrar ao alumno o tratamento común para estas operacións, capacitándoo para iniciar por si mesmo o estudio doutras operacións deste grupo. Estudio de fundamentos e metodoloxías de deseño
- Identificar os equipos baseados no contacto intermitente e continuo. Distinguir as principais características e vantaxes na súa utilización.
- Dar unha visión global e real dos equipos nos que se levan a cabo estas operacións.
- Capacitar ao alumno para usar técnicas de cálculo e ferramentas útiles na resolución de problemas de procesos biotecnolóxicos e concretamente de Transferencia de Materia.
- Clases Expositivas
Tema 1. Transporte de materia (6 h)
Ecuacións cinéticas en transporte molecular. Ley de Fick. Transporte de materia por difusión e convección. Equilibrio. Transporte de materia por transferencia. Coeficientes de transferencia de materia.
Tema 2. Operación unitarias (2 h)
Clasificación. Tipo de contacto. Secuencias de separación
Tema 3. Operacións de separación controladas pola transferencia de materia (I): Absorción e destilación (6 h)
Xeneralidades. Equilibrio líquido-gas/líquido-vapor. Contacto continuo e intermitente. Sistemas binarios. Métodos de cálculo simplificados.
Tema 4. Operacións de separación controladas pola transferencia de materia (II): Extracción líquido-líquido e sólido-líquido (6 h)
Xeneralidades. Equilibrio. Extracción nunha etapa. Extracción en varias etapas: Corrente cruzada. Contracorrente
- Seminarios: Resolución de problemas de transferencia de materia
Seminario 1 (1 h): Estimación de coeficientes de transferencia de materia
Seminario 2 (1 h): Cálculo de velocidades de transferencia de materia
Seminario 3 (2 h): Cálculos de equilibrio L-G/L-V
Seminario 4 (2 h): Absorción. Destilación diferencial
Seminario 5 (2 h): Destilación flash e descontinua
Seminario 6 (2 h): Extracción L-L
Seminario 7 (2 h): Extracción S-L
- Clases Interactivas en Aula de Informática
-Aprendizaxe de uso dun simulador de procesos para a análise de operacións de separación controladas polo equilibrio e/ou pola velocidade de transferencia de materia, de especial interese na industria de base biotecnolóxica (“downstreaming”).
- Bibliografía Básica
WANKAT, P.C. Ingeniería de Procesos de Separación, 2ª Ed., Pearson Education, México 2008
- Bibliografía Complementaria
MARTINEZ DE LA CUESTA P.J. RUS, E. ; Operaciones de Separación en Ingeniería Química. Métodos de Cálculo, Pearson Educación, Madrid 2004
OCÓN, J. y TOJO G.; Problemas de Ingeniería Química, Aguilar de Edic., Madrid, (1968)
TREYBAL R.E.; Mass Transfer Operations, 3ª edic., McGraw-Hill Book Co., New York 1980
SINNOTT R., TOWLER G.; Chemical Engineering Design, 6ª ed., Butterworth-Heinemann, Oxford (2020). [Dispoñible como recurso electrónico na Biblioteca da USC.]
SEADER J.D. , HENLEY E.J. , ROPER D.K. ; Separation Process Principles, 3ª Ed., John Wiley and Sons, New York 2011
-Coñecementos/contidos: Con03
-Habilidades/destrezas: H/D01, H/D03, H/D06, H/D14
-Competencias: Comp04, Comp06
- As clases expositivas dedicaranse á presentación dos contidos teóricos da materia e a resolución de problemas por parte do profesor, sempre coa participación activa do estudantado e co apoio de ferramentas audiovisuais.
- As clases interactivas de seminarios terán lugar na maioría de ocasións ao final da exposición dos temas. Neles, os alumnos individualmente ou en grupos, resolverán problemas relacionados co tema (algúns empregando folla de cálculo). Algúns dos traballos serán entregados e considerados para a avaliación final.
- A realización das prácticas na aula de informática é obrigatoria. Ao final das mesmas, solicitarase ao alumno a entrega na Aula Virtual da realización dalgún problema de simulación que será considerada para a avaliación final.
- Utilizarase o Campus Virtual como ferramenta de apoio a docencia.
- O alumnado poderá ademais facer as consultas que desexe en titorías individualizadas ou en grupo reducido no horario establecido ao efecto
A cualificación está dividida en avaliación continuada e exame.
1. Avaliación continuada: 35% da nota
Nesta parte da avaliación, teranse en conta tres aspectos avaliables:
1.1. Participación na clase: 5% da nota (non obrigatoria avaliable)
1.2. Seminarios coa entrega de problemas propostos: 15 % da nota (non obrigatoria avaliable)
1.3. Aula de informática coa entrega de exercicios propostos de simulación e resolución dun exercicio a entregar: 15% da nota (obrigatoria avaliable)
2. Exame ao final do semestre: 65% da nota (obrigatoria avaliable e complementaria á avaliación continuada)
Para superar a materia precisarase unha cualificación global mínima de 5,0, así como acadar polo menos 4 puntos sobre 10 na cualificación do exame.
As cualificacións das actividades de avaliación continuada (participación, seminarios, e aula de informática) comunicaránselle ao alumno antes do exame. As notas destes apartados manteranse para a segunda oportunidade, mantendo a valoración do exame o 65 % da nota global.
Por resultados de aprendizaxe:
Exame: Co03
Participación: H/D01, H/D06
Seminarios: Co03, H/D01, H/D03, Comp04
Aula de informática: Co03, H/D14, Comp06
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”
A materia e de 4,5 ECTS (total 112,5h)
Actividade Presencial
Clases Expositivas 20 h
Clases Seminario 12 h
Clases Informática 5 h
Titorías 1 h
Exame e revisión 3 h
Traballo personal 71,5 h
Recoméndase ter cursado e superado as materias "Fundamentos de Enxeñaría de Bioprocesos" e "Transporte de Fluidos e Transmisión de Calor", así como levar o estudio da materia ao día.
A materia impartirase en castelán (aula de informática en galego/castelán).
Contarase coa Aula Virtual (na plataforma web da USC) como repositorio da documentación da materia.
Jorge Sineiro Torres
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816803
- Correo electrónico
- jorge.sineiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Amaya Franco Uria
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816777
- Correo electrónico
- amaya.franco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08. Louis Pasteur |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08. Louis Pasteur |
16.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
26.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |