Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.5 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Segundo a Memoria do Título: coñecer, comprender e utilizar os principios da Enxeñaría das Explotacións Agropecuarias: construcións agropecuarias. Instalacións para a saúde e benestar animal.
Esto supón a adquisición de coñecementos para a caracterización e o deseño do aloxamento destinado a diversas explotacións gandeiras, partindo das particularidades de cada especie (ciclos de produción, sistemas de manexo, etc.) para definir necesidades de zonas e superficies e para definir tamén as instalacións precisas para cada caso particular. Unha vez definido o deseño, tamén se pretende a adquisición de coñecementos por parte do alumnado para a resolución estrutural do aloxamento.
A Memoria do Título contempla para esta materia os seguintes contidos:
- Caracterización e deseño das instalacións para o aloxamento das especies gandeiras.
- Dimensionado e deseño en planta integral das explotacións baixo diferentes modelos produtivos.
- Instalacións agropecuarias, saúde e benestar animal e bioseguridade.
- Construcións agropecuarias: tipos estruturais.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario (a duración asignada a cada actividade pode variar en función do desenvolvemento dos contidos):
Clases expositivas:
Unidade I. Caracterización e deseño das instalacións para o aloxamento das especies gandeiras (4 h):
• Cuestións xerais a considerar.
• Aspectos normativos.
• Instalacións comúns.
• Saúde e benestar animal.
• Bioseguridade.
Unidade II. Dimensionado e deseño en planta integral das explotacións baixo diferentes modelos produtivos (11 h):
• Aloxamentos para gando vacún.
• Aloxamentos para gando porcino.
• Aloxamentos para aves.
• Aloxamentos para outras especies.
Unidade III. Construcións agropecuarias: tipos estruturais (3 h):
• Condicionantes para a solución estrutural.
• Elementos de edificación para a construción agropecuaria.
• Materiais de cerramento de cuberta.
• Materiais de cerramento lateral.
Actividades interactivas:
I. Caracterización dunha explotación de cada especie estudada (5 h).
II. Deseño en planta dunha explotación a partir dos datos de partida relacionados co modelo de explotación (5 h).
III. Caracterización do tipo estrutural e materiais en exemplos de explotacións (3 h).
IV. Visita técnica (5 h).
Traballo non presencial:
Lectura e preparación de temas (25 h: unidade 1-4 h, unidade 2-11 h, unidade 3-3 h, actividade I-5 h, actividade III-2 h).
Realización de exercicios (15 h: actividade I-2 h, actividade II-10 h, actividade III-3 h).
Preparación de actividades prácticas (7 h).
Elaboración de traballos de curso (15 h).
Preparación de actividades de avaliación (10 h).
(A duración asignada á cada actividade do traballo non presencial é orientativa).
Bibliografía básica
- M.E. Fernández e J.J. Cantalapiedra (coords.), 2013. Benestar animal e instalacións. Gando vacún leiteiro. Ed. Consellería do Medio Rural e do Mar, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela.
- J.R. Pedreira (coord.), 2010. Do nacemento ao parto: recría de xovencas. Ed. Consellería do Medio Rural, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela.
- W. Bickert (et al.), 2013. Dairy Freestall Housing and Equipment. Ed. Midwest Plan Service, Iowa.
- F. Forcada, D. Babot, A. Vidal e C. Buxadé, 2009. Ganado porcino: diseño de alojamientos e instalaciones. Ed. Servet, Zaragoza.
- J.A. Castelló, 1993. Construcciones y equipos avícolas. Ed. Real Escuela de Avicultura, Barcelona.
- J.A. Castelló, 1991. Producción de carne de pollo. Ed. Real Escuela de Avicultura, Barcelona.
- C. Palacio Riocerezo, 2021. Producción sostenible en avicultura. Ed. Servet, Zaragoza.
- C. Buxadé (coord.), 1996. Zootecnia. Bases de producción animal. T.X. Producciones cunícola y avícola alternativas. Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
- M. Barnes, 1991. Farm building construction. Ed. Farming Press, Ipswich, RU.
Bibliografía complementaria
- A. Callejo Ramos, 2009. Cow comfort. Ed. Servet, Zaragoza.
- A. Callejo Ramos, 2016. Bioseguridad en las granjas de vacuno de leche. Ed. Servet, Zaragoza.
- J. Hulsen, 2005. Cow signals: a practical guide for dairy farm management. Ed. Roodbont, Zutphen, Países Baixos.
- BTPL. Bureau Technique de Promotion Laitière, 2005. Le logement du troupeau laitier: conseiller et concevoir. Ed. France Agricole, París.
- BTPL. Bureau Technique de Promotion Laitière, 2009. La conduite du troupeau laitier. Ed. France Agricole, París.
- IDL. Institut de l’Élevage, 2009. Traite des vaches laitières: matériel, installation, entretien. Ed. France Agricole, París.
- ITP. Institut Technique du Porc, 2000. Memento de l’éleveur du porc. Ed. ITP, Paris.
- J. Carr, 2014. Guía práctica para el manejo del ganado porcino. Ed. Servet, Zaragoza.
- A. Finestra; M. Devant, 2010. Calidad del agua en ganado vacuno y porcino. Ed. Merial Laboratorios, Barcelona.
- J.A. Castelló (coord.), 2009. Bioseguridad en avicultura. Ed. Real Escuela de Avicultura, Barcelona.
- A. Callejo Ramos, 2020. Bioseguridad en la producción avícola. Ed. Servet, Zaragoza.
- Welfare Quality, 2009. Welfare Quality(R) Assessment Protocol for cattle. Ed. Welfare Quality(R) Consortium, Países Baixos.
- Welfare Quality, 2009. Welfare Quality(R) Assessment Protocol for pigs. Ed. Welfare Quality(R) Consortium, Países Baixos.
- Welfare Quality, 2009. Welfare Quality(R) Assessment Protocol for poultry. Ed. Welfare Quality(R) Consortium, Países Baixos.
Nesta materia o alumnado adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría agrícola en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas e xerais:
• CG1 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou entornos cambiantes.
• CG4 - Capacidade para a busca e utilización da normativa e regulamentación relativa ao seu ámbito de actuación.
Competencias transversais:
• CT1 - Capacidade de análise e síntese.
• CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
• CT6 - Capacidade para elaborar un texto organizado e comprensible.
• CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
• CT11 - Capacidade de información en lingua estranxeira.
• CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada de coñecementos.
Competencias específicas (a continuación exponse que parte das competencias se adquiren con esta materia, as partes restantes adquírense noutras materias da titulación):
• CEG1 - Capacidade para a preparación previa, concepción, redacción e sinatura de que teñan por obxecto a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de bens mobles ou inmobles que pola súa natureza e características están incluídos na técnica propia da produción agrícola e gandeira (instalacións ou edificacións, explotacións, infraestruturas e vías rurais), a industria agroalimentaria (industrias extractivas, fermentativas, lácteas, conserveiras, vexetais e froiteiras, cárnicas, pesqueiras, industrias salgadoras e, en xeral, calquera outra dedicada á elaboración e/ou transformación, conservación, manipulación e distribución de produtos alimentarios) e a xardinería e o paisaxismo (espazos verdes urbanos e/ou rurais -parques, xardíns, viveiros, arborado urbano, etc., instalacións deportivas públicas ou privadas e contornas sometidas a recuperación paisaxística).
• CEG3 - Capacidade para dirixir a execución das obras obxecto dos proxectos relativos a industrias agroalimentarias, explotacións agrarias e espazos verdes e as súas edificacións, infraestruturas e instalacións, a prevención de riscos asociados a esa execución e a dirección de equipos multidisciplinares e xestión de recursos humanos, de conformidade con criterios deontolóxicos.
• CEG4 - Capacidade para a redacción e sinatura de medicións, segregacións, parcelacións, valoracións e taxacións dentro do medio rural, a técnica propia da industria agroalimentaria e os espazos relacionados coa xardinería e o paisaxismo, teñan ou non carácter de informes periciais para Órganos xudiciais ou administrativos, e con independencia do uso ao que estea destinado o ben moble ou inmoble obxecto das mesmas.
• CEG5 - Capacidade para a redacción e sinatura de estudos de desenvolvemento rural, de impacto ambiental e de xestión de residuos das industrias agroalimentarias, explotacións agrícolas e gandeiras, e espazos relacionados coa xardinería e o paisaxismo.
• CEG6 - Capacidade para a dirección e xestión de toda clase de industrias agrolimentarias, explotacións agrícolas e gandeiras, espazos verdes urbanos e/ou rurais, e áreas deportivas públicas ou privadas, con coñecemento das novas tecnoloxías, os procesos de calidade, trazabilidade e certificación e as técnicas de marketing e comercialización de produtos alimentarios e plantas cultivadas.
• CR3 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das bases da produción animal. Instalacións gandeiras.
• EA3 - Capacidade para coñecer, comprender e empregar os principios da Enxeñaría das Explotacións Agropecuarias: Electrificación de explotacións agropecuarias. Maquinaria agrícola. Sistemas e tecnoloxías da rega. Construcións agropecuarias. Instalacións para a saúde e benestar animal. Desenvolvemento sostible. Estratexias de mercado e do exercicio profesional. Valoración de activos ambientais.
• MC1 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das tecnoloxías da produción vexetal e animal: fitotecnia; biotecnoloxía e mellora vexetal; cultivos; protección de cultivos; xardinaría e paisaxismo. Espazos deportivos.
• MC5 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da enxeñaría das instalacións: electrificación rural. Tecnoloxía da rega e da drenaxe. Obras e instalacións hidráulicas. Instalacións para a saúde e o benestar animal.
DOCENCIA PRESENCIAL
Clases expositivas:
Nas clases dedicadas á docencia teórica está prevista unha metodoloxía baseada en:
- Leccións maxistrais participativas, coa fin de que o alumnado adquira unha base de coñecementos da materia que lle permitan o traballo autónomo.
- Realización de presentacións mediante ordenador, para unha exposición gráfica dos contidos da materia.
- Utilización da aula virtual, onde se dispón de material para o seguimento da materia.
Estas accións formativas están orientadas a traballar as competencias xerais CG1 e CG4, as transversais CT5, CT10 e CT11 e as competencias específicas CEG1, CEG4, CR3, MC1 e MC5.
Actividades interactivas:
Nestas actividades está prevista unha metodoloxía baseada en:
- Realización de seminarios, que incluirá o debate sobre as particularidades dos contidos a desenvolver nestas actividades. Tamén se incluirán revisións bibliográficas sobre a información técnica dispoñible sobre a caracterización dos distintos tipos de aloxamentos a estudar (incluíndo aquela en inglés e francés) e sobre a normativa que afecta ao seu deseño e construción.
- Aprendizaxe baseado na resolución de casos prácticos e proxectos, que incluirá a análise de exemplos concretos de realizacións de aloxamentos gandeiros.
- Visita técnica a institucións, como complemento adecuado para a observación real dos contidos da materia inclúese unha visita ás instalacións gandeiras do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM-A Coruña). A metodoloxía a empregar será unha presentación das instalacións por parte do dun técnico do CIAM e do docente da materia seguida dunha avaliación de tipo participativo “in situ” sobre todos aqueles aspectos referentes aos contidos da materia. Trátase dunha visita de carácter voluntario e na proba escrita de contidos teórico-prácticos incluiranse algunhas cuestións referidas a dita visita.
- Titorías en grupo, para tratar aspectos puntuais dos contidos.
Estas accións formativas están orientadas a traballar as competencias específicas CEG3, CEG5, CEG6, EA3, CR3, MC1 e MC5 e as transversais CT1, CT6 e CT12.
TRABALLO NON PRESENCIAL
A metodoloxía proposta para este traballo está baseada en:
- Traballo autónomo e estudo independente dos alumnos, para o seguimento dos contidos desenvoltos na docencia presencial.
- Elaboración dun traballo de curso, traballo escrito que inclúa partes descritivas e gráficas sobre contidos vistos na materia e que require o uso de información bibliográfica e técnica en diversas linguas (inglés e francés), e que constitúe un dos apartados do sistema de avaliación.
O sistema inclúe unha avaliación continua (traballo de curso) combinada cunha proba final (complementaria á avaliación continua), tal e como se describe a continuación:
- Proba escrita: exame de contidos teórico-prácticos (70% da cualificación final) (incluirá cuestións relativas á visita técnica). Competencias a valorar: xerais CG1 e CG4, transversais CT1, CT11 e CT12 e específicas CEG3, CEG4, CEG5, CEG6, CR3, MC1 e MC5.
- Traballo de curso (30% da cualificación final) (con manexo de información bibliográfica e técnica en inglés e francés). Competencias a valorar: específicas CEG1, EA3, CR3, MC1 e MC5 e transversais CT5, CT6, CT10 e CT11.
Observacións:
Cualificación final. Obterase como suma das cualificacións indicadas para cada concepto, debendo acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
O sistema de avaliación será o mesmo na primeira e na segunda oportunidades de cada curso, tanto para alumnado de primeira matrícula como para alumnado repetidor. Igualmente para todo o alumnado, as cualificacións obtidas en calquera dos dous apartados do sistema de avaliación terán validez en todas as convocatorias do curso académico na que se acaden, e non terán validez nos cursos subseguintes.
O alumnado que teña recoñecida unha dispensa de asistencia a clase nas condicións indicadas na Orde 1/2017 da Secretaría Xeral da USC, para aprobar a materia deberá realizar a proba escrita (exame) na data oficial fixada polo Centro e facer un traballo de curso (debendo acadar nel unha nota mínima de 2 puntos sobre 3). A cualificación final obterase como se indica ao inicio destas observacións.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas e/ou de uso indebido das tecnoloxías será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
A materia é de 4,5 créditos, cun total de 112,5 horas de dedicación (40,5 h presenciais e 72 h non presenciais de traballo autónomo do alumnado).
Distribución da docencia presencial:
- Docencia expositiva: 18 h
- Docencia interactiva: 18 h
- Titorías en grupo: 2 h
- Actividades de avaliación: 2,5 h
Traballo persoal do alumnado:
Por termo medio, considérase necesario dedicar algo máis dunha hora de estudo por cada hora de carácter presencial (lectura e preparación de temas 25 h, realización de exercicios 15 h e preparación de actividades prácticas 7 h). Ademais engádese un período medio de elaboración de traballos de curso de 15 h, máis outro de 10 h para a preparación das actividades de avaliación.
Asistencia ás actividades de carácter presencial con participación activa. Seguimento diario dos contidos para fixar coñecementos. Emprego da bibliografía recomendada. Aproveitamento das titorías establecidas, tanto en grupo como individuais.
Recoméndase ter cursado Cálculo de Estruturas e Construción Rural. Tamén resulta de interese complementario a materia Materiais e Elementos da Edificación.
As competencias a acadar nesta materia compleméntanse coas competencias adquiridas noutras materias da titulación.
María Elena Fernández Rodríguez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- melena.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 (Aulario 1) |
Xoves | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 (Aulario 1) |
Venres | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 (Aulario 1) |
16.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 (Aulario 3) |
19.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 (Aulario 3) |