Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 97 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 30 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Na materia descríbense as estruturas de datos lineais e as técnicas algorítmicas básicas para o deseño de algoritmos e a implementación de programas en casos prácticos simples. Dando continuidade á materia Programación I desenvólvense os criterios básicos que deben guiar o deseño dun programa modular, así como a elaboración e execución dun plan de probas apropiado para verificar o correcto funcionamento dun programa. Todos estes aspectos desenvolveranse de forma práctica mediante proxectos de programación integradores de todos os contidos aprendidos e todas as competencias adquiridas coa realización das actividades da materia.
* Tipos abstractos de datos.
* Estruturas de datos dinámicas lineais: pilas, colas,listas.
* Deseño recursivo.
* Análisis de algoritmos. Notacións algorítmicas.
* Estratexias e técnicas algorítmicas (voraces, divide e vencerás, programación dinámica, volta atrás) sobre estruturas estáticas e dinámicas lineais.
* Algoritmos básicos de busca, ordenación e mestura sobre estruturas estáticas e dinámicas lineais.
Textos básicos:
1) Joyanes, Luis y Zahonero Martínez, I. Algoritmos y estructuras de datos: una perspectiva en C. 1ª edición, Madrid, McGraw-Hill Interamericana de España S.L, 2004. ISBN: 978-8448140779
2) Brassard, G., Bratley, P. Fundamentos de algoritmia. 1ª edición. Madrid, Prentice Hall, 2002. ISBN: 84-89660-00-X
* Competencias xerais:
CG1. Capacidade para concibir, redactar, organizar, planificar, desenvolver e firmar proxectos no ámbito da enxeñaría en informática que teñan por obxecto, de acordo cos coñecementos adquiridos segundo o establecido no apartado 5 do devandito Acordo, a concepción, o desenvolvemento ou a explotación de sistemas, servizos e aplicacións informáticas.
CG3. Capacidade para deseñar, desenvolver, avaliar e asegurar a accesibilidade, ergonomía, usabilidade e seguridade dos sistemas, servizos e aplicacións informáticas, así como da información que xestionan.
CG4. Capacidade para definir, avaliar e seleccionar plataformas hardware e software para o desenvolvemento e a execución de sistemas, servizos e aplicacións informáticas, de acordo cos coñecementos adquiridos segudo o establecido no apartado 5 do devandito Acordo.
CG8. Coñecemento das materias básicas e tecnoloxías, que capaciten para a aprendizaxe e desenvolvemento de novos métodos e tecnoloxías, así como as que lles doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións.
CG9. Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, autonomía e creatividade. Capacidade para saber comunicar e transmitir os coñecementos, habilidades e destrezas da profesión de Enxeñeiro Técnico en Informática.
* Competencias transversais:
TR1. Instrumentais: Capacidade de análise e síntese. Comunicación oral e escrita en galego, castelán e inglés. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
TR2. Personais: Razoamento crítico.
TR3. Sistémicas: Aprendizaxe autónomo. Adaptación a novas situacións. Creatividade. Motivación pola calidade.
* Formación Básica:
FB3. Capacidade para comprender e dominar os conceptos básicos de matemática discreta, lóxica, algorítmica e complexidade computacional, e a suúa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
FB4. Coñecementos básicos o uso e programación dos ordenadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñaría.
FB5. Coñecemento da estructura, organización, funcionamiento e interconexión dos sistemas informáticos, os fundamentos da súa programación, e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
* Comúns á rama da Informática:
RI1. Capacidade para deseñar, desenvolver, seleccionar e avaliar aplicacións e sistemas informáticos, asegurando a súa fiabilidade, seguridade e calidade, conforme a principios éticos e á lexislación e normativa vixente.
RI6. Coñecemento e aplicación dos procedementos algorítmicos básicos das tecnoloxías informáticas para deseñar solucións a problemas, analizando a idoneidade e complexidade dos algoritmos propostos.
RI7. Coñecemento, deseño e utilización de forma eficiente dos tipos e estructuras de datos máis axeitados á resolución dun problema.
RI8. Capacidade para analizar, deseñar, construir e manter aplicacións de forma robusta, segura e eficiente, elixindo o paradigma e os linguaxes de programación máis axeitados.
Competencias asociadas ao módulo de Programación:
- Desenvolver programas cun bo estilo de programación, coa documentación necesaria e os comentarios axeitados.
- Saber calcular a complexidade computacional dun algoritmo e avaliar a implementación máis axeitada dun algoritmo determinado de acordo cos recursos disponibles (memoria e tempo de execución).
- Utilizar ferramentas de edición, compilación, e execución para desenvolver programas. Capacidade para aplicar estratexias de depuración, proba ecorrección de programas.
- Escoller a estructura de datos máis correcta e eficiente para resolver un
problema.
- Manexar diferentes niveis de abstracción para estruturar o software a
desenvolver.
- Deseñar algoritmos de certa complexidade e implementalos aplicando
os principios da programación estructurada e modular.
- Compresión de conceptos relacionados co desenvolvemento de algoritmos.
- Motivación e capacidade de autoaprendizaxe.
O programa de docencia expositiva baséase en clases de pizarra, nas que se inclúen as explicacións dos temas. A planificación da docencia expositiva tamén incluirá seminarios de resolución de problemas relacionados cos distintos aspectos do temario e probas a realizar polo alumnado.
O programa de docencia interactiva organízase de forma regular en sesións semanais de prácticas en laboratorio de computadores.
En cada sesión aplícanse na práctica da forma mais inmediata posible os temas explicados nas clases teóricas.
As prácticas estarán centradas en resolución de problemas con estruturas lineais de datos e estratexias e técnicas algorítmicas.
Utilizarase de modo constante o Campus Virtual como ferramenta de apoio á docencia expositiva e interactiva.
Nas clases interactivas traballaranse as competencias CG1, CG3, CG4, CG8, CG9, (mediante planteamiento de problemas prácticos a densenvolver e presentación dos seus resultados), TR1 (entrega de informes escritos), TR3 (problemas que requiran búsqueda de solucións autónomamente), FB4, FB5, RI1, RI6, RI7, RI8.
Nas clases expositivas traballaranse as competencias CG8, CG9, TR2, TR3 (planteamiento de problemas que requiren toma de decisións, comparando distintas alternativas posibles), FB3 (problemas de análise de algoritmos), FB4, FB5, RI1, RI6, RI7, RI8.
A parte práctica terá un valor de 4 puntos (entrega e defensa dunha serie de programas de estruturas lineais, análises de algoritmos e estratexias algorítmicas).
As sesións interactivas planificarán unha serie de actividades de avaliación continua (en datas indeterminadas e non necesariamente anunciadas de modo previo) e a non participación nas mesmas implicará unha nota de 0 na correspondente entrega. A perda dunha sesión de avaliación non é recuperable.
Na parte práctica para aprobar haberá que alcanzar polo menos o 50% dos puntos das prácticas e, ademais, entregar todas as prácticas que se cataloguen como obrigatorias.
A parte teórica terá un valor de 6 puntos. Estes 6 puntos xurden da seguinte fórmula: minimo ( 6 , (ET+EE)*6/10 ),
onde ET (máximo 10 puntos) é a nota obtida nunha proba escrita realizada na data establecida para o exame oficial e EE é a nota sobre 1 de exercicios avaliables efectuados en clase de pizarra.
Para aprobar a materia é necesario aprobar independentemente a parte teórica e a parte práctica. Se non se supera unha das partes a nota final nas actas será (normalizada a 10) a correspondente á parte non superada.
Quen suspenda a parte práctica pero acade o 40% da nota das prácticas poderá acudir á 2ª oportunidade (xullo) onde se lle requerirá que faga traballos/actividades ou un exame para completar as deficiencias formativas que teña.
Quen suspenda a parte práctica acadando durante o curso menos do 40% da nota das prácticas poderá acudir á oportunidade extraordinaria pero non poderá superar a parte práctica. É dicir, quen non supere o 40% da nota na avaliación continua das prácticas ao longo do cuadrimestre, non poderá superar a materia na oportunidade extraordinaria.
É condición necesaria (pero non suficiente) para acadar unha Matrícula de Honra ter acadado máis dun 9 en ET.
Na oportunidade extraordinaria de xullo haberá tamén un exame teórico para os que tamén teñen pendente a parte teórica da materia.
Condicións para o "Presentado": Quen se presente ao exame final ou entregue 2 traballos de prácticas non poderá ter un "Non presentado" como nota final.
O alumnado repetidor que superara a avaliación continua en anos anteriores cunha nota na avaliación continua superior ao 60% da mesma quedará liberado de realizar a avaliación continua e conservará a súa nota de anos anteriores. O resto de alumnado repetidor terá exactamente o mesmo sistema de avaliación que o alumnado de nova matrícula. Non se conservan notas de avaliación da parte teórica entre distintos anos académicos.
Avaliación de competencias:
-dentro da parte práctica da materia (60% da nota) a nota de traballos e informes presentados terá en conta o grao de consecución das competencias CG1, CG3, CG4, CG8, CG9, TR1, TR3, FB4, FB5, RI1, RI6, RI7, RI8.
-dentro da parte teórica da materia (40% da nota) avaliaranse as competencias CG8, CG9, TR2, TR3, FB3, FB4, FB5, RI1, RI6, RI7, RI8 mediante distintas preguntas no exame teórico e a avaliación de exercicios realizados e entregados nas sesións de pizarra.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificacións". Esta normativa é de aplicación tanto ao alumnado que copie algún traballo práctico como ao alumnado que deixe copiar ou facilite a copia de traballos a outras persoas.
Clases expositivas: 20 h + 22 h traballo autónomo do alumnado
Clases interactivas: 30 h + 55 h traballo autónomo do alumnado
Recoméndase cursar e ter aprobada a materia de Programación I dado que en Programación II non se resolverán problemas de algoritmia básica.
O alumnado que curse Programación II debe ter destreza en desenvolvemento de programas estruturados usando as estruturas algorítmicas fundamentais (secuencia, selección e iteración).
Non é un obxectivo de Programación II solucionar carencias de formación relacionadas con aspectos básicos de programación estruturada e programación modular.
Para o estudo da materia, recoméndase realizar a totalidade dos exercicios dos boletíns de problemas e de prácticas, tanto os que se resolvan nas propias sesións de problemas e de prácticas, como os que queden propostos.
Recoméndase encarecidamente utilizar as titorías para a resolución das dúbidas respecto destes problemas ou de calquera contido da materia. Isto é especialmente importante co modelo de avaliación continua das prácticas, xa que uns contidos vanse asentando sobre os anteriores, o que fai moi conveniente ter asimilados os temas anteriores antes de tentar comprender os novos.
A lingua predominante de impartición de clase será o castelán.
Maria Jose Carreira Nouche
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Teléfono
- 881816431
- Correo electrónico
- mariajose.carreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
David Enrique Losada Carril
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Teléfono
- 881816451
- Correo electrónico
- david.losada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Nelly Condori Fernandez
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Correo electrónico
- n.condori.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A1 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula A1 |
17:30-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | IA.14 |
Mércores | |||
17:30-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | IA.01 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A1 |
17:30-20:00 | Grupo /CLIL_04 | - | IA.03 |
Venres | |||
09:30-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula de Informática I4 |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Traballo |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula Traballo |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 | Aula Traballo |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula Traballo |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula Traballo |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_06 | Aula Traballo |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula Traballo |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula Traballo |
23.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
23.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |
23.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A3 |
23.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A3 |
23.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_05 | Aula A3 |
23.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A3 |
23.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A3 |
23.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_06 | Aula A3 |
23.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A4 |
23.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A4 |
23.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_06 | Aula A4 |
23.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A4 |
23.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A4 |
23.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A4 |
23.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A4 |
23.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_05 | Aula A4 |
04.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
04.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_05 | Aula A1 |
04.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A1 |
04.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
04.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_06 | Aula A1 |
04.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
04.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
04.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A1 |