Créditos ECTS Créditos ECTS: 9
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 148.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 36 Total: 225
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Inorgánica
Áreas: Química Inorgánica
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Anual
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Adquisición de coñecementos básicos da Química Xeral, Química Orgánica e Inorgánica e as súas aplicacións na enxeñaría.
Conceptos básicos de Química. Equilibrio químico. Ácidos e bases. Solubilidade e precipitación. Oxidación e redución. Aditivos inorgánicos na industria Agroalimentaria. Introdución á Química Ambiental. Introdución á Química Orgánica.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo co seguinte temario, no que a asignación de horas é aproximada:
PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS:
1.- Conceptos básicos (2 h teóricas + 1h seminario + 6 non presenciais.
2.- Disolucións e as súas propiedades (5 h teóricas + 2 h seminario + 15 non presenciais).
3.- Dispersións coloidais (1 h teórica + 3 h non presenciais).
4.- Equilibrio químico (2 h teóricas + 1 h seminario + 6 h non presenciais).
5.- Reaccións ácido-base (7 h teóricas + 2 h seminario + 21 h non presenciais).
6.- Reaccións de precipitación (3 h teóricas + 1 h seminario + 9 h non presenciais).
7.- Reaccións de oxidación-redución (5 h teóricas + 1 h seminario + 15 h non presenciais).
8.- Aditivos inorgánicos na Industria Agroalimentaria (1 h teórica + 3 h non presenciais).
9.- Introdución á Química Ambiental (1 h teórica h + 1 h seminario + 3 h non presenciais).
10.- Estrutura y enlace nas moléculas orgánicas (3 h teóricas + 1 h seminario + 9 non presenciais).
11.-Principais grupos funcionais (3 h teóricas + 1 h seminario + 9 h non presenciais).
12.-Estereoisomería (3 h teóricas + 1 h seminario + 9 h non presenciais).
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS.
Duración de cada práctica no laboratorio, 2h. Horas non presenciais para a preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 34 h
Práctica 1.- Recoñecemento de material e normas de seguridade no laboratorio.
Práctica 2.- Separación dos compoñentes do leite.
Práctica 3.- Preparación dunha disolución a partir dunha disolución comercial concentrada.
Práctica 4.- Preparación dun funxicida.
Práctica 5.- Determinación do grao alcohólico dun viño.
Práctica 6.- Preparación dun fertilizante en disolución.
Práctica 7.- Determinación do grao de acidez dun vinagre.
Práctica 8.- Precipitación e separación de carbonato cálcico.
Práctica 9.- Determinación de calcio en produtos naturais.
Práctica 10.- Preparación de Biodiesel.
Práctica 11.- Cromatografía en capa fina e en columna.
Práctica 12.- Oxidación - Redución
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
QUIMICA XERAL
- CHANG, R.;“Química”, 13ª ed., McGraw-Hill, México (2020).
- PETRUCCI, R. H., HARWOOD, W. S., HERRING, F. G.; “Química General”, 8ª ed., Pearson Educación, Madrid (2003).
QUIMICA ORGÁNICA
- ATKINS, R. C., CAREY, F. A., “Organic Chemistry: a brief course”, McGraw-Hill, (2002).
- CAREY, F. A.; "Química Orgánica”, 6ª Ed. McGraw-Hill, (2006)
- HART, H., CRAINE L., HART, D. J., HADAD, C. M; "Química Orgánica", 12ª Ed. McGraw-Hill (2007)
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- NAVARRO, G.; “Química Agrícola”, Mundi-Prensa, Madrid, 2000
- REBOIRAS, M. D., “Química: la ciencia básica”, International Thomson, Paraninfo, Madrid (2006).
- WHITTEN, K. W., DAVIS, R. E., PECK, M. L.: Química General, 3ª ed. en castellano traducción de la 5ª ed. inglesa, McGraw-Hill Madrid (2002).
- SILBERBERG, M. S.: “Química: la naturaleza molecular del cambio y la materia”, MacGraw-Hill Interamericana, México (2002)
- CUBERO N., MONFERRER A., VILLALTA, J.; “Aditivos Alimentarios”, Ed. Mundi Prensa (2002)
- GÓMEZ, E; LODRÍGUEZ, L.; "A Atmosfera", Ed Universidade de Santiago de Compostela
- SPIRO, THOMAS G.; “Química medioambiental”, Ed. Pearson, Madrid (2009)
- MCMURRY, J., CASTELLION, M.; "Fundamentals of general, organic and biological chemisty”, Prentice Hall (2002).
- QUIÑOÁ, E., RIGUERA, R.; "Nomenclatura y representación de compuestos orgánicos". Ed. McGraw-Hill Interamericana Ed. 6.-6.- McGraw-Hill Interamericana (1996).
- QUIÑOÁ, E., RIGUERA, R.; “Cuestiones y ejercicios de los compuestos orgánicos”, Ed. McGraw-Hill Interamericana (2005)
PROBLEMAS
- Selección de problemas de calquera dos libros de Química Xeral anteriormente indicados
- LÓPEZ CANCIO. J. A., VERA, A.: Problemas de química: cuestiones y ejercicios”, Prentice Hall, Madrid (2000)
- VALE, J., FERNÁNDEZ, C., PIÑEIRO, M.A.R., ALCALDE, M., VILLEGAS, R., VILCHES, L., NAVARRETE, B., GARCÍA, A.; “Problemas resueltos de Química para Ingeniería”, Ed. Thomson (2004).
PRÁCTICAS DE LABORATORIO
- BERMEJO, M. R., FERNÁNDEZ, B., FERNÁNDEZ, M. I., FONDO, M., GARCÍA-DEIBE, A., GÓMEZ-FÓRNEAS, E., GONZÁLEZ, A., MANEIRO, M., SANMARTÍN, J.; “Manual de Laboratorio de Química Xeral e Agrícola”, Ed. Tórculo (2001).
*Competencias básicas:
• CB1 - Que os estudantes teñan demostrado ter e comprender coñecementos dunha área de estudo que parten da base da educación secundaria xeral, e adoitan estar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe asemade algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
• CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo e vocación dun xeito profesional e teñan as competencias que adoitan demostrarse pola elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
• CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
• CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
*Competencias xerais:
• CG1 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou entornos cambiantes.
• CG2 - Capacidade de resolución de problemas con creatividade, iniciativa, metodoloxía e razoamento crítico.
• CG3 - Capacidade de liderado, comunicación e transmisión de coñecementos, habilidades e destrezas nos ámbitos sociais de actuación
• CG5 - Capacidade para desenvolver as súas actividades, asumindo un compromiso social, ético e ambiental en sintonía coa realidade do entorno humano e natural.
• CG6 - Capacidade para o traballo en equipos multidisciplinares e multiculturais.
*Competencias transversais:
• CT1 - Capacidade de análise e síntese.
• CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
• CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
• CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
• CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
• CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
• CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
• CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
• CT9 - Habilidade no uso de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
• CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
• CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
*Competencias específicas:
FB4 - Coñecementos básicos da química xeral, química orgánica e inorgánica, e das súas aplicacións na enxeñaría.
1. Clases Teóricas. Duración de aproximadamente 50 minutos do tipo de clases maxistrais.
2. Seminarios. Duración de aproximadamente 50 minutos. Subministraranse boletíns de problemas aos alumnos/as ao comezo de cada tema.
3. Clases Prácticas de Laboratorio. Asistencia obrigatoria. Realizaranse no Laboratorio asignado da Facultade de Ciencias segundo o calendario aprobado pola Xunta de Escola e a da citada Facultade. As prácticas realizaranse no laboratorio en parellas.
4. Titorías en grupo reducido. Duración de aproximadamente 50 minutos. Nestas sesións farase un seguimento da comprensión dos exercicios realizados nos seminarios e resolveranse cuestións concretas en relación coas tarefas do alumnado dentro da materia.
5. Apoio a través de USC-virtual, de carácter voluntario, con resumes de cada un dos temas da materia incidindo nos aspectos máis importantes.
Dous exames parciais (un de teoría e un de prácticas), un exame final na convocatoria de xuño (primeira oportunidade) onde os que aprobaron o parcial só terán que examinarse da parte sen avaliar, e un exame na convocatoria de xullo (segunda oportunidade) para aqueles que aínda non teñan superada a materia.
A nota do exame será o 70 % da cualificación final. O 15 % da nota conseguirase por traballos presentados (boletíns resoltos, participación na aula e memoria de prácticas de laboratorio), que entregaran como data límite o día do exame final. O seguimento continuado do alumnado avaliarase tamén pola participación nas aulas interactivas.
A asistencia ás prácticas é obrigatoria para superar esta parte da materia. As prácticas supoñen o 15 % da cualificación final.
Así, o sistema de avaliación constará dos seguintes apartados:
*Traballo (inclúe Prácticas): ata 3 puntos.
Valorarase a iniciativa persoal, a capacidade para traballar en equipo e para afrontar e resolver os problemas que se poidan propoñer, así como os resultados conseguidos e a súa crítica. O traballo inclúe a valoración das prácticas da materia, xa que os contidos de ambas actividades están relacionados.
- Competencias avaliadas: CB1, CB2, CB3, CB4, CG1, CG2, CG3, CG5, CG6, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT12, FB4.
*Exame Final (ata 7 puntos):
- Teoría.
- Exercicios e problemas.
- Competencias avaliadas: CB1, CB2, CB3, CB4, CT1, CT2, CT3, CT6, CT12, FB4.
Soamente os estudantes que non realizaran ningunha das actividades obrigatorias avaliables poderán obter a cualificación final de Non Presentado.
Para facer media e ter en conta a avaliación continua é imprescindible obter a cualificación mínima de 4 sobre 10 en todos e cada uno dos exames e probas realizadas.
Os estudantes que non asistan ás prácticas non poderán superar a materia.
En caso de non superar a materia na primeira oportunidade, o estudante será avaliado na segunda oportunidade de, ao menos, aqueles apartados en que non lograse a cualificación mínima.
O alumnado repetidor e aqueles que solicitan dispensa avaliaranse polo exame final (70 %) e outros traballos que poden realizar (30 %).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa da avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións", especificamente aplicarase o artigo 16 desa normativa sobre o plaxio nas probas.
Esta materia é anual e consta de 9 créditos ECTS, o que significa unha carga de traballo para o alumno/a de 225 horas (9 créditos x 25 h/crédito).
- Traballo presencial na aula:
Clases expositivas: 36 h
Clases interactivas (seminarios): 12 h
Titorías en grupo: 4 h
- Prácticas de laboratorio: 24h
- Probas de avaliación: 4 h
- Exame final: 3 h
Total: 83h
Traballo persoal do alumnado: 142 h
- Asistencia e aproveitamento das clases teóricas e prácticas.
- Realización dos exercicios propostos nos boletíns previa a súa explicación nos seminarios.
- Consulta e manexo da bibliografía recomendada.
- Aproveitamento das horas de titorías.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa da avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Juan Manuel Ortigueira Amor
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- juanm.ortigueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Marcelino Maneiro Maneiro
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- marcelino.maneiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Laura Rodriguez Silva
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- laura.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Cristina Nuñez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 982824079
- Correo electrónico
- cristina.nunez.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Venres | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 7 (Aulario 2) |
26.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 (Aulario 3) |
26.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 (Aulario 3) |
08.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 (Aulario 3) |
08.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 (Aulario 3) |