Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Hidráulica
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos que se pretenden acadar nesta materia de acordo coa memoria de título son:
- Familiarizarse cos sistemas de abastecemento e saneamento, así como cos aspectos básicos do seu dimensionamento, construción e conservación.
- Adquirir os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para poder levar a cabo o deseño, a construción e a explotación de infraestruturas relacionadas co abastecemento e distribución da auga.
- Adquirir os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para poder levar a cabo o deseño, a construción e a explotación de infraestruturas relacionadas co saneamento e a rede de sumidoiros.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Estimación de caudais de auga potable
O transporte de auga: proxecto e execución de conducións
Almacenamento e medición de augas
A distribución de auga: deseño e cálculo
Características das augas residuais
Caudais de aportación a unha rede de saneamento
As redes de saneamento urbano: deseño e cálculo
Explotación de servizos de abastecemento e sumidoiros
Estes contidos desenvólvense segundo o temario que se presenta a continuación, indicándose de modo orientativo o tempo dedicado a cada tema tanto de docencia presencial (DP) como non presencial (DNP):
Temario teórico:
Tema 1. Introdución (DP=2h; DNP=3h)
Importancia da auga. Historia do abastecemento de auga. Dispoñibilidade de auga na actualidade.
Tema 2. Necesidades, recursos e captación (DP=4h; DNP=6h)
Necesidades. Recursos e captación. Xestión da auga.
Tema 3. Transporte. Conducións (DP=2h; DNP=3h)
Fluxo a presión. Fluxo en lámina libre. Aplicacións a redes de abastecemento e saneameento.
Tema 4. Almacenamento e regulación (DP=4h; DNP=6h)
Abastecemento a través de depósitos. Capacidades. Tipos e elementos.
Tema 5. Deseño e cálculo de redes de abastecemento (DP=4h; DNP=6h)
Distribución de auga. Métodos de cálculo. Método completo.
Tema 6. Características xerais das redes de saneamento (DP=4h; DNP=6h)
Tipos de augas e redes. Consideracións xerais. Infraestruturas.
Tema 7. Deseño e cálculo de redes de saneamento (DP=4h; DNP=6h)
Criterios de deseño. Métodos de cálculo. Método completo.
Temario práctico:
Práctica 1. Determinación de necesidades e recursos (DP=2h; DNP=4h)
Práctica 2. Cálculo de depósitos de almacenamento (DP=2h; DNP=4h)
Práctica 3. Cálculo de redes de abastecemento: Método simplificado (DP=4h; DNP=4h)
Práctica 4. Modelos de redes de abastecemento: EPANET
Práctica 4.1. Fundamentos. Casos simples (DP=4h; DNP=6h)
Práctica 4.2. Implementación, simulación e interpretación de resultados. Caso de estudo (I) (DP=4h; DNP=6h)
Práctica 4.3. Implementación, simulación e interpretación de resultados. Caso de estudio (II) (DP=4h; DNP=8h)
Práctica 5. Cálculo de redes de saneamento (DP=2h; DNP= 4h)
Práctica 6. Modelo de xestión de augas pluviais e residuais: SWMM (DP=2h; DNP=-)
- Bibliografía básica
Guía técnica sobre redes de saneamiento y drenaje urbano. Centro de Estudios Hidrográficos del CEDEX. Ministerio de Fomento, 2007.
Hernández Muñoz, A. Abastecimiento y distribución del agua. Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos, 2000.
Hernández Muñoz, A. Saneamiento y alcantarillado. Vertidos residuales. Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos, 2007.
Instrucións Técnicas para Obras Hidráulicas en Galicia (2 tomos). Xunta de Galicia, 2009
Soriano, A. Mecánica de Fluidos Incompresibles y Turbomáquinas Hidráulicas. Editorial Ciencia, 2002.
- Bibliografía complementaria
Martínez-Alzamora, F. EPANET 2.0 en Español. Manual del Usuario. Versión 2.00.12. IIAMA-UPV, 2017
McGhee, T.J. Abastecimiento de agua y alcantarillado. McGraw-Hill, 1999.
Metcalf, E. Redes de Alcantarillado y bombeo. McGraw-Hill, 1998.
Normas para redes de abastecimiento. Canal de Isabel II gestión, 2021.
Normas para redes de saneamiento. Canal de Isabel II, 2020.
Rossman, L. Storm Water Management Model User’s Manual Version 5.1. U.S. Environmental Protection Agency, Office of Research and Development, Washington, DC, 2015.
Nesta materia, ademais das cinco competencias básicas (CB1 – CB5) fixadas por Orde Ministerial para estudantado de Grado, traballaranse as seguintes competencias xerais (CX), transversais (CT), e específicas (CE):
CX1. Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación.
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT2: Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3: Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4: Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5: Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7: Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8: Compromiso de veracidade da información que ofrece ós demais.
CT9: Habilidade no manexo de TICs.
CT10: Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11: Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12: Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
CETECC8. Coñecemento e comprensión dos sistemas de abastecemento e saneamento, así como do seu dimensionamento, construción e conservación.
Esta competencia adquírese tamén nas materias Enxeñaría Sanitaria e Ambiental I e Enxeñaría Sanitaria e Ambiental II baixo a denominación de CETEH4.
As clases expositivas consistirán na presentación e desenvolvemento de contidos teóricos fundamentais da materia que se realizará mediante clases en grupos grandes e de carácter principalmente maxistral. O estudantado deberá dedicar un determinado tempo á preparación previa dos contidos que se tratarán na clase, así coma o seu estudio posterior. Co fin de fomentar o traballo diario do alumnado, contémplase a realización de actividades breves relativas a conceptos teóricos vistos durante o desenvolvemento das clases expositivas, podendo incorporar contidos prácticos. As competencias traballadas nas clases expositivas son: CB1 – CB5, CX1, CT1 – CT12, CETECC8.
En canto ás clases interactivas, éstas concíbense coma un conxunto de actividades nas que a participación do estudantado é unha parte fundamental. Durante o seu desenvolvemento o estudantado resolverá exercicios e problemas, tanto de forma individual coma en grupos, o que lles permitirá poñer a punto e aplicar de forma práctica os coñecementos teóricos derivados das clases expositivas. En particular, o estudantado realizará un traballo de curso que consistirá na elaboración dun Anexo de Cálculo Hidráulico, no que se deberá modelar o comportamento dunha ou varias redes de distribución de auga, para o que se empregarán técnicas de simulación numérica e datos de campo. As competencias traballadas nas clases interactivas son: CB1 – CB5, CX1, CT1 – CT12, CETECC8.
Finalmente, durante as titorías individuais e en grupo atenderase o estudantado para discutir, comentar, aclarar e resolver cuestións concretas relativas a calquera contido e/ou actividade desenvolta na materia. As competencias traballadas nestas sesións son: CB1 – CB5, CX1, CT1 – CT12, CETECC8.
Recórrese a un sistema de avaliación no que se terán en consideración diferentes aspectos relacionados non só cos coñecementos finais adquiridos, senón tamén co propio proceso de aprendizaxe. En particular, na nota final da materia, teranse en conta os seguintes aspectos:
1) Participación
Sistema de avaliación: observación do aproveitamento das clases. A asistencia sen aproveitamento non se valorará
Competencias: CB1 – CB5, CG1, CT1 – CT12, CETECC8
Peso: 10%
2) Realización de exercicios
Sistema de avaliación: entrega de exercicios/actividades propostos
Competencias: CB1 – CB5, CG1, CT1 – CT12, CETECC8
Peso: 10%
3) Traballo de curso
Sistema de avaliación: seguimento da elaboración de documentos/ficheiros, a súa corrección e/ou exposición/defensa
Competencias: CB1 – CB5, CG1, CT1 – CT12, CETECC8
Peso: 30% (nota mínima de 5 puntos sobre 10)
4) Proba escrita
Sistema de avaliación: proba escrita que constará de preguntas teóricas e prácticas
Competencias: CB1, CB2, CB3, CB5, CG1, CT1, CT2, CT6, CT12, CETECC8
Peso: 50% (nota mínima de 5 puntos sobre 10)
A materia superarase (1ª e 2ª oportunidade) cando a nota final sexa como mínimo de 5 puntos sobre 10, establecéndose do mesmo xeito unha nota mínima nos aspectos 3 (Traballo de curso) e 4 (Proba escrita) de 5 puntos sobre 10. No caso de estudantado cunha nota na Proba escrita inferior a 5, a súa cualificación corresponderase con dita nota. No caso de estudantado que superase a Proba escrita, pero obtivera unha nota inferior a 5 no Traballo de curso, a súa cualificación corresponderase coa media ponderada dos diferentes aspectos (1-4), non podendo exceder en ningún caso os 4 puntos. A nota obtida nos diferentes aspectos na 1ª oportunidade poderase conservar para a 2ª oportunidade; en caso contrario, deberá ser comunicado ó profesorado.
Os criterios a seguir para o estudantado repetidor serán análogos ós expresados anteriormente. Neste senso, o estudantado poderá conservar a nota obtida nos aspectos 1, 2 e 3, o que deberá ser informado ó profesorado coa maior antelación posible (en caso de non ser comunicado entenderase que o estudantado opta por realizar o proceso de avaliación establecido).
O estudantado que teña concedida a dispensa de asistencia segundo o disposto no “Regulamento de asistencia a clase” non terá obrigación de asistir a ningunha actividade (salvo as probas de avaliación), sendo preciso que se dirixa ó profesorado coa maior antelación posible, de xeito que se lle poda indicar un método alternativo para a avaliación do aspecto 1. Este método alternativo consistirá na realización dun traballo de curso adicional relacionado cos contidos teóricos e/ou prácticos vistos na materia a través do cal quede reflectida a adquisición das competencias requiridas para este aspecto. Os contidos específicos do traballo fixaranse tras unha titoría individual co estudantado. Os aspectos 2, 3 e 4 non poderán ser substituídos, podendo adaptarse parte da metodoloxía nos aspectos 2 e 3, no caso de ser necesario.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
De xeito orientativo, proponse a seguinte distribución de horas non presenciais correspondentes ás diferentes actividades metodolóxicas propostas:
- Docencia presencial: 55 horas
Dentro da docencia presencial inclúense, ademais das horas correspondentes a horas expositivas e interactivas (48h), titorías en grupo (3h) e proba escrita (4h).
- Docencia non presencial: 95 horas
Dentro da docencia non presencial inclúense a lectura e preparación teórica de temas (36h), realización de exercicios (12h), elaboración do traballo de curso (24h) e preparación da proba escrita (23h).
- Asistencia ás sesións expositivas e interactivas.
- Estudo diario da materia.
- Realización das actividades programadas.
- Asistencia ás titorías para o seguimento e resolución de dúbidas.
Ivan Lopez Moreira
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Hidráulica
- Correo electrónico
- ivan.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Rodrigo Carballo Sanchez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Hidráulica
- Correo electrónico
- rodrigo.carballo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade