Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Adquirir formación sobre xestión sostible dos bosques mediante os tratamentos axeitados, que permitan obter de forma racional bens e servizos dos mesmos. Obter formación práctica da aplicación de tratamentos, os seus efectos e o coste asociado, así como da evolución previsible das masas forestais
A Memoria de título contempla para esta materia os seguintes contidos: Caracteres culturais de especies, con énfase no norte da Península Ibérica. Cuidados culturais das masas forestais. Tratamentos de rexeneración e estrutura da masa. Silvicultura intensiva e técnicas específicas consideradas. Silvicultura multifuncional en función de distintos obxectivos prioritarios de xestión.
Estes contidos desenvolveranse de acordo ao seguinte temario:
Programa teórico e interactivo (18 horas)
1. Introdución e definicións
2. Terminoloxía silvícola: castelán, galego, ingles.
3. Caracteres culturais das especies arbóreas
4. Porte e enraizamento
5. Crecemento e lonxevidade. Modos de reprodución.
6. Análise silvícola
7. Cuidados culturais: do solo e do vó: limpezas e desbastes
8. Cuidados culturais: podas
9. Cuidados culturais: rareos
11. Cortas de rexeneración
12. Tratamento de restos de corta
13. Monte baixo
14. Procesos de rexeneración
15. Monte medio, tratamentos transitorios e derivados
16. Silvicultura intensiva
17. Silvicultura multifuncional
18. Silvicultura e prevención de incendios
Estímase unha adicación necesaria do alumno este bloque teórico de 46 HNP (horas non presenciais)
Programa práctico:
Os alumnos realizarán dúas prácticas de campo en forma de visitas a montes nos que se estén a aplicar tratamentos selvícolas. Visitarase tamén unha explotación forestal na que se realice clara. Tempo adicado HP (presenciais): 10 h.
Estímase unha adicación necesaria do alumno de outras 10 h (HNP).
Seminarios:
Desenvolveranse en aulas de informática mediante a utilización de modelos e programas, realizaranse 3 seminarios de discusión de casos prácticos e o alumnado realizará un traballo a partir de bibliografía que se pode atopar en bases de datos de la USC. Total de 8 h (HP). Estímase unha adicación necesaria do alumno de 24,5 h (HNP).
Básica
-Serrada, R., 2011. Apuntes de selvicultura. Fundación Conde del Valle de Salazar. 501 pp
-West, P.W., 2006. Growing plantation forests. Springer. 304 pp.
Complementaria
-Alvarez, P., Barrio, M., Díaz, R., Higueras, J., Riesco, G., Rigueiro, A., Rodríguez, A., Rodríguez, R., Villarino, J.J., 2000. Manual de Selvicultura de frondosas caducifolias. Proyecto Columella. Universidad de Santiago de Compostela. Lugo.
-Dans, F., Fernández, F., Romero, A., Castro, A., Molina, F., Rojo, A., Sánchez, R., 1999. Manual de selvicultura del pino radiata en Galicia. Proyecto Columella.
-González-Río, F., Castellanos, A., Fernández, O., Astorga, R., Gómez, C., 1997. Manual de selvicultura del eucalipto. Proxecto Columella. Lugo.
-Landsberg, J., Sands, P., 2008. Physiological ecology of forest production. Elsevier. 331 pp.
-Serrada, R., Montero, G., Reque, J., 2009. Compendio de selvicultura aplicada en España
Unha serie de competencias transversales se traballarán na docencia e recóllense na memoria do título:
CT1 - Capacidad de análisis y síntesis.
CT2 - Capacidad para el razonamiento y la argumentación
CT3 - Capacidad de trabajo individual, con actitud autocrítica.
CT4 - Capacidad para trabajar en grupo y abarcar situaciones problemáticas de forma colectiva.
CT5 - Capacidad para obtener información adecuada, diversa y actualizada
CT6 - Capacidad para elaborar y presentar un texto organizado y comprensible.
CT7 - Capacidad para realizar una exposición en público de forma clara, concisa y coherente.
CT8 - Compromiso de veracidad de la información que ofrece a los demás.
CT10 - Utilización de información bibliográfica y de Internet.
CT11 - Utilización de información en lengua extranjera.
CT12 - Capacidad para resolver problemas mediante la aplicación integrada de sus conocimientos.
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará una serie de competencias xenéricas e específicas propias da enxeñaría forestal. Dentro do cadro de competencias deseñado para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas e xerais:
CG6 - Capacidade para medir, inventariar e avaliar os recursos forestais, aplicar e desenvolver as técnicas silvícolas e de manexo de todo tipo de sistemas forestais, parques e áreas recreativas, así como as técnicas de aproveitamento de produtos forestais madeirables e non madeirables
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
Competencias específicas
CECF11 - Silvicultura.
A docencia incluirá tanto actividades presenciais: expositivas (18 h) ou interactivas (18 h), de laboratorio ou prácticas de campo.
Na docencia expositiva incluiranse resumos e análises xerais do estado da arte en temas clave, orientando ao alumno para o acceso á información complementaria no seu traballo persoal. As metodoloxías concretas a aplicar serán:
-Leccións maxistrais participativas. Traballaranse as competencias: CT1, CT2
-Seminarios e conferencias. As presentaciones escritas serán en inglés. Traballaranse as competencias: CT4, CT8
-Prácticas de laboratorio ou campo. Traballaranse as competencias: CT1, CT3
-Visitas técnicas a empresas. Traballaranse as competencias: CT5
-Realización de presentacións mediante ordenador. Traballaranse as competencias: CT5, CT7, CT10, CT11
-Resolución de problemas. Traballaranse as competencias CT3, CT12
-Elaboración de traballos e informes e manexo de bibliografía en inglés. Traballaranse as competencias CT3, CT5, CT6
- Titorías individualizadas. Traballaranse as competencias: CT1, CT2, CT8
As competencias básicas e xerais traballaranse en tódalas actividades indicadas, así como a competencia específica propia da materia, CECF11.
O trabajo non presencial realizado polo alumno debe consistir no estudo da materia (lectura e preparación de temas, preparación de probas de avaliación), elaboración de informes de prácticas e resolución de exercicios e preparación do traballo práctico.
As competencias transversais non serán obxeto de avaliación, pero traballaranse nas clases.
Emprégase un sistema de valiación continua continua con varias actividades que se detallan a continuación, combinado cunha proba escrita que debe de superarse (cando menos nun 45% do seu valor):
Asistencia a clases expositivas e interactivas (indispensable salvo dispensa de asistencia concedida). Peso del 10%.
Probas escritas: 50%. Competencias cubertas: CG6, CB2, CECF11
Entrega de Memoria da viaxe e traballo proposto (documento técnico sobre operaciónes selvícolas nun monte): 30%. Competencias: CG6, CB2, CECF11
Presentación oral de traballos: 10%. Competencias: CB2, CB4, CECF11
A entrega da memoria da viaxe e do traballo proposto son requisitos para a superación da materia.
Para a oportunidade extraordinaria ou de recuperación consideraranse liberatorias as calificacións de traballos e Memorias de viaxe. O alumnado repetidor non poderá sen embargo liberar partes da materia superadas en cursos previos.
O correspondente á asignación de 4,5 créditos ECTS á materia, o que corresponde a un tempo total de dedicación do alumno de 112,5 h
O traballo personal do alumno podría distribuirse, a título orientativo, do seguinte xeito: lectura e preparación de temas: 40 h; realización de exercicios: 6 h; preparación traballos de curso (traballo práctico sobre un espacio forestal que requira dun documento técnico relacionado coa actividade selvícola): 24 h e preparación de probas de avaliación: 12 h.
Asistencia a clases e uso do horario de titorías do profesorado
Roque Rodríguez Soalleiro
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- roque.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 (Aulario 1) |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 (Aulario 1) |
20.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 (Aulario 3) |
16.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 (Aulario 3) |