Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Física Aplicada
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Analizar dende o punto de vista teórico e práctico os principios da Física que se refiren á termodinámica clásica, transferencia de calor, teoría elemental de campos e electromagnetismo, además de promover e desenvolver o carácter científico do alumno.
Teoría
1. Lei cero. Temperatura.
2. Traballo e calor. Dilatación.
3. Transmisión do calor.
4. Gases ideais e gases reais. Procesos termodinámicos.
5. Primeira lei da termodinámica.
6. Teoría cinética dos gases.
7. Segunda lei da termodinámica. Entropía.
8. Campo electrostático
9. Lei de Gauss
10. Potencial eléctrico
11. Capacidade e condensadores
12. Corrente eléctrica
13. Circuitos de corrente eléctrica
14. Campos e forzas magnéticas
15. Fontes de campo magnético
16. Inducción electromagnética
17. Circuitos de corrente alterna
PRÁCTICAS (pode haber cambios en función da disponibilidade de material de laboratorio)
1. Medidas calorimétricas de diferentes compostos
2. Campo electrostático nun condensador
3. Circuitos eléctricos
4. Determinación da resistencia dun conductor
5. Riscos da corrente eléctrica
6. Circuitos de corrente alterna
7. Inducción electromagnética
Básica:
SERWAY, R.A., JEWETT, J.W. “Física para Ciencias e Ingeniería”. Cengage Learning Editores, 2009.
TIPLER, P.A., MOSCA, G. “Física para la Ciencia y la Tecnología”. Ed. Reverté, 2010.
YOUNG, H.D., FREEDMAN, R.A. “Física Universitaria con Física Moderna (Sears y Zemansky)”. Pearson Educación, 2013
Complementaria:
Benito, R. M., Losada, J. C., Ablanque, J. y Sanz, A. S. Prácticas de Laboratorio de Física. Ariel Practicum, 2002.
Giancoli, D.C. Física para Ciencias e Ingeniería. Pearson Educación, 2009.
Gil, S. y Rodríguez, E. Física re-Creativa. Prentice Hall, Pearson Educación, 2001.
Hewitt, P. G. Física conceptual. Pearson -Addison Wesley , 2009.
Lea, S. M., Burke, J. R.;Física. La naturaleza de las cosas. Ed. Paraninfo, 2001.
Lleó, A., Betete, B., Galeano, J. , Lleó, L., Ruiz Tapiador, I. Problemas y Cuestiones de Física, Ed. Mundi-Prensa, 2002.
Perales, F. J. La resolución de problemas en Física. Ediciones Anaya, 2005.
Serrano, V., García, G., Gutiérrez, C. Electricidad y Magnetismo. Estrategias para la resolución de problemas y aplicaciones. Pearson Education, 2001.
Tipler, P.A.; Mosca, G. Física para la Ciencia y la Tecnología: apéndices y respuestas de Física: resolución de problemas, Ed. Reverté, 2010.
NOTA: para algúns temas utilizarase a bibliografía on- line que se considere de utilidade en cada caso.
Competencias básicas:
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
Competencias xerais:
CG3 - Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e lles dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
CG5 - Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritacións, estudos, informes, plans de labores e outros traballos análogos.
Competencias transversais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT3 - Capacidade para xestionar a información
CT4 - Capacidade para traballar en equipo
CT8 - Capacidade para usar tecnoloxías da información e comunicación
CT15 -Capacidade para a comunicación oral e escrita
Competencias específicas:
CE2 - Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
Nas clases de teoría (24 horas) explícanse os conceptos teóricos establecidos no programa da materia, tratando de seguir unha metodoloxía que facilite a adquisición dos coñecementos por parte dos alumnos. Buscarase a participación activa do alumno.
Nas clases de seminario (12 horas) analizaranse e discutirán os problemas propostos previamente aos alumnos mediante boletíns, que poderán ser realizados individualmente ou en grupo.
Realizásense titorías individuais para aclarar problemas e cuestións de cada alumno, así como titorías nas aulas (3 horas) onde se realizará un seguimento da comprensión e dificultades que tiveron os alumnos sobre os diferentes coñecementos adquiridos, procurando resolver todas as dúbidas e problemas que lles xurdisen. Tamén se propoñerán tarefas de reflexión e aplicación a sectores industriais da vida real.
Nas prácticas (12 horas), de asistencia obrigatoria, aplícanse os coñecementos e conceptos adquiridos polo alumno nas clases teóricas e de seminario. As prácticas realizaranse no laboratorio en grupos de dous alumnos.
Utilizarase o Campus Virtual para a suba de contidos, exercicios de autoavaliación e traballos a realizar polo alumno.
-A realización das prácticas da materia é obrigatoria, e avaliarase o caderno de prácticas que deberá presentar cada grupo. Puntuación: ata 0.5 puntos. Competencias avaliadas: CB1, CB2, CG5, CT1, CT3, CT4, CT8, CT15, CE2.
-A avaliación continua (asistencia e actividade en clase, boletíns de casos prácticos e traballos diversos) supoñerá un máximo de 2 puntos (ata 1 a asistencia e ata 1 os traballos de clase). Competencias avaliadas: CB1, CB2, CG3, CG5, CT1, CT15, CE2.
-Exames: Faranse exames finais da parte de Calorimetría e Termodinámica e da parte de Electricidade e Magnetismo. En xeral, os exames constarán dunha parte de teoría-cuestións e doutra de problemas, cada unhas das cales se puntuará sobre 10, e se promediará entre as dúas sempre que a cualificación de cada una delas non sexa inferior a 4. No caso contrario, o exame estará suspenso coa nota máis baixa. O exame estará aprobado si o antedito promedio fose igual ou superior a 5.
O exame final contará como máximo 7.5 puntos na nota definitiva da materia (Ex.: un 10 no exame supoñerá un 7.5 para o cálculo da nota final, que será 10 se se alcanzasen os 2.5 puntos na avaliación continua e prácticas). Por debaixo de 5 no exame supoñerá automaticamente suspender a materia, e non ter en conta a cualificación da avaliación continua e prácticas (neste caso a cualificación final que figurará na acta da materia será 0.75 x nota exame). . Competencias avaliadas: CB1, CB2, CG3, CG5, CT1, CT15, CE2.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
O estudante para o seguimento e compresión dos contidos da materia deberá empregar alomenos 40 horas para a docencia expositiva, 28 horas para a realización dos traballos propostos (boletíns, campus virtual e memoria de prácticas), 3 horas para as titorías en grupo. Para a preparación de exames serán necesarias alomenos 16 horas, e da orde de 4 horas para a súa realización.
- Realizar os exercicios e cuestións propostos.
- Consultar o diferente tipo de bibliografía recomendada polo profesor.
Idiomas de impartición: castelán nas exposición docentes, pero facilitaranse as consultas en galego.
Jose Antonio Rodriguez Añon
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881814005
- Correo electrónico
- ja.rodriguez.anon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jorge Proupin Castiñeiras
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Correo electrónico
- xurxo.proupin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Eugenio Anselmo Rodriguez Nuñez
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Correo electrónico
- eugenio.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
20.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
01.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |