Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 295 Horas de Titorías: 3.5 Clase Interactiva: 1.5 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Completar a formación académica dos estudiantes mediante a interrelación co mundo laboral e empresarial, mellorando así tanto a capacitación científica e técnica adquirida nas materias obrigatorias do título como as súas competencias transversais e habilidades personais.
Saber incorporar os valores profesionais e competencias propias do ámbito da Enxeñaría Técnica Industrial.
O estudante realizará prácticas nunha empresa na que a USC teña firmado previamente un convenio, de acordó co Regulamento de Prácticas.
Académicas Externas da USC: http://hdl.handle.net/10347/13514
As actividades realizadas polo estudante na empresa estarán debidamente coordinadas e deberán realizarse en calquera dos ámbitos profesionais da Enxeñaría Técnica Industrial.
Dependerá do tipo de Prácticas externas que realice o alumno e o seu contido.
*Básicas:
- CB2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que, adoitan demóstranse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
*Xerais
-CG1: Capacidade para a redacción, firma e desenvolvemento de proxectos no ámbito da Enxeñaría Industrial na súa especialidade de Química Industrial que teñan por obxeto, de acordo cos coñecementos adquiridos, segundo o establecido no apartado 5 da Orde CIN/351/2009, a construcción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de: estruturas, equipos mecánicos, instalacións enerxéticas, instalacións eléctricas e electrónicas, instalacións e plantas industriais e procesos de fabricación e automatización.
-CG2 - Capacidade para a dirección das actividades obxecto dos proxectos de enxeñaría descritos na competencia CG1.
-CG3 - Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para o aprendizaxe de novos métodos e teorías, e lles dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
-CG11 - Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.
*Transversais
-CT3: Capacidade para xestionar a información.
-CT4: Capacidade para traballar en equipo.
-CT5: Demostrar compromiso ético.
-CT7: Demostrar iniciativa e espírito emprendedor.
-CT11: Capacidade para tomar decisións.
-CT12 - Capacidade para o aprendizaxe autónomo
-CT13: Capacidade para transmitir coñecementos.
-CT15 - Capacidade para a comunicación oral e escrita
*Competencias de materia optativa
-CEOP13: Prácticas profesionales, con avaliación final de competencias, que permitan incorporar os valores profesionais e competencias propias do ámbito da Enxeñaría Técnica Industrial.
Nas prácticas en empresas, baixo a supervisión do tutor externo, o estudante deberá desenvolver o proxecto formativo establecido no convenio de prácticas. As función, dereitos e deberes dos estudantes e titores están recollidos no Regulamento de Prácticas Académicas Externas da USC: http://hdl.handle.net/10347/13514
O sistema de avaliación será exactamente o mesmo independentemente da modalidade de docencia empregada (presencial o virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación realizaranse, segundo establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente na empresa ou ben en remoto mediante os medios telemáticos dispoñibles na USC e na empresa.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
A avaliación das competencias adquiridas durante a realización das Prácticas externas levarase a cabo de acordo co establecido na normativa Xeral de prácticas externas da Universidad de Santiago de Compostela e na Convocatoria de prácticas académicas externas curriculares para o alumnado do grao en Enxeñaría de procesos químicos industriais:
Un 50% da cualificación será asignada polo titor externo en base á puntuación dos ítems que figuran no anexo correspondente da convocatoria.
Un 50% de la cualificación será asignada polo titor académico despois de avaliar a memoria final presentada polo alumno e sobre a base dos ítems que figuran no anexo correspondente da convocatoria.
A actividade formativa comprende 12 créditos ECTS (300 horas totais), distribuidos da seguinte forma de acordo co plan de estudos vixente:
Prácticas: 240 horas presenciais.
Memoria de prácticas : 40 horas de traballo do alumno.
Tutorías individuais: 10 horas presenciais y 10 de traballo do alumno.
O idioma de impartición será o correspondente ás linguas oficiais da Comunidade Autónoma.