Créditos ECTS Créditos ECTS: 9
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: Horas de Titorías: 45 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 36 Total: 117
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Anual
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O obxectivo desta materia é proporcionar ao alumnado unha ampla introdución á Física, máis concretamente a Mecánica, Termodinámica e Electromagnetismo. Preténdese, por unha parte, dar a coñecer os principios da Física resaltando os seus límites de aplicabilidade e, por outra parte, desenvolver no alumnado tanto a capacidade de análise coma a de resolución de problemas. Ademais de introducilo no manexo de material de laboratorio, o que lle vai permitir aprender a tomar e tratar datos experimentais, de xeito acorde a este nivel e polo tanto non exhaustivo.
Módulo de formación básica, Plan de estudos do Grao en Enxeñería Química,BOE 22-2-2011
http://www.boe.es/boe/dias/2011/02/22/pdfs/BOE-A-2011-3580.pdf
Enlace coa información detallada
http://www.usc.es/es/centros/etse/titulacions.html?plan=13928&estudio=1…
Segundo descritores, ver páx. 20 da Memoria para a solicitude de verificación do Grao en Enxeñería Química)
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/sxopra/memorias_grao…
TEMA 1. INTRODUCIÓN
Que é a Física?. Contribución das mulleres á Física.
Magnitudes Físicas. Sistema de Unidades. Análise Dimensional.
Nocións de metroloxía.
Álxebra Vectorial.
Sistemas de coordenadas polares planas, cilíndricas e esféricas.
TEMA 2. CINEMÁTICA DA PARTÍCULA.
Movemento e sistemas de referencia.
Vectores velocidade e aceleración. Compoñentes intrínsecas da aceleración.
Análise dos distintos tipos de movementos.
Movemento relativo.
TEMA 3. DINÁMICA DA PARTÍCULA
Principios da mecánica clásica. Leis de Newton.
A ciencia nos salóns: Madame du Châtelet.
Momentos lineal e angular. Teoremas de conservación.
Traballo e potencia: Conservación da enerxía mecánica.
Forzas de rozamento.
TEMA 4. DINÁMICA DO SISTEMAS DE PARTÍCULAS
Sistema de partículas: Forzas interiores e exteriores.
Centro de masas. Movemento do centro de masas.
Momento lineal e angular dun sistema de partículas.
Teoremas de conservación. Aplicacións.
TEMA 5. MECÁNICA DO SÓLIDO RÍXIDO
Concepto de sólido ríxido.
Cinemática do sólido ríxido.
Rotación o redor dun eixe:momento angular e momento de inercia.
Cálculo dos momentos de inercia. Teorema de Steiner.
Rotación o redor dun punto: Sophie Kovalevskaya.
Movemento de rotación e translación.
Teoremas de conservación.
Equilibrio.
TEMA 6. TEORÍA ELEMENTAL DE CAMPOS
Campos escalares e vectoriais.
Gradiente dun campo escalar.
Circulación dun campo vectorial.
Fluxo dun campo vectorial.
Diverxencia dun campo vectorial: Teorema de Gauss.
Rotacional dun campo vectorial: Teorema de Stokes.
Campos conservativos. Función potencial
TEMA 7. FUNDAMENTOS DE TERMODINÁMICA
Conceptos e definicións básicas
Principio cero. Temperatura empírica. Medida da temperatura
Traballo termodinámico. Enerxía interna. Primeiro Principio. Calor
Segundo Principio. Escala termodinámica de temperatura. Entropía
Terceiro Principio. Consecuencias físicas
TEMA 8. CAMPO ELECTROSTÁTICO NO VACÍO.
Introdución
Carga eléctrica. Lei de Coulomb
Campo electrostático. Potencial electrostático
Dipolo eléctrico
Fluxo eléctrico. Teorema de Gauss integral e diferencial
Algunhas aplicacións do teorema de Gauss
Enerxía dun sistema de cargas
TEMA 9. CAMPO ELECTROSTÁTICO EN PRESENZA DE MATERIAIS.
Condutores. Sistema de condutores. Enerxía dun sistema de condutores. Asociación de condensadores.
Dieléctricos.
TEMA 10. CORRENTE ELÉCTRICA.
Corrente eléctrica. Densidade de corrente. Ecuación de continuidade.
Lei de Ohm. Forza electromotora. Lei de Ohm xeneralizada.
Redes de resistencias. Leis de Kirchhoff.
Hertha Ayrton e o arco eléctrico.
Edith Clarke e a calculadora gráfica.
TEMA 11. CAMPO MAGNÉTICO NO BALEIRO.
Forza entre dous circuítos completos.
Indución magnética. Lei de Biot e Savart.
Forza sobre unha carga puntual que se move nun campo magnético.
Propiedades do campo magnético. Lei de Ampère da circulación.
Potencial vectorial magnético.
TEMA 12. INDUCIÓN ELECTROMAGNÉTICA.
Indución electromagnética. Lei de Faraday.
Indución mutua. Autoinducción. Asociación de indutancias: serie e paralelo.
Enerxía magnética.
PRÁCTICAS DE LABORATORIO
-Roda de Maxwell
-Leis de Newton
-Momentos de Inercia de Corpos Ríxidos
-Densidade e Viscosidade
-Resortes
-Tensión superficial
-Péndulo de Káter
-Circuítos de corrente continua
-Medida de pequenas resistencias
-Condensador de placas plano-paralelo
-Curva de carga dun capacitor
-Campo magnético creado por bobinas de Helmholtz
-Balanza electrodinámica: forza sobre un condutor de corrente
No curso 2024-25, esta materia só ten dereito a exame.
Libros básicos
SEARS, Francis W. et al., 2018. Física Universitaria con Física moderna, 14ª edición. México: Pearson. Vol. I, ISBN 9786073221252 (https://iacobus.usc.es/record=b2477660~S1*gag) Vol. II, ISBN 9786073244428 (https://iacobus.usc.es/record=b2481000~S1*gag)
Libros complementarios
ALCARAZ i SENDRA, Olga, LÓPEZ LÓPEZ, José y Vicente LÓPEZ SOLANAS. 2006. Física: problemas y ejercicios resueltos. Madrid: Pearson-Prentice-Hall. ISBN 978-84-205-4447-2. SIGNATURA: 3 A00 102 Biblioteca de Física
BAUER, Wolfgang y Gary D. WESTFALL. 2014. Física para ingeniería y ciencias. 2ª edición. México: McGraw-Hill Educación. ISBN 9786071511911. SIGNATURA: A020 43 Escola de Enxeñaría
BIX, Amy Sue, 2013. Girls coming to tech!: a history of American engineering education for women. Cambridge, Massachusetts: The MIT Press. ISBN 9780262019545. SIGNATURA: A0X0 8 Escola de Enxeñaría.
BOLÍVAR, Jorge, 2018. Científicas. Córdoba: Guadalmazán. ISBN 9788494608568. SIGNATURA: 3 A01 142 Biblioteca de Física
BURBANO de ERCILLA, Santiago, BURBANO GARCíA, Enrique y Carlos GRACIA MUÑOZ, 2006 Problemas de Física. 27ª ed. Madrid: Tébar. ISBN 978-84-7360-238-9. SIGNATURA: A FS 28 Biblioteca de Bioloxía.
GÓMEZ, Faustino, et al., 2014. Guía básica sobre incertidumbre en la medida: enseñanza secundaria y bachillerato. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. ISBN 978-84-16183-63-0. SIGNATURA: A020 44 Escola de Enxeñaría
LAYNE, Margaret E., 2009. Women in engineering: pioneers and trailblazers. Reston, Virginia: American Society of Civil Engineers. ISBN 9780784409800. SIGNATURA: A0X0 7 Escola de Enxeñaría
LEA, Susan M. y John R. BURKE, 2001. Física. La naturaleza de las cosas. Madrid: Paraninfo. ISBN 84-283-2755-6. SIGNATURA: A020 31 2 Escola de Enxeñaría
MUÑOZ, Adela, 2016. Sabias: la cara oculta de la ciencia. Barcelona: Debate. ISBN 9788499927121. SIGNATURA: 0X0 8 Escola de Enxeñaría.
PINTOS, Mercedes y Juan M. RUSO, 2008. Introdución ao electromagnetismo. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. ISBN 978-84-9887-009-1. SIGNATURA: GA 42732 Biblioteca Xeral
TURIEL, Antonio,2021. Petrocalipsis : crisis energética global y cómo (no) la vamos a solucionar. ISBN : 978-84-17951-10-8. SIGNATURA: 242 6 Escola de Enxeñaría
Recursos na rede
CLARAMUNT Rosa María y Teresa CLARAMUNT, 2012. Mujeres En Ciencia Y Tecnología[en liña] Madrid: Universidad Nacional de Educación a Distancia. Dispoñible en: https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-1150
FERRÓN, Lucía, 2013. Boas prácticas en prevención de riscos laborais. Manual de seguridade no laboratorio[en liña]. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Dispoñible en: https://issga.xunta.es/export/sites/default/recursos/descargas/Activida….
MACHO, Marta. Mujeres con ciencia. [en liña]. Dispoñible en: http://mujeresconciencia.com/
COLABORADORES DE GALIPEDIA, "Historia das mulleres na enxeñaría," [en liña] Galipedia, a Wikipedia en galego. Dispoñible en: https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Historia_das_mulleres_na_enx… [consultado o 27 de maio de 2021].
COLABORADORES DE GALIPEDIA, "Mulleres en Física," Galipedia, a Wikipedia en galego. Dispoñible en: https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mulleres_en_F%C3%ADsica&oldi… [consultado o 27 de maio de 2021].
Competencias básicas
CB.2. Que as/os estudantes saiban aplicar os coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
Competencias específicas
FB.2 Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
Competencias xerais
CG.3. Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que os/as capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e os/as dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
CG. 4. Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas.
Competencias transversais
CT.1. Capacidade de análise e síntese
CT.2. Capacidade de organizar e planificar
CT.3. Comunicación oral e escrita en linguas propias e algunha estranxeira.
CT.4. Habilidades para o uso de aplicacións informáticas
CT.5. Capacidade de xestión da información
CT.6. Resolución de problemas
CT.8. Traballo en equipo
CT.10. Habilidades nas relacións interpersoais
CT.11. Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas
CT.12. Razoamento crítico
CT.13. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
CT.14. Adaptación a novas situacións
CT.15. Motivación pola calidade
CT.19. Aprendizaxe autónoma
CT.20. Iniciativa
Poñerase a disposición do alumnado na Aula Virtual da materia o programa detallado, a bibliografía básica e complementaria e o material docente do último curso con dereito a docencia (2023-24).
A única metodoloxía docente que ten cabida nun contexto dunha materia en extinción (sen dereito a docencia) son as titorías individuais, que están orientadas á resolución de dúbidas e dificultades concretas de carácter teórico, conceptual e/ou práctico, prestando unha atención individualizada á alumna ou ao alumno que o necesite. As titorías requirirán cita previa e serán fundamentalmente de carácter presencial, se ben poderán realizarse parcialmente de xeito virtual, empregando a ferramenta MS- Teams.
Para superar a materia será condición indispensable que cada estudante realizase, nalgún dos cursos anteriores, todas as prácticas de laboratorio. A avaliación baséase nos seguintes elementos:
1. Laboratorio (nota procedente dalgún curso anterior). Porcentaxe na cualificación final: 20%. Carácter: Obrigatorio
2- Actividades de avaliación continua realizadas durante o último curso con dereito a docencia (2023-24). Porcentaxe na cualificación final: 0% ou 20% (o que sexa máis beneficioso en cada caso particular). Carácter: Opcional
3- Exame escrito: Un ÚNICO exame de toda a materia en cada oportunidade. Porcentaxe na cualificación final: 80% ou 60% (o que sexa máis beneficioso en cada caso particular). Carácter: Obrigatorio
- Ao alumnado que no curso 2023-24 tivese superado algún dos 2 parciais da materia (nota do exame maior ou igual que 4 sobre 10) manteráselle esa puntuación, polo que só terían que responder as preguntas da parte non aprobada.
-A materia considerarase superada se a cualificación final, tendo en conta a porcentaxe de todos os aspectos avaliables, é igual ou superior a 5 puntos.
-No caso de non superar a materia, o alumnado poderá recuperala no exame da segunda oportunidade, na que rexerán os mesmos criterios que na primeira.
-Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
-A cualificación será de Non presentado só no caso de que a/o estudante non se presente a ningún dos exames da materia.
No curso 2024-25, esta materia só ten dereito a exame.
Maria Del Pilar Brocos Fernandez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881813961
- Correo electrónico
- pilar.brocos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
10.01.2025 09:15-14:00 | Grupo de exame | Aula Traballo |
23.05.2025 09:15-14:00 | Grupo de exame | Aula A1 |
30.06.2025 09:15-14:00 | Grupo de exame | Aula A1 |