Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.5 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 28 Clase Interactiva: 9 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo xeral desta materia é a de proporcionar ó estudante coñecementos sobre as operacións unitarias e procesos que se utilizan no acondicionamento de augas de uso urbano e industrial, na depuración de augas residuais ou no tratamento de lodos de depuradoras de augas.
Dentro dos obxectivos concretos destácanse: 1) Coñecer as características físico-químicas das augas e os contaminantes máis comúns en augas; 2) Coñecer a lexislación e normativa asociada ó tratamento dos contaminantes en augas residuais e acondicionamento de augas de proceso/potables; 3) Coñecer os distintos sistemas de tratamento físico, químico e biolóxico utilizados; 4) Seleccionar a tecnoloxía máis axeitada para o tratamento ou acondicionamento/tratamento de augas en función das características das correntes a tratar. Esta materia complementa os contidos de caracterización e tratamento de augas abordados na materia de “Enxeñería Ambiental”.
O programa da materia está dividido en 7 temas:
Tema 1: Propiedades e contaminantes da auga
1.1. Propiedades químicas da auga
1.2. Propiedades físicas da auga
1.3 Contaminantes da auga
1.4 Xestion de augas e planificación de tratamentos
Tema 2: Acondicionamento de augas e minimización de consumos
2.1 Fontes de abastecemento de augas
2.2. Potabilización de augas
2.3. Tratamento de augas de caldeiras
2.4. Tratamento de augas para torres de arrefriamento
2.5. Minimización do consumo de auga na industria
2.6. Reutilización de augas
Tema 3: Procesos químico-físicos de tratamento
3.0 Introducción
3.1. Coagulación-floculación
3.2. Precipitación química
3.3. Flotación
3.4. Reaccións de oxidación-redución
Tema 4: Procesos biolóxicos anaerobios
4.0 Introducción ós procesos biolóxicos
4.1. Comparación dos procesos biolóxicos aerobios e anaerobios.
4.2. Fundamentos microbiolóxicos do proceso de dixestión anaerobia.
4.3. Importancia da temperatura e a axitación
4.4. Dixestión anaerobia en augas residuais.
4.5. Principais reactores anaerobios
4.6. Determinación do metano xerado, balances de DQO
Tema 5: Procesos biolóxicos de eliminación de nutrientes
5.1. Eliminación de materia orgánica.
5.1.1 Proceso de lamas activadas
5.1.2. Procesos de biopelículas
5.2. Procesos biolóxicos de eliminación de nitróxeno
5.3. Deseño de sistemas de eliminación de nitróxeno.
5.4. Procesos biolóxicos de eliminación de fósforo
5.5. Deseño de sistemas de eliminación de fósforo
5.6. Sistemas de aireación.
Tema 6: Tratamentos terciarios de augas
6.1. Desinfección
6.2. Sistemas de filtración
6.3. Columnas de adsorción
Tema 7: Liña de lamas
7.1. Espesamento de lamas
7.2. Estabilización de lamas
7.3. Deshidratación de lamas
7.4. Xestión de lamas de depuradoras
Bibliografía básica:
METCALF-EDDY INC. Wastewater engineering: treatment and resource recovery. Boston. McGraw-Hill, 2014. ISBN 978-0-07-340118-8
Bibliografía complementaria:
HENZE, M., VAN LOOSDRECHT, M.C.M., EKAMA, G.A. and BRDJANOVIC, D. Biological wastewater treatment: Principles, Modelling and Design. Londres. IWA Publishing, 2008. ISBN 978-1-84-339188-3
E-book descargable no seguinte link:
https://iwaponline.com/ebooks/book/707/Tratamiento-biologico-de-aguas-r…
NALCO CHEMICAL COMPANY. The Nalco Water Treatment Handbook. New York. McGraw-Hill, 2009. ISBN 978-0-07-154883-0.
RAMALHO, R.S. Tratamiento de Aguas Residuales. Barcelona. Editorial Reverte S.A., 1996. ISBN 84-291-7975-5
SPEECE, R.E. Anaerobic biotechnology for industrial wastewaters. Tennessee. Archaea Press, 1996. ISBN 978-0-96-502260-6.
SPERLING, M.V. Biological wastewater treatment -Volume 5: Activated sludge and aerobic biofilm reactors. London. IWA Publishing, 2007. ISBN 978-1-84-339165-4
A memoria de grao en Enxeñería Química sinala que se realizara o desenvolvemento das seguintes competencias nesta materia:
Específicas
CI.10. Coñecementos básicos e aplicación de tecnoloxías medioambientais e sostibilidade.
Xerais
CG.7. Capacidade de analizar e valorar o impacto social e medioambiental das solucións técnicas.
CG.11. Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.
Transversais
CT.6. Resolución de problemas
CT.8. Traballo en equipo
CT.11. Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas
CT.16. Sensibilidade cara a temas medioambientais
CT.19. Aprendizaxe autónoma
Usarase a lección maxistral para desenvolver gran parte do temario, promovendo a participación activa do alumnado, usando as horas dos seminarios para actividades de aprendizaxe colaborativo, resolución de problemas (algúns deles empregando folla de cálculo) e presentacións orais. Trala finalización de cada tema ou grupo de temas realizarase unha proba de avaliación na aula, que consistirá na resolución de problemas e preguntas curtas ou tipo test, que teñen como obxecto fomentar o estudio continuo da materia e a adquisición de coñecementos.
Empregarase o Campus Virtual (Moodle), coma ferramenta de comunicación co alumnado ofrecéndolles información sobre a programación docente e as probas de avaliación ao longo de todo o curso, pondo a disposición do alumno diversos materiais de apoio para o estudio dos temas.
A presente materia participa na visita técnica programada para o 2º semestre de 3º curso, en coordinación coas materias obrigatorias de Enxeñaría Ambiental e Reactores Químicos.
O desenvolvemento de competencias a adquirir polo alumnado realízase a través dos diversos temas e actividades, segundo a táboa que se achega:
Competencias
Tema/ Actividade Específicas Xerais Transversais
Tema 1 CI.10 CT.11; CT.19
Tema 2 CI.10 CG.7 CT.6; CT.19
Tema 3 CI.10 CG.7; CG.11 CT.6; CT.19
Tema 4 CI.10 CG.7 CT.6; CT.19
Tema 5 CI.10 CG.7; CG.11 CT.6; CT.19
Tema 6 CI.10 CG.7; CG.11 CT.6; CT.19
Tema 7 CI.10 CG.7; CG.11 CT.6; CT.19
Titoría CI.10 CG.7 CT.6; CT.19
Traballo CI.10 CG.7; CG.11 CT.6; CT.8; CT.11; CT.16;CT.19
A cualificación do alumno é unha media ponderada do rendemento obtidos nos tres apartados avaliados:
I.- Exame final (40% da cualificación).
II.- Titoría e traballo grupal (25% da cualificación).
III.- Avaliación continua (35% da cualificación): colección de actividades que se realizan durante o semestre para cada un dos temas.
Serán consideradas actividades obrigatorias o exame e o traballo grupal. O alumnado que non fixera alguna destas actividades terá a consideración de NON PRESENTADO.
Antes da realización do exame final, os estudantes coñecerán a nota obtida nos apartados II e III, sendo necesaria unha calificación mínima de 3 puntos sobre 10 no exame final para poder incorporar ditas notas.
Para a segunda oportunidade no mesmo curso académico, conservaráse a evaluación dos apartados II y III.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións".
Na seguinte taboa indicanse as actividades nas que se avalian as diversas competencias:
________________________________________________________________________
Competencias
Actividade Xerais Transversais Específicas
C Maxistraes CG7 CT16 CI10
Seminarios CG7; CG11 CT6 CI10
Titorías CG7; CG11 CT6;CT8;CT11; CT19 CI10
Examen CT11; CT19 CI10
________________________________________________________________________
A materia ten unha carga de traballo de 4,5 ECTS, equivalentes a 112,5 h de traballo total do alumno, que se reparten da forma que se sinala na táboa:
Actividade______Horas presenciais____Horas traballo alumno___ECTS
Clases maxistrais_______28,0_________________34,0________2,5
Seminarios _____________9,0_________________11,0________0,8
Titorías grupo___________1,0__________________4,0________0,2
Titorías individualizadas___1,0__________________2,0________0,1
Exame e revisión_________5,0_________________17,5_______0,9
Total__________________44,0_________________68,5_______4,5
E moi recomendable que o alumnado curse a materia de Enxeñaría Ambiental.
Ademais é aconsellable ter coñecemento no manexo de Microsoft Word e Excel, así como estar familiarizado co uso dalgún programa de simulación. Tamén se recomenda un dominio básico do inglés para facilitar a consulta de libros, artigos científicos e páxinas web.
Recoméndase o estudio continuo da materia ao longo do semestre.
A materia impartirase en castelán e galego, ainda que parte do material entregarase en inglés.
Francisco Omil Prieto
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816805
- Correo electrónico
- francisco.omil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Almudena Hospido Quintana
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816797
- Correo electrónico
- almudena.hospido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula A3 |
Venres | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A3 |
09.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Traballo |
09.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula Traballo |
02.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
02.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
01.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |
01.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A2 |