Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Adquisición de coñecementos sobre:
• Contexto, utilidade e fundamentos da linguaxe gráfica técnica
• Fundamentos dos sistemas de representación diédrico, axonométrico e de planos acoutados
• Normas fundamentais do debuxo industrial e simboloxía empregada na industria química
• Funcionamento dun programa de debuxo asistido por ordenador
Adquisición de capacidade e destreza para:
• Razoar espacialmente e visualizar mentalmente as formas
• Utilizar o debuxo a man alzada para plasmar ideas, esbozar formas e analizar problemas xeométricos
• Resolver os problemas xeométricos habituais dentro do campo da enxeñería mediante a aplicación dos sistemas de representación
• Aplicar as normas fundamentais do debuxo industrial
• Manexar ferramentas informáticas de debuxo
• Interpretar e ser capaz de elaborar a documentación gráfica dos traballos profesionais da titulación
Por último, preténdese que o alumno alcance os valores ou aptitudes de:
• Creatividade nos ámbitos académico e profesional
• Razoamento crítico
• Compromiso ético
• Motivación pola calidade
A materia estrutúrase en catro bloques de contidos
Bloque I – Linguaxe gráfica e Sistemas de Representación
1. LINGUAXE GRÁFICA E ENXEÑERÍA
- O debuxo técnico como ferramenta de comunicación da técnica
- O problema da representación gráfica técnica. Breve historia da súa evolución
- Bases científicas da representación. A proxección. Sistemas de Representación: clasificación, fundamentos e uso
- Conceptos básicos da representación mediante proxeccións ortogonais
- Conceptos básicos da representación axonométrica
2. ASPECTOS INSTRUMENTAIS
- Materiais para a execución de debuxos técnicos
- Escalas
- Trazados xeométricos básicos
- Debuxo a man alzada. Esbozado de pezas. Perspectivas a man alzada
Bloque II - Xeometría Descritiva básica
3. SISTEMA DIÉDRICO. FUNDAMENTOS
- Fundamentos. Representación do punto. Métodos tradicional e directo
- Representación da recta. Pertenza punto recta. Posicións favorables
- Representación do plano. Determinación. Pertenza recta-plano e punto-plano. Posicións favorables. Rectas notables
4. S. D. OBTENCIÓN DE VISTAS AUXILIARES MEDIANTE CAMBIOS DE PLANO
- Concepto e execución dos cambios de plano
- Cambio de plano vertical: alzados auxiliares. Cambio de plano horizontal: plantas auxiliares
- Cambios de plano sucesivos e aplicación ás vistas auxiliares dobres
5. S. D. MEDICIÓN E OBTENCIÓN DE VERDADEIRAS MAGNITUDES MEDIANTE XIROS E ABATEMENTOS
- Xiro dun segmento a posición frontal ou horizontal
- Abatemento. Abatemento sobre planos horizontais e frontais
- Abatemento de planos proxectantes
- Resolución de problemas de verdadeira magnitude
6. S. D. PROBLEMAS BÁSICOS DE INTERSECCIÓNS, PARALELISMO, PERPENDICULARIDADE E DISTANCIAS
- Intersección de recta e plano. Resolución mediante plano auxiliar. Resolución mediante cambio de plano. Visibilidade
- Intersección de planos. Resolución mediante cambios de plano. Visibilidade.
- Paralelismo entre rectas, entre planos e entre recta e plano
- Teoremas da perpendicularidade e aplicación á perpendicularidade entre recta e plano
- Distancia entre dous puntos
7. SISTEMA AXONOMÉTRICO
- Utilidade
- Fundamentos e definicións
- Axonometría ortogonal. Relación entre eixes e coeficientes redutores. Tipos de axonometría ortogonal
- Axonometría isométrica
- Dimetría normalizada
- Axonometría oblicua: perspectivas cabaleira e militar
Bloque III – Normalización da representación
8. NORMALIZACIÓN DO DEBUXO TÉCNICO
- Concepto de normalización: orixe e finalidade
- Normalización española: normas UNE. AENOR
- Outras normas: ISO, DIN, BS, ANSI… Correspondencia
- Normas UNE de debuxo técnico. Visión global
- Normas UNE sobre presentación dos debuxos técnicos: formatos, pregado de planos, escritura, cadro de rotulación
9. A NORMALIZACIÓN DA REPRESENTACIÓN: VISTAS ORTOGONAIS
- Norma UNE-EN ISO 5456-2:2020 sobre representacións ortográficas
- Norma UNE-EN ISO 128-1:2020 sobre principios xerais de representación
- Denominación e disposición das vistas: métodos e símbolos que os representan
- Criterios de elección das vistas
- Interpretación e medición de modelos en perspectiva isométrica
- Liñas normalizadas
- Vistas particulares. Vistas auxiliares simples e dobres.
- Vistas interrompidas, parciais, locais e detalles.
- Outros convenios: partes contiguas. Interseccións ficticias. Representación simplificada de interseccións. Caras planas. Vistas simétricas. Elementos repetitivos. Detalles ampliados. Contornos primitivos. Elementos roscados.
10. VISTAS SECCIONADAS
- Cortes, seccións e roturas. Conceptos. Utilidade
- Raiados
- Xeneralidades sobre os cortes
- Corte total por un plano
- Corte total por varios planos: a) Planos paralelos desprazados; b) Planos sucesivos; c) Planos concorrentes xirados
- Medio corte ou corte ao cuarto. Rotura
- Simplificacións que afectan os cortes
- Seccións abatidas con e sen desprazamento. Seccións sucesivas
11. ACOUTAMENTO
- Concepto, definicións e aplicación. Norma UNE-EN ISO 129-1:2019
- Elementos de acoutamento: liñas auxiliares, liñas de cota, liñas de referencia, extremos e símbolos
- Regras de presentación das cotas
- Modos de organización das cotas
- Acoutamento de elementos especiais: círculos, raios, arcos, esferas, cadrados, chafrans, etc.
- Tolerancias dimensionais
- Acoutamento en axonometría.
Bloque IV - Manexo básico dun programa de debuxo con ordenador
12. INICIACIÓN, CONTORNO E UTILIDADES
- Gráficos por ordenador
- Pantalla do programa
- Introdución de comandos. Anulación e rectificación de ordes
- Introdución de datos. Coordenadas.
- Xestión dos debuxos. Debuxo patrón
- Formato de unidades
- Referencia a obxectos. Filtros de coordenadas
13. COMANDOS BÁSICOS PARA EMPEZAR A DEBUXAR
- Debuxo de liñas e circunferencias
- Borrado, desprazamento e copia
- Recortado e alongamento
- Encadre e zum básicos
- Forzado do cursor, grella, orto e rastrexo polar
14. PROPIEDADES DOS OBXECTOS
- Propiedades dos obxectos
- Capas. Xestión de capas
- Cores
- Tipos de liña. Escala dos tipos de liña
- Grosor
- Cambio de propiedades
15. TEXTOS
- Proceso para a escritura de textos
- Definición do estilo de texto
- Textos de liñas soltas
- Parágrafos
- Modificación de textos
16. PRESENTACIÓNS
- Espazo modelo e espazo papel
- Creación de presentacións
- Configuración da páxina
- Ventás gráficas
- Manexo da escala. Bloqueo da escala
- Control das capas nas presentacións
- Introdución ó trazado
17. COMANDOS DE DEBUXO
- Elementos lineais: liñas, polilíñas, liñas auxiliares e radiacións
- Polígonos, rectángulos
- Circunferencias e arcos
- Elipses e arcos elípticos
- Recheo con patróns de sombreado
- Outros comandos de debuxo: puntos, liñas múltiples, coroas circulares recheas, curvas splines e liñas a man alzada, nubes de revisión, coberturas e rexións
18. COMANDOS DE MODIFICACIÓN
- Selección de obxectos
- Desprazamento rotación e aliñación
- Copias. copia equidistante, matriz, copia simétrica
- Achafranado e redondeo de interseccións
- Axuste do tamaño e estiramento
- Recortar e partir
- Dividir e graduar
- Descomposición e unión
- Modificación de poliliñas
- Modificación doutros obxectos
19. CONSULTAS E CONTROL DA VISUALIZACIÓN.
- Obtención de axuda e información
- Distancias, áreas e localización de puntos
- Redebuxado e rexeneración
- Encadre e zum
- Subdivisión da pantalla en espazo modelo
- Vistas
20. ACOUTAMENTO CO PROGRAMA
- A norma UNE de acoutamento
- Terminoloxía específica do programa
- Variables e estilos de acoutamento
- Creación de cotas. Tipos
- Modificación das cotas
21. GRUPOS, BLOQUES E ATRIBUTOS
- Grupos
- Bloques. Creación de bloques.
- Inserción de bloques. Redefinición
- Atributos. Creación de bloques con atributos
22. TRAZADO E PUBLICACIÓN
- Introdución ao trazado e á publicación
- Configuración das presentacións para o seu trazado
- Tamaño e orientación do papel
- Escala de impresión: impresión desde a ficha modelo e desde unha presentación. Diferenzas
- Definición de táboas de estilo de trazado: estilos dependentes da color e estilos gardados
- Previsualización
- Creación de debuxos electrónicos. Publicación de arquivos DWF. Visores.
- Inserción de debuxos noutras aplicacións. Impresión en formatos PDF, JPG e EPS.
23. INTRODUCCIÓN Ó MODELADO 3D
- Creación de sólidos básicos. Extrusión. Rotación.
- Operacións de modificación: operacións buleanas, gizmos de xiro, escala e desprazamento. Estampación e cortes
- Xeración automática de vistas ortogonais. Aliñación das vistas
- Introdución ó programa SketchUp
PROGRAMA DA PARTE PRÁCTICA:
Práctica 1: Resolución de tanxencias con CAD. Aplicación ao debuxo de cabezáis de tanques.
Práctica 2: Inserción de imaxes e táboas en CAD. Creación e inserción de bloques. Aplicación á elaboración do plano dun diagrama de fluxo da industria química.
Práctica 3: Aplicación dos cambios de plano á obtención de vistas auxiliares dobres.
Práctica 4: Introdución ao modelado 3D con CAD dunha peza mecánica e obtención automática de proxeccións ortogonais e isométricas. Preparación da documentación gráfica derivada.
Práctica 5: Debuxo a man alzada. Esbozo de perspectivas e vistas.
Práctica 6: Representacións axonométricas á partir da lectura de vistas diédricas.
Práctica 7-Representación de cortes e acoutamento.
Práctica 8-Realización do plano dunha peza mecánica complexa: vistas ortogonais e parciais, debuxo isométrico, acoutamento. Preparación da presentación do plano con varias ventás gráficas. Xestión das escalas e as capas nas ventás gráficas.
Bibliografía básica:
GIMÉNEZ PERIS, Vicente, 2007. Diédrico Directo Tomo I: Teoría y 190 ejercicios de aplicación. Madrid: Autor. ISBN: 84-612-0780-7. Dispoñible na biblioteca da ETSE: A050 47.
RAMOS BARBERO, Basilio e Esteban GARCÍA MATÉ, 2016. Dibujo Técnico. 3ª edición. Madrid: AENOR.. ISBN 978-84-17891-23-7 (versión PDF); ISBN 978-84-8143-918-2 (versión impresa). Dispoñible na biblioteca da ETSE: A050 43.
GONZALO GONZALO, Joaquín, 2007. Sistema Diédrico Directo. 2ª edición. San Sebastián: Donostiarra. ISBN: 978-84-7063-380-5. Dispoñible na biblioteca da ETSE: A050 36.
Bibliografía complementaria:
FERNÁNDEZ SAN ELÍAS, Gaspar, 2004. Prácticas de dibujo técnico 6: Vistas y visualización de formas, ESO, Bachillerato y ciclos formativos. San Sebastián: Donostiarra. ISBN: 84-7063-315-5. Dispoñible na biblioteca da ETSE: A050 38.
BERTRAN I GUASP, Josep, 2005. Sistema diédrico directo. San Sebastián: Donostiarra. ISBN: 84-7063-197-7. Dispoñible na biblioteca da ETSE: A050 44.
FÉLEZ, J. MARTÍNEZ, M.L., 1995. Dibujo Industrial. Madrid: Síntesis. ISBN: 84-7738-331-6. Dispoñible na biblioteca da ETSE: A050 42.
SPECK, H. J. e V. VIEIRA PEIXOTO, 2016. Manual básico de desenho técnico. Florianápolis, Brasil. ISBN: 9788532807823.
BERTOLINE, G.R. et al., 2009. Technical Graphics Communication.4th edition. Boston: McGrawHill, 2009. ISBN: 987-0-07-312837-5
SÁNCHEZ GALLEGO, J.A., 1996. Geometría descriptiva: Sistemas de proyección cilíndrica. Barcelona: Edicións UPC. ISBN: 84-8301-022-4.
Apuntes de AutoCAD elaborados polos profesores da Área de Expresión Gráfica. Están dispoñibles para a descarga no Campus Virtual.
MONTAÑO DE LA CRUZ, F., 2017. Autocad. Madrid: Anaya. ISBN: 9788441539426.
CALLE, J., 2014. SketchUp Pro: Manual básico. Íscar Software de Arquitectura. ISBN: 978-84-617-2019-4. Dispoñible na biblioteca da ETSE: A050 45.
Material de autoaprendizaxe de SketchUp. En https://learn.sketchup.com/collections?page=2
A materia contribúe a acadar as seguintes competencias:
- Competencias específicas básicas.
FB5.- Capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de xeometría métrica e xeometría descritiva, como mediante as aplicacións de deseño asistido por ordenador.
- Competencias básicas e xerais.
CB5.- Que os estudantes desenvolvan as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG6.- Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
- Competencias transversais.
CT2.- Capacidade de organizar e planificar
CT4.- Habilidades para o uso e desenvolvemento de aplicacións informáticas
CT15.- Motivación por a calidade
CT17.- Creatividade
CT19.- Aprendizaxe autónoma
Materia sen docencia presencial
Poñerase a disposición do alumnado na Aula Virtual da materia o programa detallado, a bibliografía básica e complementaria e o material docente do último curso con dereito a docencia (2024-25).
A única metodoloxía docente que ten cabida nun contexto dunha materia en extinción (sen dereito a docencia) son as titorías individuais, que están orientadas á resolución de dúbidas e dificultades concretas de carácter teórico, conceptual e/ou práctico, prestando unha atención individualizada á alumna ou ao alumno que o necesite. A aula virtual inclúe un apartado específico coa información relevante sobre ás titorías.
As titorías requirirán cita previa e serán fundamentalmente de carácter presencial, se ben, eventualmente, poderán realizarse de xeito virtual, empregando a ferramenta MS-Teams.
A cualificación basearase no resultado dun exame final.
AVALIACIÓN DO EXAME FINAL
A avaliación do exame final (F) consistirá na execución de 4 probas, unha sobre conceptos e tres de resolución de exercicios prácticos. Cada proba cualifícase de 0 a 10 puntos e deberá acadarse unha nota maior ou igual a 4 puntos en cada unha das probas. A cualificación será a media das catro, sempre que todas obteñan ou superen a nota mínima. Avalía a adquisición das competencias FB5, CB5, CG6, CT2, CT4, CT15, CT17 e CT19.
Para aprobar a materia será preciso acadar unha nota igual ou superior a 5 no exame final. F>=5
O sistema de avaliación será o mesmo nas dúas oportunidades da convocatoria.
AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE
O método de avaliación e as condicións previas para presentarse ó exame son as mesmas que para os alumnos da primeira oportunidade.
AVALIACIÓN DA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
O método de avaliación e as condicións previas para presentarse ao exame son as mesmas que para os alumnos das convocatorias ordinarias.
REVISIÓN DE EXAMES
Para a revisión de exames establecerase un horario segundo o establecido pola normativa vixente da universidade. Nestas sesións os alumnos terán acceso aos seus exames corrixidos e cualificados e os criterios de cualificación empregados.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Pablo Nuñez Otero
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Expresión Gráfica da Enxeñaría
- Correo electrónico
- pablo.nunez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
20.01.2026 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula A10 |
19.05.2026 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula A3 |
19.05.2026 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula A4 |
26.06.2026 16:00-20:30 | Grupo de exame | Aula A1 |