Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 90 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 45 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Área externa Grao en Paisaxe, Expresión Gráfica da Enxeñaría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Aportar rigor xeométrico á representación é a análise do entorno, sen esquecer que o proceso creativo se basea fundamentalmente na capacidade racional de percepción do espazo.
-Capacidade de imaxinación e lectura espacial, tanto para que o alumno poda imaxinarse no espazo un obxecto representado no plano, como para que poida representar no plano o previamente imaxinado no espazo, e dicir, estimular a aprehensión espacial ou o "ver no espazo".
-Estudo dos diferentes Sistemas de Representación gráfica de aplicación no campo paisaxístico, a partir dos seus fundamentos teóricos, cun profundamento diferenciado en función da súa operatividade, baseándose na selección do sistema máis adecuado en cada caso concreto.
-Capacidade para aplicar os sistemas de representación gráfica. Capacidade para manexar os sistemas de proxección e corte. Capacidade para manexar os aspectos cuantitativos e selectivos da escala. Capacidade para establecer a relación entre o plano e a profundidade.
-Coñecemento e comprensión dos sistemas de representación espacial e a súa relación cos procedementos de ideación gráfica e de expresión visual das distintas fases do deseño paisaxístico. Comprensión da xeometría métrica e proxectiva como fundamentos do trazado, deseño e composición.
-Desenvolvemento da expresividade mediante proxeccións intencionadas, perspectivas, trazado de sombras, teoría do claroescuro e soleamento, útiles nos ámbitos da formación paisaxística.
-Capacidade para concebir e representar a paisaxe, a cor, a textura, a luminosidade e dominar a proporción dos obxectos.
BLOQUE I: SISTEMAS DE REPRESENTACIÓN
Introdución e xeneralidades dos principais sistemas de representación.
Introdución aos sistemas de proxección paralela: diédrico, axonométrico e acoutado.
Introdución á perspectiva lineal.
BLOQUE II: TÉCNICAS DE REPRESENTACION
Introdución e xeneralidades:
Concepto de escala.
Representación de plantas, alzados e seccións.
Convencións gráficas.
Introdución ao debuxo a man alzada.
Técnicas gráficas analóxicas I.
Técnicas gráficas dixitais I.
BLOQUE III: APLICACIÓNS
Aplicación dos sistemas e as técnicas de representación ao estudo, análise e proxecto da paisaxe.
Casos de estudo I
Estes contidos estruturanse no seguinte temario:
PARTE TEÓRICA:
Tema 1. INTRODUCIÓN AOS PRINCIPAIS SISTEMAS DE REPRESENTACIÓN
-Obxectivo e condición fundamental dos Sistemas de Representación.
-A proxección. Tipos e invariantes
-Sistemas de representación: clasificación, fundamentos e uso.
(Horas presenciais 1; horas non presenciais 1)
Tema 2. SISTEMA DIÉDRICO
-Representación do punto, a recta e o plano. Posicións singulares e condicións de pertenza.
-Interseccións, paralelismo, perpendicularidade e distancias.
-Operacións diédricas: Abatementos, cambios de plano e xiros.
-Representación de corpos. Vistas e cortes. Sistemas do primeiro e terceiro diedro.
(Horas presenciais 3; horas non presenciais 2)
Tema 3. SISTEMA ACOUTADO
-Fundamentos. Representación do punto, a recta e o plano. Módulo e pendente. Condicións de pertenza.
-Interseccións, paralelismo, perpendicularidade e distancias.
-Representacións de terreos. Superifice topográfica. Curvas de nivel. Liña de máxima pendente. Formas do terreo.
-Interseccións de rectas e planos con superficies topográficas. Perfís e panorámicas.
-Modificacións nos terreos. Explanacións. Planos de planta de plataformas e camiños. Perfís lonxitudinais e transversais.
(Horas presenciais 4; horas non presenciais 2)
TEMA 4. SISTEMA AXONOMÉTRICO
-Concepto de sistema.
-Proxeccións ortogonais e oblicuas.
-Deseños axonométricos.
-Axonometrias ortogonais: isometría, dimetría, trimetría.
-Axonometría oblicua. Teorema de Pohlke-Schwarrz.
(Horas presenciais 2; horas non presenciais 0)
TEMA 5. PERSPECTIVA LINEAL
-Concepto de sistema. Vocabulario básico.
-Representación da liña.
-Representación do plano.
-Aproximación histórica: a súa relación cos pintores.
-Procedementos de clasificación e implementación.
-Desenvolvemento dos diferentes métodos de realización.
(Horas presenciais 2; horas non presenciais 1)
TEMA 6. TÉCNICAS GRÁFICAS APLICADAS A SISTEMAS DE REPRESENTACIÓN
-Avaliación tonal. A delimitación de valores.
-Planificación da perspectiva, composición e valores tonais.
-Elementos da teoría do claroscuro.
-Sombras e avaliación tonal.
(Horas presenciais 1; horas non presenciais 1)
TEMA 7. TEORÍA E USO DA COR
-Edicións anteriores. A luz e a cor.
-Teoría da cor. Terminoloxía
-Tres aspectos esenciais da cor: tonalidade, claridade (luminosidade) e saturación.
-Sistemas de representación de cores.
-Os parámetros psicofísicos da cor.
-Balance cromático.
-Cores e mesturas.
(Horas presenciais 1; horas non presenciais 0)
TEMA 8. REALIZACIÓN DUN DEBUXO
-Secuencia de debuxos.
-Elementos duros.
-Elementos brandos.
-Textura
(Horas presenciais 1; horas non presenciais 0)
PARTE PRÁCTICA
Está diferenciada en dous bloques:
BLOQUE 1-SISTEMAS DE MEDIDA
Práctica 1.1-Diédrico: punto, recta e plano
Práctica 1.2-Diédrico: interseccións
Práctica 1.3-Diédrico: paralelismo, perpendicularidade e distancias
Práctica 1.4-Diédrico: abatementos, cambios de plano e xiros
Práctica 1.5-Diédrico: representación de corpos 1
Práctica 1.6-Diédrico: representación de corpos 2
Práctica 1.7-Acoutado: punto, recta e plano
Práctica 1.8-Acoutado: interseccións, paralelismo, perpendicularidade e distancias
Práctica 1.9-Acoutado: representación do terreo
Práctica 1.10-Acoutado: interseccións de rectas e planos co terreo
Práctica 1.11-Acoutado: explanacións e perfís 1
Práctica 1.12-Acoutado: explanacións e perfís 2
(Horas presenciais 22. Horas non presenciais 41)
BLOQUE 2-PERSPECTIVAS, SOMBRA E COR
Práctica 2.1-Axonométrico 1
Práctica 2.2-Axonométrico 2
Práctica 2.3-Perspectiva lineal 1
Práctica 2.4-Perspectiva lineal 2
Práctica 2.5-Sombras 1
Práctica 2.6-Sombras 2
Práctica 2.7-Cor 1
Práctica 2.8-Cor 2
(Horas presenciais 23. Horas non presenciais 42)
Bibliografía básica:
-Gimenez Peris, V. 2007.Diédrico Directo. Tomo I: Teoría y 190 ejercicios de aplicación. MadridTipografía Mazuelos. ISBN: 978-84-612-0413-7.
-Collado, V. 1988. Sistema de Planos Acotados: Sus aplicaciones a la Ingeniería. Tébar Flores.ISBN: 9788473600873
-Albers, J. 2009. Interaction of Color. New Complete Edition. Yale U P - 978-0-300-14693-6
-De Grandis. 1985.. Teoría y Uso del Color. Ediciones Cátedra.
-Franco Taboada, J. A. 2011. Geometria descriptiva para la representación arquitectónica. Fundamentos. Andavira. ISBN: 9788484086260
-Uddin. M. S. 2000. Dibujo Axonométrico: Guía de diseño, interpretación y construcción en 3D. McGraw-Hill. ISBN: 9789701026922
-González Cuasante, J.M. 2005. Introducción al color. AKAL - ISBN 9788446009269
-Hutchison, E. 2019. El dibujo en el proyecto del paisaje. 2º ed. GG Barcelona - ISBN 9788425231889
-López Candeira. 1980. La Escena Urbana. Análisis y evolución. MOPU - ISBN 84-7433-113-7
Bibliografía complementaria:
-Moreno Rivero, T. 1996. El Color. Historia, teoría y aplicaciones. Ariel - ISBN 9788434465848
-Navarro de Zuvillaga, J. 2008. Forma y Representación: Un análisis geométrico.. AKAL - ISBN 9788446020189
-Vidal Alamar, M. D. 2007. Perspectiva artística. UPV - ISBN 9788483631812
-Wilk, S. 2014. Drawing for Landscape Architects. DOM - ISBN 978-3-86922-344-5
-VV AA. 2019. Guia completa de dibujo. Blume - ISBN 978-84-17254-89-6
COMPETENCIAS BÁSICAS:
CB1-Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguarda do seu campo de estudo.
CB2-Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3-Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4-Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5-Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
COMPETENCIAS XERAIS:
CG2-Coñecer os sistemas de información e representación da paisaxe.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
CT1-Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. Capacidade de análise e síntese. Capacidade para o razoamento e a argumentación. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT2-Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao ancho da súa vida. Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC). Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada. Utilización de información bibliográfica e da internet.
CT3-Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero. Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT4-Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
CT5-Estimular a capacidade para traballar en equipos interdisciplinares o transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
CT6-Capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos. Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT7-Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
CT8-Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
CE01-Aptitude para aplicar os procedementos gráficos á representación de espazos e obxectos.
CE02-Aptitude para concibir e representar os atributos visuais dos obxectos e dominar a proporción e as técnicas do debuxo incluída a informática.
CE03-Coñecemento adecuado e aplicado á paisaxe dos sistemas de representación espacial e fotográfica.
CE04-Coñecemento adecuado e aplicado á paisaxe da análise e teoría da forma e as leis da percepción visual.
A docencia presencial será expositiva e interactiva:
Sesións maxistrais: Esta primeira metodoloxía desenvolve as bases de coñecemento da materia que se especifican nos Contidos. Nestas clases os estudantes deben ter unha aptitude activa seguindo as explicacións do profesorado no encerado, proxeccións en pantalla e sistemas informáticos (TIC). O estudante tomará notas e fará preguntas sobre os temas expostos. O obxectivo é proporcionar os conceptos e as ferramentas necesarias para a súa comprensión desde unha perspectiva na que a paisaxe está sempre presente. Competencias que se traballan: CG2, CT5, CT6, CE01, CE02, CB4
Obradoiros: Nesta segunda metodoloxía o estudante participa activamente no proceso de aprendizaxe, enfrontando a necesidade de experimentar todo o coñecemento presentado nas sesións maxistrais, que debe ser aplicado. Formúlanse dous tipos de exercicios, que se resolven principalmente a man, e que o estudante debe desenvolver de forma individual:
1.- Práctica de debuxo semanal presencial, cunha duración variable de entre unha a tres horas e que se recollerá ao final da clase para a súa avaliación, quedando nalgún caso exercicios pendentes para o traballo autónomo e posterior entrega para complementar esa avaliación.
2.- Na parte II da materia, práctica de curso na que se realizará un traballo de representación nunha contorna paisaxística a especificar. Cada semana e nun espazo variable dunha a dúas horas, o estudante traballará e corrixirá o progreso deste traballo tutorizado que tamén se desenvolverá de forma autónoma nas horas asignadas na programación da materia.
Competencias que se traballan: CE01, CE02, CE03, CE04, CB1, CB2, CB4, CB5, CG2.
Campus virtual: Complementa ás clases presenciais. A páxina da materia vaise actualizando a medida que avanza o programa reflectindo puntualmente os temas e actividades de cada sesión, con enlaces aos materiais utilizados que o estudantado pode descargar. Algúns dos temas impartiranse co método de clase invertida, e o estudante accederá ós materiais audiovisuais que deberá estudar antes da clase. Competencias que se traballan: CT2, CT4, CT6, CG2.
Titorías personalizadas: O estudantado pode solicitar consultas individuais co profesorado tanto sobre o contido das sesións maxistrais como sobre as prácticas semanais e o traballo do curso ou para calquera outra cuestión relacionada coa materia. Estas consultas pódense realizar de forma presencial, nos horarios de titoría establecidos, por correo electrónico ou de forma remota a través da plataforma MS Teams. Competencias que se traballan: CG2, CB2, CB3, CB5, CT4, CT6, CE01.
A materia consta de dúas partes diferenciadas, avaliadas por separado:
-Parte I: Temas 1, 2 e 3 e bloque 1 de prácticas.
-Parte II: Temas 4, 5, 6, 7 e 8 e bloque 2 de prácticas.
Sistema de avaliación da PARTE I:
AVALIACIÓN CONTÍNUA
Consta das partes AC1 e AC2:
AC1-Asistencia e participación do estudantado nas actividades da aula. Supón o 20 % da cualificación.
-A asistencia a clase controlarase co obxectivo de fomentar a capacidade de traballo e a aprendizaxe continua.
-Para superar a materia, será condición indispensable unha asistencia mínima do 80% das horas de clase (teóricas e prácticas).
-O estudantado que teña asistido de forma activa por riba dese 80% das clases poderá recibir unha valoración máxima dun 10, obtendo por tanto unha puntuación como máximo de 10x0,20 = 2 puntos, que se engadirán na nota final ás outras dúas compoñentes da cualificación (exame e traballos entregados).
-Esta puntuación variará proporcionalmente á asistencia, sendo 1 para un 80% e 2 para un 100% da mesma.
Competencias avaliadas: CB4, CT4.
AC2-Traballos entregados. Supón o 40% da cualificación
-O profesorado proporá exercicios prácticos, que o alumno terá que resolver nas clases prácticas e de forma autónoma e entregar nas datas sinaladas. A súa entrega é obrigatoria, e de non facerse, levará aparellado un 0 na súa cualificación individual.
-Perséguese o seguimento da progresión do alumno, sobre todo do desenvolvemento da visión espacial e do afondamento no grao de abstracción que a representación gráfica a través dos sistemas de representación leva consigo.
-Avaliarase tanto o traballo presentado como a súa progresión.
-Os traballos cualificaranse de forma individual e obterase a súa media aritmética. Esta nota multiplicada polo coeficiente establecido permitirá obter como máximo unha puntuación de 10x0,4 = 4 puntos, que se sumará ás outras variables avaliadas (exame final e asistencia e participación)
Competencias avaliadas: CB1, CB2, CT5, CT6, CG2, CE01, CE02.
EXAME FINAL
Ten carácter complementario da avaliación continua. Constitúe o 40 % da cualificación final.
Consta dunha proba final gráfica que se celebrará na data fixada oficialmente pola Universidade e abarcará a totalidade do programa desta parte I.
O exame divídese en dous bloques cualificados sobre 10 puntos: o de Diédrico e o de Planos Acoutados. Para poder aprobar esta parte I deberá obterse un mínimo de 3 puntos sobre os 10 en cada un dos bloques. A cualificación do exame final F será a media dos dous bloques.
Competencias avaliadas: CE01, CE02, CB1, CB2, CB3, CB4 e CB5.
En resumo, a Parte I considérase aprobada se se cumpren as dúas condicións seguintes:
a) Cada bloque do exame final acada unha cualificación mínima de 3 puntos sobre os 10 dese bloque, e
b) A cualificación final, resultado da combinación das cualificacións da avaliación contínua e do exame final coas súas correspondentes porcentaxes, 0,2 x AC1 + 0,4 x AC2 + 0,4 x F, é maior ou igual a 5 puntos.
EXAME DE SEGUNDA OPORTUNIDADE
Celebrarase na data fixada pola Universidade. A forma de cualificación e esixencia serán as mesmas que na primeira oportunidade, manténdose na obtención da nota final, tanto a correspondente á asistencia e participación como a correspondente aos traballos presentados.
ESTUDANTADO REPETIDOR
Non se contemplan condicións especiais para o estudantado repetidor.
ASISTENCIA A CLASE
A asistencia a clase é obrigatoria, tanto ás clases teóricas como ás prácticas. Para superar a materia esixirase a asistencia activa a un mínimo do 80 % das clases (teóricas e prácticas), tras a consideración das faltas debidamente xustificadas (dacordo co “Regulamento de asistencia a clase” da USC). O incumprimento desta condición impedirá a superación da materia tanto na oportunidade ordinaria do semestre, como no exame de segunda oportunidade. Só quedaría fora desta esixencia o estudantado non matriculado por primeira vez se xa cumpriu ese requisito nunha anterior matrícula.
DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE
O estudantado que teña concedida unha dispensa de asistencia pola Comisión de Título segundo o disposto no “Regulamento de asistencia a clase”, para ser avaliado, terá que facer o exame final (na súa primeira ou segunda oportunidade), tendo que facer tamén as prácticas propostas pola súa conta, co apoio das titorías, para un posterior envío e corrección por parte do profesor (que lle axude a ir adquirindo as competencias relacionadas coa materia). Este traballo autónomo, que non precisaría da asistencia regular a clase, xunto coa nota do exame, estarían suxeitos ao mesmo sistema de avaliación descrito para os casos anteriores, salvo que neste suposto, ao non haber asistencia e participación nas clases, o 20% da nota correspondente a este criterio sumaríase ao 40% marcado para as prácticas, que agora suporían o 60% da cualificación final. En calquera caso, estas consideracións permitiranlle acadar a mesma puntuación que ao resto do estudantado.
Sistema de avaliación da PARTE II:
AVALIACIÓN CONTÍNUA
SESIÓN MAXISTRAL. Supón o 20 % da cualificación
A asistencia ás clases controlarase, pasando a lista, ao comezo da mesma co obxectivo de promover a capacidade de traballo e a aprendizaxe continua. Asistencia mínima a clases magistrales: 80%
Competencias avaliadas: CE03, CE04, CG2, CT4, CT5, CT6 e CT7.
OBRADOIRO. Supón o 80 % da cualificación
O profesor propoñerá os exercicios prácticos que o alumno terá que resolver na clase e rematar o completar en casa.
A busca da progresión cognitiva do alumno persegue en todo o desenvolvemento da visión espacial e no afondamento do grao de abstracción da representación gráfica a través dos principales sistemas de representación. Avalíase o traballo presentado, a progresión, evolución e interacción co grupo.
Haberá unha data final de entrega das prácticas de curso. Independentemente o profesor pode fixar entregas intermedias. As prácticas deberán entregarse nas datas propostas.
Para aprobar por curso os alumnos deberán superar cunha calificación mínima de 5, el 80% de todas as practicas propostas (presenciais e global) entregadas en fecha e forma. cunha media porcentual de todas as notas igual ou superior a 5 sobre 10.
Competencias avaliadas: CE01, CE02, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT1, CT2, CT3 e CT8.
As porcentaxes para a obtención da cualificación son: 50% das prácticas presenciais; 30% de la práctica global formulada durante o curso e tutorada semanalmente; e 20% dos apuntes propios elaborados e ampliados a partir das clases expositivas.
NON se propón unha proba final gráfica. Os alumnos que NON superaran por curso os obxectivos mínimos marcados, deberán REFACER as practicas propostas ao longo do curso para poder alcanzar ese MÍNIMO ESIXIBLE, (que coincidirán EN ENTREGA coa fecha fixada pola universidade en segunda oportunidade). A repetición de practicas, segundo criterio do profesor servirá para comprobar a nivel adquirido en relación ás competencias específicas reseñadas de conocimiento dos sistemas e técnicas de representación gráfica polos métodos tradicionais de xeometría métrica e xeometría descritiva; valorando a capacidade para a preparación previa, concepción e redación de proxectos.
ASISTENCIA A CLASE
Para poder optar á avaliación (en primeira y segunda oportunidade) os alumnos terán que asistir ao 80% das clases presenciais e entregar A TOTALIDADE das practicas propostas, en data e forma, así como os apuntes PROPIOS elaborados a partir das clases expositivas e a bibliografía indicada. Para poder optar á SEGUNDA OPORTUNIDADE os alumnos cumplirán os requisitos establecidos na primeira oportunidade salvo xustificación médica.
CUALIFICACIÓN FINAL DO CURSO
Para aprobar a materia deberán superarse as PA RTES I e II da materia. A cualificación final será a media destas dúas partes.
FRAUDE ACADÉMICO
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
-Docencia expositiva: 15 horas presenciais e 5 horas non presenciais
-Docencia interactiva: 45 horas presenciais e 83 horas non presenciais
-Atención personalizada: 2 horas non presenciais
Total horas presenciais: 60
Total horas non presenciais: 90
Considérase de especial importancia o seguimento da materia desde o inicio do curso. O retraso na asimilación dos primeiros temas, especialmente os de introdución aos distintos sistemas, imposibilita o entendemento dos sucesivos.
Recoméndase a dedicación semanal e constancia, o traballo en grupo e a relación con outros compañeiros.
A docencia impártese en galego e en castelán.
Para a resolución dos exercicios prácticos en papel, na aula de debuxo ou de xeito autónomo, o estudantado precisará como mínimo o seguinte material de debuxo:
* Portaminas clásico (2 mm) ou retráctil (0,5 mm) con mina media (F ou HB).
* Compás articulado, con rosca e minas da mesma dureza que o portaminas.
* Afíaminas (para as minas de 2mm) e rasqueta ou lixa (para a mina do compás).
* Goma de borrar lapis, branca e con forro.
* Escuadra e cartabón de 25 ou 30 cm, sen bisel nin graduación.
* Escalímetro (recomendado coas escalas 1:100, 1:200, 1:250, 1:300, 1:400 e 1:500).
* Cinta adhesiva transparente normal.
Coa finalidade de favorecer a atención do estudantado ás explicacións dadas polo profesorado, e ante a crecente utilización inoportuna nas aulas destes aparellos, recóllese nesta Guía a prohibición do emprego de teléfonos móbiles e tabletas para uso particular durante o desenvolvemento das sesións (salvo que o seu emprego esté directamente relacionado cos contidos impartidos e sempre baixo a supervisión do profesorado).
Así pois, esixirase ao estudantado que manteña apagados (ou inactivados) e gardados a bo recaudo estes dispositivos durante as clases, poidendo ser expulsado se non cumpre este requeremento.
Francisco Javier Lopez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Expresión Gráfica da Enxeñaría
- Teléfono
- Ext.23211
- Correo electrónico
- franciscojavier.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Colaborador
Luis Hermida Gonzalez
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa Grao en Paisaxe
- Correo electrónico
- luis.hermida [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesor/a área externa
Carlos Losada Pérez
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa Grao en Paisaxe
- Categoría
- Profesor/a área externa