Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Electrónica
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo da materia é introducir todos os conceptos necesarios para implementar sistemas automatizados que poidan orientarse tanto ao control de robots como de procesos industriais.
Os contidos desta materia están encamiñados a proporcionar unha introdución á automatización dende unha perspectiva práctica:
• Introdución á automatización de tarefas.
• Elementos para a automatización.
• O autómata programable ou PLC.
• Programación de PLC.
• Mando ou control secuencial.
• Implementación de GRAFCET en PLC.
• Actuadores hidráulicos e neumáticos.
• Sistemas de visualización e supervisión de procesos.
Estes contidos desenvólvense de acordo á seguinte estrutura, onde se indica unha estimación do número de horas presenciais (HP) e das horas non presenciais (HNP):
Contido teórico:
1. Niveis e compoñentes dun sistema de automatización. (2 HP + 3 HNP)
2. Funcionamento dun PLC (3 HP + 6 HNP )
3. Linguaxes básicos de programación de PLCs (LD, FBD, IL y ST) (6 HP + 10 HNP )
4. Técnicas de programación de PLCs, diagramas secuenciais (Grafcet-SFC) e guía GEMMA. (6 HP + 10 HNP)
5. Sensores e actuadores. (4 HP + 6 HNP )
6. Interfaces de E/S. (2 HP + 3 HNP)
7. Interfaces Persoa-Controlador (1 HP + 2 HNP)
Sesións interactivas:
As sesións interactivas desenvolveranse en sesións de 2 horas, sumando un total de 24 h de asistencia presencial e 32 h non presenciais. A asistencia ás sesións de laboratorio é obrigatoria e é requisito imprescindible para poder superar a materia.
Os contidos a desenvolver durante as sesións interactivas serán:
1. Deseño e montaxe de automatización de procesos (4 HP – 5 HNP).
2. Programación e simulación de PLCs (6 HP – 8 HNP).
3. Programación e simulación de HMIs (4 HP – 6 HNP).
4. Programación e automatización de procesos secuenciais (8 HP + 12 HNP).
Bibliografía Básica:
• MANDADO PEREZ, Enrique [et. al.] Sistemas de automatización y autómatas programables, Marcombo, 2018.
• BALCELLS, Josep y ROMERAL, José Luís. Autómatas programables. Ed. Marcombo (2009).
• CEMBRANOS NISTAL, Florencio Jesús, Automatismos eléctricos, neumáticos e hidraúlicos, Paraninfo, Madrid, 2008.
• PECIÑA, Luis. Programación de controladores avanzados SIMATIC S7-1500 con TIA Portal, AWL/KOP y SCL.Ed. Marcombo. 2019.
•OJEDA, Francisco. Automatización con GRAFCET y Autómata Programable Problemas Resueltos, AWL/KOP y SCL. Ed. RA-MA.
• YUSTE, Ramón. Autómatas programables Siemens con GRAFCET y Guía GEMMA con TIA PORTAL. MARCOMBO. 2017.
• LÓPEZ, Miguel. Iniciación a la automatización mediante ejercicios prácticos. Marcombo. 2017.
Bibliografía complementaria:
• YUSTE, Ramón L.; GUERRERO, Vicente, Autómatas programables SIEMENS Grafcet y Guía Gemma con TIA Portal, Marcombo, 2017
• BRUNETE, Alberto; SAN SEGUNDO, Pablo y HERRERO, Rebeca. Introducción a la automatización industrial. https://bookdown.org/alberto_brunete/intro_automatica/
• Roberto; ROMERO PÉREZ, Julio Ariel; VICENT ARIÑO, Carlos. Automatización Industrial. Universitat Jaume I (2010). http://hdl.handle.net/10234/24182http://hdl.handle.net/10234/24182
• PONSA ASENSIO, Pere; VILANOVA I ARBÓS, Ramón. Automatización de procesos mediante la guía GEMMA. Ediciones UPC. 2005.
• GROOVER, Mikell P.. Automation, Production Systems, and Computer-Integrated Manufacturing. 4th Edition. Ed. Pearson.
• FRADEN, Jacob. Handbook of Modern Sensors. 5th Edition. Ed. Springer.
• BAILEY, David and WRIGHT, Edwin. Practical SCADA for Industry. Elsevier, 2003.
• PIEDRAFITA MORENO, Ramón, Ingeniería de la automatización industrial, Ra-Ma, Madrid, 2004.
Ao rematar con éxito esta materia, o alumnado será capaz de:
Coñecemento:
Con35. Coñecer o funcionamiento dun autómata programable.
Con36. Coñecer os distintos tipos de sensores e actuadores existentes para aplicacións robóticas e identificar os seus ámbitos de aplicación.
Con37. Coñecer os linguaxes de programación existentes para la programación de autómatas programables.
Destreza:
H/D36. Desenvolver aplicacións SCADA de supervisión de procesos.
H/D37. Implementar sistemas de control baseados en autómatas programables.
Competencia:
Comp11. Dominar a programación de autómatas no campo da robótica.
A materia consta tanto de contidos teóricos como prácticos. Nas sesións de teoría exporanse os contidos teóricos da materia co apoio de materiais multimedia e que se completarán coa realización de problemas. As prácticas consistirán no desenvolvemento e análise de automatismos. Para a realización das prácticas o alumnado disporá de guións que reflexarán os obxectivos, material e métodos. A realización das prácticas será obrigatoria.
Para o estudo da materia o alumnado disporá da bibliografía básica de materia, así como do material de apoio que empregue o profesor, ao que se poderá acceder dende o Campus Virtual da USC.
A avaliación da materia realizarase mediante as seguintes actividades:
- Un exame escrito final, que suporá un 50% da nota total. Esta proba constará dunha parte teórica e unha parte práctica de resolución de problemas. Será necesario acadar unha puntuación mínima no exame de 4 puntos sobre 10 para poder superar a materia.
- A avaliación do traballo práctico realizado polo alumnado no laboratorio suporá un 30% de la cualificación final. A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria. A ausencia non xustificada a dúas sesións prácticas supón a imposibilidade de superar a materia.
- Actividades de avaliación continua: un 15% da nota total virá dada polas actividades de avaliación continua propostas polo profesor durante o semestre.
- Participación nas sesións expositivas, titorías e actividades propostas: suporán un 5% da nota total da materia.
- Actividades voluntarias: Visita a unha ou varias instalacións industriais Proponse como actividade voluntaria unha práctica de campo que consistirá na visita dunha ou varias instalacións industriais que permita ilustrar os contidos da materia mediante a observación dunha planta industrial A actividade será avaliada a través dunha actividade relacionado coa visita. Esta actividade poderá supoñer un 5% adicional na cualificación final sempre que o/a alumno/a supere a materia.
Todo o alumnado ten dereito a asistir ao exame da segunda oportunidade. Se mantén a nota, e tamén o seu peso na nota final, obtida en cada unha das partes: traballo práctico e actividades de avaliación continua.
A asistencia ás prácticas será obrigatoria salvo causa xustificada. Non será posible a superación da materia salvo que se teña asistido como mínimo ao 80% das sesión prácticas. A non asistencia as mesmas impedirá a superación da materia tanto na oportunidade ordinaria como na segunda oportunidade.
Relación entre sistemas de avaliación e competencias avaliadas:
Actividades de avaliación continua, participación nas sesións expositivas, titorías e actividades e exame final: Con35, Con36, Con37, H/D37, Comp11.
Realización de prácticas: Con36, Con37, H/D36, H/D37, Comp11.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na ”Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”, que no seu artigo 16 indica:
A realización fraudulenta de algún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Se considerará fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
AVALIACIÓN DE ALUMNADO DE SEGUNDA MATRÍCULA
--------------------------------------------------------------------------
O alumnado de segunda matrícula que teña superadas as prácticas en convocatorias anteriores estará exento da súa realización. En canto ao exame final e o proceso de avaliación continua seguirán o mesmo proceso que o alumnado de primeira matrícula. A cualificación da parte práctica conservarase durante dous cursos académicos, transcorrido este período deberanse repetir as prácticas.
AVALIACIÓN DE ALUMNADO CON DISPENSA
------------------------------------------------------------
Os estudantes que teñan concedida a dispensa de asistencia pola Comisión de Título segundo o disposto no Regulamento de asistencia a clase, deben ter en conta que para aprobar a materia, o proceso de avaliación será o mesmo. Eximirase da asistencia ás clases expositivas, pero deberá realizar as prácticas de forma presencial.
Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala
A dedicación a actividades presencialas se organiza en:
- 24 horas de clases expositivas (asistencia recomendable)
- 24 horas de sesións interactivas (asistencia obrigatoria)
- 4 horas de titorías individuais (asistencia recomendable)
- 3 horas de titorías en grupos pequenos (asistencia recomendable)
- 5 horas de actividades de avaliación (asistencia obrigatoria)
Se contemplan ademais horas non presenciais:
- 40 horas revisión teoría e problemas (traballo individual)
- 32 horas preparación de sesións interactivas (traballo individual ou en pequenos grupos).
- 8 horas titorías (traballo individual ou en pequenos grupos)
- 10 horas preparación e revisión do exame final (traballo individual)
Esta distribución temporal sería suficiente para que o/a alumno/a promedio optase á máxima nota posible.
Debido á alta correlación existente entre os conceptos desenvoltos nas clases de teoría e os contidos das prácticas, recoméndase ao alumnado constancia no estudo da materia, acudindo ás sesións de prácticas cos conceptos xa revisados e traballados. A realización das prácticas supoñen un apoio importante para que os conceptos teóricos queden asentados e facilitarán a comprensión da materia. É recomendable que o alumnado teña superado as materias de Física I, Física II, Electrónica Dixital, Tecnoloxía Eléctrica e Mecanismos e Sensores.
Enrique Comesaña Figueroa
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Electrónica
- Teléfono
- 982823251
- Correo electrónico
- e.comesana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade