Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía Moral
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
01. Achegar os conceptos e categorías teóricas coas que se artellan as distintas visións as distintas visións sobre cidadanía, xustiza e democracia.
02. Afondar nas características e dimensións dos debates sobre cidadanía, xustiza e democracia.
03. Coñecer e resaltar o papel dos Dereitos Humanos na Filosofía Política a desenvolver no Século XXI.
1. Introdución: A cidadanía na teoría e na práctica das sociedades actuáis.
2. O concepto de cidadanía: Trazos e dimensións.
2.1. Dereitos, pertenza e participación.
2.2. Os enfoques comprensivo e normativo: que é e como debe ser un cidadán.
3. Cidadanía, liberalismo e democracia.
4. Cidadanía e Xustiza.
4.1. A cidadanía social.
4.2. Cidadanía, Xustiza e democracia.
5. Teorías da Xustiza social e política.
5.1. Dereitos, bens, recursos, capacidades.
5.2. Homoxeneidade cívica e diferenza. As demandas de recoñecemento de identidades diversas. Recoñecemento/redistribución. O debate do multiculturalismo.
6. Cidadanía, xustiza e democracia: inclusión/ exclusión.
6.1. A cidadania como estatus limitado: inclusión e exclusión cívica.
6.2. Modelos de democracia.
6.3. Xustiza global e Dereitos Humanos.
6.4. Cosmopolitismo e cidadania múltiple.
1. Bibliografía básica.
Aguila, R. del, et alia, La democracia en sus textos. Madrid, Alianza, 1998.
Fraser, N., Escalas de la justicia. Barcelona, Herder, 2008.
Fraisse, G., Los dos gobiernos: la famillia y la ciudad. Madrid, Cátedra/Feminismos, 2003.
Máiz, R. (Coord.), Teorías políticas contemporáneas. Valencia, Tirant lo blanch, 2009.
Young, I. M. La justicia y la política de la diferencia. Madrid, Cátedra, 2000.
2. Bibliografía complementaria.
Benhabib, S., Los derechos de los otros. Barcelona, Gedisa, 2005.
---Las reivindicaciones de la cultura. Buenos Aires, Katz, 2006.
Balibar, E., Ciudadanía. Buenos Aires, Adriana Hidalgo Editora, 2013.
De Francisco, A., Ciudadanía y democracia. Un enfoque republicano. Madrid, Los Libros de la Catarata, 2007.
Fraser, N., Dilemas de la justicia en el siglo XXI: género y globalización. Mª A. Carbonero/J. Valdivieso (eds.). Universitat de les Illes Balears, 2011.
---“Sobre la justicia”, en New Left Review, 74 (2012): 37-46.
Fraisse, G., Los dos gobiernos: la famillia y la ciudad. Madrid, Cátedra/Feminismos, 2003.
Kymlicka, W., La política vernácula. Barcelona, Paidós, 2003.
Máiz, R. (Coord.), Teorías políticas contemporáneas. Valencia, Tirant lo blanch, 2009.
Marshall, T. H./ Bottomore, T., Ciudadanía y clase social. Madrid, Alianza, 1998.
Nussbaum, M., Fronteras de la justicia: consideraciones sobre la exclusión. Barcelona, Paidós, 2007.
---Crear capacidades. Propuesta para el desarrollo humano. Barcelona, Paidós, 2011.
Peña, J., La ciudadanía hoy: problemas y propuestas. Valladolid, Universidad de Valladolid, 2000.
Pogge, Th., Hacer justicia a la humanidad. México, F.C.E., 2009.
Quesada, F. (Ed.), Ciudad y Ciudadanía. Senderos contemporáneos de la filosofía política. Madrid, Trotta, 2008.
Rawls, J., Teoría de la justicia. Madrid, F.C.E., 1979.
---Liberalismo Político. Barcelona, Crítica, 1996.
Rosas, Joao Cardoso, Concepçoes da Justiça.Lisboa, Ediçoes 70, 2011.
Sen, A., La idea de justicia. Madrid, Taurus, 2010.
Shiva, Vandana, Manifiesto para una democracia de la tierra: justicia, sostenibilidad y paz. Barcelona, Paidós, 2006.
Standing, Guy, Precariado. Una carta de derechos. Madrid, Capitán Swing, 2014.
Young, I. M. La justicia y la política de la diferencia. Madrid, Cátedra, 2000.
---Responsabilidad por la justicia. Madrid, Morata, 2011.
Riutort, B. (ed.), Indagaciones sobre la ciudadanía. Barcelona, Icaria, 2007.
A. COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS.
CX2. Que as e os estudantes saiban aplicar os coñecementos que adquiran para identificar, formular e resolver problemas do noso tempo.
CX1. Que as e os estudantes adquiran capacidades e coñecementos para a análise crítica en relación a aportacións investigadoras.
CX3. Que as e os estudantes sexan capaces de transmitir coñecementos, ideas orixinais e solucións propostas.
CX4. Que as e os estudantes estean capacitados para unha dinámica de reflexión con actitude proactiva e creativa na búsqueda de solucións.
CX5. Que as e os estudantes teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestión e susceptibles de ser abordados e resoltos.
CB6. Posuir e comprender coñecementos que aporten unha base u oportunidade de ser orixinais no desarrollo e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7. Que as e os estudantes sepan aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou poco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8. Que as e os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrentarse á complexidade de formular xuizos a partir dunha información que, sendo imcompleta ou limitada, inclua reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seu coñecementos e xuizos.
CB9. Que as e os estudantes sepan comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CB10. Que as e os estudantes posuan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS.
CE1. Coñecer e comprender formulacións filosóficas relacionadas cos ámbitos temáticos do máster.
CE2. Desarrollar destrezas que permitan trasladar os coñecementos adquiridos ao ámbito da investigación.
CE3. Adquirir habilidades para a transmisión e ensinanza de contidos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do máster.
CE4. Saber aplicar os coñecementos adquiridos na resolución de novos problemas.
CE5. Ser capaz de: analizar e sintetizar, argumentar lóxicamente, formular xuizos, e deliberar consonte a criterios éticos.
CE6. Saber expresarse oralmente e por escrito, comunicar, debater e deliberar.
C. COMPETENCIAS TRANSVERSAIS.
CT1. Utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación.
CT2. Manexar e analizar críticamente fontes de documentación científica, bibliográfica e dixital.
CT3. Valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas.
CT4. Promover o respecto aos direitos humanos e á diversidade cultural e das persoas, así como desarrollar valores contra as desigualdades de xénero.
Nas aulas impartidas pódese distinguir os seguintes tipos:
(1) Aulas expositivas. Nestas levarase adiante a explicación dos temas do programa, mediante exposición maxistral aberta á participación e ao debate.
(2) Aulas interactivas. Nestas farase unha presentación por parte do alunado dos temas nas distintas sesións. Estas faranse ao fío dos contidos impartidos previamente nas sesións teóricas anteriores e de textos complementarios, dispoñíbeis no campus virtual ou achegados nas aulas. Porén, deixarase lugar á interpretación por parte das alunas ou alunos que leven presentacións a cabo. Tras estas, o resto das e dos estudantes terán que formularlles perguntas e obxeccións, logo do cal abrirase un debate sobre os textos expostos e a materia.
(3) Actividade tutorial: O profesor atoparase a disposición dos alumnos no seu despacho, no horario de tutorías (que se consignará na páxina do campus virtual da USC), con obxecto de clarificar dun modo personalizado todas as cuestións referentes aos contidos da materia, e supervisará periodicamente o traballo persoal dos alumnos, en orde a maximizar os seus esforzos de aprendizaxe e dispor dun mellor e máis amplo (xunto ás probas obxectivas realizadas nas clases teóricas e nas aulas interactivas) coñecemento dos seus progresos. Ademáis, organizará actividades tutorias en grupos (en particular, nas primeiras semanas de clase), en orde a explicar convenientemente todos os aspectos relativos aos modos (formais) de composición dos ensaios e a preparación dos exámes, así como á organización das actividades propias das clases interactivas, estructurando metodolóxicamente o desenvolvemento das mesmas.
É posible superar a materia mediante avaliación continua ou indo ao exame final. Para a avaliación continua contarán:
(1) Lecturas e presentacións en clases interactivas. O contido da materia dividirase nas diferentes sesións prácticas nas que o alunado presentará e discutirá este. Neste sentido, as presentacións valoraranse como parte da nota.
(2) Traballo final. Existe a opción de que este traballo sexa común ás materias de formación básicas:
- Cidadanía, Xustiza e Democracia.
- O concepto antropolóxico de cultura e da diversidade cultural.
En relación con este traballo, cada alumna/alumno elaborará un texto (entre 10-12 páxinas, a 1,5 espazo intelineal e letra 12 TNR) no que se relacionarán contidos do texto traballados durante o curso con unha das dúas materias. O traballo non debe ser un mero resumo do texto. En función da súa orientación, o traballo será avaliado por unha das dúas responsables das materias (aínda que a docente da outra materia sempre terá que estar informada por cada aluna/aluno do traballo que vai facer e de a quen llo entrega para avaliar). A nota do traballo teráse en conta nas dúas materias. Cando menos valerá o 60% da cualificación para a materia, sempre que se cumpra co resto dos requisitos de cada materia.
O contido da materia dividirase nas diferentes sesións prácticas nas que o alunado presentarán e discutirán este. Neste sentido, as presentacións valoraranse como parte da nota.
DIMENSIÓN DA AVALIACIÓN.
O traballo final valoraráse de 0 a 10 puntos, aportará o 60% da calificación. Ademais da entrega en versión dixital pola plataforma, terá que ser exposto de maneira oral. Dos 6 puntos da avaliación 4 serán para o traballo escrito e 2 para a exposición e defensa do mesmo no turno de preguntas. Xunto a esta, a participación activa comentando o traballo realizado sobre os textos na aula aportará o 10%. As presentacións temáticas, o traballo sobre os textos, resúmenes e comentarios o restante 30%.
As/os alunas/os que conforme a este método de avaliación non superen a materia ou que desexes mellorar a nota acadada poderá concorrer ao exame final.
EXAME FINAL.
As persoas que concorran ao exame final terán que dar conta do conxunto da materia impartida no curso así como dos textos de lectura obrigatoria e de apoio empregados nas aulas expositivas e interactivas. O exame final consiste nunha proba escrita: un comentario de texto (4 puntos) e dúas cuestións (3 puntos cada unha).
ESTUDANTES CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE.
Quen teña dispensa de asistencia a clase será avaliado mediante un exame final na data oficial, no que se dará conta dos textos de lectura obrigatoria (comentario de texto dun deles; ate 4 puntos) e das lecturas sobre os temas do programa que serán sinaladas nunha primeira titoría, ao comezo do curso, co/a alumno/a (dúas cuestión; ate 3 puntos cada una delas).
O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 3 créditos que ten é de 75 horas, distribuídas do seguinte modo:
Horas presenciais semanais: 3 horas. En total 9 horas de docencia expositiva e 12 horas de docencia interactiva no primeiro bimestre do curso. Aproximadamente, 24 horas no conxunto do semestre. Incluíndo 3 horas de titorías.
Horas non presenciais semanais, recomendadas para o traballo con textos: 1,5 horas. Aproximadamente, 21 horas no semestre.
Horas de estudo semanais (para alén das non presenciais): 2 horas semanais.
Aproximadamente, 30 horas no semestre.
Faise notar que para os casos de realización fraudulenta dos exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá da aula como nos traballos académicos a realizar.
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais.
Alberto Jose Franco Barrera
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Correo electrónico
- albertojose.franco.barrera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Luns | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Sala Hipatia |
Mércores | |||
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Sala Hipatia |
15.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Nussbaum (109) |
15.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Nussbaum (109) |
05.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Nussbaum (109) |
05.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Nussbaum (109) |