Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía Moral
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos da materia consisten na adquisición e/ou das seguintes competencias:
(1) Dominio dos coñecementos propios da materia, coa capacidade para os explicar, aplicar e incrementar. En particular, comprender adecuadamente de que se ocupa a ética aplicada, e coñecer alguns dos problemas centrais nesta, como son os relativos á discriminación, á ética de poboacións, e a consideración moral.
(2) Capacidade para reconstruír e analizar argumentos sobre cuestións morais.
(3) Capacidade para organizar a información e investigar un problema filosófico.
(4) Dominio das ferramentas máis básicas da teoría da decisión racional.
En calquera escenario, os contidos serán os seguintes:
Tema 1. Razóns, conceptos e focaxes en ética aplicada
Tema 2. A análise filosófica da discriminación
Tema 3. Os criterios para a consideración moral
Tema 4. Éticas centradas na sintiencia contra éticas medioambientais
Tema 5. Teoría da decisión, distribución e ética aplicada
Tema 6. Ética avanzada de poboacións
Tema 7. A cuestión da esixencia moral e a consideración do futuro
BÁSICA
Lippert-Rasmussen, Kasper, Born free and equal? a philosophical inquiry into the nature of discrimination, Oxford: Oxford University Press, 2014.
Horta, Oscar, Na defensa dos animais, Rianxo: Axóuxere, 2019.
McMahan, Jeff, A Ética no ato de matar: problemas às margens da vida, Porto Alegre: AltMed, 2011.
Singer, Peter, Escritos sobre uma vida ética, Lisboa: Dom Quixote, 2000.
COMPLEMENTARIA
EN GALEGO/PORTUGUÉS
Castro, Olga & Reimóndez, María, Feminismos, Vigo: Xerais, 2014.
Galvão, Pedro (ed.), Os animais têm direitos?: perspectivas e argumentos, Lisboa: Dinalivro, 2011.
Hottois, Gilbert & Missa, Jean-Noël (dirs.), Nova enciclopedia de bioética, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 2005.
EN CASTELÁN (INCLÚESE NESTA LISTA A BIBLIOGRAFÍA NON DISPONÍBEL EN GALEGO/PORTUGUÉS)
Aguiar, Fernando, “Teoría de la decisión e incertidumbre: modelos normativos y descriptivos”, Empiria: Revista de Metodología de Ciencias Sociales, 8, 2004, 139-160.
Amorós, Celia & de Miguel, Ana (eds.) Teoría feminista: de la Ilustración a la globalización, Madrid: Minerva, 2005.
Bourdieu, Pierre, La dominación masculina, Barcelona: Anagrama, 2000.
Canto-Sperber, Monique (dir.), Diccionario de ética y de filosofía moral, Ciudad de México: FCE, 2001.
Ferrater Mora, José & Cohn, Priscilla, Ética aplicada, Madrid: Alianza, 1981.
Guisán, Esperanza, Introducción a la ética, Madrid: Cátedra, 2002.
Lara, Francisco & Francés, Pedro, Ética sin dogmas: racionalidad, consecuencias y bienestar en el utilitarismo contemporáneo, Madrid: Biblioteca Nueva, 2004.
Millet, Kate, Política sexual, Madrid: Cátedra, 1969.
Parfit, Derek, Razones y personas, Madrid: A. Machado Libros, 2004.
Resnik, Michael D., Elecciones: una introducción a la teoría de la decisión, Barcelona: Gedisa, 1998.
Singer, Peter, Liberación animal, Madrid: Taurus, 2011.
EN INGLÉS (INCLÚESE NESTA LISTA A BIBLIOGRAFÍA NON DISPONÍBEL EN GALEGO/PORTUGUÉS NEN EN CASTELÁN)
Anderson, Michael & Anderson, Susan L. (eds.), Machine ethics, Cambridge: Cambridge University Press, 2011.
Armstrong, Susan J. & Botzler, Richard G. (eds.), The animal ethics reader, 2ª ed., New York: Routledge, 2008.
Callicott, John Baird., In defense of the land ethic: essays in environmental philosophy, SUNY, Albany, 1989.
Crisp, Roger, Reasons and the good, Oxford: Oxford University Press, 2006.
de Lazari-Radek, Katarzyna, & Singer, Peter, The point of view of the universe: Sidgwick and contemporary ethics, Oxford: Oxford University Press, 2014.
Fieser, James & Dowden, Bradley, Internet encyclopedia of philosophy, 1995-2015, http://www.iep.utm.edu.
Glover, Jonathan, Causing death and saving lives, London: Penguin Books, 1977.
Holtug, Nils & Lippert-Rasmussen, Kasper (eds.), Egalitarianism: new essays on the nature and value of equality, Oxford: Oxford University Press, 2006.
Horta, Oscar, “What is speciesism?”, Journal of Agricultural and Environmental Ethics, 23, 2010, 243-266.
————“Does discrimination require disadvantage?”, Moral Philosophy and Politics, 2, 2015, 277-297.
Kagan, Shelly, The limits of morality, Oxford: Oxford University Press, 1990.
Kaplan, Mark, Decision theory as philosophy, Cambridge: Cambridge University Press, 1998.
Knight, Carl, “The injustice of discrimination”, South African Journal of Philosophy, 32, 2013, 47-59.
Lippert-Rasmussen, Kasper, “The badness of discrimination”, Ethical Theory and Moral Practice, 9, 2006, 167-185.
Moreau, Sophie R., “What is discrimination?”, Philosophy and Public Affairs, 38, 2010, 143-179.
Mulgan, Tim, The demands of consequentialism, Oxford: Oxford University Press, 2001.
Persson, Ingmar, The retreat of reason: a dilemma in the philosophy of life, Oxford: Oxford University Press, 2005.
Peterson, Martin, An introduction to decision theory, New York: Cambridge University Press, 2009.
Pojman, Louis J. (ed.), Environmental Ethics: Readings in Theory and Application, Wadsworth, Belmont, 1998.
Sachs, Benjamin, “The status of moral status”, Pacific Philosophical Quarterly, 92, 2011, 87-104.
Sterba, James P., Earth ethics: environmental ethics, animal rights, and practical ethics, Prentice Hall, Engelwood Cliffs, 1995.
Temkin, Larry S., Inequality, New York: Oxford University Press, 1993
———— “Personal versus impersonal principles: reconsidering the slogan”, Theoria, 69, 2003, 21-31.
———— Rethinking the good: moral ideals and the nature of practical reasoning, New York: Oxford University Press, 2012.
Weston, Anthony, A practical companion to ethics, New York : Oxford University Press, 1997.
Young, Iris M., Justice and the politics of difference, Princeton: Princeton University Press, 1990.
Zalta, Edward N. (ed.), Stanford encyclopedia of philosophy, 1995-2015, http://plato.stanford.edu.
Outras referencias bibliográficas a maiores poderán ser facilitadas na aula.
Reprodúcense a continuación tal e como están presentes na memoria do título:
BÁSICOS E XERAL
CG2 - Que o alumnado saiba aplicar os coñecementos adquiridos para identificar, formular e resolver problemas dos nosos tempos.
CG1 - Que o alumnado adquira habilidades e coñecementos para a análise crítica en relación coas achegas de investigación.
CG3 - Que o alumnado sexa capaz de transmitir coñecementos, ideas orixinais e propostas de solución.
CG4 - Que o alumnado se forme nunha dinámica de reflexión cunha actitude proactiva e creativa na procura de solucións.
CG5 - Que o alumnado teña as habilidades para recoñecer, en coñecementos e prácticas sociais diversas, cuestións e problemas que poidan ser abordados e resoltos.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionan unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes [sic.] saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que o alumnado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados de forma clara e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que será en gran parte autodirixido ou autónomo.
TRANSVERSAL
CT1 - Utilizar as tecnoloxías da información e da comunicación.
CT2 - Xestionar e analizar criticamente fontes de documentación científica, bibliográfica e dixital.
CT3 - Valorar críticamente a información para resolver problemas
CT4 - Promover o respecto polos dereitos humanos e a diversidade cultural e persoal, así como desenvolver valores contra as desigualdades de xénero.
ESPECÍFICO
CE1 - Coñecer e comprender enfoques filosóficos relacionados coas áreas temáticas do máster.
CE2 - Desenvolver habilidades que permitan transferir os coñecementos adquiridos ao ámbito da investigación.
CE3 - Adquirir habilidades para a transmisión e a docencia de contidos filosóficos relacionados coas áreas temáticas do máster.
CE4 - Saber aplicar os coñecementos adquiridos na resolución de novos problemas.
CE5 - Ser capaz de: analizar e sintetizar, argumentar con lóxica, formular xuízos e deliberar segundo criterios éticos.
CE6 - Saber expresarse oralmente e por escrito, comunicarse, debater e deliberar.
Cada tema será tratado nunha aula inicial de carácter máis expositivo e noutra seguinte de tipo interactivo. Na primeira destas levarase a termo unha apresentación dos problemas propios do tema. Nesa sesión explicaranse tamén os textos cos que se tratará o tema. Na seguinte sesión, a máis interactiva, discutiranse os textos e os problemas na aula. Para cada unha das 7 aulas de tipo interactivo, cada estudante levará preparada unha tese concreta acerca do problema tratado, así como un esquema argumental de como defender esta e cuestionar outras visións alternativas, nun pequeno texto respostando ás cuestións centrais do tema.
Durante as titorías de grupo explicaranse e traballaranse os contidos do ensaio, así como as dúbidas relativas aos outros temas tratados na materia. Estas terán lugar na metade do curso, a finais do mes de novembro.
REQUERIMENTOS PARA AS AULAS
A materia require necesariamente da participación moi activa do alunado nas aulas. Na participación na aula nengunha clase de atitude irrespectuosa co resto que se detecte será aceitada. As opinións que parezan estrañas ou aparentemente moi erradas terán que ser obxecto de consideración e atención tanto como as que estexan mais en liña co que comunmente pensamos ou que parezan correctas de maneira mais aparente. Así mesmo, farase entrega en cada unha das segundas sesións de cada tema dunha breve exposición escrita da tese defendida e o esquema argumental para a súa defensa.
TRABALLO PREVIO ÁS AULAS
Para que o traballo na aula poida levarse adiante é preciso que o estudantado teña traballado os textos de apoio (que estarán disponíbeis na aula virtual), así como o desenvolvemento das súas propias teses e esquemas argumentais sobre os problemas tratados na materia. Non se pode superar a materia se non se leva adiante este traballo.
Hai dúas maneiras de superar a materia: ao longo do curso e presentando os traballos necesarios para a superación da materia na data final. Esta última é a opción disponíbel para as persoas que ou ben non teñan o rendemento adecuado ao longo do curso ou ben non acudan ás clases (inclúese nesta situación, pois, o alumnado con dispensa ou exención de asistencia a clases presenciais).
A avaliación da materia basearase en tres aspectos: a participación activa na aula, as breves exposicións por escrito entregadas para cada tema e un ensaio que se entregará ao final do curso. Todas estas tarefas serán entregadas en remoto na aula virtual.
Os ensaios finais cumprirán os seguintes requisitos:
· Tratarán dun tema abordado na materia.
· Consistirán na presentación dunha liña argumental, defendendo unha tese.
· Terán unha estrutura ordeada. Constarán de resumo inicial, introdución expondo a tese, liña argumental e estrutura do traballo, estruturación conseguinte por seccións e conclusión final.
· Incluirán as referencias relativas a cada posición ou argumento dalgunha outra autora ou autor ou da información obtida. Para iso seguirase de maneira consistente ao longo do texto algun dos sistemas de citado aceitados pola revista Ágora: Papeles de Filosofía (o que se prefira), que está disponíbel na hemeroteca do centro e tamén na seguinte ligazón: dspace.usc.es/handle/10347/384
· Seguirán o formato de texto académico estándar (Times New Roman tamaño 12, con notas a rodapé tamaño 10, interlineado 1,5, párrafo xustificado, sen portadas).
· Terán unha extensión de 10 páxinas en diante se son o suficientemente densas en contido.
A consideración da participación activa na aula avaliará as seguintes competencias:
Saber aplicar os coñecementos que adquiran para identificar, formular e resolver problemas do noso tempo.
Saber transmitir coñecementos, ideas orixinais e solucións. Capacitación para unha dinámica de reflexión con actitude proactiva e creativa na procura de solucións.
Habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na prática social, cuestións e problemas susceptíbeis de seren abordados e resoltos.
Coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvimento e/ou aplicación de ideas.
Capacitación para integrar coñecementos e enfrentarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, permita reflexionar sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
Capacitación para comunicar conclusións, e as razóns últimas que sustentan estas, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
Coñecemento dos valores ligados aos dereitos e diversidade, así como os que levan á crítica das desigualdades de xénero.
Coñecer e comprender plantexamentos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do máster.
Habilidades para la transmisión e ensino de contidos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do máster.
Saber aplicar os coñecementos adquiridos a resolución de novos problemas.
Ser quen de analisar e sintetizar, argumentar lóxicamente, formular xuízos, e deliberar conforme a criterios éticos.
Saber expresarse oralmente, comunicar, debater e deliberar.
A consideración das exposicións por escrito entregadas para cada tema avaliará as seguintes competencias:
Posuír capacidades e coñecementos para a análise crítica en relación a aportacións investigadoras.
Capacitación para aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou poco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
Capacitación para integrar coñecementos e enfrentarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, permita reflexionar sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
Capacitación para comunicar conclusións, e as razóns últimas que sustentan estas, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
Saber valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas.
Coñecer e comprender plantexamentos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do máster.
Saber aplicar os coñecementos adquiridos a resolución de novos problemas.
Ser quen de analisar e sintetizar, argumentar lóxicamente, formular xuízos, e deliberar conforme a criterios éticos. Saber expresarse por escrito.
A consideración do ensaio que se entregará ao final do curso avaliará as seguintes competencias:
Posuír capacidades e coñecementos para a análise crítica en relación a aportacións investigadoras.
Saber aplicar os coñecementos que adquiran para identificar, formular e resolver problemas do noso tempo.
Saber transmitir coñecementos, ideas orixinais e solucións.
Capacitación para unha dinámica de reflexión con actitude proactiva e creativa na procura de solucións.
Habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na prática social, cuestións e problemas susceptíbeis de seren abordados e resoltos.
Coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvimento e/ou aplicación de ideas.
Capacitación para aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou poco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. Capacitación para integrar coñecementos e enfrentarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, permita reflexionar sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. Capacitación para comunicar conclusións, e as razóns últimas que sustentan estas, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades. Habilidades de aprendizado para continuar a estudar dun xeito que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo. Dominio das tecnoloxías da información e a comunicación. Dominio das fontes de documentación científica, bibliográfica e dixital. Saber valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas. Coñecer e comprender plantexamentos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do máster. Destrezas que permitan trasladar os coñecementos adquiridos ao ámbito da investigación. Saber aplicar os coñecementos adquiridos a resolución de novos problemas. Ser quen de analisar e sintetizar, argumentar lóxicamente, formular xuízos, e deliberar conforme a criterios éticos. Saber expresarse por escrito.
DIMENSIÓNS DA AVALIACIÓN
A distribuición da nota ficará como segue:
ensaio: 4’5 ptos. + exposicións por escrito de cada tema: 3’5 ptos. + participación activa na aula: 2 ptos.) = Total: 10 ptos.
Para superar o curso resulta obrigatorio ter asistido e entregado as exposicións de polo menos 5 temas.
· Nos ensaios avaliaranse as seguintes dimensións: (i) a súa calidade (de contido e argumentativa), que amosará o coñecemento do sentido e dos demais contidos específicos da materia, (ii) o rigor formal, que avaliará capacidade de composición de textos (iii) o esforzo investido nel, e (iv) o uso axeitado de fontes bibliográficas, que amosará a capacidade de comprensión e análise.
REQUERIMENTO DE ORIXINALIDADE
De alguén copiar en calqueira momento, suspenderá o curso. Por copiar enténdese o plaxio, isto é tentar facer pasar por texto escrito por unha mesma ou por un mesmo algun texto escrito por outras persoas. Toda frase incluida no ensaio sen atribuirse a fonte e que fora redactada por outra persoa será considerada un plaxio. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios será de aplicación o recollido n a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tempo de traballo: 75 horas (3 ECTS):
• Horas de titorias: 3 horas
• Aulas expositivas: 9 horas.
• Aulas interactivas: 12 horas.
• Horas non presenciais: 51 horas no semestre.
A materia pode ser superada dun xeito que é perfeitamente asequíbel de prepararse os temas. Facendo iso non só se poderá ter unha boa nota na parte da avaliación relativa ás exposicións, senón que se poderá ter unha boa participación activa na aula e se obterá unha familiaridade cos contidos da materia que facilitará a redación do ensaio.
Observacións
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse a través da aula virtual agás cando se trate de recuperacións individualizadas, o cal será aclarado polo profesor.
− Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
− É obrigatorio para a comunicación o uso da conta de correo rai.
Óscar Horta Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- 881812529
- Correo electrónico
- oscar.horta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario Butler (108) |
Mércores | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Seminario Butler (108) |
09.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Nussbaum (109) |
09.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Nussbaum (109) |
28.05.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Nussbaum (109) |
28.05.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Nussbaum (109) |