Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Familiarizar aos estudantes con cuestións filosóficas e problemas de pensamento e humanidades dixitais
- Dar a coñecer as fontes da disciplina e a bibliografía recente.
- Formarse na capacidade de interpretar textos filosóficos e discutir temas de actualidade relacionados co mundo dixital e a IA.
- Mellorar as destrezas na comunicación oral e escrita.
- Posibilitar a análise crítica da información, de tendencias, situacións e mensaxes da sociedade actual.
TEMARIO
1. Pensar e habitar a terra.
2. Sociedade e réxime da información; racionalidade comunicativa e racionalidade dixital.
3. Aceleración, presenza virtual, tempo imaxinario, movemento sen desprazamento.
4. Guerras espaciais, globalización, modernidade líquida.
5. Sociedade, cultura e natureza na era da Intelixencia Artificial.
6. Redes sociais, identidade persoal e manipulación das masas.
Bibliografía básica*:
Bauman, Z. (2017) La globalización. Consecuencias humanas. Madrid, Fondo de Cultura Económica.
Coeckelbergh, M. (2023) Filosofía Política De La Inteligencia Artificial. Madrid, Cátedra.
Han, B.-Ch. (2022) Infocracia. Vigo, Catro ventos.
Heidegger, M. (1994) Conferencias y artículos. Barcelona, Ediciones del Serbal.
Serrano Marín, V. (2016) Fraudebook. Lo que la red social hace con nuestras vidas. Madrid, Plaza y Valdés.
Virilio, P. (1999) La inercia polar. Madrid, Trama.
Virilio, P. (2005) El cibermundo: la política de lo peor (entrevista con Philippe Petit). Madrid, Cátedra
*Estudarase unha selección de fragmentos dos libros incluídos na bibliografía básica.
Bibliografía complementaria:
Appadurai, A. (2014) “Cómo é que as historias fan xeografías: circulación e contexto nunha perspectiva global”, A trabe de ouro nº 100, pp. 89-97.
Bauman, Z. (2000) Modernidad líquida. Buenos Aires, Fondo de Cultura Económica.
Eriksen, T. H. e Schober. E. (eds.) Identity Destabilised. Living in and Overheated World. Londres, Pluto Press, 2016.
Berman, M. (1982) All that´s Solid Melts Into Air. Londres, Verso.
Calhoun, C. (1992) “The Infrastructure of Modernity. Indirect Social Relationships, Information Technology, and Social Integration” en H. Haferkamp e N. J. Smelser (eds.) Social Change and Modernity. Berkeley, University of California Press, pp. 205-236.
Castro, I. (2020) “Inteligencia artificial y estupidez natural” en LLuvia oblicua: opinión y verdad en la sociedad del conocimiento. Valencia, Pre-textos, pp. 141-188.
Derrida, J. e Stiegler, B. (1996) Échographies de la télévision. Paris, Galilée/I.N.A.
Galimberti, U. (1999) Psiche e Techne. L’uomo nell’età della tecnica. Milano, Feltrinelli. (2006) “Cultura de masas e sentimento oceánico”, A trabe de ouro nº 66, pp. 25-54.
Jameson, F. (1991) Postmodernism or, The Cultural Logic of Late Capitalism. Londres, Verso.
Lyotard, J.-F. (1998) L’inhumain. Paris, Galilée.
Madrid Casado (2024) Filosofía de la Inteligencia Artificial. Oviedo, Pentalfa.
Nancy, J.- L. (2003) La creación del mundo o la mundialización. Barcelona, Paidós. (2021) “De ontología en tecnología” en La frágil piel del mundo. Madrid, De conatus, 2021, pp. 49-81.
Outeiriño, M. (comp.) (2011) Globalización e imperialismo cultural. Vigo, Galaxia. Pigem, J. (2023) Técnica y totalitarismo. Digitalización, deshumanización y los anillos del poder global. Barcelona, Fragmenta.
Sloterdijk, P. (2001) “Técnica e xestión do mundo. Sobre o papel dos medios informativos na sociedade do mundo sincronizado”, A trabe de ouro nº 46, pp. 65-77. (2003) Experimentos con uno mismo. Una conversación con Carlos Oliveira. Valencia, Pre-Textos. (2006) Esferas III. Espumas. Esferología plural. Madrid, Siruela.
BÁSICAS E XERAIS
CG2 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos que adquiran para identificar, formular e resolver problemas dos nosos tempos.
CG1 - Que os estudantes adquiran capacidades e coñecementos para a análise crítico en relación a aportacións investigadoras.
CG3 - Que os estudantes sexan capaces de transmitir coñecementos, ideas orixinais e solucións propostas.
CG4 - Que os estudantes estean capacitados para unha dinámica de reflexión con actitude proactiva e creativa na búsqueda de solucións.
CG5 - Que os estudantes teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenrolo e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinais) relacionados ca súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro.
CB10 - Que os estudantes posúan las habilidades de aprendizaxe que lle permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
TRANSVERSAIS
CT1 - Utilizar as tecnoloxías da información e comunicación.
CT2 - Manexar e analizar criticamente fontes de documentación científica, bibliográfica e dixital.
CT3 - Valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas.
CT4 - Promover o respeto ós dereitos humanos e á diversidade cultural e das persoas, así como desenrolar valores contra as desigualdades de xénero.
ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer e comprender prantexamentos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do máster.
CE2 – Desenvolver destrezas que permitan trasladar os coñecementos adquiridos ó ámbito da investigación.
CE3 - Adquirir habilidades para a transmisión e ensino de contidos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do máster.
CE4 - Saber aplicar os coñecementos adquiridos na resolución de novos problemas.
CE5 - Ser capaz de: analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, formular xuízos, e deliberar conforme a criterios éticos.
CE6 - Saber expresarse oralmente e por escrito, comunicar, debatir e deliberar.
CE7 - Saber interpretar con criterio crítico medios de expresión como os baseados nas representacións icónicas, plásticas e literarias.
- Nas aulas, o profesor desenvolverá os contidos do programa a partir dunha selección de textos que serán facilitados ao alumnado.
- Nas aulas interactivas, o alumnado debe participar activamente na interpretación e discusión dos textos subxacentes. Tamén hai que facer dúas exposicións orais de textos da bibliografía básica.
- Durante as titorías, o alumnado poderá formular preguntas e resolver dúbidas co profesor sobre o contido das clases teóricas, os problemas analizados e a bibliografía das clases interactivas, a elaboración dos traballos, e calquera outro aspecto da materia (metodoloxía, avaliación, bibliografía, etc.).
TRABALLO AUTONOMO DO ALUMNADO
- Seguimento autónomo dos temas mediante a lectura dos textos fonte e da bibliografía recomendada.
- Formulación de preguntas de comprensión de todo tipo.
- Participación nos debates.
- Elaboración de exposicións orais.
- Rexistro de notas e apuntamentos de elaboración propia.
- Ampliación mediante a consulta da bibliografía recomendada.
- Elaboración e execución de traballos escritos.
- Capacidade de xestión do tempo.
- Esta materia avaliarase mediante avaliación continua*, con posibilidade de realizar un exame final se o alumno non asiste a clase, non segue as pautas de avaliación continua ou non supera.
- O alumnado que estea exento de asistir ás clases presenciais será avaliado mediante un exame final (100% da nota).
- A avaliación continua farase mediante a avaliación da asistencia e participación nas clases presenciais e titorías. Non obstante, a avaliación basearase principalmente na realización dun traballo de curso e na exposición en clase dos textos estudados.
Avaliación continua:
Traballo continuado no seguimento da materia; dúas exposicións orais de textos de bibliografía básica, asistencia e participación en actividades presenciais (50%).
Traballo escrito: redacción sobre conceptos e problemas abordados nun ou varios textos da bibliografía básica (50%).
A avaliación das competencias será discrecional, tomando como referencia o apartado correspondente do Traballo Fin de Máster.
Terase en conta a participación en eventuais actividades formativas complementarias organizadas na facultade (conferencias, mesas redondas etc.)/ etc.), cando teñan relación coa materia.
Tanto a avaliación continua como o traballo final esixirán e garantirán unha boa competencia lingüística, requisito para aprobar a materia.
Avaliación non continua:
Exame final. Este será exclusivamente para o alumnado con exención de asistencia. O exame consistirá na elaboración de redaccións breves sobre os textos tratados nas clases interactivas a partir de preguntas e cuestións formuladas polo profesor. Porcentaxe da nota final: 100%.
* De acordo co punto 2.a) da normativa, a asistencia valórase como un factor máis na avaliación continua. Para optar á avaliación continua, o alumnado deberá asistir como mínimo ao 80% das sesións do curso (clases expositivas e interactivas).
Os habituais para una materia do máster: equivalente os 3 créditos ECTS. Horas expositivas: 9, Horas interactivas: 12, horas titorías: 3. Total horas 24 horas. estimación de tempo de estudo non presencial e realización de actividades, 51 horas. total de totais: 75 horas.
- Asistir regularmente ás aulas expositivas e interactivas. Pola natureza aplicada e participativa da metodoloxía de ensino-aprendizaxe da materia a asistencia é requisito esencial para un mellor aproveitamento da mesma.
- É obrigatoria a asistencia, participación e implicación nas clases. Más de 5 ausencias non xustificadas implica a perda do dereito á avaliación continua.
- Prepararse para as clases lendo atentamente os textos de cada sesión. Recoméndase anotar nos textos as ideas e conceptos máis importantes, así como calquera dúbida ou dúbida que teña.
- Participar activamente na lectura de textos e nos debates nas aulas expositivas e interactivas.
- Na clase: tomar notas dos temas máis importantes presentados e comentados e relelos antes da seguinte clase. Anota as dúbidas ou preguntas que queden sen resposta.
- O alumnado deberá entregar xunto co traballo final unha declaración persoal de ausencia de plaxio e orixinalidade que será facilitada polo docente. Este requisito cumpre coa “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”, aprobada no Consello de Goberno da USC do 15 de xuño de 2011: Art. 1.: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
- Non serán aceptadas actitudes irrespectuosas ou discriminatorias de ningún tipo.
- O alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na web do SEPIU ou na secretaría virtual do alumnado. Más información no email: sepiu.santiago [at] usc.gal (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]gal) ou nos teléfonos 881 812 859/ 881 812 858
- Para calquera comunicación do docente da materia, esta realizarase por correo electrónico empregando obrigatoriamente a conta de correo rai.usc. Esta conta será necesaria para acceder a calquera dos servizos facilitados pola USC (Campus Virtual, Teams, Secretaría Virtual etc.). Non se contestará ningunha comunicación realizada desde unha conta de correo electrónico alleo á USC.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse a través da aula virtual da materia no Campus Virtual. Tan só permitiranse entregas por correo electrónico en casos de incidencias non previstas e previa comunicación ao docente da materia que debe autorizalo.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos, segundo as recomendacións da USC para a introdución da perspectiva de xénero na docencia.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil ou outros dispositivos electrónicos, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non adecuado ou legal do mesmo.
- Non está permitida a gravación de imaxes, son, etc, nas clases sen autorización previa. O alumnado e profesorado está obrigado ao cumprimento da Normativa de protección de datos preservando o dereito á intimidade e á propia imaxe do alumnado e profesorado de tal maneira que non se poden divulgar por ningún medio, incluídas redes sociais, sen autorización.
- Os materiais elaborados polos docentes están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal maneira que non se poden divulgar ou facer accesibles sen autorización dos autores.
- Non está permitida a gravación de imaxes, son, etc, nas clases sen autorización previa. O alumnado e profesorado está obrigado ao cumprimento da Normativa de protección de datos preservando o dereito á intimidade e á propia imaxe do alumnado e profesorado de tal maneira que non se poden divulgar por ningún medio, incluídas redes sociais, sen autorización.
- Os materiais elaborados polo docente están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal maneira que non se poden divulgar ou facer accesibles sen autorización do autor.
Ana Maria De La Concepcion Rabe
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Correo electrónico
- anamaria.rabe [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
19:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario Nussbaum (109) |
Xoves | |||
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Seminario Nussbaum (109) |
27.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Nussbaum (109) |
27.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Nussbaum (109) |
10.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Nussbaum (109) |
10.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Nussbaum (109) |