Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 15 Total: 26
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade, Área externa M.U en Patrimonio Cultural Dixital
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos da materia encamíñanse cara a adquisición dos seguintes coñecementos, habilidades e destrezas.
Coñecementos (CON)
CON 4 – Coñecementos sobre entidades de patrimonio dixital, modelado e xestión da información patrimonial.
CON 8 - Coñecementos sobre cartografía dixital/sistemas xeográficos de información
CON 17 – Coñecementos sobre os sistemas de catalogación e almacenamento dixital para a organización e Xestión do patrimonio fotográfico, audiovisual e dixital.
Habilidades Transversais (HAB)
HAB 2 Ser capaz de aplicar o coñecemento á resolución de problemas
HAB 4 – Ser capaz de identificar fontes de información, recompilar e analizar datos e elaborar sínteses en relación con eles
Destrezas Transversais (DES)
DES 1 – Ser capaz de manexar ferramentas tecnolóxicas e informáticas aplicadas á dixitalización do patrimonio.
1. Realidade aumentada (AR)
- Fundamentos
- Aplicacións e casos de uso
2. Realidade virtual (VR)
- Fundamentos
- Aplicacións e casos de uso
3. Motores gráficos
- Contorna 3D e 4D
- Importación, exportación de escenas
- Conceptos básicos
4. Desenvolvemento de aplicacións VR
5. Desenvolvemento de aplicacións AR
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Castelló, E, López, A. M. & Méndez, R. (2019). La transferencia de conocimiento desde la universidad innovadora. Un modelo de gestión de la información en el contexto digital: el caso de estudio PIEDD. Revista Latina de Comunicación Social, (74), 537-553.
Castelló Mayo, E., et alt. (2016): Development and Creativity in Ubiquitous Technologies in University: CIDUS Contribution. In Emerging Perspectives on the Mobile Content Evolution, Hershey, IGI Global, pp. 284-312.
Castelló Mayo, E. (2012): Cidus, de la integración digital a la consiliencia. Estudios sobre el Mensaje Periodístico, 18, 233-242.
Méndez, R., Castelló, E., Ríos Viqueira, J. R., & Flores, J. (2019). A New Calibration Process for a Homogeneous Cyclorama Illumination in Virtual TV Sets. Applied Sciences, 9(10), 2020.
Méndez, R., Flores, J., Castelló, E., & Viqueira, J. R. (2019). Natural interaction in virtual TV sets through the synergistic operation of low-cost sensors. Universal Access in the Information Society, 18(1), 17-29.
Mendez, R., Otero, A., Jarque, S., Flores, J., 2012, “Exploración en tiempo real de la reconstrucción virtual de los instrumentos del Pórtico de la Gloria”, VAR (Virtual Archeology Review), Vol. 3, pp. 49-53, ISSN 1989-9947.
Otero, A., Méndez, R., Flores, J., “Pórtico de la Gloria Virtual”, VAR (Virtual Archeology Review), Vol. 3, pp. 18-23, ISSN 1989-9947.
Galán Cubillo, E. (2008): Televisión en virtual. Madrid, Instituto Oficial de Radio y Televisión.
Reinhard, C. D., & Amsterdam, P. (2013). Virtual World Television Products and Practices: Comparing Television Production in Second Life to Traditional Television Production. Journal of Virtual Worlds Research, 6(2).
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Bordwell, D. (2013). El 3D como caballo de Troya. Liderazgos y tensiones en la digitalización de la exhibición estadounidense. Archivos de la Filmoteca, 72, pp. 13-21.
Cawood, S. & Fiala, M. (2008): Augmented Reality: A Practical Guide [Paperback], Daniel H. Steinberg Ed.
Fidalgo, M. I. R., & Arnáiz, S. M. (2014). Los nuevos documentales multimedia interactivos: construcción discursiva de la realidad orientada al receptor activo. Historia y Comunicación Social, 18, 249-262.
Galán Cubillo, E. & Fernández, C. (2011): "La escenografía virtual en la retransmisión de grandes eventos." Revista Latina de Comunicación Social 66 (2011): 63-78.
Haller, M; Billinghurst, M. & Thomas, B. (2006): Tecnologías Emergentes de la Realidad Aumentada: Interfaces y Diseño. Idea Group Publishing.
Hainich, R. R. (2009): Realidad Aumentada y más allá, Booksurge.
Martín, E. D. (2014). Periodismo inmersivo: La influencia de la realidad virtual y del videojuego en los contenidos informativos (Vol. 31). Editorial UOC.
Maza, M. G. E. (2016). El síndrome de la espectacularización de la imagen digital en el cine actual: manierismo cinematográfico. Revista Internacional de la Imagen, 1(2).
Sánchez, C. C. (2013). Narrativas Transmedia Nativas: Ventajas, elementos de la planificación de un proyecto audiovisual transmedia y estudio de caso. Historia y comunicación social, 18, 561.
Tykkälä, T., Comport, A. I., Kämäräinen, J. K., & Hartikainen, H. (2014). Live RGB-D camera tracking for television production studios. Journal of Visual Communication and Image Representation, 25(1), 207-217
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS (CB e CX)
CB 2 – Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos ou multidisciplinares relacionados coa súa área de estudo.
CB4 – Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB5 – Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CX3 – Empregar axeitadamente as ferramentas tecnolóxicas necesarias para a adquisición, procesado, xestión e difusión do patrimonio cultural dixital.
CX5 – Traballar en equipos interdisciplinares en ámbitos empresariais de mercado e institucionais de xestión cultural.
CX6 – Crear contidos orixinais no ámbito do patrimonio cultural unindo coñecementos humanísticos e tecnolóxicos.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS (CT)
CT1 – Adaptar o uso e transferencia do coñecemento a novas situacións derivadas do cambio tecnolóxico.
CT4 – Comprender os valores da igualdade, sustentabilidade ambiental e o dereito ao acceso equitativo aos recursos tecnolóxicos no coidado do patrimonio cultural dixital.
A metodoloxía de ensinanza será unha combinación da clase maxistral coa resolución de problemas, realización de programas informáticos, experimentos e outros traballos de laboratorio e a resolución de problemas individualmente por parte de cada alumno e exposición.
As aulas expositivas serán impartidas a través da metodoloxía da clase maxistral, incorporando en momentos puntuais a resolución de problemas que o profesorado presentará ao alumnado en base aos contidos teóricos estudados.
As aulas interactivas centraranse nunha aproximación máis práctica e orientada a proxectos incluíndo a creación de aplicacións en realidade aumentada, a experimentación de contornas de realidade virtual e a elaboración de contidos divulgativos en contornas de realidade mixta.
Para isto empregarase unha aula tradicional para a docencia teórica, unha aula de informática para a docencia práctica e o estudio virtual de televisión da Facultade de Ciencias da Comunicación para a elaboración dos contidos divulgativos en realidade mixta.
Tanto para as clases expositivas como para as clases interactivas empregarase o Campus Virtual para poñer ao dispor do alumnado o material necesario tanto para a compresión dos contidos teóricos como para a realización e entrega de traballos e a comunicación fora da aula entre o profesor e o alumnado.
A avaliación da parte teórica da materia consistirá nunha proba escrita ao final do curso que terá un valor global do 30% da nota da materia.
-A avaliación da parte práctica da materia terá un peso do 70% na nota final distribuído do seguinte xeito:
Elaboración dunha pílula informativa utilizando técnicas de Realidade Aumentada, e asistencia ás sesións prácticas da materia 30%
Elaboración dunha pílula informativa utilizando técnicas de Realidade Aumentada. 30% da nota global da materia.
Presentación da pílula na aula: 10% da nota global da materia.
Será necesario superar (nota igual ou superior a un 5.0) ambas as partes (exame teórico e traballos prácticos) para poder superar a materia. En caso de ter unicamente una das dúas partes (teórica ou práctica) aprobadas, a nota desa parte gardarase para a segunda oportunidade e só será necesario superar a parte suspensa na primeira oportunidade.
A segunda oportunidade, avaliarase ponderando un exercicio práctico que aúne os coñecementos adquiridos ao longo da materia cun exame teórico nunha porcentaxe (50% proba escrita e 50% exercicio práctico).
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios. O temario teórico avaliarase unicamente co exame final.
En caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de traballos ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo con a normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non presentado”.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
Actividades presenciais:
Docencia teórica: 9 horas
Docencia interactiva seminario: 3 horas
Docencia interactiva laboratorio/aula de informática: 12 horas
Titorización individual do alumnado: 2 horas
Actividades non presenciais:
Traballo persoal do alumnado: 49 horas
As esixencias tecnolóxicas da materia, así como os seus contidos, requiren dunha constancia na asistencia e o seguimento da materia por parte do alumnado para harmonizar as partes expositivas e de laboratorio.
Enrique Castello Mayo
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816529
- Correo electrónico
- enrique.castello [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Roi Mendez Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- roi.mendez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 16 |
Martes | |||
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 16 |
28.05.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
03.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |