Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 22 Total: 40
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía, Historia
Áreas: Análise Xeográfica Rexional, Historia Contemporánea
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1.Familiarizarse coas ferramentas dixitais dispoñibles dirixidas á organización do patrimonio agroecolóxico e paisaxístico.
2. Comprender os saberes agroecolóxicos transxeneracionais sobre o manexo do medio, a organización das diferentes formas de produción e construción como resultado de paisaxes etnoculturais.
3. Comprender a coevolución sociedades-natureza e o metabolismo social.
4. Entender a importancia dos roles de xénero na produción agroecolóxica.
5. Describir a produción inmaterial de saberes e produción material de patrimonio campesiño.
6. Familiarizarse co catálogo en construción do patrimonio inmaterial e material campesiño, o cal inclúe elementos como cultivos, sementes, tratamentos, ferramentas, máquinas, usos da pedra, no marco da construción histórica dos espazos agrarios.
1. Introdución ás ferramentas dixitais para a organización do patrimonio agroecolóxico e paisaxístico.
1.1 Bases conceptuais de patrimonio agroecolóxico, paisaxístico e campesiño.
1.2 Concepto de agroecoloxía e os sistemas agrícolas tradicionais.
1.3 Identificación dos elementos e datos despregados nas ferramentas dixitais sobre patrimonio agroecolóxico no ámbito nacional e internacional.
2. Descrición dos saberes agroecolóxicos transxeneracionais de manexo do medio, organización das formas de produción e construción como resultado de paisaxes etnoculturais.
2.1 Concepto do transxeneracional e interxeracional na transmisión dos saberes agroecolóxicos locais e uso do espazo.
2.2 Dimensións e dinamismo dos saberes locais, os Sistemas de coñecementos locais e indíxenas (LINKS, UNESCO)
2.3 Os saberes na organización das formas de produción e construción de paisaxes etnoculturais.
3. Coevolución sociedades-natureza e metabolismo social.
3.1 Reflexión sobre a evolución dos vínculos entre sociedade-natureza e as súas tendencias na historia.
3.2 Concepto de recursos naturais.
3.3 Dimensións e procesos nas relacións metabólicas da sociedade-natureza.
4. Roles de xénero.
4.1 Perspectivas de xénero no traballo agrícola e as relacións de poder.
4.2 Participación colectiva, organización do traballo, control dos recursos e autonomía desde perspectivas diversas de xénero.
4.3 Cambio climático, xénero e agroecoloxía
5. Produción inmaterial de saberes e produción material de patrimonio campesiño.
5.1 Manexo campesiño de paisaxes rurais.
5.2 Saberes campesiños como recurso para a sustentabilidade agrícola.
5.3 Coñecemento local, comunidades campesiñas e desenvolvemento rural.
6. Presentación do catálogo en construción do patrimonio inmaterial e material campesiño: cultivos, sementes, tratamentos, ferramentas, máquinas, usos da pedra, construción histórica dos espazos agrarios.
6.1 Reflexión sobre a importancia dos catálogos para o patrimonio campesiño.
6.2 Introdución e revisión dos elementos do catálogo dispoñible.
6.3 Levantamento, análise e xestión da información.
Básica
Altieri, M. (2021). La agricultura tradicional como legado agroecológico para la humanidad. Revista PH, 104, 180–197.
Castillo Ruiz, J., & Martínez Yáñez, C. (Eds.). (2015). El Patrimonio Agrario: La construcción cultural del territorio a través de la actividad agraria. Universidad Internacional de Andalucía.
Khadse, A. (2017). Women, Agroecology & Gender Equality. Focus on the Global South, India. https://focusweb.org/publications/women-agroecology-gender-equality/
Sarandón, S. J., & Flores, C. C. (2014). Agroecología. Editorial de la Universidad Nacional de La Plata (EDULP). https://doi.org/10.35537/10915/37280
Tirado, J. G., Piñeiro, M. A., Paül, V., & Lois-González, R. C. (Eds.). (2022). ¿Renacimiento rural? Los espacios rurales en época de pos-pandemia. Grupo ANTE, Universidade de Santiago de Compostela).
Toledo, V. M., & Barrera Bassols, N. (2008). La memoria biocultural: La importancia ecológica de las sabidurías tradicionales. Icaria Editorial.
Toledo, V. M. (2013). El metabolismo social: Una nueva teoría socioecológica. Relaciones. Estudios de historia y sociedad, 34(136), 41–71.
Complementaria
Sarmiento, A. Y. C., Gélvez, J. H. S., & Téllez, J. M. (2017). Naturaleza Y Sociedad: Relaciones Y Tendencias Desde Un Enfoque Eurocéntrico. Revista Luna Azul, 44, 348–371.
Singh, P. (2023). Exploring gender approach to climate change and agroecology: Women farmer’s search for agency in India. Asian Journal of Social Science, 51(1), 18–24. https://doi.org/10.1016/j.ajss.2022.09.004
UNESCO. (2018, August 8). Sistemas de conocimientos locales e indígenas (LINKS). UNESCO. https://es.unesco.org/links
Outros recursos dixitais:
Agroecology Knowledge Hub | FAO: http://www.fao.org/agroecology/home/en/
Compostela Verde | Información dos Parques e Xardíns, Hortas: https://compostelaverde.santiagodecompostela.gal/hortas/
Family Farming Knowledge Platform | FAO: https://www.fao.org/family-farming/home/en/
Sociedad Española de Agricultura Ecológica/Agroecología (SEAE): https://agroecologia.net/
UNESCO - Intangible Heritage Home. https://ich.unesco.org/en/home
Competencias básicas
CB1. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo;
CB3. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos;
CB4. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades;
CB5. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias xerais
CG1. Construír, xestionar e difundir o patrimonio dixital e o tratamento dixital do patrimonio en todas as súas acepcións
CG2. Aplicar o coñecemento na implementación de proxectos patrimoniais na contorna dixital.
CG3. Utilizar adecuadamente as ferramentas tecnolóxicas necesarias para a adquisición, procesamento, xestión e difusión do patrimonio cultural dixital.
CG5. Traballar en equipos interdisciplinares en ámbitos empresariais de mercado e institucionais de xestión cultural.
Competencias transversais
CT1. Adaptar o uso e transferencia do coñecemento a novas situacións derivadas do cambio tecnolóxico.
CT2. Facer fronte de forma activa á resolución de problemas na contorna social e de mercado.
CT4. Comprender os valores da igualdade, sustentabilidade ambiental e o dereito ao acceso equitativo aos recursos tecnolóxicos no coidado do patrimonio cultural dixital.
A materia constará dunha metodoloxía de ensino-aprendizaxe combinada de teoría, práctica e reflexión crítica. A materia inclúe:
- Clases expositivas: desenvolvemento e explicación de contidos teórico-conceptuais. A participación principal é da docente e prevese charlas temáticas con invitados expertos.
- Clases interactivas: aplicación dos contidos revisados en clases para a análise e a reflexión de problemas concretos. Os estudantes están convidados a participar activamente sobre as formas de construír o coñecemento. As actividades, tanto en forma individual como en grupo, inclúen: exposicións, discusión de casos prácticos e manexo de conflitos, co uso de diferente material didáctico e metodoloxías.
- Titorías: reunións voluntarias e previamente acordadas entre a docente e o alumnado para reforzar clases e aclarar dúbidas.
A avaliación permanente dividirase nos seguintes apartados:
- Exercicios e/ou probas diversos en clase, tanto individuais como grupais. O seu cómputo é do 35% da cualificación total.
- Realización de prácticas: 30%.
- Realización dun traballo final que corresponde ao 35% da cualificación total.
Os alumnos con dispensa concedida deberán poñerse en contacto cos profesores da materia e realizar unha serie de traballos de carácter individual que lle serán indicados ao comezar o curso.
A materia está organizada para unha carga lectiva de 5 ECTS que implican 125 horas de dedicación. Este tempo inclúe a impartición de clases teóricas, as prácticas interactivas, as titorías e o traballo autónomo do estudante para preparar os seus traballos e avaliacións. A distribución estará en función do contido e as necesidades de aprendizaxe do alumnado, de tal modo que se asegure unha comprensión dos temas tratados e o seu reflexo no rendemento académico.
Docencia teórica, 15 horas; Docencia interactiva seminario/campo, 20 horas; Docencia interactiva laboratorio/aula informática, 2 horas; Titorización individual do alumnado, 3 horas; Traballo persoal do alumnado, 85 horas.
Como o alumnado pode observar, a materia combina non soamente unha parte teórica-conceptual e outra práctica, senón que tamén inclúe permanentemente a reflexión crítica sobre a complexidade do agrario, o agrocolóxico e o rural no ámbito nacional e internacional. Neste sentido, a clase será un espazo seguro para o intercambio de coñecementos, onde os/as estudantes escoiten e participen activamente sobre as temáticas tratadas e tomen a iniciativa para propoñer ideas.
* Aviso sobre plaxio: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións". En caso de fraude académica tal como se define no artigo 42 da Lei de Convivencia da USC de marzo de 2023 aplicaranse as sancións previstas no artigo 11 de producirse plaxio en traballos académicos ou exames ou ben emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
-Para a consideración da asistencia, a materia terá en consideración o "Regulamento de asistencia á aula nas ensinanzas oficiais de Grao e Mestrado da Universidade de Santiago de Compostela", que entra en vigor no curso 2025/26.
David Soto Fernandez
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812638
- Correo electrónico
- david.soto.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ramon Lopez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- ramonlopez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros