Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Ofrecer chaves interpretativas sobre as políticas públicas de promoción das artes.
- Reflexionar sobre as repercusións que para a sociedade e a economía teñen as intervencións da administración no ámbito cultural.
- Proporcionar chaves ao alumnado para que saiba diferenciar tipos de políticas culturais e os relacione con contextos.
- Establecer un marco para que o alumno sexa consciente da importancia das políticas públicas de promoción da cultura e que coñeza os seus riscos e problemas.
1.- Introdución: concepto de políticas culturais
2.- Administracións e institucións culturais: o caso galego
3.- A administración da cultura fronte ás industrias culturais
4.- Cidades, museos e fábricas de cultura: a España do século XXI
5.- Institucións culturais y prácticas instituíntes (grandes eventos, xestión do patrimonio, iniciativas e espazos independentes)
6.- Tendencias actuais nas políticas culturais europeas (capitais da cultura e programas financiados)
7.- Sostenibilidade nas políticas culturais
Bhabha, Homi K.: El lugar de la cultura. Buenos Aires: Manantial, 2002.
Carrillo, Jesús: Space Invaders. Intervenciones artístico-políticas en un territorio en disputa: Lavapiés (1997-2004). Madrid, Brumaria: 2018.
Esteban, Iñaki: El efecto Guggenheim: del espacio basura al ornamento. Barcelona: Anagrama, 2007.
García, Alberto (coord.): A cultura é un dereito, unha visión social da cultura. Deputación da Coruña, 2023.
López Abel, Daniel; y Rodríguez, M. Anxo: Canales alternativos de creación. Una aproximación histórica. Santiago de Compostela: Baleiro, 2013.
Miller, Toby; y Yúdice, George: Política cultural, Barcelona: Gedisa, 2004.
Richards, Greg & Palmer, Robert: Eventful cities : cultural management and urban revitalization: Amsterdam: Elsevier, 2010.
Rius-Ulldemolins, Joaquim; y Rubio Arsotegui, J. Arturo (eds): Treinta años de políticas culturales en España. Participación cultural, gobernanza territorial, e industrias culturales. Valencia: Universitat de València, 2016.
Rodríguez, M. Anxo: “Del espectáculo cultural y sus efectos. Arte y políticas culturales en Santiago de Compostela”. Espacio, tiempo y forma. Serie VII, Historia del arte (Nueva época), 2015, pp. 377-402. https://doi.org/10.5944/etfvii.3.2015.13833
Rowan, Jaron: Cultura libre de estado. Madrid: Traficantes de sueños, 2016.
Salanova, Marisol: y Pérez Pont, J. Luis (coords.): Innovación desde el museo. Ensayos sobre emergencia cultural. Valencia: Consorci de Museos de la Comunitat Valenciana, 2021.
Wu, Chintao: Privatizar la cultura: la intervención empresarial en el mundo del arte desde la década de 1980. Madrid: Akal, 2007.
Yúdice, G.: El Recurso de la cultura. Usos de la cultura en la era global. Barcelona: Gedisa, 2002.
Zukin, Sharon: The Cultures of Cities. Oxford: Blackwell, 1996.
- Desenvolvemento de habilidades para realizar traballos escritos.
- Desenvolvemento de habilidades argumentativas en relación coas políticas culturais e a súa dimensión social.
- Capacidade de xestión de fontes de recursos visuais e en liña sobre actuacións públicas en materia de cultura.
- Capacidade de uso dos termos e conceptos chave en relación coa administración e as políticas culturais.
- Fomento do debate sobre a relación entre institucións culturais e canles alternativas.
Haberá dous tipos de clases. As expositivas dedícanse á presentación e o desenvolvemento de temas -a cargo do profesor-, con debates nos que se incentiva a participar aos estudantes; as Interactivas, que se dedican ao traballo práctico. Nestas, o desenvolvemento pode variar en función do material a tratar: textos de investigación, noticias e reportaxes de prensa, análise de casos. As interactivas buscan potenciar a participación activa dos estudantes, presentando e discutindo os documentos elixidos previamente.
Para as sesións interactivas, proporcionaranse materiais aos estudantes en forma de textos escaneados e recursos en liña, indicando previamente unha serie de preguntas ou cuestións a considerar.
En grupos de tres, os estudantes deben facer un traballo a modo de ensaio, para o que aproveitarán parte dos materiais vistos na clase, ademais doutros recursos ou fontes. Este traballo será exposto na aula os últimos días de clase.
A avaliación terá en conta a asistencia e participación do alumnado nas clases e a presentación de traballos escritos. Prestarase atención ás capacidades de argumentación e análise crítica, e a que os alumnos demostren ter lido e analizado os textos propostos así como outros de temática semellante. Téñense que demostrar habilidades discursivas nalguna das linguas co-oficiais de Galicia (galego ou español). Non se contempla a realización de exame final.
Estes son os elementos a considerar para a avaliación:
- Asistencia: 20 % (vaise pasar listaxe todas as semanas)
- Participación na clase: 30% (o alumnado contará cos materiais con antelación e deberá incidir nas cuestións indicadas nun guión proporcionado previamente. Vaise valorar especialmente a profundidade das reflexións do alumnado, a pertinencia dos comentarios en relación cos debates, e que se amose coñecemento do tema por lecturas ou investigacións previas.
- Realización dun traballo: 50% (traballo escrito, tipo ensaio ou análise de caso, que será realizado en grupos de dúas ou tres persoas. No comezo do curso proporcionanse indicacións sobre extensión, en ningún caso máis de 12 páxinas, e indicarase data de presentación). A calidade do traballo contará ata 35% e a presentación, 15%.
Segunda oportunidade. Establécese unha segunda oportunidade na que os estudiantes deben presentar dous traballos: un primeiro que desenvolverá un dos temas do programa, e outro que será semellante á proposta para a primera oportunidade, pero feito de xeito individual. As instruccións para estas tarefas serán indicadas con antelación polo profesor.
Dispensa: O alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia (seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clases en determinadas circunstancias), será evaluado cun exame final específico que suporá o 100% da calificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicaranse as disposicións do Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión das calificacións.
Esta materia ten asignados 3 créditos ECTS, que se corresponden con 75 horas de traballo do alumnado. Seguindo as recomendacións indicadas para este tipo de créditos, um terzo correspóndese con horas presenciais e dous terzos con non presenciais. A distribución será:
25 horas presenciais, que se reparten en
- horas de clases expositivas: 12
- horas de clases interactivas: 9
- horas de titorías: 4
50 horas non presenciais, que se reparten en
- lecturas e estudo de materiais proporcionados para clases interactivas: 25 horas
- realización do traballo final: 25 horas en total, no semestre.
Cando se teñan dúbidas sobre os contidos tratados na clase, materiais para o estudo, ou sistema de avaliación, é recomendable que os estudantes asistan a titorías ou pregunten ao profesor.
As lecturas, tarefas para interactivas e o trabajo final deben estar feitos dentro dos prazos previstos.
Miguel Anxo Rodriguez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812601
- Correo electrónico
- miguelanxo.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
15:00-16:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 15 |