Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte, Historia
Áreas: Historia da Arte, Prehistoria
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
OBXECTIVOS-Coñecementos:
Con01: Expresar uns coñecementos e unha comprensión de carácter avanzado no campo de estudo.
Con03: Seleccionar coñecementos avanzados dos principais métodos de investigación aplicables ao ámbito de traballo ou de aprendizaxe na práctica profesional.
Con 04: Enumerar os métodos e os procesos para facer fronte a aspectos, situacións e fenómenos complexos do campo de estudo.
Con 05: Expresar unha comprensión crítica e uns coñecementos altamente especializados, unha parte dos cales se sitúan na vangarda das correspondentes disciplinas artísticas e patrimoniais.
Con 06: Confeccionar unha conciencia crítica e creativa das posibilidades interdisciplinares entre diferentes campos e disciplinas.
Con 07: Recoñecer os criterios de actuación para a adaptación dos proxectos artísticos e patrimoniais en situacións de cambio a partir do coñecemento das dinámicas e do papel dos distintos axentes do sector cultural.
OBXECTIVOS-Habilidades e destrezas:
H/D01: Interrelacionar a teoría e a práctica na creación de traballos persoais que sexan innovadores e avanzados do campo de estudos.
H/D04: Formular xuízos críticos, a miúdo con información incompleta ou limitada, incluíndo, no seu caso, a reflexión sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á solución proposta en cada caso.
H/D06: Resolver problemas complexos na área de coñecemento, o campo científico ou a práctica profesional e resolvelos de maneira táctica, estratéxica e creativa.
H/D07: Demostrar un uso adecuado da metodoloxía, os materiais básicos e os procedementos #Máster Universitario en “Xestión da arte e o patrimonio cultural” necesarios para a investigación baseada na práctica e/o a teoría.
H/D08: Xestionar proxectos artísticos e culturais na contorna profesional.
H/D09: Presentar en público proxectos e hipóteses de traballo sobre temas artísticos e patrimoniais.
Os museos e centros expositivos conforman espazos artístico-culturais de interacción social na cotidianidade. Pero lonxe de resultar simples contenedores arquitectónicos, as institucións museísticas e expositivas desempeñan un papel activo na evolución da percepción e consideración do patrimonio cultural dunha comunidade, e da maneira de ser comprendida polos visitantes propios e alleos. Na actualidade, a dinámica cultural e turística non pode prescindir da realidade dos museos e centros expositivos, véndose todos eles agrupados en dous polos: os que precisan atraer máis visitantes, e os que presentan niveis de verdadeira saturación. Nuns casos e noutros a xestión e programación dos seus respectivos equipos directivos e técnicos amosan posibilidades moi diferentes en función dos obxectivos socio-culturais (e mesmo económico-políticos) que terminan por condicionar e orientar a imaxe perceptiva de cada un destes centros museísticos e expositivos.
A finalidade desta materia consiste en desenvolver unha análise das tendencias museológicas actuais, poñendo énfases no cambio de paradigma dunha xestión cultural baseada na pluralidade e diversidade cultural, integrando perspectivas e axentes sociais diversos, buscando formación crítica, a participación e a divulgación científica e cultural. Estes contidos concíbense como un complemento das demais materias do itinerario no que se enmarca:
- O museo #ante a cadea lóxica do patrimonio.
- Tipoloxías museísticas e ámbitos de musealización.
- O público e o privado: programación, orzamentos e procedementos de exhibición.
- A conservación preventiva como norma e obxectivo. Da exhibición á interpretación.
- Novas estratexias e modelos para a xestión e difusión de coleccións.
- ArTecnología: conocimiento aumentado y accesibilidad, coord. por Vinícus Andrade Pereira, Arturo Colorado Castellary , Isidro Moreno Sánchez. Universidad Complutense de Madrid, Servicio de Publicaciones, 2014.
- BELDA NAVARRO, C.; MARÍN, M.T., La Museología y la Historia del Arte. Murcia, Universidad de Murcia, 2006.
- DELOCHE, B., El museo virtual. Gijón, Ediciones Trea, 2002.
- DÍAZ BALERDI, I., La memoria fragmentada. El museo y sus paradojas. Gijón, Ediciones Trea, 2008.
- FERNÁNDEZ PARADAS, A.R., Museología aplicada: didáctica, casos prácticos y materiales docentes. Antequera-Málaga, ExLibric, 2015.
- HERNÁNDEZ CARDONA, F.X.; SANTACANA MESTRE, J., Museología crítica. Gijón, Ediciones Trea, 2006.
- HERNÁNDEZ HERNÁNDEZ, F., El museo como espacio de comunicación. Gijón, Ediciones Trea, 1998.
- Os Museus e a(s) Sociedade(s). Teorias, contextos, histórias, experiências, desafios: textos das comunicaçoes a presentadas no II Fórum Ibérico de Investigação em Museologia, decorrido em Lisboa em 13 e 14 de dezembro de 2018, coord. por Joana Baiao, Raquel Henriques da Silva, Universidade Nova de Lisboa, 2019.
Comp01: Identificar a necesidade de adquirir máis coñecementos e asumir responsabilidades en canto á aprendizaxe continuada destes coñecementos.
Comp02: Relacionar as novas correntes de pensamento, avances disciplinares e procesos de innovación entre si.
Comp03: Traballar de maneira autónoma e con finalidades profesionais.
Comp04: Conceptualizar, desenvolver e difundir proxectos artísticos e culturais.
Comp05: Analizar e desenvolver procesos de traballo e de planificar e xestionar os proxectos propios.
Comp06: Mostrar capacidade de traballo en equipo.
Comp07: Efectuar as actividades propias con responsabilidade social, honestidade intelectual e integridade científica.
Comp08: Xestionar e transformar contextos de traballo ou de estudo complexos e imprevisibles que demandan novas formulacións estratéxicas.
Comp09: Organizar proxectos e/o equipos actuando con autonomía individual e/o liderado cando sexa necesario.
Comp10: Avaliar as responsabilidades respecto a os resultados do estudo ou traballo propios ou doutras persoas, e ao desenvolvemento profesional de persoas e grupos.
Materia impartida en sesións académicas de carácter teórico-práctico, orientadas a lograr unha aprendizaxe significativa sobre os contidos da materia.
Desde un punto de vista teórico abordaranse aqueles contidos vinculados coas tendencias museológicas actuais e os novos modelos de estratexias de xestión e difusión asociada coas coleccións, mentres que as sesións interactivas tentarán profundar nas relacións da museoloxía co patrimonio cultural, a exhibición e a interpretación cultural dentro do marco da pluralidade e diversidade cultural.
O desenvolvemento da materia contempla dúas vertentes: actividades formativas presenciais (na aula e fóra dela) e actividades formativas non presenciais.
1) Actividades formativas presenciais:
(a) Clases teóricas adicadas á explicación e comprensión dos contados obxecto de estudo. Esas clases serán impartidas polo profesor, que solicitará tanto na exposición como nas clases prácticas interactivas a participación activa dos alumnos. Para as explicación empregaranse os recursos tecnolóxicos de apoio (audiovisuais e informáticos) que se estimen oportunos.
(b) Clases prácticas interactivas na aula adicadas ao comentario de textos periodísticos, á realización de exercicios nos que se teñan que aplicar os métodos e conceptos estudados, e á análise práctica de diferentes exemplos museísticos a partires dos seus recursos de comunicación e xestión (páxinas web, redes sociais…). Estas clases serán orientadas polo profesor e contarán coa participación activa dos alumnos.
(c) Clases teórico-prácticas interactivas fóra da aula, a partires da visita in situ a determinadas institucións museísticas e expositivas de Santiago de Compostela, de cara ao recoñecemento, aplicación práctica e ampliación dos aspectos teóricos en casos reais. Estas visitas desenvolveranse en horario de clase.
En caso de existir disponibilidade económica, realización de prácticas de campo fóra de Dantiago (con visita a institucións e centros museísticos e expositivos de relevancia).
(d) Titorías en grupos reducidos e titorías individualizadas; nelas ofrecerase ao alumnado a orientación, recomendación bibliográfica, guía metodolóxica e supervisión precisas para o seguimiento da asignatura e para que poidan profundizar nos contidos estudados.
2) Actividades formativas non presenciais:
Preparación de pequenos traballos individuais, a modo de comentarios, sobre textos proporcionados, así como a revisión e comentario crítico dos contidos da comunicación dun museo concreto coa sociedade (páxina web, redes sociais…).
Organización de dúas ou tres mesas redondas para que todos os estudantes poidan participar nalgunha delas explicando os resultados das súas análises e plantexando polo tanto un sentido crítico de aproximación á realidade dos museos e centros expositivos concretos na súa faceta expositiva, de conservación e difusión.
1) Todos los alumnos deberán participar obligatoriamente nas clases presenciais e tomar parte activa nas diferentes actividades presenciais desenvolvidas, xa que se conciben como un recurso co que fomentar a implicación dos estudantes na adquisición e asimilación dos contidos. Na avaliación, esta participación activa y continuada do alumnado en todas as actividades presenciais suporá un 40% da calificación total, onde se incluirá asimesmo a súa participación nas mesas redondas previstas.
Para que esta parte da avaliación poida ser tida en conta: De acordo co Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (CG do 25-11-2024) a asistencia á clase será preceptiva para superar a materia. O estudantado deberá contar con unha porcentaxe de presencialidade ás actividades docentes programadas dun 75%, tanto nas sesión expositivas como nas interactivas, onde se inclúen as prácticas de campo.
2) Os breves traballos escritos individuais a modo de comentarios que deberán entregar (que se describe no epígrafe precedente da metodoloxía, punto 2), suporá o 60% restante da calificación total.
Ao estudantado que lle sexa concedida a DISPENSA de asistencia a clase (Regulamento de asistencia a clase das Ensinanzas oficiais de Grao e Mestrado da Universidade de Santiago de Compostela (CG do 25/11/2024), será avaliado cunha proba final que suporá o 100% da cualificación final.
75 horas (3 créditos):
- Horas teóricas presenciais: 9 h
- Horas prácticas presenciais: 12 h
- Horas de titorías en grupos reducidos: 3 h
- Traballo persoal do estudantado: 51 h
É conveniente un certo dominio da lingua inglesa para poder acceder a algunhas lecturas.
Ramon Fabregas Valcarce
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Prehistoria
- Teléfono
- 881812696
- Correo electrónico
- ramon.fabregas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
David Chao Castro
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812595
- Correo electrónico
- david.chao [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
15:00-16:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 15 |