Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Área externa M.U en Atención Sanitaria, Xestión e Coidados
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñece o concepto de macroeconomía e microeconomía.
- Compara sistemas de sanidade.
- Coñece as técnicas de avaliación económica.
- Introdución á economía.
- Conceptos básicos de macroeconomía e microeconomía.
- A financiación da saúde.
- Análises comparativas de sistemas de saúde.
- Introdución ás técnicas de avaliación económica na saúde.
Antelo, M.; Fraga, J.M.; Reboredo, J.C. (coord.) (2011): Fundamentos de economía y gestión de la salud. Ed. USC.
Bernanke, B.S; Frank, R.H. (2007): Principios de economía, 3ª edición. Ed. McGraw-Hill.
Gimeno, J.A.; Rubio, S., Tamayo, P. (2006): Economía de la salud: fundamentos. Ed. Díaz de Santos.
Cabo, J. (2010): Gestión sanitaria integral: pública y privada. Centro de estudios financieros.
Hidalgo, A.; Corugedo, I.; Del llano, J. (2000): Economía de la salud. Ed. Pirámide.
Mankiw, N.G. (2007): Principios de economía, 4ª edición. Ed. Thomson.
Martín, J.L. (2004): Principios de economía. Ed. Prentice Hall.
Mochón, F. (2009): Economía, teoría y política, 6ª edición. Ed. McGraw-Hill.
- Establece as bases, explica os razonamentos e describe os principios sobre os que se sustentan o corpo conceptual e operativo da economía aplicada ao ámbito da saúde e os servizos sanitarios.
- Comprende as prioridades económicas da saúde e asigna orzamentos en función das prioridades.
- Comprende os orzamentos e a súa desgrosaxe nas administracións públicas e en centros privados.
- Valora a importancia do gasto e a utilización eficiente do material.
- Entende a lexislación aplicable nos orzamentos dos centros públicos e privados.
- Intercambia propostas na toma de decisións nos orzamentos.
- Entende as avaliacións de auditorías económicas.
-Seminario: Trátase dun espazo para a reflexión e/ou profundización dos contidos teóricos co desenvolvemento do traballo colaborativo e cooperativo.
-Traballo individual-Resolución autónoma de problemas: Resolución de problemas concretos desde unha perspectiva práctica.
-Participación en seminariosCriterios de avaliación: Demostración de coñecementos Participación 50%
-Traballos: Elaboración e/ou exposición de traballos académicosCriterios de avaliación: Redacción e cuestións formais. Evidencias achegadas. Demostración de coñecementos 50%
-Actividades presenciais (expositivas, seminarios) 10 horas
-Actividades non presenciais síncronas 6 horas
-Actividades non presenciais asíncronas 8 horas
-Traballo autónomo estudante 51 horas
- A asistencia e participación de maneira activa en todas as actividades presenciais é fundamental para o seguimento e superación da materia.
- O estudo e a preparación dos temas de forma sistemática e continuada contribúen ao desenvolvemento fluído da materia, así como á resolución de dúbidas durante toda a súa impartición e non só na fase final correspondente á avaliación.
- A preparación desta materia deberían abordarse de maneira complementaria ás demais asignaturas, de maneira integral ao plan de estudos.
ASISTENCIA A CLASE:
Aplicarase normativa seguinte:
Instrución 5/2023 da Secretaría Xeral do 17-09-2023 pola que se establece o código de boas prácticas para a docencia híbrida e virtual da USC https://minerva.usc.es/entities/publication/6ed7a4d5-cef0-4789-b577
5e93c70be52a
RESOLUCIÓN de 13 de diciembre de 2022 pola que se ordena a publicación do Regulamento das ensinanzas oficiais de grao e máster e do seu procedemento de garantía da calidade. Boletín Oficial (DOG) núm. 242, do 22 de decembro de 2022
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI
É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DE DISPOSITIVOS ELECTRÓNICOS
Atendendo ao artigo 9.2.a do Estatuto do Estudante da USC e ao artigo 36 da Lei Orgánica do Sistema Universitario, nas clases expositivas e interactivas non está autorizado o uso de dispositivos electrónicos (teléfonos móbiles, tablets, ordenadores, etc.) salvo cando o autoricen expresamente os profesores. O alumnado responsabilizarase das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS
Para a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo terase en conta o establecido no Protocolo de atención a persoas condiscapacidade (Área de Integración do Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC). Realizaranse as debidas adaptacións metodolóxicase/ou adaptacións curriculares para dar resposta ás necesidades educativas do citado alumnado.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE:
Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS
No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | - | Aula 2.01 |
Martes | |||
16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | - | Aula 2.01 |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | - | Aula 2.01 |
02.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.03 |
15.07.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.02 |