Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Plástica
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer e reflexionar sobre propostas artísticas contemporáneas ao redor da natureza e das problemáticas educativas e ecosociales do territorio.
- Experimentar diferentes procesos creativos que amplíen a incorporación da arte e a natureza ao traballo docente dos futuros mestres.
- Deseñar propostas educativas desde unha perspectiva da Pedagoxía Creativa do Lugar.
Podemos dividir os contidos en 3 apartados. Estes apartados están interrelacionados e non se presentan de forma illada se non que fan referencia aos diferentes contextos (culturais e vivenciais) que se van traballar ao longo do curso.
BLOQUE 1: Arte.
A natureza e a paisaxe na arte: análise comparada de obras clásicas e contemporáneas.
- A arte da natureza: Da paisaxe romántica ao Land art
- Propostas artísticas contemporáneas: arte, natureza e activismo.
BLOQUE 2: O “Eu” como contexto.
- Preconceptos en torno á arte e a educación
- Revisión de experiencias previas e desvinculación dos estereotipos ao redor de arte e a educación.
- Glosario de termos: proceso, proxecto, educación artística, creatividade, imaxinación, imaxinario, orixinalidade etc.
- Procesos, técnicas e materiais para a elaboración de proxectos artísticos baseados na natureza.
- Exemplificacións de organización, deseño e desenvolvemento de actividades educativas na natureza e ao aire libre no ámbito galego.
BLOQUE 3: Educación: A Pedagoxía Creativa do Lugar.
- Arte e compromiso: A natureza como territorio de acción para a educación e a arte.
- A investigación educativa baseada nas artes (ÍA).
- Observación da contorna como espazo para a integración arte-natureza: paisaxe, tradición, arquitectura, oficios... etc.
- Relaciones educativas entre arte, paisaxe e identidade. O caso galego
- O portafolios como ferramenta de recollida de documentación e proceso.
1. Bibliografía Básica:
Dewey, J. (2020). Experiencia e educación. Pontevedra: Kalandraka
Freinet, C. (2019). As técnicas freinet da escola moderna. Pontevedra: Kalandraka
Kent, C., Steward, J. (2019). Observar Conectar Celebrar. Las enseñanzas sobre creatividad de Sister Corita. Barcelona: Gustavo Gili
2. Bibliografía complementaria:
2a. Metodoloxía:
Abelleira, A., Abelleira, I. (2017). Os fíos de infantil. Vigo: Editorial Galaxia
Abelleira, A., Abelleira, I. (2019). O latexto dunha aula infantil. Eloxio do cotián. Vigo:Editorial Galaxia
Chard, S., Kogan, Y., Castillo, C. (2019). El Aprendizaje por Proyectos en Educación Infantil y Primaria, Madrid: Morata
Dubovik, A. Cippittelli, A. (2019). Construçao e construtividade: materiais naturais e artificiais nos jogos de construção. Phorte Editora
Malaguzzi, L. (2005). Los cien lenguajes de la infancia, Barcelona: Associació de Mestres Rosa Sensat
2b. Teoría educativa:
Atkinson, D. (2018). Art, Disobedience and Ethics. The Adventure of Pedagogy. London: Palgrave Macmillan
Eisner, E. W. (2004). El arte y la creación de la mente: el papel de las artes visuales en la transformación de la conciencia.. Barcelona: Paidós.
Lowenfeld, V., Brittain, L. (2008). Desarrollo de la capacidad intelectual y creativa, Madrid: Síntesis
Vigotski, L. (2016). A imaxinación e a expresión artística na infancia. Pontevedra: Kalandraka
Mitchell, W.J. T. Landscape and power, The univeristyof Chicago Press, 2002
Catálogos de arte contemporánea (de consulta en la Biblioteca): Mujeres Artistas, Arte hoy, Art now, etc (Editorial Taschen) e Vitamin Ph, Vitamin D, Vitamin P etc (Ed Phaidon)
Competencias básicas:
1.- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
3.- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro, sen ambigüidades e os requisitos esixibles a todo traballo científico.
Competencias específicas:
9.- Que os estudantes teñan actitudes e comportamentos positivos en relación coa paisaxe e os elementos naturais primixenios.
Resultados da aprendizaxe:
1 Os estudantes analizan e valoran a riqueza educativa e artística do medio natural
2 Os estudantes aprenden a deseñar programas para a realización de actividades educativas en ámbitos naturais
3 Os estudantes son capaces de colaborar e traballar en equipo con outros profesionais
Proposta metodolóxica baseada en proxectos artísticos.
Metodoloxía de proxectos: Traballo de carácter cualitativo. Partindo de práctica artística como metodoloxía de investigación, analizamos diferentes conceptos e elementos da natureza e a paisaxe baixo o prisma da Educación Artística, investigando a súa utilidade como ferramentas que amplíen os procesos de construción de identidade do alumnado.
Para a realización do proxecto os estudantes visitarán un conxunto de contornas naturais e rurais das que recolleran información e datos.
- A docencia expositiva e interactiva será de carácter presencial. As titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
- As titorías realizaranse de xeito virtual.
O modelo de avaliación máis coherente coa propia disciplina artística podería entenderse como un tipo de avaliación cualitativa e formativa.
Formativa no sentido de que se realiza co propósito de favorecer o proceso de aprendizaxe dos alumnos e axuda a reflexionar sobre un proceso.
Cualitativa, na medida que o proceso de avaliación das ensinanzas artísticas, e aínda as xerais, non poden referirse unicamente a condutas observables senón que deben abranguer os procesos de percepción, comprensión, crítica e expresión. Toda actividade é avaliada: asistencia e participación nas clases, resolución de cuestións, exercicios de observación, comentarios derivados de obras artísticas, e proxecto artístico final, no que os estudantes amosarán suficiencia na adquisición das competencias establecidas.
A avaliación será continua, tendo en conta os seguintes apartados:
- Asistencia e participación nas actividades de clase
- Realización dun cartafol no que se recollan tódalas propostas realizadas nas clases expositivas e interactivas (ou tarefas subidas ao campus virtual no escenario 3). Cada proposta vai acompañada da súa correspondente reflexión e documentación.
- Realización dun proxecto que incorpore e desenvolva a idea de proceso. Esta actividade realizarase individualmente.
A valoración de cada un destes elementos para a cualificación final será a seguinte:
A. Participación e implicación na aula 15%
B. Probas específicas: 40%
C. Informes escritos e outras producións: 40%
D. Presentacións orais: 5%
Para ser avaliados, todos os traballos e actividades que se soliciten ao alumnado deberán ser entregados no tempo e forma indicados pola profesores.
De todos xeitos, e con carácter xeral, para obter unha valoración positiva na materia será preciso cumprir os seguintes requisitos:
CUALIFICACIÓN MÍNIMA: Para obter a cualificación de aprobado, un alumno/a deberá acadar unha puntuación mínima de 5 puntos, debendo obter a cualificación mínima esixida nos apartados B (Probas específicas) e C (Informes escritos e outras producións).
ASISTENCIA: ás sesións interactivas e expositivas é OBRIGATORIA. Controlarase a asistencia nas sesións interactivas, expositivas e nas titorías. O alumnado con 4 ou máis faltas de asistencia non xustificadas (é dicir, o 20% do total das sesións presenciais), non será cualificado no apartado A (participación na aula). Para recibir cualificación neste apartado, alén de asistir a un mínimo do 80% das horas, o estudante debe implicarse activamente nas actividades que se soliciten a nivel individual así como as que se realicen nas sesións presenciais. Estas actividades, consideradas como un control de asistencia, non son recuperables.
ALUMNADO NON ASISTENTE:
O alumnado que teña exención de docencia, deberá poñerse en contacto co profesor durante os primeiros 30 días do semestre para organizar un plan de traballo que será recollido nunha memoria final e entregado o día do exame marcado no calendario.
O alumnado que, polas razóns que sexa, non acade un mínimo do 50% das sesións presenciais, non poderá presentar traballos nin participar nas presentacións orais, presentándose unicamente a unha proba final que, recordamos só ten un valor máximo dun 40%.
RECUPERACIÓN DA MATERIA:
Se no período ordinario asistiu ao 80% das sesión presenciais e ten cualificación nos catro apartados da avaliación, debe presentarse unicamente á proba final en xullo neste caso, mantéñenselle as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
No caso de que un alumno/a suspenda a materia na convocatoria de xullo, nas convocatorias de anos sucesivos terá que entregar o cartafol e os informes escritos, nas mesmas condicións que se establecen no apartado anterior para o alumnado non asistente con exención de docencia. No caso de alumnos que decidan repetir a materia asistindo novamente a clase e implicándose en todas as actividades que se realicen no período ordinario, a avaliación será considerada dentro da casuística ordinaria.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Ao tratarse dunha materia de 3 créditos ECTS, corresponden 75 h de traballo do alumno. Estas horas distribúense do seguinte xeito:
TRABALLO PRESENCIAL: 27 h.
Horas Clase presencial en grupo completo: 8
Clases practicas: 8 (Exercicios de análise da paisaxe, 3 horas; Realización dun proxecto artístico en torno á paisaxe, 6 horas)
Titorías: 2
Realización de exercicios escritos ou exames: 2
Outras tarefas co profesor/a da materia 7: Excursión a Rivas de Miño e diferentes localizacións rurais.
TRABALLO PERSOAL: 48 h
Estudo autónomo individual ou en grupo 14
Escritura de exercicios, conclusións ou traballos derivados da materia 16
Lecturas recomendadas e buscas bibliográficas 10
Asistencia a actividades recomendadas, como charlas, presentacións de traballos, teses doutorais, etc. e
Outras tarefas propostas polos profesores da 3 materia: Visita
Recomendacións para o estudo da materia
- Asistir asidua e participativamente ás clases e titorías
- Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua. (Non é aconsellable confiar a preparación da materia para o final de curso).
- O alumnado con dispensa de asistencia ás clases teóricas deberá respectar as datas establecidas para a entrega de traballos. Recoméndaselle que manteña un seguimento activo da materia mediante as titorías e as plataformas virtuais, para facilitar o axeitado desenvolvemento da materia e a superación da mesma. Nalgúns casos, poderá establecerse un plan de traballo persoal, acorde coas circunstancias específicas de cada alumno, sempre que se respecten e se garantan os mesmos principios de equidade na avaliación e de igualdade de oportunidades para todo o alumnado da materia.
Observacións
Todas as actividades desenvolvidas na materia de Educación Visual e Plástica II: Procesos e Proxectos Artísticos son de asistencia obrigatoria; polo que esta materia non se verá afectada pola “Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias”. Concretando, todo o alumnado matriculado debe desenvolver integramente as actividades das clases interactivas.
Outras Observacións:
-Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
-Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Vicente Blanco Mosquera
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Teléfono
- 982821030
- Correo electrónico
- vicente.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Salvador Cidras Robles
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Teléfono
- 982821029
- Correo electrónico
- salvador.cidras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 30 |
15.01.2025 17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |
30.06.2025 11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |