Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía Moral
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Favorecer a toma de conciencia da necesidade dunha reflexión ética acerca das cuestións que afectan ao medio ambiente.
2. Dotar ao alumnado dos fundamentos conceptuais básicos referentes as cuestións éticas que afectan ao medio ambiente.
3. Xerar actitudes e comportamentos positivos en relación ao medio natural, adquirindo un espírito crítico en relación ás prácticas humanas sobre o medio ambiente.
4. Capacitar ao alumnado para a selección e elaboración de materiais e recursos didácticos para potenciar os valores de respecto cara ao medio natural.
1. Cuestións introdutorias: Presentación de cuestións relativas á ética ambiental.
2. Sostibilidade e globalización.
3. Os Dereitos Humanos e os seus aspectos medioambientais.
4. Movementos ético-políticos en relación co medio ambiente.
5. Dimensións éticas da educación medioambiental.
Bibliografía básica:
• ETXEBERRÍA, X. (1995): La ética ante la crisis ecológica. Bilbao, Universidad de Deusto.
• GIORDAN, A. & SOUCHON, Ch. (1997): La educación ambiental. Guía práctica. Sevilla, Díada, ed.
• GUERRA PALMEIRO, M. J. (2001): Breve introducción a la ética ecológica. Madrid, Antonio Machada libros.
• JONAS, H. (1995): El principio de responsabilidad. Ensayo de una ética para la civilización tecnológica. Barcelona, Herder.
• MIES, M. & SHIVA, V. (1993): Ecofeminismo. Teoría, crítica y perspectivas. Barcelona, Icaria.
• RIECHMANN, J. (2004): Ética ecológica. Propuestas para una reorientación. Montevideo, Ed. Nordan-Comunidad.
• VELAYOS CASTELO, C. (1996): La dimensión moral del medio ambiente natural. Comares, Granada.
Bibliografía complementaria:
• COBO, R. (ed.) (2006): Interculturalidad, feminismo y educación. Madrid, Los libros de la catarata.
• MARCOS MARTINEZ (2001): Ética ambiental. Valladolid, Universidad de Valladolid.
• MELION, J. A. (ed.) (2006): Ideologías y movimientos politicos contemporáneos. Madrid, Tecnos.
• NOVO VILLAVERDE, M.; SATISTEBAN CIMARRO, A. & SOBEJANO SOBEJANO, M. J. (1998): Juegos de educación ambiental. Madrid, ICONA.
• RODRÍGUEZ PALOP, M. E. (2002): La nueva generación de derechos humanos. Origen y justificación. Madrid, Dykinson.
• SANFUENTES, O. (2009): Develando el nuevo mundo. Imágenes de un proceso. Santiago de Chile, Universidad Católica de Chile.
• SOSA, N. (1994): Ética ecológica. Madrid, Prodhufi-Libertarias.
Os contidos desta materia contribuirán á adquisición das las seguintes competencias propiasotítulo:
• Competencias básicas:
CB6 - Posuir e comprender coñecementos que aporten unha base u oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, moitas veces nun contexto de investigación
CB8 - Que o alumnado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
• Competencias específicas:
CE9 - Que o alumnado teña actitudes e comportamentos positivos en relación coa paisaxe e os elementos naturais primixenios.
CE12 - Que o alumnado sexa capaz de colaborar e traballar en equipo con outros profesionais e desenvolver a capacidade de intercomunicación.
A metodoloxía a seguir será a seguinte: despois dunha presentación xeral do tema por parte do profesorado; serán marcadas as lecturas que deberán ser traballadas polo alumnado individualmente ou en grupo, para ser debatidas en diversas sesións, que servirán para propiciar o desenvolvemento das competencias sinaladas, consolidando a comprensión dos contidos e resolvendo as dúbidas. Para fomentar a participación na clase do alumnado, serán propostos debates acerca dos contidos do programa e, no seu caso, de noticias dos medios de comunicación, textos, etc., que resulten oportunos.
O alumnado será atendido, en grupos reducidos ou individualmente, en titoría para orientar os seus traballos (2 horas)
A avaliación será continua, sen proba final. Está prevista a coordinación entre as outras materias deste módulo para a realización dun traballo conxunto.
As porcentaxes distribúense como se indica a continuación:
- Asistencia e participación activa en clases: 15%
- Probas obxectivas: 50%
- Presentación de informes orales e/ou escritos: 35%
O 85% correspondente a probas obxectivas e presentación de informes repartirase do seguinte xeito:
- Traballo en equipo: 60% (50% probas obxectivas + 10% presentación de informes orais e/ou escritos).
- Exercicios prácticos, comentarios en forosey outras actividades 25% (25% presentación de informes orais e/ou escritos).
Ao final do cuadrimestre se entregará una traxectoria de todo o realizado con relación á materia.
Por outra banda, o alumnado que, por motivos xustificados, non poida asistir a varias ou á totalidade das clases seguirá un sistema de titorías individualizado a partir do exposto neste programa, que se concretará a principios de curso, debendo realizar un traballo final que será entregado a finais do cuadrimestre.
• Segunda evaluación ordinaria
Para a segunda oportunidade, manteránse os criterios de avaliación da primeira oportunidade.
O alumnado con dispensa de asistencia a clase deberá poñerse en contacto coa profesora na primeira semana do curso para quel le sexa programada unha actividade que sustitúa a asistencia e participación a clases, que computará un 15%.
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS:
A totalidade de competencias poden ser desenvolvidas e avaliadas tanto a partir das clases presenciais como nos traballos e informes que se soliciten; de xeito concreto, a competencia CE12 poderá ser desenvolvida tanto a través do traballo correspondente ao tema 1 como no traballo de módulo por ser actividades específicamente grupais.
Traballo presencial:
Clase presencial: 08 horas.
Clases prácticas: 08 horas.
Titorías: 02 horas.
Realización de exercicios: 02 horas.
Outras tarefas: 07 horas.
Total horas de traballo presencial: 27 horas.
Traballo persoal:
Estudo autónomo, individual ou en grupo: 12 horas.
Escritura de exercicios ou traballos derivados da materia: 08 horas.
Lecturas recomendadas e procuras bibliográficas: 12 horas.
Asistencia a actividades recomendadas: 04 horas.
Outras tarefas propostas polo profesorado: 12 horas.
Total horas de traballo persoal do alumnado: 48 horas.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
− Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
− Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Beatriz Fernandez Herrero
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- 982824742
- Correo electrónico
- beatriz.fernandez.herrero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
16:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 30 |
14.01.2025 17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |
02.07.2025 12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |