Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Didácticas Aplicadas, Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Didáctica da Expresión Corporal, Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Aplicar conceptos das diferentes materias do máster en contornas singulares
-Analizar as contornas singulares en base ás súas características culturais e ao seu entorno físico.
-Deseñar actividades adaptadas á contorna natural
Determinar e organizar itinerarios por montaña baixa e media. Progresar con eficacia e seguridade por terreo de montaña baixa e media e terreo nevado de tipo nórdico. Guiar e dinamizar persoas por itinerarios de montaña baixa e media e por terreo nevado de tipo nórdico.
Caracterización do percorrido: itinerarios por terreos de montaña de dificultade baixa e media adaptados ao contexto de intervención. Protocolos de seguridade. Protocolos de conservación do medio natural. Tramitación dos permisos necesarios. Procedementos de avaliación da actividade realizada. Documentación sobre as necesidades loxísticas e recursos humanos. Documentación informativa para os usuarios. Programa do itinerario. Guía do itinerario ou caderno de ruta. Representacións gráficas dos itinerarios. Programas de actividades lúdico-recreativas. Xestión de recursos e materiais. Valoración das dificultades do terreo.
Deseño de actividades relacionadas co físico e o biolóxico en contornas de montaña media e alta.
Básica
-Beames, S Higgins, P. and Nicol, R. (2012) Learning outside the classroom: theory and guidelines for practice. London: Routledge.
-Ewert, A. y Sibthorp, R.J. (2014). Outdoor adventure education: Foundations, Theory and Research, -Champaign, IL [Estados Unidos]: Human Kinetics.
-Nasarre, J.M. (2016). Senderismo. 100 hitos normativos y para pensar. Madrid: Desnivel.
Complementaria
-Delibes, M. y Delibes de Castro, M. (2010). La Tierra herida: ¿Qué mundo heredarán nuestros hijos?Barcelona: Destino.
-Doménech Ferri, J. (2002). Caminar por la montaña. Alcoy [Alicante]: J. Doménech, 2002.
-Dubois, PH. (ed.) (2002). El campo: ecoguía para descubrir la naturaleza. Madrid: H. Blume, 2002.
-Faus, A. (1999). Andar por las montañas: conocimientos básicos. Madrid: Palabra, D.L.
-Ford, Ph. M. (1981). Principles and Practices of Outdoor/Environmental Education, New York: John Wiley & Sons, cop.
-Hobbs, M.F. y Gair, Nicholas P. (1997). Outdoor education: Theory and Practice, London/ Washington: Cassell.
-Humberstone, B.; Prince, H. and Henderson, Karla A. (2016). Routledge international handbook of outdoor studies. London: Routledge, 2016
-Jeffs, T. y Ord. J. (2018). Rethingking Outdoor, Experiential and Informal Education, London/New York: Routledge.
-Louv, R. (2012). Volver a la naturaleza: el valor del mundo natural para recuperar la salud individual y comunitaria. Barcelona: RBA.
-Martínez de Pisón, E.(2010). El sentimiento de la montaña. Madrid: Desnivel.
-Perkins, Dennis N.T. (2014). Lecciones de liderazgo. Las 10 estrategias de Shackleton en su gran expedición antártica. Madrid: Desnivel.
-Reinoso Fernández-Caparrós, M. (2017). Outdoor training y la educación en valores. Sevilla: Wanceulen, 2009.
-Waite, Sue, (ed.) (2017). Children learning outside the classroom: from birth to eleven, second edition. London: SAGE Publications Ltd.
Competencias básicas, xerais, transversais e específicas que se desenvolven e se avalían nesta materia: CB6, CB7, CB8, CB9, CG03, CT01, CT02, CT11, CE01, CE02, CE03, CE04, CE05, CE06, CE07, CE08 e CE09
As clases teórico-prácticas presentan unha síntese actualizada do conxunto de coñecementos previos sobre a educación en actividades na natureza. A metodoloxía basearase fundamentalmente en actividades eminentemente prácticas nunha contorna natural con aspectos singulares. O alumnado deberá descubrir, sinalar e explicar a razón pola cal eses elementos teñen riqueza educadora. A partir destas actividades, o estudantado realizará deseños de actividades. Os estudantes serán atendidos en grupos reducidos ou individualmente, en titoría, para orientar as súas indagacións.
Todo isto realizarase nun contexto internacional no que se favorece o uso do inglés.
O ensino expositivo e interactivo será fundamentalmente presencial. As titorías poderán desenvolverse parcialmente por correo electrónico ou plataformas como Microsoft Teams.
Garantirase ao alumnado a accesibilidade aos materiais que aparecen na bibliografía básica segundo as condicións da etapa.
Internacionalización: nesta materia inclúense aspectos que favorecen a internacionalización. Utilizarase o inglés, lingua empregada parcialmente nas clases. Convidarase a profesorado doutros países a impartir seminarios. Así mesmo, informarase das posibilidades de realizar estadías noutras universidades.
Internationalization: This subject includes aspects that promote internationalization. English is used partially in classes. Professors from other countries are invited to teach seminars. Information is also provided on the possibility of placements at other universities.
Probas obxectivas: 30 %
Presentación de informes orais e/ou escritos: 50 %
Asistencia e participación: 20 %
O alumnado ao que lle fose concedida dispensa da asistencia a clase deberá realizar un traballo alternativo, así como as tarefas que determine o profesorado.
O alumnado repetidor que teña superados os requisitos de asistencia a clase, incluídas as sesións prácticas, poderá someterse ao réxime ordinario de avaliación ou acollerse ao réxime previsto para o alumnado con dispensa de asistencia a clase.
ADVERTENCIA SOBRE O PLAXIO E O USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS NA REALIZACIÓN DE TAREFAS OU PROBAS
Nos casos de rendemento fraudulento de exercicios ou probas, aplicaranse as disposicións do Regulamento para avaliar o rendemento académico do alumnado e revisar as cualificacións.
TRABALLO PRESENCIAL – Horas
Clase presencial en grupo completo: 2
Clases prácticas: 8
Titorías: 2
Realización e programación de actividades, exercicios escritos ou exames: 4
Outras tarefas co/a profesor/a da materia: excursións na contorna natural: 11
TOTAL de horas de traballo presencial: 27
TRABALLO PERSOAL – Horas
Estudo autónomo individual ou en grupo: 14
Escrita de exercicios, conclusións ou traballos derivados da materia: 9
Lecturas recomendadas e procuras bibliográficas: 20
Asistencia a actividades recomendadas, como charlas, presentacións de traballos, películas, etc.: 4
Outras tarefas propostas polo/a profesor/a da materia (especificar): Procuras telemáticas: 1
TOTAL de horas de traballo persoal do alumnado: 48
Agás as titorías, esta é unha materia que se desenvolve exclusivamente en contornas naturais. O alumnado debe dispoñer dun equipamento mínimo axeitado para camiñadas e a práctica do campismo.
ADVERTENCIA SOBRE O PLAXIO E O USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS NA REALIZACIÓN DE TAREFAS OU PROBAS
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e de revisión de cualificacións.
Este programa poderá sufrir modificacións por necesidades docentes. Estas serán comunicadas debidamente ao alumnado con suficiente antelación.
A materia ten un desenvolvemento na USC virtual e información adicional na páxina do máster:
http://www.masterdaen.es/inicio.html
Comunicación
Toda comunicación realizarase a través das contas oficiais da USC e mediante o campus virtual.
Elaboración e confección de documentación
Utilizaranse as ferramentas institucionais para a confección de calquera informe, documentación ou traballo que sexa necesario presentar.
Entrega de documentación
Todos os traballos entregaranse en formato electrónico a través da plataforma virtual, non admitíndose ningún en formato papel.
Perspectiva de xénero
En atención aos criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase empregar unha linguaxe non sexista tanto no traballo cotián da aula como nos traballos académicos. Pódese obter máis información no seguinte enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
Protección de datos
Aplicarase a política e normativa da USC ao respecto, dispoñible en:
https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Agustín Merino García
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Correo electrónico
- agustin.merino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Miguel Cons Ferreiro
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 982821062
- Correo electrónico
- miguel.cons [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
David Garcia Romero
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 982821010
- Correo electrónico
- d.garcia.romero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Espazos naturais |
Mércores | |||
10:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Espazos naturais |
16:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Espazos naturais |
18:00-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán, Galego | Espazos naturais |
Xoves | |||
09:30-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | Espazos naturais |
16:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | Espazos naturais |
Venres | |||
10:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán, Galego | Espazos naturais |
26.05.2026 17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |
08.07.2026 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |