Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Ser conscientes da capacidade das persoas como fonte potencial de vantaxes competitivas para as empresas.
- Comprender, desde unha perspectiva estratéxica, a dirección de persoas nas empresas.
- Identificar as estratexias relativas ás persoas en coherencia coa estratexia empresarial.
- Análise da consistencia interna e externa da estratexia relativa ás persoas.
- Coñecer un modelo de análise para a dirección estratéxica de persoas.
- Desenvolver capacidades para formular e implantar estratexias relativas ás persoas que axuden ás empresas a obter unha vantaxe competitiva sostida.
- Ser consciente das repercusións das decisións no ámbito do persoal sobre os participantes individuais e a sociedade.
- Acadar capacidade para xestionar a diversidade.
1. Retos da dirección de persoas.
2. Enfoques para a dirección de persoas.
3. Modelo de dirección estratéxica de persoas.
4. Obxectivos da dirección estratéxica de persoas.
5. Deseño e implantación de estratexias relativas ás persoas que contribúan aos resultados organizativos.
6. Dirección de persoas nun contexto global.
Bibliografía básica
-Gómez-Mejía, L..; Balkin, D.; Cardy, R. (2016). Gestión de recursos humanos. Octava edición. Editorial Pearson Educación, Madrid.
Bibliografía complementaria
-Albizu, E.; Landeta, J. (2001): Dirección estratégica de los recursos humanos: teoría y práctica, Editorial Pirámide, Madrid.
-Bonache, J.; Cabrera, A. (2006): Dirección de Personas. Editorial Pearson Educación- Prentice Hall, Madrid.
-Chiavenato, I (2017): Administración de recursos humanos: el capital humano de las organizaciones, Editorial McGraw-Hill, Madrid.
-Dolan, S.L.; Valle, R.; Jackson, S.E.; Schuler, R.S. (2007): La gestión de los recursos humanos, tercera edición, Editorial McGraw-Hill, Madrid.
-Dolan, S.L., Valle, R. y López, A. (2014). La gestión de personas y del talento. Editorial McGrawHill, Madrid.
-Robbins, S.; Judge, T. (2017). Comportamiento organizacional. 17ª ed. Ed. Pearson.
-Sastre, M.Á.; Aguilar, E.Mª (2003): Dirección de recursos humanos. Un enfoque estratégico Editorial McGraw-Hill, Madrid.
Para cada tema o profesorado poderá proporcionarase bibliografía específica.
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
CT1- Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos á realidade empresarial.
CT2- Capacidade para tomar decisións de xestión no ámbito da empresa en xeral e en particular das súas diferentes funcións, en situacións de información incompleta.
CT3- Capacidade para continuar coa aprendizaxe autónoma.
CT4- Desenvolvemento do sentido ético da xestión empresarial.
CT5- Capacidade para integrar e traballar en equipos de composición diversa.
CT6- Capacidade de comunicarse, en particular, de presentar e argumentar.
- Competencias específicas da materia:
CE1- Coñecemento da capacidade das persoas como fonte potencial de vantaxes competitivas para as empresas.
CE2 - Comprender, desde unha perspectiva estratéxica, a dirección das persoas nas empresas.
CE3- Capacidade para identificar estratexias relacionadas coas persoas en coherencia coa estratexia empresarial.
CE4- Análise da consistencia interna e externa da estratexia en relación coas persoas.
CE5- Coñecemento dun modelo de análise para a xestión estratéxica das persoas.
CE6- Capacidade para formular e implementar estratexias relacionadas coas persoas que axudan ás empresas a obter unha vantaxe competitiva sostida.
CE7- Coñecemento do impacto das decisións no ámbito do persoal sobre os participantes individuais e a sociedade.
CE8- Capacidade para xestionar a diversidade.
CE9- Coñecemento das principais formas de flexibilidade laboral.
CE10- Desenvolvemento do coñecemento de fontes de información destacadas, autores relevantes e experiencias empresariais na xestión de recursos humanos.
CE11- Desenvolvemento da capacidade analítica e crítica respectuosa co traballo dos demais.
As sesións expositivas e interactivas desenvolveranse presencialmente no horario oficial publicado polo centro.
As sesións dedicadas ás clases expositivas servirán para introducir os contidos dos temas que compoñen o programa, destacando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre os distintos contidos.
Nas sesións interactivas o obxectivo é que os estudantes apliquen conceptos teóricos, traballen en equipo e desenvolvan habilidades de comunicación, especialmente presentación e argumentación. Para iso, analizaranse casos, celebraranse sesións de role-playing, debateranse as cuestións plantexadas polo profesorado e realizaranse presentacións dos traballos realizados individual ou colaborativamente.
Poderase contar coa presenza de profesionais expertos e/ou dalgún profesor/a doutra universidade especializado nos contidos da materia.
A participación nas sesións expositivas e interactivas complementarase co traballo persoal do estudantado que poderá incluír, ademais do tempo dedicado ao estudo, a busca, lectura e síntese de material bibliográfico referenciado polo profesorado. Tamén inclúe a preparación dun traballo individual ou en equipo que terá que ser presentado nunha clase interactiva. Coas lecturas preténdese que os estudantes accedan a fontes de información relevantes, especialmente revistas de interese, para que se familiaricen con autores destacados, coñezan experiencias empresariais de interese para a materia e desenvolvan a capacidade de síntese e presentación escrita. Mediante o traballo en equipo e a súa presentación na clase, espérase que os estudantes desenvolvan a competencia para traballar en equipo no futuro, así como a comunicación oral.
O profesorado orientará o traballo autónomo do estudantado nas horas dedicadas á docencia e ás titorías. As titorías están destinadas fundamentalmente a orientar ao estudantado sobre os traballos, presentacións a realizar, casos prácticos ou lecturas, así como a resolver as dúbidas e problemas que podan xurdir e proporcionarlles retroalimentación sobre os resultados do proceso de aprendizaxe.
As titorías levaranse a cabo fundamentalmente de forma presencial, se ben en determinados casos tamén poderán realizarse de xeito virtual: síncrona (a través da plataforma institucional MS Teams) e asíncrona (a través do campus virtual). En calquera caso, as titorías desenvolveranse no horario habitual publicado oficialmente polo profesorado.
O desenvolvemento da materia realizarase con apoio da aula virtual docente creada a tal efecto na plataforma Moodle.
A avaliación terá en conta tódalas actividades desenvolvidas polo estudantado (participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa, realización e exposición de traballos, exame de contidos, etc.).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O estudantado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda. O sistema de avaliación destas dúas oportunidades recóllese a continuación.
-Primeira oportunidade ordinaria:
A avaliación continua terá en conta a participación nas clases, así como todas as actividades desenvolvidas polo estudantado A avaliación continua supón o 50% da cualificación.
A avaliación dos coñecementos teóricos realizarase mediante un exame final obrigatorio, que supón o 50% da cualificación. Esta proba será presencial, nas datas establecidas polo centro.
Para engadir a cualificación continua á cualificación do exame de coñecementos, os estudantes deberán obter un mínimo de 2 sobre 5 no exame de coñecementos. Para superar a materia, a nota total debe ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
-Segunda oportunidade extraordinaria de recuperación:
Aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade. É dicir, farase un novo exame final de contidos coa ponderación establecida para a primeira oportunidade.
Manterase a cualificación de avaliación continua para a segunda oportunidade de recuperación, pero en ningún caso para cursos posteriores. O sistema de avaliación explicado anteriormente tamén é aplicable para estudantes repetidores.
-De acordo co Regulamento de permanencia vixente na USC para estudos de Grado e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades obxecto de avaliación significará que a nota final do/a estudante sexa diferente de ‘NON PRESENTADO’.
- A dispensa de asistencia está regulada polo Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster. O estudantado ao que se lle conceda a dispensa de asistencia será avaliado cun exame final específico presencial que suporá o 100% da nota.
Avaliación de competencias:
CT1, CT3- Actividades de avaliación continua e exame final da materia.
CT2,CT4- Avaliación continua: Preparación por equipos de traballos sobre contidos complementarios para a materia.
CT5- Avaliación continua: Realización e presentación por equipos de traballos, casos e actividades en equipo nas clases interactivas.
CT6- Avaliación continua: Participación nas clases interactivas. Exposición oral de casos/lecturas/noticias…, participación en debates. Elaboración de material complementario en equipo e exposición do mesmo ao resto de compañeiros. Realización e presentación por equipos de traballos, casos e actividades en equipo nas clases interactivas.
CE1, CE2, CE3,CE4,CE5,CE6, CE7, CE9, CE10, CE11- Actividades de avaliación continua e exame final da materia. -Resolución de casos (reais ou inventados) axustados a cada parte da materia. Discusión/debate argumentado con razoamento crítico en relación a temas actuais/noticias/lecturas/casos prácticos de xestión de persoas.- Preparación por equipos de contidos complementarios para a materia. - Presentación por equipos (oral e escrita) de traballos sobre contidos complementarios para a materia. Participación nas clases interactivas. Exposición oral de casos/lecturas/noticias…, participación en debates. Elaboración de material complementario en equipo e exposición do mesmo ao resto de compañeiros. Realización e presentación por equipos de traballos, casos e actividades en equipo nas clases interactivas.
CE8- Avaliación continua: Participación nas clases interactivas. Exposición oral de casos/lecturas/noticias…, participación en debates. Elaboración de material complementario en equipo e exposición do mesmo ao resto de compañeiros. Realización e presentación por equipos de traballos, casos e actividades en equipo nas clases interactivas.
A materia é de 4,5 créditos e cada crédito equivale a 25 horas.
O total das horas de traballo distribúese do seguinte xeito:
Horas de clase expositiva e interactiva, titorías e avaliación: 45.
Traballo persoal do estudante: 67,5.
Para maximizar a aprendizaxe é recomendable que o estudantado ademais de asistir ás sesións expositivas e interactivas, participe activamente en todas as actividades propostas polo profesorado e consulte a bibliografía básica e outro material recomendado.
As titorías son un recurso útil que o estudantado debería utilizar as veces que fose necesario. O acceso ao campus virtual para informarse de diferentes cuestións que xurdan ao longo do curso e poder dispor e revisar antes das clases o material complementario, facilita a participación do estudantado e a súa capacidade de adquirir coñecementos.
Mª Angeles Lopez Cabarcos
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Correo electrónico
- angeles.lopez.cabarcos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 |
17:00-18:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 5 |
16.01.2026 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
15.06.2026 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 3 |