Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Entender e relacionar os conceptos clave da economía circular.
• Desenvolver unha actitude e pensamento crítico cos obxectivos e comportamentos predominantes nas sociedades actuais. Reflexionar sobre alternativas de actuación.
• Coñecer os diferentes enfoques da economía ecolóxica e economía circular para formular propostas e estratexias para unha transición ecolóxica xusta.
• Coñecer e aplicar as técnicas de investigación cuantitativa e cualitativa en economía e das ferramentas de diagnóstico para poder elaborar estudos e informes de carácter científico, técnico e de consultoría no ámbito da sustentabilidade, a economía ecolóxica.
Tema 1. Economía Circular e transformación sistémica.
Tema 2. Estratexias para a Economía Circular: tipoloxía, ámbitos, escalas.
Tema 3. Ferramentas para a elaboración de estratexias de economía circular (obxectivos, motores, obstáculos, etc.)
Tema 4. Análise crítica aplicada de diferentes estratexias reais de economía circular.
Tema 5. Políticas e instrumentos para a economía circular: tipoloxía (regulatorios, económicos, fiscais, financeiros, compra pública, innovación, etc.) e avaliación crítica
Bianchi, M., Cordella, M., & Menger, P. (2022). Regional monitoring frameworks for the circular economy: implications from a territorial perspective. European Planning Studies, 31(1), 36–54. https://doi.org/10.1080/09654313.2022.2057185
Nogueira, Alba, Vence, Xavier (dirs.) (2021), Redondear la economía circular. Del discurso oficial a las políticas necesarias, Aranzadi
Pereira, A. (2023). Modelos de negocio para la transición a la Economía Circular: estrategias circulares, potencial transformador y limitaciones. En X. Vence (Ed.), Economía Circular Transformadora y Cambio Sistémico. Retos, modelos y políticas (pp. 178–205). Fondo de Cultura Económica.
Stahel, W. R. (2019). Economía circular para todos. Routledge-Taylor-Francis Group.
Tapia, C., Bianchi, M., Pallaske, G., & Bassi, A. M. (2021). Towards a territorial definition of a circular economy: exploring the role of territorial factors in closed-loop systems. European Planning Studies, 29(8), 1438–1457. https://doi.org/10.1080/09654313.2020.1867511
Veyssière, S., Laperche, B., & Blanquart, C. (2021). Territorial development process based on the circular economy: a systematic literature review. European Planning Studies, 30(7), 1192–1211. https://doi.org/10.1080/09654313.2021.1873917
Vence, X. (dir) (2023). Economía Circular Transformadora y cambio sistémico. Retos, Modelos e Políticas. Fondo de Cultura Económica.
Milios, L. (2021). Towards a Circular Economy Taxation Framework: Expectations and Challenges of Implementation. Circular Economy and Sustainability. 1. https://doi.org/10.1007/s43615-020-00002-z
López Pérez, S. de J., Turnes Abelenda, J. A., & Vence Deza, X. (2023). Taxation and the circular economy in Spain: current situation and potentialities of the use of tax benefits. Revista Galega De Economía, 32(1), 1-23. https://doi.org/10.15304/rge.32.1.8613
Jager, J., Dziwok, E. (2024). A critical overview of green finance. In Jager, J. & Dziwok, E. (Ed.), Understanding Green Finance. A Critical Assessment and Alternative Perspectives. Eward Elgar
Aglietta, M., Espagne, E. (2016). Climate and Finance Systemic Risks, more than an Analogy?. Cepii. Working Paper, April.
Oman, W., Salin, M., & Svartzman, R. (2024). Three tales of central banking and financial supervision for the ecological transition. WIREs Climate Change, 15(3), e876. https://doi.org/10.1002/wcc.876
CON1 Describir os principios, conceptos e dimensións da economía circular en organizacións diversas, sexan estas públicas ou privadas, empresas mercantís ou sociais, ONGs, ou organizacións doutro tipo, que promovan modelos de produción e consumo sustentables.
CON4 Coñecer os novos avances científico-técnicos que permitan minorar os principais problemas relacionados coa contaminación, incluído o cambio climático.
CON6 Identificar e describir os diferentes compoñentes da cadea de valor, así como os principais axentes implicados na toma de decisión a diferentes niveis, adaptando así a necesaria perspectiva sistémica.
HAB1 Empregar os conceptos, ferramentas e metodoloxías necesarios para afrontar os retos da transición do modelo lineal ao modelo circular da economía actual e futura.
HAB3 Utilizar as estratexias comunicativas apropiadas para comunicar conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
HAB4 Implementar estratexias a medio e longo prazo que habiliten a evolución do modelo produtivo cara á sustentabilidade, tendo en conta o marco lexislativo actual pero tamén as políticas europeas e o desenvolvemento normativo derivable das mesmas.
HAB6 Desenvolver coñecementos que permitan ao alumnado enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas derivadas dos xuízos formulados.
COM1 Liderar e impulsar a transición do modelo lineal ao modelo de economía circular en organizacións e empresas.
COM8 Promover e difundir os principios, fundamentos e vantaxes da economía circular, así como o compromiso da organización con esta novo paradigma e coa economía social.
O ensino da materia desenvolverase a través de actividades de docencia expositiva e de docencia interactiva, todas elas de carácter híbrido.
Un soporte esencial está constituído pola aula Virtual da materia, na que o alumnado poderá atopar materiais para o seguimento da materia e as instrucións das actividades propostas.
As titorías terán lugar de modo presentación ou telemático, complementadas coa resolución de dúbidas a través do foro do Campus Virtual e o correo electrónico institucional.
O sistema de avaliación consistirá na realización dunha proba final (exame) e na avaliación continua.
Exame: 50%
Participación activa en clase: 10%
Participación en debates: 15%
Realización de traballos e presentación dos mesmos: 25%
O sistema de avaliación na segunda oportunidade será igual que o descrito na primeira, de tal maneira que se terá en conta a nota referida á entrega de tarefas e participación na aula xa obtida (cualificación do 50%), e realizarase un novo exame sobre os temas explicados nas aulas (que volverá contar o 50% na cualificación final).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Para os efectos do previsto no artigo 5.2 da Normativa sobre permanencia nas titulacións de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, nesta materia é preciso concorrer ao exame final, polo que aos alumnos que non concorran a ningunha das dúas oportunidades oficiais do mesmo se lles fará constar na acta a mención de "Non presentado".
O alumnado que teña concedida exención de docencia poderá suplir a falta de asistencia e participación nas clases interactivas coa elaboración e presentación dunha memoria de prácticas de acordo coas instrucións que lles imparta o profesorado nas correspondentes titorías.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA 26 Horas
Clases expositivas 9
Clases prácticas 12
Titorías en grupo ou individuais 3
Avaliación 2
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO 49 Horas
Estudo autónomo individual ou en grupo 25
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 12
Lecturas recomendadas, preparación de presentacións orais, debates ou similar 12
HORAS TOTAIS DE TRABALLO DO ALUMNO: 75
Recomendase ao alumnado o seguimento continuado das clases presenciais, así como a consulta da bibliografia básica e complementaria sinalada polo profesorado a medida que se desenvolve o programa.
Cada alumno/a deberá adicar un tempo adecuado ás súas capacidades e coñecementos para asentar os contidos e realizar os traballos que, no seu caso, se demanden.
Xunto co anterior, o uso das titorías debería suplir calquera tipo de problema que puidese xurdir ao longo do proceso de ensinanza-aprendizaxe da materia.
As clases impartiranse en galego.
Xavier Vence Deza
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811567
- Correo electrónico
- xavier.vence [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Angeles Pereira Sanchez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- angeles.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Juan Alberto Turnes Abelenda
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula de Informática 7 |
Xoves | |||
16:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula de Informática 7 |
28.11.2025 16:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 7 |