Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 57 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 6 Clase Interactiva: 9 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Saber: analizar o impacto da dinámica dos mercados internacionais de bens e fluxos de inversión na determinación dos tipos de cambio, identificando as fontes dos riscos asociados á operativa económica e financeira en divisas.
Saber facer: empregar diferentes modelos teóricos e empíricos que permitan explicar o comportamento dos tipos de cambio.
Saber ser e saber estar: valorar a importancia da dinámica dos tipos de cambio nas decisións empresariais, financeiras e na determinación dos ciclos económicos.
Comercio de bens e fluxos monetarios
Teorías explicativas da determinación do tipo de cambio
Prezos, produción e tipos de cambio
As unións monetarias e os fluxos financeiros
Globalización dos mercados de capitais e volatilidade do tipo de cambio
Políticas económicas e tipos de cambio
Bibliografía básica:
Carlin, W. and D. Soskice (2024). Macroeconomics: Institutions, Instability and Inequality. OUP.
Gandolfo, G. (2016). International Finance and Open-Economy Macroeconomics. Springer.
Bibliografía complementaria:
Gopinath, G., E. Helpman and K. Rogoff (eds.) (2022). Handbook of International Economics:International Macroeconomics, vol 6. North-Holland.
Gopinath, G., E. Helpman and K. Rogoff (eds.) (2014). Handbook of International Economics vol 4. North-Holland.
Krugman, P., M. Obstfeld and M. Melitz (2022). International Economics. Theory and Policy, 12th edition. Pearson.
Obstfeld, M. and K. Rogoff (1996). Foundations of International Macroeconomics. MIT Press.
Na Guía Docente darase información detallada doutras referencias bibliográficas e artigos recomendados.
BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Aplicar os coñecementos de economía á identificación, previsión e solución dos problemas económicos en xeral, e en particular os relativos ao nivel de especialización, en entornos novos ou poco coñecidos.
CG3 - Capacidade para realizar unha análise crítica, evaluación e síntese de ideas novas e complexas.
TRANSVERSAIS
CT4 - Capacidade para interaccionar e defender con rigor, claridade e precisión ante outros especialistas traballos, propostas, novas ideas etc.
CT5 - Comunicación oral e escrita.
CT6 - Capacidade de xestión da información.
CT8 - Capacidade para traballar nun contexto internacional.
CT9 - Destrezas para investigar.
CT10 - Capacidade de análise e síntese.
ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecemento das ferramentas matemáticas, estatísticas e econométricas necesarias para manexar con rigor os modelos económicos.
CE4 - Capacidade para modelar situacións económicas concretas e obter resultados con datos numéricos aplicando as técnicas econométricas pertinentes.
CE5 - Capacidade para defender argumentos económicos con claridade e precisión tanto no entorno habitual de traballo, como en reunións científicas nacionais e internacionais.
CE6 - Plantexar con suficiente precisión e rigor un proxecto de investigación en economía.
CE8 - Analizar e propoñer cambios no diseño das organizacions e dos sistemas de incentivos que melloren o funcionamiento dos mesmos e da súa eficiencia.
CE9 - Elaborar informes económicos coxunturais e estudos orientados a analizar e predecir o comportamento de curto prazo da economía e os seus efectos sobre sectores e mercados específicos.
CE11 - Analizar o papel das institucions públicas na economía a través da regulación de mercados e da implementación de políticas que inciden sobre a actividade empresarial.
Sesións maxistrais
Estudo de casos
Resolución de problemas e exercicios de forma autónoma
Seminarios
Os/as estudantes disporán dunha Guía Docente con información detallada que indicará o contido específico dos temas, as referencias bibliográficas complementarias e outra información relevante que sirva de orientación para o seu traballo persoal. Así mesmo, se empregará a Aula Virtual da USC.
A avaliación da materia ten en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do curso. A cualificación final está composta nun 25 % pola avaliación continua e nun 75% polo exame final, ambos establecidos a través de probas escritas. A Guía Docente describirá en detalle as probas que se realizarán para a avaliación do/da estudante. Todas as competencias serán avaliadas tanto na avaliación contínua como no exame final.
Cando o/a estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na Guía Docente, constará como “non presentado” (ver Normativa sobre permanencia e asistencia en titulacións adaptadas ao EEES).
A dispensa de asistencia está regulada polo "Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de Grao e Máster". O estudantado con dispensa de asistencia a clase únicamente realizará o exame final (100% da cualificación).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Ademais das 15 horas de traballo presencial na aula, o/a estudante deberá adicar 60 horas ao traballo persoal, que inclúe o estudo autónomo e a realización de lecturas e exercicios, así como a preparación dos exames.
Para superar a materia con éxito é recomendable que o/a estudante traballe continuadamente ao longo do curso, resolva e discuta os exercicios prácticos propostos, lea as referencias recomendadas e acuda ás titorias para resolver as dúbidas relacionadas coa materia.
Requírense coñecementos básicos de inglés, fundamentalmente a nivel de comprensión lectora, xa que unha parte do material que se facilitará ao/á estudante está nesta lingua.
Todo o material asociado a esta materia será de uso exclusivo para os estudantes matriculados na materia. Por tanto, queda prohibida a súa reprodución ou difusión.
María Del Pilar Díaz Vázquez
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811553
- Correo electrónico
- p.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula de Informática 5 |
Martes | |||
11:30-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula de Informática 4 |
20.02.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 4 |
19.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 5 |