Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Común
Áreas: Dereito Internacional Privado
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia persegue transmitir ao alumno unha visión omnicomprensiva de como os problemas xurídicos vinculados á familia e á persoa poden influír e de feito influíron na construción da Unión Europea e cales foron, son e serán as respostas xurídicas por parte das Institucións Comunitarias, así como o funcionamento daquelas respostas.
TEMA 1. Introdución: A dimensión persoal e familiar na construción europea
1. A dimensión persoal e familiar na construción de Europa
2. O labor do TJUE no desenvolvemento dos dereitos e liberdades comunitarios
3. A libre circulación de persoas e a cidadanía europea
4. Os aspectos persoais e familiares sometidos á libre circulación
TEMA 2. A persoa física na UE
1. O nome e apelidos das persoas: Sentencia do Tribunal de Xustiza do 2 de outubro de 2003, García Avello, Sentenza do Tribunal de Xustiza (Gran Sala) do 14 de outubro de 2008, Grunkin Paul, Sentenza do Tribunal de Xustiza (Sala Segunda) do 2 de xuño de 2016, Nabiel Peter Bogendorff von Wolffersdorff
2. A situación en España
TEMA 3. O matrimonio e as unións de parella na UE
1. O matrimonio entre persoas do mesmo sexo: Sentenza do Tribunal de Xustiza (Gran Sala) do 5 de xuño de 2018, Coman.
2. As crises matrimoniais: Sentenza do Tribunal de Xustiza (Sala Terceira) do 16 de xullo de 2009, Hadadi.
3. Os divorcios privados: Sentenza do Tribunal de Xustiza (Sala Primeira) do 20 de decembro de 2017, Sahyouni y Sentenza do Tribunal de Xustiza (Gran Sala) do 15 de novembro de 2022.
TEMA 4- Protección de menores, filiación, dereitos de custodia e visita e desprazamento ilícito de menores.
1. A residencia dos menores: Sentenza do Tribunal de Xustiza (Sala Primeira) do 22 de decembro de 2010, Mercredi
2. A cooperación en materia de menores: Sentenza do Tribunal de Xustiza (Sala Primeira) do 16 de xaneiro de 2019, Stefano Liberato contra Luminita Luisa Grigorescu.
3. O recoñecemento da filiación: Sentenza do Tribuna de Xustiza (Gran Sala) de 14 de decembro de 2021 (Pancharevo).
4. O secuestro internacional de menores: Sentenza do Tribunal de Xustiza (Sala Primeira) do 22 de decembro de 2010, Aguirre Pelz e caso Juana Rivas
TEMA 5- Consecuencias do Brexit
Todo o contido teórico e práctico esixible aos alumnos será explicado en clase polo profesor encargado.
As sentenzas sobre as que se explicará a materia, así como, no seu caso, as Conclusións dos Avogados Xerais, serán accesibles nas páxinas públicas da UE ou nas bases de datos da Biblioteca Universitaria da USC.
No caso de que sexa precisa algún tipo de documentación accesoria, será proporcionada polo profesor encargado coa suficiente antelación.
No caso de que un alumno teña interese en profundar nalgún dos aspectos tratados, o profesor encargado proporcionaralle unha bibliografía especializada.
A materia persegue que o alumno sexa capaz de:
- Identificar un problema vinculado á persoa, familia ou sucesións e determinar cando afecta o funcionamento da integración europea e cando non.
- Coñecer os principios fundamentais de funcionamento de instrumentos comunitarios dirixidos a dar resposta xurídica aos problemas que relacional persoa, familia e integración europea.
- Aplicar devanditos principios á análise de casos reais.
- Valorar críticamente a eficacia dos instrumentos existentes sobre casos reais
As clases serán maioritariamente interactivas e prácticas en torno ao estudo e análise de casos reais. Neste sentido, prestarase unha moi especial atención á práctica do Tribunal de Xustiza da UE en relación ás materias obxecto de estudo, con análises pormenorizadas da maior parte das sentenzas ditadas polo Alto Tribunal comunitario na materia tratada.
As clases consistirán na análise e discusión dun ou dous supostos reais resoltos polo Tribunal da Unión Europea. Daranse entrada tamén a casos resoltos polo Tribunal Europeo de Dereitos Humanos e polos tribunais españois.
Sen prexuízo da posible existencia dunha proba final a través do cal se poderán valorar os coñecementos teóricos do alumno e a súa capacidade para aplicalos en supostos prácticos, a avaliación será continuada en función do traballo desenvolto polo alumno en cada clase. A valoración ponderada do exame, en caso de ser necesario, será do 40 por cen da nota final. A valoración ponderada da avaliación continua será do 60 por cen da nota final ou, do 100 por cen, no caso de que non sexa necesario o exame final.
A necesidade ou non dun exame final dependerá do número de alumnos matriculados na materia e, consiguientemente, da viabilidade real dunha avaliación continua eficiente.
En todo caso, dado o carácter presencial da docencia, será precisa unha asistencia mínima do 80% das clases programadas para superar a materia.
Os alumnos aos que a Xunta de Facultade lles recoñeza o dereito a desfrutar dunha "exención de docencia" serán avaliados exclusivamente en función da calificación que obteñan no exame final da asignatura e das actividades interactivas que entregarán por escrito a través da Aula virtual da USC.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
O alumno debería dedicar ao estudo e traballo persoal fose das clases regradas un tempo aproximado de entre 1,5 e 2 horas por hora de clase presencial en función dos seus coñecementos previos e o aproveitamento persoal de cada cal.
O alumno deberá preparar as actividades relacionadas cos supostos reais que se verán en cada clase
Resulta recomendable que os alumnos teñan una certa base de Dereito comunitario e estean familiarizados con cuestións sociojurídicas.
Santiago Alvarez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Internacional Privado
- Teléfono
- 881814670
- Correo electrónico
- santiago.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade