Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
Áreas: Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia "Xestión Internacional dos Espazos" ten como obxetivo principal o coñecemento especializado das cuestións máis relevantes que expón no actual escenario mundial a xestión xurídico-internacional dos espazos, abordando, básicamente, o réxime xurídico dos espazos marítimos, os problemas derivados da conservación e ordenación dos recursos pesqueiros (o papel das organizacións rexionais de ordenación pesqueira), a protección e preservación do medio ambiente mariño (contaminación causada por buques), a seguridade marítima (actos terroristas contra a navegación, actos de piratería, tráfico ilícito de estupefacientes e sustancias psicotrópicas), a seguridade humana no mar (migración internacional de persoas por mar), os recursos xenéticos mariños, e a solución de controversias.
I.- AS COMPETENCIAS DO ESTADO E O ESPAZO TERRESTRE
Lección 1.- O territorio e as competencias territoriais do Estado
1. As competencias territoriais do Estado
2. O territorio do Estado
3. O espazo terrestre e a fronteira
II.- OS ESPAZOS MARÍTIMOS
Lección 2.- O Dereito do mar e a súa evolución
1. Orixe e desenvolvemento do Dereito do mar. Nacionalismo marítimo e cooperación internacional.
2. Espazos marítimos suxeitos á xurisdición do Estado: A) As Augas interiores. B) O Mar territorial. C) A Zona económica exclusiva. D) A Zona contigua. E) A Plataforma continental.
3. Espazos marítimos non suxeitos á xurisdición do Estado. A) O Alta mar B) A Zona internacional de fondos mariños e oceánicos.
4. Espazos marítimos suxeitos a un réxime xurídico particular: A) Os Estreitos internacionais. B) Illas. Estados arquipeláxicos e arquipélagos de Estado. C) Os Estados sen litoral e en situación xeográfica desventajosa.
Lección 3.- Ámbitos de cooperación marítima internacional
1. Conservación e ordenación dos recursos pesqueiros
2. Protección e preservación do medio mariño
3. Seguridade marítima
4. Investigación científica e transmisión de tecnoloxía mariñas
5. O sistema de solución de controversias no dereito do Mar
III.- A XESTIÓN INTERNACIONAL DOUTROS ESPAZOS
Lección 4.- Outros espazos de interese internacional
1. Os espazos polares. O Ártico. A Antártida
2. Os cursos de auga internacionais
3. O espazo aéreo. O espazo ultraterrestre
I.-OBRAS XERAIS
- ANDRÉS SAÉNZ DE SANTAMARÍA, P.: Sistema de Derecho Internacional Público, 7ª ed., Civitas, Madrid, 2023.
- CASANOVAS, O.; RODRIGO, A.J.: Compendio de Derecho internacional público, 12ª ed., Tecnos, Madrid, 2024.
- JUSTE RUIZ, J.; CASTILLO DAUDÍ, M.; BOU FRANCH, V.: Lecciones de Derecho Internacional Público, 4ª ed., Tirant lo Blanch, Valencia, 2023.
- PASTOR RIDRUEJO, J. A.: Curso de Derecho Internacional Público y Organizaciones Internacionales, 27ª ed., Tecnos, Madrid, 2023.
II.- TEXTOS NORMATIVOS E MATERIAIS DE PRÁCTICAS
- ANDRES SAENZ DE SANTA MARÍA, P.: Legislación básica de Derecho Internacional Público, 23ª ed., Tecnos, Madrid, 2023.
- CASANOVAS Y LA ROSA, O.; RODRIGO, A.: Casos y Textos de Derecho Internacional Público, ed. Tecnos, Madrid, 3ª ed., 2016.
- PUEYO LOSA, J., PONTE IGLESIAS, M. T. (coord.): Derecho Internacional Público. Organización Internacional. Unión Europea. Recopilación básica de instrumentos normativos. 2ª ed., Andavira Editora, Santiago de Compostela, 2016.
- TORRES UGENA, N.: Derecho Internacional Público. Instrumentos Normativos, 2ª ed., Tirant lo Blanch, Valencia, 2017.
-Comprensión casuística dunha das funcións principais do ordenamento xurídico internacional, a delimitación e distribución das competencias estatais, mediante a análise das cuestións xerais que suscita a soberanía territorial do Estado en Dereito internacional, e o tratamento do réxime xurídico dos espazos marítimos.
-Capacidade para analizar, debater e resolver, utilizando argumentos xurídicos, as cuestións que na actualidade suscitan maior interese e conflitividade neste campo disciplinar; fomentando a capacidade de razoamento, reflexión e espírito crítico do alumno.
-Coñecemento e correcta utilización da terminología xurídica-internacional neste ámbito, centrándose de forma particular no Dereito do Mar.
-O ensino desta disciplina desenvolvése a través de clases teóricas (expositivas), clases prácticas(interactivas), traballos tutelados e tutorías.
-A clase teórica (expositiva) -que poderá contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos- centrarase na explicación dos contidos esenciais da materia, incentivando o debate e o comentario sobre aspectos da actualidade.
-A clase práctica (interactiva) ten por obxectivo propor, debater e resolver supostos de feito da práctica internacional nos que o alumno debe aplicar os coñecementos teóricos adquiridos. Por iso, esíxese a participación activa do estudante durante o seu desenvolvemento, así como unha preparación previa sobre a base dos materiais de apoio entregados.
-O traballo tutelado diríxese a profundar sobre algún dos aspectos mais relevantes da materia, e a fortalecer a capacidade analítica, discursiva e expositiva do alumno.
- A tutoría permite ofrecer ao alumno unha orientación individualizada sobre a materia e potenciar o diálogo co profesor. Atenderase ao estudante para tratar cuestións concretas en relación coas súas tarefas e/ou resolver calquera dificultade relacionada coa materia.
-A materia, como optativa, consta de 3 créditos ECTS, o que equivale a 75 horas.
A avaliación terá lugar mediante un exame, que terá un carácter teórico-práctico, a través do cal búscase valorar os coñecementos teóricos do alumno e a súa capacidade para aplicalos nun suposto práctico. No caso de que o haxa, o valor do exame non superará o 60% da cualificación final. A participación activa do alumno ao longo do curso nas actividades programadas (seminarios, casos prácticos, traballos monográficos, comentarios de xurisprudencia, exposicións) supoñerá, como mínimo, o 40% da cualificación. Estas actividades avaliables entregaranse a través do Campus Virtual da USC.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
En todo caso, e á marxe dos criterios de avaliación específicos sinalados anteriormente, a superación da materia requirirá a asistencia, como mínimo, ao 80% das actividades presenciais programadas.
No caso de que os alumnos realicen algunhas das actividades programadas, pero non o exame, a calificación será de "non presentado".
Os alumnos aos que a Xunta de Facultade lles recoñeza o dereito a desfrutar dunha "exención de docencia" serán avaliados exclusivamente en función da calificación que obteñan no exame final da asignatura e das actividades interactivas que entregarán por escrito a través da aula virtual da USC.
Os alumnos que non superasen a materia, pero cumprisen o requisito da asistencia ás clases, estarán exentos da devandita asistencia durante o curso seguinte, aínda que se lles poderá someter a un sistema de seguimento alternativo. Esta situación non quere dicir que queden exonerados da realización do exame final, no caso de que o haxa.
A materia, como optativa, consta de 3 créditos ECTS, o que equivale a 75 horas. Polo que se refire ao traballo persoal do alumno, estas horas distribúense como segue:
*Estudo individual do alumno: 30 horas.
* Preparación de clases prácticas/seminarios: 11 horas
*Preparación de traballos e exposicións (traballos tutelados): 11 horas.
Julio Jorge Urbina
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
- Teléfono
- 881814699
- Correo electrónico
- julio.jorge [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 18 |
23.05.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |
26.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |