Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Planificación estratéxica no ámbito local é unha materia do Máster Universitario no Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras cuxo obxectivo é o de proporcionar ao alumno os coñecementos e, sobre todo, as ferramentas necesarias para a elaboración dun plan estratéxico de aplicación ao ámbito local. Os contidos da materia dotarán ao alumnado das competencias necesarias que lle permitirá realizar o diagnóstico da situación inicial, plantexar as líneas de acción para o desenvolvemento do ámbito local concreto, establecer escenarios de futuro e seleccionar actuacións para que o escenario escollido poida converterse en real.
TEMA 1: ¿Que é a planificación estratéxica?. A súa relación co Planeamento na escala municipal
TEMA 2: A planificación estratéxica e o desenvolvemento local
TEMA 3. O concepto de Avaliaciñon Ambiental Estratéxica
TEMA 4: O proceso metodolóxico da planificación estratéxica local: elaboración do plan TEMA 5: Execución, seguimento e avaliación do plan estratéxico
TEMA 6: A utilidade e as fraxilidades da planificación estratéxica local
-Borja, J. e Castells, M. (1997): Local y global. La gestión de las ciudades en la era de la información, Taurus.
-Cooper, R.N. e Layard, R. (2001): What the Future Holds: Insights from Social Science, MIT Press
-Farinós, J. (ed. e Coord.): De la Evaluación Ambiental Estratégica a la Evaluación de Impacto Ambiental: Reflexiones acerca de la tarea de evaluación. Prensas Universitrias de Valéncia.
-Fernanez Güell, J.M. (2006): Planificación estratégica de ciudades, Editorial Reverté.
-Friedman, J. (2001). Planificación en el ámbito público
-Fuentes, A.M. e Gatica, L. (2008). De la economía global al desarrollo local. Publicacions de la Universitat de Valencia
-Gaiana, L. y Vinuesa, J. (Coords): Teoría y Práctica para una Ordenación racional del Territorio. Ed. Sintesis.
-García. A. et al. (2004): Planificación estratégica sostenible de redes territoriales. Teoría y práctica. Servicio de Publicaciones de la Universidad de Málaga
-Márquez, J.A. (2009). Aportaciones internacionales para el entrenamiento del desarrollo local. Servicio de publicaciones de la Universidad de Huelva
-Martín, Antonio e Merinero, Rafael (2010). Planificación estratégica territorial: estudios metodológicos. Junta de Andalucía, Dirección General de Administración local
-Nel.lo, O. (2012): Ordenar el Territorio. La experiencia de Barcelona y Cataluña. Tirant Humanidades
-Noguera, J., Pitarch, D. e Esparcia, J. (2009). Gestión y promoción del desarrollo local. Publicacions de la Universitat de Valencioa
-Pascual i Esteva, J.M. (1999). La estrategia de las ciudades. Los Planes Estratégicos como instrumento: métodos, técnicas y buenas prácticas. CIDEU.
-Rodíguez Gutiérrez, F. (Coord.) (1999): Manual de Desarrollo Local. Ed. TREA.
-Tarroja, A. y Camagni, R. (Coords) (2006): Una nueva cultura del territorio: criterios sociale y ambientales en políticas y gobierno el territorio. Ed. Diputación de Barcelona.
Competencias básicas:
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB4. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
Competencias xerais:
CG2. Capacidade de analizar, sintetizar e integrar coñecementos e afrontar a complexidade de formular xuízos con información limitada.
CG3. Capacidade de realizar reflexións e análise críticos sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos no ámbito da xestión das administracións locais.
CG4. Capacidade para xerar novas ideas e resolver problemas en entornos cambiantes que permita avances no coñecemento da xestión local e as políticas públicas.
CG6. Habilidade para recuperar e analizar información de diversas fontes, que permita deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos innovadores no ámbito da xestión pública local e das ciencias sociais en xeral.
CG8. Actuar de forma autónoma na avaliación dos acontecementos sociopolíticos, prever os seus posibles escenarios de desenvolvemento, e adoptar as medidas pertinentes para aproveitar as oportunidades e sinerxías nas que poida verse inmersa a administración local.
CG9. Xestionar e dirixir proxectos, sendo capaz de adoptar diferentes roles dentro dun equipo e as etapas dun proxecto; e adquirir as capacidades de síntese e exposición que permitan presentar e expoñer de forma convincente un proxecto ante os principais actores implicados.
CG10. Desenvolver un pensamento estratéxico que permita definir problemas, diagnosticar e estruturar obxectivos de análise e de acción nos ámbitos da xestión local, a consultaría e a investigación.
CG11. Detectar e xestionar a influencia dos cambios tecnolóxicos nos servizos online, as redes sociais, a comunicación e o marketing de servicios públicos; que permita facer un aproveitamento óptimo dos mesmos na xestión local.
Competencias transversais
CT2. Organización e planificación
CT5. Capacidade de traballo nun equipo interdisciplinar
CT6. Sensibilidade cara problemas sociais e ambientais
CT7. Creatividade e capacidade innovadora
CT9. Compromiso pola calidade, o rigor, a responsabilidade e a honestidade no desenvolvemento do traballo, así como en os seus resultados.
Competencias específicas:
CE3. Capacidade para deseñar e imprementar políticas sociais innovadoras, promovendo a economía social, a defensa do medioambiente e a igualdade de xénero, no marco da Axenda 2030.
CE6. Xestionar e dirixir equipos de persoas, e resolver conflitos como medio para alcanzar acordos, seguindo os instrumentos proporcionados pola literatura especializada.
CE7. Ser capaces de interactuar coa cidadanía de forma bidireccional, mediante a Administración electrónica; e de xerar unha comunicación efectiva, transparente e ética.
CE9. Adquirir o coñecemento teórico e instrumental necesario para o exercicio dunha actividade profesional de alto nivel, para o deseño e a xestión de planes estratéxicos participativos, programas, proxectos e servizos relacionados coa xestión e a innovación no espazo urbano.
CE10. Adquirir a capacidade de localizar, seleccionar e avaliar información, fontes estatísticas, documentais e bibliográficas de utilidade, interese e aplicación ao ámbito da xestión pública local innovadora.
Seguindo as directrices das ensinanzas adaptadas ao EEES, a metodoloxía de ensinanza comprende unha serie de clases maxistrais ou expositivas, a realización de exercicios prácticos de laboratorio ou sesións interactivas, e as titorías. Fomentarase a participación na aula e o traballo en equipo.
O sistema de avaliación desta materia combina tres aspectos contemplados no plan de ensinanza adaptados ao EEE:
1. A asistencia e participación na aula (10%)
2. A realización de exercicios prácticos que se propoñan nos seminarios ou sesións interactivas, tanto individuais coma grupais (45%).
3. O alumnado terá que realizar un traballo cuxo contido se especificará e no que terá que aplicar as ferramentas aprendidas e que servirá para a avaliación da materia (45%)
Para o alumnado con dispensa académica concedida ou repetidor, requiriranse entregas equivalentes ás do alumnado sen dispensa e non repetidor, e o exame será obrigatorio.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación canto indicado na “Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións” da USC. Fixarémonos de forma especial no emprego da IA.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA: 24
Clases expositivas: 9
Clases interactivas: 12
Titorías: 3
TRABALLO PERSOAL DO/A ALUMNO/A: 50
Estudo individual ou en grupo: 45
Resolución dos casos prácticos ou outros traballos: 5
Esta materia implica un traballo continuado de seguimento das aulas e dos artigos cuxas lecturas se vaian propondo e, sobre todo, un esforzo intenso dedicado á elaboración do artigo. Alén das aulas, recoméndase facer uso das titorías para un adecuado seguimento da materia. Asemade, agárdase do alumno unha aprendizaxe autónoma mediante a lectura de artigos de revistas especializadas ás cales a USC está subscrita.
Segundo a normativa da USC requerirase que os alumnos asistan cando menos a un 80% das aulas, de non ter solicitado a dispensa.
A materia ten unha carga de traballo persoal de 75 horas (3 ECTS), entre clases presenciais e actividades non presenciais.
Rubén Camilo Lois González
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812635
- Correo electrónico
- rubencamilo.lois [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:15-13:15 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario 2.2 |
13:15-14:15 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Seminario 2.2 |
Xoves | |||
12:15-13:15 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario 2.2 |
13:15-14:15 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Seminario 2.2 |
20.01.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 2.2 |
20.01.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 2.2 |
19.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 2.2 |
19.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 2.2 |