Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Didáctica da Expresión Plástica
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Identificar e valorar as características da metodoloxía por proxectos.
Deseñar/desenvolver proxectos interdisciplinares (Expresión corporal, musical e plástica) innovadores orientados ao desenvolvemento das habilidades docentes e da investigación didáctica.
Planificar procesos de elaboración de proxectos interdisciplinares que integren dun xeito coherente a identidade curricular das didácticas específicas (Expresión corporal, musical e plástica).
Incorporar os proxectos de innovación, procedementos e criterios para a avaliación conxunta da actividade docente e a aprendizaxe das diferentes didácticas específicas.
Os proxectos. As súas características.
Deseño, desenvolvemento e avaliación de proxectos interdisciplinares: modelos, principios e estrutura.
Estratexias metodolóxicas innovadoras no desenvolvemento de proxectos interdisciplinares.
Elaboración de proxectos interdisciplinares baseados no traballo colaborativo e na mellora da práctica educativa.
Bibliografía básica
- Arias Correa, A., Arias Correa, D., Navaza Blanco, M.V., & Rial Fernández, M.D. (2009). O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia. (dipoñible online)
- Majó Masferrer, F., & Baqueró Alòs, M. (2014). Los proxectos interdisciplinares. 8 ideas clave. Ed. Graó.
- Pujolàs et alii, Cooperar para aprender, aprender a cooperar, 1ª, Formato dixital, s.f.
Bibliografía complementaria
- Cañal, F., Cañal, M.C. Música, Danza y expresión corporal en educación infantil y primaria. Junta de Andalucía.
https://www.observatoriodelainfancia.es/ficherosoia/documentos/1155_d_6…
- Contreras Jordán, O. R., & Gutiérrez Díaz del Campo, D. (Coords.) (2017). El aprendizaje basado en proyectos en Educación Física. INDE.
- Franco-Vázquez, C., Gillanders, C., & Neira-Rodríguez, M. (coords.) (2022). Proyectos interdisciplinares de educación artística y literaria. Barcelona: Editorial Graó.
- Giraldez, A., & Pimentel, L. (2011). Educación artística, cultura y ciudadanía. De la teoría a la práctica. Organización de Estados Iberoamericanos, para la Educación, la Ciencia y la Cultura, OEI
- Hernández, F. (1998). Repensar la función de la Escuela desde los proyectos de trabajo. Pátio. Revista Pedagógica, 6
- Katz, L.G., & Chard, S. (2000). Engaging children´s minds: The project approach. Ablex.
- Kilpatrick, W. H. (1918). The project method: The use of the purposeful act in the educative process. Teachers College, Columbia University.
- Patton, A. (2012). Work that matters. The teacher’s guide to project-based learning. Paul Hamlyn Foundation. https://www.innovationunit.org/wp-content/uploads/2017/04/Work-That-Mat…
- Revista EARI. Investigación Educación Artística. (dipoñible online)
- Revista EUFONÏA. Didáctica de la música (selección de textos online)
- Trigo Martínez, C., Gillanders, C., & Eirín Nemiña, R. (2022). Proyectos colaborativos a través de la educación artística. En Franco-Vázquez, C., Gillanders, C., & Chao-Fernández, R. (eds.), Educación artística para el cambio (131-139). Berlín: Peter Lang.
Competencias Básicas e Xerais
CX1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
CX3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
CX7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
CX8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
CB6 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas
novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB9 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos
especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
Competencias Transversais
T3 Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
T4 Traballar de forma colaborativa.
T5 Capacidade de organización e planificación en ámbitos educativos disciplinares e interdisciplinares.
T6 Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares.
T9 Incorporar as TIC no proceso de investigación e a xestión da información, a análise de datos e a difusión e comunicación de resultados.
T10 Ter capacidade para actualizar os coñecementos, metodoloxías e estratexias na práctica docente.
T11 Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
T12 Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega.
T13 Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
Competencias Específicas
E1 Coñecer as bases teóricas do traballo interdisciplinar e identificar os seus centros de interese en contextos escolares e non escolares.
E2 Identificar e analizar críticamente propostas interdisciplinares no ámbito educativo.
E3 Deseñar, xustificar, organizar e avaliar de forma sistemática propostas interdisciplinares en distintos contextos educativos.
E8 Ser capaz de defender e argumentar de forma oral e escrita o traballo de investigación e/ou innovación realizado, utilizando no seu caso recursos audiovisuais de apoio.
E9 Ensaiar e avaliar formulacións de ensino disciplinares ou interdisciplinares en contextos educativos reais, e promover propostas de mellora en relación cos resultados obtidos.
As clases expositivas consistirán na presentación do marco teórico a través de metodoloxías participativas. Nas clases de seminario o alumnado deseñará os proxectos. O traballo autónomo así como o traballo grupal é moi importante en tódalas actividades. Realizaranse saídas didácticas, prácticas, e/ou experiencias de Aprendizaxe e Servizo sempre que sexa posible.
Unha parte da materia desenvolverase a través da aula virtual. Os foros de debate así como as tarefas serán claves para o seguimento da materia e complementarias ao traballo na aula.
Avaliación:
A Avaliación será continua e formativa. Terase en conta:
a. Presentación oral dos traballos: 25%
b. Proxectos:60%
c. Probas mixtas (valoracións individuais, grupais): 15%
A data límite de entrega dos proxectos será o día e a hora fixadas no calendario oficial de exames.
Nesta asignatura de 4,5 créditos está previsto que o alumnado adique un total de 112,5 horas das que 38,5 correspóndense co traballo presencial na aula e/ou o centro no que se implementará o proxecto deseñado e 74 horas corresponden ao traballo autónomo e preparatorio.
Lectura de textos previa ás sesións.
Participación activa nas clases, titorías e outras canles complementarias como a virtual.
Cumprir o ritmo de traballo programado e acorde ca avaliación continua.
Asistencia a clase: o Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES. Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos e alumnas poderán solicitar exención oficial de docencia. Ver tamén a Instrución Nº1/2017, da Secretaría Xeral, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias.
- Dispensa de asistencia: ter en conta que a materia require a asistencia a determinadas actividades polo contido fundamentalmente práctico.
- Alumnado con exención oficial de docencia:deberá poñerse en contacto cos profesores e profesoras da materia á maior brevidade posible. Nalgúns casos, poderase establecer un plan de traballo persoal, acorde coas circunstancias específicas do alumno ou alumna, sempre que se respecten e garantan os mesmos principios de equidade na avaliación e de igualdade de oportunidades para todo o alumnado da materia. Deberá respectar as datas establecidas para a entrega e exposición de traballos e facer un seguimento activo da materia mediante as titorías e a plataforma virtual para un desenvolvemento axeitado da mesma, así como a súa superación.
Convocatoria de xullo: o alumnado que non supere a materia na convocatoria ordinaria, terá que presentar novamente tódolos traballos realizados durante o curso, tendo en conta as observacións para a súa mellora, ampliación, repetición ou adaptación. Para fixar os pormenores de entrega, será imprescindible contactar co docente nos 5 días seguintes á publicación definitiva de notas.
-Responsabilidade medioambiental:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
-Perspectiva de xénero:
o Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
-Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
-Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc). Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual
-Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Martin Manuel Leranoz Iglesias
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 881812126
- Correo electrónico
- martin.leranoz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Cristina Trigo Martínez
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Teléfono
- 881812024
- Correo electrónico
- cristina.trigo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a laboral fixo/a
Xosé María Lopez Carretero
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 881812001
- Correo electrónico
- xosemarialopez.carretero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Javier Rico Diaz
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 881812014
- Correo electrónico
- javier.rico.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |
Martes | |||
19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |
17.01.2025 16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |
20.06.2025 18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |