Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Identificar, analizar e valorar os problemas que suscitaron a investigación e innovación na ensinanza das ciencias.
2. Recoñecer as características das principais liñas de investigación de Didáctica das Ciencias Experimentais e a súa evolución.
3. Apreciar as características de investigacións e innovacións en contextos científicos diversos e deseñar propostas específicas para a educación infantil e primaria.
T1. A problemática da Ensinanza das ciencias da Natureza nos niveis educativos básicos.
T2. Liñas de investigación en Didáctica das Ciencias Experimentais. Características.
T3. A investigación e innovación en contextos concretos do ámbito científico en Educación Infantil y Primaria.
Bibliografía básica
- Cañal de Leon, P., García Carmona, A., Guzmán Alcalá, M.C. (2016). Didáctica de las Ciencias Experimentales en Educación Primaria. Paraninfo
- Navarro Asencio, E. (coord.), Jiménez García, E., Rappoport Redondo, S. e Thoilliez Ruano, B. (2017). Fundamentos de la investigación y la innovación educativa. Unir Editorial.
- Patton, M. Q. (2002). Qualitative Research and Evaluation Methods (2nd Edition). Sage.
Bibliografía complementaria
- Abell, S. K. (2007). Research on science teacher knowledge. In S. K. Abell, & N. G. Lederman (Eds.), Handbook of research on science education. Lawrence Erlbaum Associates.
- Albertín, A.M. et al. (2006). La Educación infantil como tarea de maestras: claves de formación y contexto de desarrollo profesional. Octaedro.
- Bassedas, E. (2006). Aprender y enseñar en educación infantil. Graó.
- Burke, R. e Onwuegbuzie, A. (2004). Mixed Methods Research: A Research Paradigm Whose Time Has Come. Educational Researcher, 33(7), 14 – 26.
- De Vecchi, G. e Giordan, A. (2006). Guía práctica para la enseñanza científica. Díada.
- Denzin e Lincoln (2000). Handbook of Qualitative Research. 2nd Edition. Sage
- McNeill, K. e Knight, A. (2013). Teachers’ Pedagogical Content Knowledge of Scientific Argumentation: The Impact of Professional Development on K-12 Teachers. Science Education, 97(6), 936 – 972.
- Fortín M. F. (1999). El proceso de investigación: de la concepción a la realización. McGraw-Hill.
- Furió, C. et al. (2006). Las ideas alternativas sobre conceptos científicos: tres décadas de investigación. Resultados y perspectivas. Alambique, 48, 66-77.
- Jiménez Aleixandre, M. P. (2010). 10 ideas clave. Competencias en argumentación y uso de pruebas. Graó.
- Kuhn, D.; Hemberger, L.; Khait, V. (2016). Argue with me. 2nd Edition. Routledge
- Martí, J (2012). Aprender ciencias en la educación primaria. Graó
- Medina Rivilla, A., Castillo Arredondo, S. (2003). Metodología para la realización de Proyectos de Investigación y Tesis Doctorales. Universitas, S. A
- Martín del Pozo (coord.) (2013). Las ideas científicas de los alumnos y alumnas de primaria: tareas, dibujos y textos. Universidad Complutense.
- National Research Council (2012). A framework for K-12 Science Education: practices, crosscutting concepts and core ideas. National Academy Press.
- Osborne R. e Freyberg P. (1991). El aprendizaje de las Ciencias. Las implicaciones de la Ciencia de los alumnos. Madrid, Narcea.
- Pedrinaci, E. et al. (2012.). 11 ideas clave. El desarrollo de la competencia científica. Graó.
- Pujol, R. M. (2003). Didáctica de las ciencias en la educación primaria. Síntesis.
- Zembal-Saul, C., McNeill, K. L. y Hershberger, K. (2013). What's your evidence? Engaging k-5 students in constructing explanations in science. Pearson.
Revistas especializadas en castelán e galego: Alambique ; Aula de Innovación educativa; Enseñanza de las Ciencias; Eureka; Investigación en la Escuela; Infancia y Aprendizaje; Infancia en la Escuela.
Revistas especializadas en inglés: Science Education, Studies in Science Education; Journal of Research in Science Teaching, Journal of the Learning Sciences; International Journal of Science Education; Research in Science Education
Journal of Biological Education.
Competencias Básicas e xerais:
CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permita continuar estudando dun modo que terá que ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
G1.- Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
G3.- Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
G4.- Desenvolverse no exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática y solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
G6.- Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
G7.- Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
G8.- Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Competencias Transversais
T1. Capacidade de análise e síntese.
T3. Traballar de forma autónoma e con iniciativa
T4. Traballar de forma colaborativa.
T5 Capacidade de organización e planificación en ámbitos educativos disciplinares e interdisciplinares.
T7. Comportarse con ética e responsabilidade social e ambiental como docente e/ou investigador.
T10. Ter capacidade para actualizar os coñecementos, as metodoloxías e as estratexias na práctica docente.
T11.Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
T13.- Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
Competencias Específicas
E7. Capacidade de aplicar coñecementos teóricos relativos ás Didácticas Específicas, tanto á investigación como á innovación e á avaliación.
E10. Coñecer os fundamentos teóricos que sustentan a investigación e innovación no ámbito das Didácticas Específicas.
E12. Identificar a principais liñas de investigación e innovación e a súa evolución nas Didácticas Específicas.
E13. Analizar e valorar criticamente investigacións e proxectos de innovación en ámbitos disciplinares específicos.
E14. Coñecer diferentes tipos de metodoloxías que se empregan na investigación educativa considerando a súa pertinencia para a resolución de problemas concretos.
E18. Recoñecer a investigación a e innovación aplicada ás ciencias da educación como ferramenta continua de innovación e mellora educativa e social.
No Campus Virtual estarán dispoñibles os materiais, tanto das sesións expositivas como interactivas, así como enlaces a recursos. Para o correcto funcionamento da materia é imprescindible consultar de forma habitual a información proporcionada no curso habilitado a tal efecto.
A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial.
Metodoloxía utilizada nas clases expositivas: Nas sesións expositivas a explicación do docente convértese nun dos elementos que se integran no proceso de construción de coñecementos do alumnado, adquirindo relevancia no traballo do alumnado.
Metodoloxía utilizada nas clases interactivas: Nas sesións interactivas realizaranse distintos tipos de actividades formativas que comprenden:
1) Análise de fontes documentais, para o que se empregarán documentos audiovisuais e/ou bibliográficos, acompañados de actividades de análise de ditas fontes.
2) Traballos tutelados para promover a aprendizaxe autónoma en escenarios variados.
3) Actividades para aprendizaxe colaborativa nas que o alumnado traballará en pequenos grupos na resolución de tarefas asignadas polos docentes para optimizar a súa aprendizaxe e a do resto dos membros do grupo.
4) Presentacións orais
- As titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual
Avaliación do alumnado en xeral
Combinarase a avaliación continua (Parte I) coa realización dunha proba final (parte II).
Parte 1. Avaliación continua (contribución a cualificación final 50%)
a. Asistencia, participación activa e colaborativa nas actividades que se organicen na aula. (10%)
b. Elaboración e presentación de traballos tutelados (individualmente ou en pequenos grupos), que comprendan reflexións sobre os contidos abordados nas sesións expositivas (poñendo de manifesto o aprendido). (40%)
Parte 2: Proba escrita (contribución á cualificación final 50%)
c. Proba final (individual) sobre os contidos correspondentes á programación das sesións expositivas e interactivas. (50%)
Para obter puntuación no apartado a será necesaria a asistencia, como mínimo, ao 80% das clases. A xustificación das faltas terase en conta para non perder o dereito a avaliación continua, mais non proporcionarán puntuación no apartado de asistencia.
Na primeira e segunda oportunidade da primeira convocatoria é necesario obter como mínimo un 40% (4 sobre 10) na Parte 2 (apartado c) para que se lle poda sumar a puntuación da Parte 1 ( apartados a e b ). O alumnado que non teña puntuación na parte 1, será cualificado unicamente coa nota da parte 2 (apartado c), que ao representar este o 50% do total non será superior a 5.
Avaliación do alumnado con Exención de Docencia Completa
O alumnado con Exención de docencia será avaliado como se indica a continuación. En cumprimento da instrución 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a execución de asistencia a clase, este alumnado deberá acordar un plan de traballo e avaliación específico que incluirá:
-Un programa de actividades relacionadas coas sesións expositivas e interactivas con prazos de entrega determinados. Isto representará o 40% da puntuación final.
-A realización dunha proba escrita na que amose a adquisición das competencias obxecto de avaliación na materia (60%).
Avaliación do alumnado de 2ª convocatoria e posteriores
O alumnado de segunda convocatoria e posteriores poderá acollerse a realizar unha proba final na que se demostre o grao de consecución das competencias asociadas a esta materia, sempre e cando teña aprobada a parte I da materia. Para tal fin deberá falar co profesorado en horario de titorías nas dúas primeiras semanas do semestre.
O alumnado que non contacte co profesorado dentro do prazo establecido será avaliado igual que o da convocatoria ordinaria.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás que se programasen de forma coordinada.
Esta é unha materia de 3 ECTS (75 horas).
Traballo presencial do alumnado: 21 horas
Clases expositivas: 9 horas
Clases interactivas: 12 horas
Traballo non presencial do alumnado: 54 horas
- Estudo autónomo, individual e en grupo: 15 horas
- Actividades na biblioteca, lecturas recomendadas e procura de fontes bibliográficas ou similares: 10 horas
- Elaboración dun proxecto persoal de investigación ou de innovación: Informe escrito que propoña un tema de investigación ou innovación en Didáctica de las Ciencias Experimentais, detalle o deseño previsto e inclúa unha selección de referencias relacionadas co tema: 25 horas.
- Preparación da presentación oral do proxecto: 4 horas
A metodoloxía de traballo que se utilizará durante o curso, supón a implicación do alumnado na súa propia aprendizaxe. Consecuentemente, é
necesario asistir a clase e participar activamente nas actividades propostas.
Recoméndase a inmersión na bibliografía recomendada, co obxectivo de poder suscitar dúbidas e preguntas nas sesións presenciais
- O programa da materia desenvolverase na Facultade de Ciencias da Educación, Campus Norte, durante o segundo cuadrimestre.
- As titorías atenderanse ou ben presencialmente, na Facultade de Ciencias da Educación, Campus Norte, ou de forma virtual, sempre acordando unha cita previa.
- Os correos electrónicos e as extensión telefónicas están consignados nos horarios do profesorado da materia que aparecen no sitio web
correspondente da USC.
- Os contidos das sesións expositivas e interactivas da materia estarán dispoñibles na aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos individuais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións para o caso de material impreso:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso dunha linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
CORREO INSTITUCIONAL: É responsabilidade do alumnado consultar periodicamente as comunicacións que poidan realizarse, ademais de mediante o uso do Campus Virtual, á súa conta de correo institucional (rai.usc.es)
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA AULA: Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Paloma Blanco Anaya
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Correo electrónico
- paloma.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
17:00-18:30 | Grupo /CLIL_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
19.05.2025 16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |
01.07.2025 16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |