Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Dominio das ferramentas básicas da investigación científica.
- Capacidade para xestionar as bases de documentación técnico-científica, para seleccionar documentos de interese, revisalos e sintetizar os traballos doutros autores.
- Capacidade de identificar as necesidades de investigación en relación con problemas reais e para propoñer obxectivos innovadores de investigación en forma de proxectos de investigación.
- Capacidade para sintetizar e expor correctamente en forma escrita e oral os resultados da propia investigación.
- Fundamentos epistemolóxicos e metodolóxicos do saber e as prácticas educativas.
- Métodos de investigación.
- Procedementos e estratexias de recollida de información cuantitativa e cualitativa.
- Análise e interpretación de datos cuantitativos e de información cualitativa.
Bibliografía Básica:
Albert, Mª J. (2006). La Investigación Educativa. Claves teóricas. McGrawHill.
CIDE (2007). La investigación en la práctica educativa: Guía metodológica de investigación para el diagnóstico y evaluación en los centros docentes. Ministerio de Educación y Ciencia. http://repositorio.minedu.gob.pe/handle/123456789/3089
López-Roldán, P., & Fachelli, S. (2015). Metodología de la Investigación Social Cuantitativa. Universitat Autònoma de Barcelona. Dipòsit Digital de Documents. https://ddd.uab.cat/record/129382
Tójar Hurtado, J.C. (2006). Investigación cualitativa: comprender y actuar. La Muralla.
Bibliografía Complementaria:
Ander-Egg, E. (2001). Métodos y técnicas de investigación social. Lumen.
Ballester Brage, L. (2001). Bases metodológicas de la investigación educativa. Universitat de les Illes Balears.
Cardona Moltó, M. C. (2002). Introducción a los métodos de investigación en educación. EOS.
Creswell, J. W. & Plano Clark, V. L. (2007). Designing and conducting mixed methods research. Sage.
Denzin, N. & Lincoln, Y. (Eds.). (1994). Handbook of qualitative research. Sage.
Etxeberria, J. & Tejedor, F.J. (2005). Análisis descriptivo de datos en educación. La Muralla.
Festinger, L. & Katz, D. (2004). Los métodos de investigación en las ciencias sociales. Paidós.
Flick, V. (2014). El diseño de la investigación cualitativa. Morata.
Gil Flores, J. (1994). Análisis de datos cualitativos. Aplicaciones a la investigación educativa. PPU.
Goetz, J. & Le Compte, M. (1988). Etnografía y diseño cualitativo en la investigación educativa. Morata.
Martinez, F. (2002). El Cuestionario: Un Instrumento para la Investigación de las Ciencias Sociales. Laertes.
Morales, P. (2000). Medición de actitudes en Psicología y Educación. Universidad Pontificia de Comillas.
Morales, P., Urosa, B. & Blanco, A. (2003). Construcción de escalas de actitudes tipo Likert. Una guía práctica. La Muralla.
Porto, A. & Mosteiro, Mª. J. (2016). Análisis descriptivo de datos con IBM SPSS Statistics. Andavira.
Ruiz-Maya Pérez, L. (2000). Métodos estadísticos de investigación en las ciencias sociales: técnicas no paramétricas. AC.
Suárez Ortega, M. (2005). El grupo de discusión: una herramienta para la investigación cualitativa. Laertes.
Steinar, K. (2011). Las entrevistas en investigación cualitativa. Morata.
Tashakkori, A. & Teddlie, Ch. (eds.) (2003). Handbook mixed methods in social and behavioral research. Sage.
Tejedor, F.J. & Etxeberria, J. (2006). Análisis inferencial de datos en educación. La Muralla.
Revistas
http://revistas.um.es/rie/
http://www.uv.es/RELIEVE/
http://reined.webs.uvigo.es/
Páxinas web
https://www.uv.es/aidipe/
http://www.eera-ecer.de/
http://www.apa.org/
a) Competencias Básicas e Xerais:
- CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
- CB7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
- CB9. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
- G1. Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
- G6. Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
- G8. Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
b) Competencias Transversais:
- T1. Capacidade de análise e síntese.
- T3. Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
- T8. Ser capaz de comunicarse cos seus compañeiros, coa comunidade educativa e coa sociedade en xeral no ámbito das súas áreas de coñecemento.
- T9. Incorporar as TIC no proceso de investigación e a xestión da información, a análise dos datos e a difusión e comunicación
de resultados.
- T10. Ter capacidade para actualizar os coñecementos, metodoloxías e estratexias na práctica docente.
c) Competencias Específicas:
- E5. Adquirir unha formación metodolóxica para realizar investigacións educativas.
- E6. Establecer os descritores xerais que caracterizan unha investigación: seleccionar, elaborar, tratar e interpretar os datos, e presentar os resultados de acordo cos propósitos da investigación.
- E8. Ser capaz de defender e argumentar de forma oral e escrita o traballo de investigación e/ou innovación realizado, utilizando no seu caso recursos audiovisuais de apoio.
- E11. Coñecer, comprender e utilizar a linguaxe científica e aplicala correctamente nas distintas formas de expresión e comunicación.
- E14. Coñecer diferentes tipos de metodoloxía que se empregan na investigación educativa considerando a súa pertinencia para a resolución de problemas concretos.
- E15. Identificar criterios de calidade e control tanto na investigación como na práctica docente, fomentando o espírito crítico, reflexivo e innovador.
- E18. Recoñecer a investigación e a innovación aplicada ás ciencias da educación como ferramenta continua de innovación e mellora educativa e social.
A metodoloxía a seguir será de caracter activa e participativa, tratando de desenvolver no alumnado un conxunto de competencias útiles para o deseño e o desenvolvemento de investigacións no ámbito educativo. Inclúe:
- Sesións expositivas: inclúen actividades iniciais para motivar ao alumnado a comprender os obxectivos que pode ir acadando ao longo da materia; exposición dos contidos da materia por parte da docente co apoio de medios audiovisuais e documentación específica; debate e participación do alumnado sobre os contidos abordados, etc.
- Sesións interactivas: realizaranse actividades prácticas de formulación diversificada, tales como o deseño de instrumentos de recollida de información, exercicios prácticos de análise de datos a través de programas específicos, etc.
Para o desenvolvemento da materia farase uso do campus virtual da USC no que o alumnado terá a súa disposición toda a documentación necesaria para o seguimento da materia.
A avaliación terá un carácter formativo e continuo e abarcará os seguintes aspectos:
a) Actividades individuais e/ou grupais: 50% da cualificación.
b) Elaboración dun traballo grupal que consistirá no deseño dunha proposta de investigación no ámbito da educación: 50% da cualificación.
O alumnado que teña concedida exención de docencia deberá poñerse en contacto co profesorado da materia nos primeiros 15 días posteriores á comunicación de dita concesión para presentar a documentación pertinente e acordar o plan de traballo a desenvolver para a superación da mesma. Para este alumnado o seguimento da materia levarase a cabo a través do campus virtual e de titorías individuais. A súa avaliación atenderá aos mesmos criterios que o resto de alumnado.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Actividades iniciais:
•Horas totais: 4.8
•Horas presenciais: 4.8
Análise de fontes documentais:
•Horas totais: 21.8
•Horas presenciais:3.8
Obradoiro:
•Horas totais: 21.8
•Horas presenciais:3.8
Sesión maxistral:
•Horas totais: 4.8
•Horas presenciais:3.8
Solución de problemas:
•Horas totais: 21.8
•Horas presenciais:4.8
- Consulta e estudo dos materiais recomendados polo profesorado da materia.
- Realización e participación activa nas actividades prácticas.
- Traballo do alumnado dun modo progresivo para acadar a comprensión da materia.
- É obrigatoria a asistencia ao 80% das clases presenciais. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia. No caso de ter formalizada e/ou concedida a solicitude, deberá informarse ao profesorado ao inicio da materia. Igualmente de calquera outra circunstancia relacionada coa asistencia ás clases.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse a través da aula virtual.
Responsabilidade medioambiental. Se a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://assets.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai da USC.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
-Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o alumnado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Beatriz Garcia Antelo
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813832
- Correo electrónico
- beatriz.garcia.antelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |
17:30-19:30 | Grupo /CLIL_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |
20.01.2025 16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |
17.06.2025 16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |