Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Corporal
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Coñecer os fundamentos básicos da aprendizaxe por proxectos.
2. Valorar a importancia do traballo por proxectos como estratexia de mellora da calidade educativa no ámbito da motricidade e a Educación Física nas etapas de Educación Infantil e Primaria.
3. Analizar a presenza da motricidade e o xogo motor no currículo Educación Infantil e o de Educación Física en Educación Primaria e valorar as súas posibilidades para aplicar enfoques metodolóxicos baseados na aprendizaxe de proxectos en ambas etapas educativas.
4. Coñecer e analizar criticamente experiencias de aprendizaxe por proxectos a través da motricidade en Educación Infantil e Educación Primaria.
5. Deseñar, xustificar, organizar e avaliar proxectos aplicados ao ámbito da motricidade e a Educación Física nas etapas de Educación Infantil e Primaria.
1. Contidos motrices: capacidades físico-motrices, capacidades perceptivo-motrices, capacidades socio-motrices e habilidades motrices básicas.
2. Marco teórico da aprendizaxe por proxectos: marco histórico da aprendizaxe por proxectos, principais impulsores da aprendizaxe por proxectos, fundamentos teóricos básicos, elementos e fases a ter en conta para a aprendizaxe por proxectos, vantaxes e inconvintes de traballar por proxectos.
3. O traballo por proxectos e o currículum de Educación Infantil e de Educación Física en Educación Primaria: análise de ambos currículums e propostas para traballar por proxectos nesta área no ámbito escolar. Currículum integrado e Educación Física.
4. A aprendizaxe por proxectos integrando a motricidade en Educación Infantil e en Educación Física en Educación Primaria: presentación, procura e análise crítica de experiencias de aprendizaxe por proxectos en Educación Física.
5. Deseño de propostas de aprendizaxe por proxectos a través da motricidade en Educación Infantil e en Educación Física en Educación Primaria en contextos escolares e non escolares: deseño e xustificación de propostas de aprendizaxe por proxectos a través de contos motrices en Educación Infantil e en Educación Física en Educación Primaria e para outros contextos non escolares.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Abelairas, C., Barcala, R., & Gil, P. (2016). Didáctica de la educación física en educación infantil. Síntesis.
Contreras, O. & Gutiérrez, D. (Coords.) (2017). El aprendizaje basado en proyectos en Educación Física. Inde.
Vergara-Ramírez, J.J., (2015). Aprendo porque quiero. El aprendizaje basado en proyectos (ABP) paso a paso. SM.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Aranda, P. & Monleón, C. (2016). El Aprendizaje Basado en Proyectos en el área de Educación Física. Cuaderdos de divulgación del COLEFCCAFE-CV, 53-66.
Arias, A., Arias, D., Navaza, M.V., & Rial, M. D. (2009). O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria. Xunta de Galicia.
Arias, A. & Rial, M.D. (1995). Traballar por proxectos nas aulas de infantil e primaria. Xerais.
García de las Bayonas, M. & Baena-Extremera, A. (2017). Motivación en Educación Física a través de diferentes metodologías didácticas. Profesorado, Revista de currículum y formación del profesorado, 21(1), 387-402.
García-Ruíz, R. (2013). Enseñar y aprender en Educación Infantil a través de proyectos. Universidad de Cantabria.
González-Arévalo, C. (Coord.) (2014). Una educación física para la vida: Recursos prácticos para un aprendizaje funcional. Inde.
León-Díaz, O., Martínez-Muños, L.F., & Santos-Pastos, M.L. (2018). Análisis de la investigación sobre Aprendizaje Basado en Proyectos en Educación Física. Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 21(2), 27-42.
Moya-Mata, I. & Peirats-Chacón, J. (2019). Aprendizaje Basado en Proyectos en Educación Física en primaria: un estudio de revisión. REIDOCREA, 8(2), 115-130.
Monguillot, M., González, C., Zurita, C., Almirall, L., & Guitert, M. (2015). Play the game: gamificación y hábitos saludables en educación física. Revista Apunts ,Educación Física y Deportes, 119, 71-79.
Pacheco, D.I., Canedo, A., Martín, B., Bleye, Y., & Gago, A. (2020). El trabajo por proyectos en el currículo educativo: principios metodológicos que lo fundamentan. International Journal of Developmental and Educational Psychology, 1(2), 197-208.
Peixoto-Pino, L. (2014). Proyecto interdisciplinar “escuela: comunidad olímpica”. Revista Retos, Nuevas Tendencias en Educación Física, Deporte y Recreación, 25, 140-143.
Peixoto-Pino, L., Rico-Díaz, J., & Arufe-Giráldez, V. (2019). Elaboración y aplicación de un proyecto interdisciplinar en las etapas de infantil y primaria sobre prevención de accidentes promovido desde el área de Educación Física. Revista Retos, Nuevas Tendencias en Educación Física, Deporte y Recreación, 35, 250-254.
Ramírez, V. (2017). Diseño e implementación de un programa de actividad física basado en la metodología ABP y su influencia en las competencias y valores del alumnado de sexto de primaria (tesis de doctorado).Universidad de Málaga: Facultad de psicología.
Segovia, Y. & Gutiérrez, D. (2018). Efecto de una unidad didáctica de educación deportiva por proyectos sobre las relaciones sociales y nivel de autonomía. Revista EMÁSF, 51, 89-103.
Competencias Básicas e Xerais
G6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
G8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB8 - Que o estudantado sexa quen de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantado posúa as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias Transversais
T2 - Capacidade de adaptación a situacións novas.
T3 - Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
T4 - Traballar de forma colaborativa.
T5 - Capacidade de organización e planificación en ámbitos educativos disciplinares e interdisciplinares.
T6 - Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares.
T8 - Ser capaz de comunicarse cos seus compañeros, coa comunidade educativa e coa sociedade en xeral no ámbito das súas áreas de coñecemento.
T10 - Ter capacidade para actualizar os coñecementos, metodoloxías e estratexias na práctica docente.
Competencias Específicas
E7 - Capacidade de aplicar coñecementos teóricos relativos ás Didácticas Específicas, tanto á investigación coma á innovación e á avaliación.
E8 - Ser capaz de defender e argumentar de forma oral e escrita o traballo de investigación e/ou innovación realizado, utilizando no seu caso recursos audiovisuais de apoio.
E10 - Coñecer os fundamentos teóricos que sustentan a investigación e innovación no ámbito das Didácticas Específicas.
E13 - Analizar e valorar criticamente investigacións e proxectos de innovación en ámbitos disciplinares específicos.
E15 - Identificar criterios de calidade e control tanto na investigación coma na práctica docente, fomentando o espírito crítico, reflexivo e innovador.
E16 - Deseñar, xustificar, organizar e avaliar propostas para a investigación e a innovación no ámbito das Didácticas Específicas.
E17 - Seleccionar, adaptar e aplicar materiais e recursos TIC e doutra índole, para mellorar a ensinanza e aprendizaxe dos diferentes ámbitos disciplinares.
E18 - Recoñecer a investigación e a innovación aplicada ás ciencias da educación coma ferramenta continua de innovación e mellora educativa e social.
EXPOSICIÓN DO PROFESOR OU SESIÓN MAXISTRAL (CLASES EXPOSITIVAS EN GRAN GRUPO).
A primeira exposición en gran grupo estará dirixida a escoitar as expectativas, intereses e coñecementos previos do alumnado a través de determinadas actividades iniciais coa intención de axustar, o máis posible, a materia á demanda do grupo.
A utilización da exposición oral vai ir enfocada, xunto coa organización lóxica dos contidos de cada tema, a ofrecer momentos de crítica, de resolución de problemas, de cuestións baseadas en estudos científicos e en prácticas profesionais sobre unha cuestión determinada.
A exposición do docente ordenará o fío condutor da temática que se imparta, incentivando cara á participación e debate (discusión dirixida) do alumnado.
Utilizaranse exemplos de prácticas reais en centros educativos de Educación Infantil e Primaria (e doutros ámbitos) que acerquen os contidos teóricos á realidade das aulas xerando, a partir deles, situacións de debate e resolución de supostos prácticos.
EXPOSICIÓN EN CLASES PRÁCTICAS (GRUPOS MEDIANOS).
Dividirase ao alumnado en grupos medianos que deberán deseñar una proposta teórico- práctica (proba mixta) partindo dos contidos asignados a cada un deles.
Unha vez deseñada deberán expoñela nas sesións interactivas, facendo as funcións de Mestres/as mentres os seus compañeiros/as participan en debates ou coma alumnado de Educación Infantil ou Primaria (presentación oral e aprendizaxe colaborativa).
O docente dirixirá a primeira sesión interactiva para acercarlle ao alumnado as habilidades e ferramentas necesarias para enfrontarse á exposición práctica deseñada por eles mesmos.
CLASES EN PEQUENO GRUPO. PRÁCTICAS TUTELADAS.
As actividades -en pequeno grupo ou individuais- servirán para resolver dúbidas e orientar cara á elaboración e exposición do traballo interactivo, facendo fincapé na importancia de saber buscar, seleccionar e basear o seu traballo en fontes documentais de rigor científico.
O alumnado poderá consultar, na aula virtual da materia, todo o material empregado para o desenvolvemento das sesións.
• Aprendizaxe colaborativa (participación en debates, clases interactivas…): 10%
• Traballos tutelados (preparación dunha proposta práctica a partires duns contidos asignados polo/a docente): 45%
• Presentación oral (exposición do traballo grupal): 45%
Alumnado con exención de docencia.
Só aplicado ás clases expositivas, sendo obrigatoria a participación nas clases interactivas de igual xeito que o resto de compañeiros/as (incluída a parte do traballo de exposición e defensa). A parte porcentual da avaliación por asistencia e participación nas clases expositivas será compensada cun traballo individual acerca dos contidos teóricos da materia. Deste xeito, a avaliación para alumnado con exención de docencia sería:
• Traballo individual sobre os contidos da materia: 10%.
• Traballos tutelados (preparación dunha proposta práctica a partires duns contidos asignados polo/a docente): 45%
• Presentación oral (exposición do traballo grupal): 45%
Alumnado con dispensa de asistencia.
O alumnado con dispensa de asistencia deberá acreditar a súa competencia na materia a través dunha avaliación diferente ao do resto de compañeiros/as, que se concreta en:
• Exame (sobre os contidos teórico-prácticos da materia): 50%.
• Presentación dunha proposta práctica a partir dos contidos asignados polo/a docente, de natureza similar ao que teñen que realizar o resto de compañeiros/as (esta proposta, unha vez entregada, debe ser defendida ante o docente de forma presencial ou telemática): 50%.
OBSERVACIÓNS:
De non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Esta é unha materia de 3 ECTS (75 horas).
-Traballo presencial do alumnado: 21 horas.
-Clases expositivas: 9 horas.
-Clases interactivas: 12 horas.
-Titorías: 3 horas.
-Traballo non presencial do alumnado: 51 horas.
- Estudo autónomo, individual e en grupo: 12 horas.
- Actividades na biblioteca, lecturas recomendadas e procura de fontes bibliográficas ou similares: 10 horas.
- Elaboración dun traballo persoal, acorde á metodoloxía de traballo por proxectos estudado nas sesións expositivas e interactivas : 25 horas.
- Preparación da presentación oral do proxecto: 4 horas.
-Lectura de textos e apuntamentos previa ás sesións.
-Participación activa nas clases, titorías e outras canles complementarias como a virtual.
-Cumprir o ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua.
-Ás sesións interactivas é imprescindible vir provisto de roupa e calzado deportivo.
Asistencia a clase: o Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES. Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos e alumnas poderán solicitar exención oficial de docencia. Ver tamén a Instrución Nº1/2017, da Secretaría Xeral, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias.
Control da asistencia: presencial mediante sinatura.
Exención de docencia: o alumnado que teña concedida a exención oficial de docencia deberá poñerse en contacto cos profesores e profesoras da materia á maior brevidade posible. Nalgúns casos, poderase establecer un plan de traballo persoal, acorde coas circunstancias específicas do alumno ou alumna, sempre que se respecten e garantan os mesmos principios de equidade na avaliación e de igualdade de oportunidades para todo o alumnado da materia. Deberá respectar as datas establecidas para a entrega e exposición de traballos e facer un seguimento activo da materia mediante as titorías e a plataforma virtual para un desenvolvemento axeitado da mesma, así como a súa superación.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade de aforro de tinta.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
OUTRAS QUE O ALUMNADO DEBE TER PRESENTE:
• Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
• Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
• Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
• Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
• Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
José Eugenio Rodríguez Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 881812014
- Correo electrónico
- geno.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Javier Rico Diaz
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 881812014
- Correo electrónico
- javier.rico.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
19:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - XIMNASIO |
19:30-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
19:30-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - XIMNASIO |
22.05.2025 18:30-20:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
30.06.2025 18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |