Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Posicionar criticamente a «ordenación do territorio» practicada en España coas tradicións francesa do «aménagement du territoire» e anglosaxoa do «(Regional) Planning», debatendo a diferenza entre «ordenación» e «planificación».
2. Deducir a que escalas se adoita practicar a ordenación do territorio e os niveis político-administrativos implicados.
3. Distinguir entre instrumentos vinculantes e indicativos, valorando para estes últimos as novas achegas e aproximacións desenvolvidas ao redor do «Spatial/Territorial Planning/Development/Cohesion» a escala europea.
4. Comprender cales son os contidos habituais dos plans territoriais, tanto de tipo secuencial como temático.
5. Desenvolver mecanismos efectivos de avaliación de instrumentos de ordenación e planificación territoriais xa aprobados.
6. Xerar habilidades para realizar instrumentos de ordenación e planificación territoriais, nomeadamente directrices.
De acordo coa memoria do título, os contidos son os seguintes:
- A planificación territorial a escala rexional: prognose entre o indicativo e o vinculante
- Os primeiros plans territoriais. As distintas tradicións ordenadoras
- As directrices territoriais
- Os modelos territoriais
- Avaliación de directrices e modelos territoriais en planificación territorial.
Estes descritores concrétanse no seguinte temario teórico e práctico
1. A polisemia da ordenación do territorio
1.1. Ordenación, «aménagement» e «Planning»
1.2. Ordenación e planificación territoriais: de plans ríxidos a estratexias territoriais?
Horas expositivas: 3
Horas interactivas: 1,5 (debate de 2 lecturas obrigatorias)
Horas de traballo persoal: 5 (preparación das lecturas e cuestionarios)
2. Unha tipoloxía de instrumentos de ordenación territorial
2.1. As escalas da ordenación territorial
2.2. Os tipos de ordenación e planificación. As directrices
Horas expositivas: 3
Horas interactivas: 1,5 (debate de 2 lecturas obrigatorias)
Horas de traballo persoal: 5 (preparación das lecturas e cuestionarios)
3. Contidos temáticos e secuencia da planificación territorial
3.1. Os sistemas
3.2. Análise e diagnóstico
3.3. Prognose. Os modelos territoriais
Horas expositivas: 2
Horas interactivas: 1,5 (debate de 2 lecturas obrigatorias) + 3 (ferramentas e técnicas de deseño de plans)
Horas de traballo persoal: 5 (preparación das lecturas e cuestionarios) + 5 (actividades prácticas e aplicadas de planificación)
4. Os enfoques europeos en «ordenación del territorio»
4.1. «Spatial/Territorial Planning»
4.2. «Planning/Development/Cohesion»
Horas expositivas: 1
Horas interactivas: 0,5 (debate de 1 lectura obrigatoria)
Horas de traballo persoal: 2,5 (preparación das lecturas e o cuestionario)
5. Revisión de experiencias
Horas de titorías: 3 (cuestións sobre as exposicións)
Horas interactivas: 3 (exposicións grupais) + 1 (proba)
Horas de traballo persoal: 8 (preparación das exposicións) + 2,5 (preparación da proba)
Un contido obrigatorio desta materia é a saída de campo de día enteiro en desenvolvemento do temario práctico. Computaranse entre 4,5 e 12 h en función do acordo que se acade na Comisión Académica do Máster en Planificación e Xestión Territorial.
Básica
- Benabent, M. (2006): La Ordenación del Territorio en España. Evolución del concepto y de su práctica en el siglo XX. Sevilla: Universidad de Sevilla/Consejería de Obras Públicas y Transportes.
- Farinós, J. (coord.) (2018): Territorio y estados. Elementos para la coordinación de las políticas de ordenación del territorio en el siglo XXI. València: Tirant Humanidades.
- Farinós, J. & Olcina, J. (coords.) (2022): Ordenación del territorio y medio ambiente. València: Tirant Humanidades.
- Hall, P. & Tewdwr-Jones, M. (2011): Urban and Regional Planning. New York: Routledge.
- Hildenbrand, A. (1996): Política de ordenación del territorio en Europa. Sevilla: Universidad de Sevilla/Consejería de Obras Públicas y Transportes.
- Merlin, P. (2002): L’aménagement du territoire. Paris: Presses Universitaires de France.
- Pujadas, R. & Font, J. (1998): Ordenación y planificación territorial. Madrid: Síntesis.
- Scott, M.; Gallent, N. & Gkartzios, M. (eds.) (2019): The Routledge Companion to Rural Planning. London/New York: Routledge.
- Silva, E. A. et al. (eds.) (2015): The Routledge Handbook of Planning Research Methods. New York/Abingdon: Routledge.
Complementaria
- Cullingworth, B. et al. (2015): Town & Country Planning in the UK. London: Routledge.
- Desjardins, X. (2017): L'aménagement du territoire. Paris: Armand Colin.
- Galiana, L. & Vinuesa, J. (coords.) (2010): Teoría y práctica para una ordenación racional del territorio. Madrid: Síntesis.
- Jean, Y. & Vanier, M. (coords.) (2009): La France. Aménager les territoires. Paris: Armand Colin.
- Tarroja, À. & Camagni, R. (coords.) (2006): Una nueva cultura del territorio. Criterios sociales y ambientales en las políticas y el gobierno del territorio. Barcelona: Diputació de Barcelona.
- Thompson, S. & Maginn, P.J. (eds.) (2012): Planning Australia. An Overview of Urban and Regional Planning. Port Melbourne: Cambridge University Press.
- Zoido, F. et al. (2013): Diccionario de urbanismo, geografía urbana y ordenación del territorio. Madrid: Cátedra.
CG01. Capacidade de procurar e seleccionar a información útil para resolver problemas complexos, manexando con soltura as fontes bibliográficas e estatísticas existentes.
CG03. Capacidade de recompilar información espacial procedente de diferentes fontes e integrala en bases de datos xeoespaciais.
CG04. Capacidade de planificar e realizar tarefas de investigación no ámbito dos estudos e análises territoriais.
CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de seren orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7. Que o alumnado dea aplicado os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudio.
CB8. Que o alumnado sexa quen de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9. Que o alumnado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CB10. Que o alumnado posúa as habilidades de aprendizaxe que lle permita continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CT02. Capacidade analítica e de síntese.
CT04. Coñecemento das principais fontes cartográficas e de información territorial.
CT06. Capacidade de traballo en equipa e liderado, en contornas cooperativas, pluridisciplinares ou de alto nivel competitivo.
CT07. Capacidade de traballo e de resposta baixo condicións adversas (dificultade de comunicación entre membros dunha equipa, prazos de entrega exiguos, falla de recursos, etc.).
CT08. Adquisición de responsabilidade ambiental e social na elaboración de políticas territoriais e na implantación de plans e proxectos con incidencia territorial, así como nas solucións técnicas adoptadas.
CE01. Entender o marco legal e institucional da planificación e xestión territorial.
CE02. Coñecer os principais instrumentos de ordenación e xestión territorial e as principais figuras de planeamento en ordenación do territorio e urbanismo.
CE05. Formación para extraer, analizar e presentar a información necesaria para a toma de decisións na planificación e xestión territorial e ambiental.
CE06. Coñecemento e uso crítico da terminoloxía especializada en planificación e xestión territorial e ambiental, e capacidade para a aplicación práctica dos coñecementos sobre planificación do territorio, nomeadamente no ámbito galego.
CE07. Preparación e redacción de informes de ordenación do territorio, planeamento urbanístico e de xestión ambiental a través da análise crítica, a avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CE08. Coñecer as técnicas, ferramentas e tecnoloxías que permiten realizar unha planificación e xestión territorial eficientes e a diferentes escalas (rexional, urbana, etc.).
CE12. Capacidades críticas necesarias para a actividade investigadora e a realización dunha tese doutoral nos ámbitos propios da planificación e xestión territorial.
- Aulas maxistrais.
- Estudos de casos prácticos.
- Sesións de debate ao redor de plans territoriais.
- Lectura e comentario de textos.
- Traballos de materia.
- Exposición pública dos traballos realizados.
- Titorías individuais e en grupo.
- Uso de plataformas para docencia.
- Saída de campo.
Prevense o emprego do Teams e do Campus Virtual.
Contémplase a realización dunha saída de campo obrigatoria para avaliar sobre o terreo os efectos (ou a ausencia) de instrumentos de ordenación territorial. Computaranse entre 4,5 e 12 h en función do acordo que se acade na Comisión Académica do Máster en Planificación e Xestión Territorial. O alumnado deberá entregar unha memoria escrita desa actividade.
PONDERACIÓNS DAS COMPOÑENTES FORMATIVAS E AVALIACIÓN POR COMPETENCIAS
[1] Proba: 10% [CB6, CB9, CT04, CT08, CE01, CE06, CE08]
[2] Valoración da participación nas aulas (comentarios de textos e de plans): 30% [CG01, CG03, CG04, CB6, CB7, CB9, CB10, CT02, CT08, CE01, CE02, CE05, CE06, CE07, CE08, CE12]*
[3] Memoria resultante da saída de campo obrigatoria: 20% (en caso dunha ausencia xustificada, entrega alternativa) [CG01, CG03, CG04, CB7, CB8, CB9, CT02, CT06, CT07, CE01, CE02, CE05, CE06, CE07]**
[4] Exposición do tema 5: 40% [CG01, CG03, CGO4, CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, CT02, CT04, CT06, CT07, CE01, CE02, CE05, CE06, CE07, CE08, CE12]
* A elaboración do/s comentario/s está estimada en 8 h.
** A actividade ten carácter obrigatorio. A súa elaboración está estimada en 4 h. A saída a efectos docentes correspóndese con 8 h de traballo efectivo sobre o terreo, 2 h correspondentes a aulas interactivas (a saída está compartida con outras materias) e 6 h de traballo persoal.
INDICACIÓNS ADICIONAIS
Se as ponderacións das compoñentes formativas non resultasen por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na segunda oportunidade non se pode producir avaliación continua, polo que haberá un único exame presencial.
O alumnado coa dispensa concedida segundo o disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral será avaliado mediante un exame presencial equivalente consistente en preguntas de razoar na primeira oportunidade. Aquel alumnado que asista a menos do 50% das aulas tamén estará comprendido neste procedemento. Non existen actividades obrigatorias, agás o exame presencial, para o alumnado coa dispensa concedida segundo o disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral.
OUTRAS ESPECIFICACIÓNS NA AVALIACIÓN
Nas entregas, a listaxe bibliográfica e as referencias dentro do texto (estilo Harvard) deberán ser correctas. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Os requisitos necesarios para superar a materia serán os mesmos para aquel alumnado de primeira matrícula ca para aquel que estea a repetila.
A materia ten unha carga de traballo persoal de 75 horas (3 ECTS), que se distribúen en:
a) Aulas expositivas: 9 h.
b) Aulas interactivas: 12 h, das cales 2 h de saída (a saída está compartida con outras materias).
c) Titorías: 3 h.
d) Outro traballo do estudante: 51 h. Esta carga distribúese do seguinte xeito: horas de traballo persoal dos temas para a preparación das lecturas e cuestionarios (25,5), actividades de planificación (5), preparación das exposicións (8), preparación da proba (2,5), elaboración da memoria da saída de campo (4) e horas de traballo persoal na saída (6).
Esta materia implica un traballo continuado de seguimento das aulas e dos artigos cuxas lecturas se vaian propondo, así como un esforzo intenso dedicado á elaboración da exposición do tema 5. Agárdase do alumnado unha aprendizaxe autónoma mediante a lectura de artigos de revistas especializadas ás cales a USC está subscrita.
Jose Ignacio Vila Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- jose.vila.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Venres | |||
---|---|---|---|
16:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 18 |
10.01.2025 18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |