Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo desta materia é familiarizar aos estudantes co procesamento de grandes volumes de datos, con ou sen compoñente espacial, nun entorno de traballo orientado a garantir a replicabilidade das análises realizadas. Despois de cursar a materia, os/as estudantes deberán poder:
A memoria de título especifica os seguintes contidos da materia:
Estes contidos desenvolveranse a través do seguinte programa teórico-práctico de 14 sesións de 1,5 horas de duración, divididas aproximadamente en 0,5 h de clase expositiva e 1 h de clase interactiva.
- Introdución.
- Configuración do entorno de traballo.
- Importación e exportación de datos.
- Manipulación e modificación de datos.
- Produción de gráficos: ggplot2.
- Exportación de gráficos.
- Datos espaciais en formato vectorial: sf.
- Datos espaciais en formato ráster: terra.
- Produción de mapas: tmap, leaflet.
- Inferencia estatística.
- Modelos lineais (I).
- Modelos lineais (II).
- Métodos de clasificación.
- Interpolación espacial.
Bibliografía básica
Bibliografía complementaria
Competencias xerais e básicas
Competencias transversais
Competencias específicas
O desenvolvemento da materia fará uso das seguintes metodoloxías docentes:
As metodoloxías citadas serán complementadas polas seguintes:
O sistema de avaliación organízase en dous elementos de cualificación:
- Exercicios de avaliación continua. Ao longo do curso proporanse exercicios prácticos relacionados cos contidos das sesións presenciais, que deberán ser resoltos de modo invididual e entregados a través do campus virtual. Suporán o 70% da cualificación final.
- Proba de avaliación escrita. Suporá o 30% da cualificación final.
Para superar a materia será necesario acadar unha puntuación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Non será necesario acadar unha puntuación mínima en cada un dos elementos de avaliación descritos. En caso de non superar a avaliación na primeira oportunidade, cada estudante poderá decidir que elemento someterá a avaliación en segunda oportunidade. Os estudantes que repitan a materia poderán solicitar que se lles conserve a puntuación de un dos elementos de cualificación no seguinte curso académico.
A proba escrita avaliará as competencias CG02, CB6, CB7, CE05, CE06. A avaliación continua e os proxectos de análise avaliarán as competencias CG01, CG03, CG04, CB8, CB9, CB10, CT01, CE04, CE07.
En caso de dispensa oficial, examinarase ao alumno cos mesmos criterios aplicados á docencia presencial.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido no artigo 16 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia ten asignados 3 créditos (ECTS), que se distribúen en 9 horas de clase expositiva, 12 horas de clase interactiva e 54 horas de traballo persoal.
Recoméndase que os alumnos dispoñan de acceso a un ordenador persoal no que instalar as aplicacións de análise utilizadas en clase para facilitar a realización das tarefas asignadas ao longo do curso.
Eduardo Jose Corbelle Rico
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Teléfono
- 982823324
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor