Créditos ECTS Créditos ECTS: 2.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 42.5 Horas de Titorías: 2.5 Clase Expositiva: 7.5 Clase Interactiva: 10 Total: 62.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo fundamental e básico desta materia será o de formar ás e aos estudantes do título de Máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas en materia de titoría e orientación, ofrecéndolles os coñecementos, recursos e habilidades precisos para o desenvolvemento de esta fundamental e valiosa tarefa docente.
Os obxectivos pódense clasificar en tres tipos:
A/ Obxectivos referidos ao “saber”:
- Comprender os conceptos básicos da orientación e da titoría: principios, funcións, ámbitos, áreas, modelos de intervención..., e a súa relación coa función docente.
- Coñecer o marco legal vixente en materia orientadora, tanto a nivel estatal como autonómico, prestando especial atención ao modelo organizativo de Galicia.
- Coñecer os principais documentos, equipos e persoas que interveñen na tarefa orientadora e titorial dun centro educativo.
- Dominar as principais estratexias e recursos para o desenvolvemento da titoría.
B/ Obxectivos referidos ao “saber facer”:
- Deseñar, planificar e aplicar diferentes plans ou programas de intervención orientadora e titorial, así coma outras accións de esta índole tendo en conta os contextos educativos e os destinatarios das mesmas.
- Observar e saber detectar as necesidades orientadoras e titoriais do alumnado e das súas familias, dando unha resposta axeitada ás mesmas.
- Desenvolver estratexias de implicación, cooperación e mediación co resto dos axentes socioeducativos: docentes, familias e axentes externos.
- Programar e executar actividades na aula, no centro educativo e no resto da comunidade (familia, entorno, ...) que favorezan a inclusión de todos e todas e reforcen os valores de respecto, solidariedade, amizade, colaboración,...
- Desenvolver estratexias e técnicas de traballo en equipo, mediante a elaboración e exposición de traballos colectivos e a súa posterior discusión, que favorezan a cooperación, colaboración e reflexión crítica e construtiva no futuro profesional.
- Analizar criticamente as novidades existentes na literatura e na investigación en canto á orientación e a titoría.
C/ Obxectivos referidos ao “saber ser”:
- Tomar conciencia da finalidade, importancia e funcións da orientación e da titoría na educación, valorándoas como funcións básicas da docencia.
- Valorar a diversidade do alumnado como un factor de enriquecemento persoal, social, cultural e de aprendizaxe.
- Favorecer e promocionar os valores de amizade, respecto, equidade e solidariedade entre o alumnado, o profesorado e o resto da comunidade educativa.
- Asumir unha actitude aberta e positiva no traballo coas familias, apoiando e dando orientación e pautas para o traballo conxunto.
Dado que a titoría forma parte da actividade docente, é necesario que os/as profesionais da educación se impliquen nas tarefas orientadoras e titoriais do centro educativo para acadar o desenvolvemento óptimo das súas funcións.
Baixo estas premisas, os contidos desta materia estrutúranse, desde as cuestións máis globais e teóricas ás máis específicas e prácticas, formando catro bloques temáticos:
BLOQUE I. Marco teórico da orientación
1. Concepto de orientación: evolución histórica e situación actual
2. Principios, obxectivos e funcións da orientación
3. Áreas, contextos e ámbitos da orientación
4. Modelos de orientación
BLOQUE II. Modelo organizativo e funcional da orientación
1. Marco legal da orientación: estatal e autonómico.
2. Modelo organizativo e institucional da orientación: niveis de actuación
3. Modelo organizativo e institucional da orientación na Comunidade Autónoma de Galicia: diferenzas co modelo estatal.
BLOQUE III. A titoría: aproximación á función titorial do docente.
1. Conceptualización da acción titorial
2. Tipos de titoría
3. Perfil do titor/a: definición, características e funcións
4. Relacións do titor/a cos diferentes membros da comunidade educativa: alumnado, equipo docente, familia e contexto.
BLOQUE IV. A práctica da orientación e da titoría.
1. Planificación da orientación académica: plans e documentos de centro (POAT, POAP, PAT, PAD, Plan de Convivencia,...)
2. Planificación da titoría: O Plan de Acción Titorial (PAT)
3. Estratexias, recursos e actividades para o desenvolvemento da titoría
Bibliografía Básica:
Álvarez, J. e Álvarez, M. (2022). Tutoría y orientación en secundaria. Recursos para la intervención. Madrid: Pirámide
Álvarez, M. e Bisquerra, R. (2012). Orientación educativa. Madrid: Wolters Kluwer
Arnaiz, P. e Isus, S. (2008). La tutoría, organización y tareas. Barcelona: Graó.
Bisquerra Alzina, R. (1998). Modelos de orientación e intervención psicopedagógica. Barcelona: Praxis.
Decreto 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG. nº 79, 27 de abril de 1998).
Decreto 324/1996 do 26 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG. nº 156, 9 de agosto de 1996).
Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro, polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias. (DOG. nº 16, 26 de xaneiro de 1999)
Expósito, J. (Coord.) (2014). La acción tutorial en la Educación Actual. Madrid: Editorial Síntesis.
Gallego, S. e Riart, J. (coord.) (2006). La tutoría y la orientación en el siglo XXI: nuevas propuestas. Barcelona: Octaedro.
Giner Tarrida, A. (2008). La tutoría y el tutor: estrategias para su práctica. Barcelona: Horsori
González Pérez, A. (2015). La función de tutoría: Carta de navegación para tutores. Madrid: Narcea.
Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (LOMLOE). (BOE. nº 340, 30 de decembro de 2020)
Monge Crespo, C. (2009). Tutoría y Orientación Educativa: nuevas competencias. Madrid: Wolters Kluwer
Orde do 24 de xullo de 1998 pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada polo Decreto 120/1998 (DOG. nº 147, 31 de xullo de 1998).
Orde do 8 de setembro de 2021 [Consellería de Educación e Ordenación Universitaria], pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. DOG nº 206.
Pastor, E. e outros (1995). La tutoría en secundaria. Barcelona: CEAC.
Sobrado, L., Ocampo, C. I., Jato, E., Arza, N. Barreira, A. e Rodicio García, Mª L. (2001). La orientación en Galicia. Revista de Investigación Educativa, 19 (2), 545-560.
Sobrado, L., Fernández Rey, E. e Rodicio García, Mª L. (Coords.) (2012). Orientación educativa: nuevas perspectivas. Madrid: Biblioteca Nueva.
Torrego, J. C. (Coord.) (2014). La tutoría en los centros educativos. Barcelona: Graó.
Bibliografía Complementaria:
Álvarez, J. (2001). Guía de orientación y tutoría: Educación Secundaria Obligatoria. Cuaderno del alumno. Málaga: Aljibe.
Ballesteros, M. e Outros (2002). Las competencias del profesorado para la acción tutorial. Barcelona: CISSPRAXIS.
Bisquerra, R. (Coord.) (2002). La práctica de la orientación y la tutoría. Barcelona: CISSPRAXIS.
Blanchard, M. e Outros (1997). Plan de ación tutorial en la Educación Secundaria Obligatoria: elaboración, desarrollo y materiales. Madrid: Narcea.
Boza, A. e Outros (2001). Ser profesor, ser tutor: orientación educativa para docentes. Huelva: Hergué.
Brandit, A. (2000). El tutor: procesos de tutela entre alumnos. Barcelona: Paidós.
Bravo, M. J. e Outros (2001). A titoría na ESO. Vigo: A Nosa Terra.
Cobos, A. (2022). Manual de orientación educativa. Teoría y práctica de la Psicopedagogía. Narcea.
Fernández Gálvez, J. (2005). La orientación educativa: claves de éxito profesional : buscando la magia del mago sin magia. Granada: Grupo Editorial Universitario.
Galve Manzano, J. L. e Ayala Flores, C. (2002). Orientación y acción tutorial. De la teoría a la práctica. Madrid: CEPE
Gallego, S. e Riart, J. (2006). La tutoría y la orientación en el siglo XXI: nuevas propuestas. Barcelona: Octaedro. Barna
García, L. e Martínez, M. (2003). Orientación educativa en la familia y en la escuela. Casos resueltos. Madrid: Dykinson.
García Labiano, J. M. (2004). Programa de acción tutorial para la Educación Secundaria Obligatoria. Madrid: CISSPRAXIS.
González Ponte, L. e Montanero Fernández, M. (2002). Cómo mejorar la autorregulación del estudio en la Educación Secundaria. Valoración de un programa de acción tutorial. Contextos Educativos: Revista de Educación, 5, 215-226.
Lara Ramos, A. (2008). Orientación y tutoría en el marco de la acción educativa. México: GEU
Longás, J. e Mollá, N. (Coords.) (2007). La escuela orientadora. La acción tutorial desde una perspectiva institucional. Madrid: La Muralla
Lorenzo, M. L. (2004). Conflictos, tutoría y construcción democrática de las normas. Bilbao: Descée de Brouwer.
Lucas, S. e Carbonero, M.A. (2002). Construyendo la decisión vocacional. Valladolid: Servicio de Publicaciones e Intercambio Editorial, Universidad de Valladolid.
Martínez García, X. e Outros (2003). Tutoría, técnicas, recursos y actividades. Madrid: Alianza Editorial.
Morales, A.B. (2010). La acción tutorial en Educación.Hekademos. Revista educativa digital. 7, 95-114. Recuperado de http://www.hekademos.com/hekademos/media/articulos/07/06_Accion_tutoria…
M.E.C. (1990). La orientación educativa y la intervención psicopedagógica. Madrid: Ministerio de Educación y Ciencia.
M.E.C. (1992). Orientación y tutoría. Madrid: Secretaria de Estado de Educación.
Muzás, M. D. e Blanchard, M. (1999). Plan de acción tutorial en Educación Secundaria. Elaboración, desarrollo y materiales. Madrid: Narcea
Méndez Rayón, J.L. (2002). Aprender y vivir mejor en la escuela, orientaciones y dinámicas para la tutoría en Secundaria. Madrid: CCS.
Moreneo, C. y Pozo, J.I. (2005). La práctica del asesoramiento educativo a examen. Barcelona: Graó.
Nieto, J. M. e Botias, F. (2000). Los equipos de orientación educativa y psicopedagógica. Barcelona: Ariel.
Pantoja, A.; Campoy, T. e Cañas, A. (2001). Orientación y acción tutorial en los niveles no universitarios de la provincia de Jaén. Jaén: Universidad de Jaén.
Pérez Boullosa, A. e Blasco Calvo, P. (2001). Orientación e inserción profesional: Fundamentos y tendencias. Valencia: Nau Llibres.
Pérez, M. (2002). Orientación educativa y dificultades de aprendizaje. Madrid: Thomson.
Riart Vendrell, J. (2007). Manual de tutoría y orientación en la diversidad. Madrid: Pirámide.
Rincón, B. del; López, V. e Palomares, M. C. (2000). La intervención psicopedagógica en secundaria. Cuenca: Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha.
Rio Sadornil, D. Del (Coord.) (2007). Orientación educativa y tutoría. Madrid: Sanz Torres
Rodriguez Moreno, M.L. (2003). Cómo orientar hacia la construcción del proyecto profesional. Bilbao, Desclée de Brouwer.
Sampascual, G.; Navas, L. e Castejón, J.L. (2005). Funciones del orientador en primaria y secundaria. Madrid: Alianza Editorial.
Santana Vega, L. (2003). Orientación educativa e intervención psicopedagógica. Cambian los tiempos, cambian las responsabilidades profesionales. Madrid: Pirámide.
Santana Vega, L. (Coord.) (2003): Programa de orientación educativa y sociolaboral. Madrid: EOS.
Sánchez, S. (1993). La tutoría en los centros docentes: manual del profesor tutor. (5ª ed.). Madrid: Escuela Española.
Sanz Oro, R. (coord.) (2002). Programa de formación de tutores para la ESO. Granada: Grupo Editorial Universitario.
Simón, R. e Sánchez, L. (2006). La tutoría como marco en las aulas de Secundaria. Cuadernos de Pedagogía, 356, 84-87.
Sobrado Fernández, L. (1993). Intervención Psicopedagógica y Orientación Educativa. (3ª ed.). Barcelona: PPU.
Xunta de Galicia (2000). A orientación educativa e profesional en Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
Xus, M. e Outros (2003). Tutoría: técnicas, recurs os y actividades. Madrid: Alianza Editorial.
Webs de referencia:
http://www.edu.xunta.gal/portal/diversidadeorientacion: Portal de Atención á diversidade-Orientación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia
http://www.uned.es/reop: Revista Española de Orientación y Psicopedagogía
http://www.orientared.com: Recursos para a Orientación educativa en internet
http://www.orientaeduc.com: Recursos para a Orientación educativa en internet
http://www.couseling.org: Asociación americana de Orientación
http://en-clase.ideal.es/index.php/noticias/en-el-aula/1115-posiblement… selección de blogs de Orientación educativa
**Ao longo do semestre, iránse aumentando os recursos con páxinas webs e material audiovisual (vídeos, curtas,...) que servirán para aumentar información, comprender mellor a labor orientadora e abordar os diferentes traballos a realizar polo alumnado.
Tras a superación da materia, os e as estudantes terán alcanzado as seguintes competencias, as cales aparecen desagregadas en xenerais, específicas, básicas e transversais, atendendo á clasificación establecida na planificación xeral do propio Máster.
XERAIS:
- Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, á igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, á formación cidadá e ao respecto aos dereitos humanos que faciliten a vida en sociedade, a toma de decisións e a construción dun futuro sostible (CX-7)
- Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia na aula e abordar problemas de disciplina e resolución de conflitos (CX-9)
- Ser capaz de exercer as funcións de titoría e orientación dos estudantes de xeito colexiada (CX-11).
- Coñecer a normativa e organización institucional do sistema educativo e modelos de avance da calidade con aplicación aos centros de ensino (CX-13)
-Saber como informar e asesorar ás familias acerca do proceso de ensinanza e aprendizaxe e sobre a orientación persoal, académica e profesional dos seus fillos/as (CX-15).
ESPECÍFICAS:
- Saber recoñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións (CE-1)
- Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e no centro, abordar e resolver posibles problemas (CE-5)
- Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país (CE-6)
- Saber aplicar recursos e estratexías de información, titoría e orientación académica e profesional (CE-7).
- Saber como participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xenerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención a diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia.(CE-9).
- Ser capaz de relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxes como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade (CE-10).
- Adquirir habilidades sociais na relación e orientación familiar (CE-12)
BÁSICAS
- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problema dentro da súa área de estudo (CB-2)
- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética (CB-3)
- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado (CB-4)
- Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía (CB-5)
TRANSVERSAIS
- Utilizar bases de datos e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet (CT-1)
- Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións (CT-2)
- Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinarias (CT-3)
Pese a que os contidos da materia manteñen unha orde lóxica en catro módulos, o certo é que estes non responden tanto a títulos “estanco” senón máis ben a temas e problemáticas que se van a traballar ao longo do semestre e que, polo tanto, atópanse interrelacionados co único que fin de que permitan suscitarnos cuestións, preguntas e problemas aos que tentemos dar respostas profesionalmente valiosas.
Por iso a metodoloxía seguida contempla diferentes actividades e formas de abordar ou proceso de ensino-aprendizaxe, proceso no que o alumnado terá un papel protagonista, buscando a súa participación activa, a reflexión colectiva e individual e favorecendo a autoaprendizaxe. Empregárase para elo unha combinación de clases expositivas e interactivas, dividíndose as sesión de traballo en:
- Sesións expositivas (gran grupo). Farase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas dos que consta o programa da materia, aclarando os conceptos máis significativos e indicando os aspectos máis importantes nos que o alumnado deberá poñer énfase e que lle axudarán a levar a cabo as actividades propostas.
- Sesións interactivas (prácticas de seminarios). Nestas sesións intentarase profundar en temas relevantes de cada un dos bloques temáticos propostos, mediante a lectura reflexiva e o comentario crítico de documentos, libros e/ou vídeos facilitados polo docente, o estudo de casos, os debates e exposicións de traballos, a formulación de dúbidas, a elaboración de propostas didácticas ou recursos,... fomentando sempre o traballo en equipo, a colaboración e o respecto polas opinións dos compañeiros/as.
- Sesións de titoría. Nestas sesións darase resposta ás necesidades tanto grupais como individuais, resolvendo problemas, conflitos ou dúbidas que poidan xurdir na elaboración dos traballos propostos. Poderán ser presenciais ou telemáticas, empregando os medios dispoñibles pola USC.
Dado que o traballo colaborativo é esencial no desempeño da profesión docente, convén empezar a desenvolver esta capacidade durante os anos de formación universitaria. De aí a importancia de realizar actividades grupais, nas que todos e todas participen de forma coordinada. Programaranse actividades grupais por cada un dos bloques temáticos e unha actividade individual, ao final, que englobe todos os contidos estudados na materia.
Para un mellor desenvolvemento das clases e das actividades, usarase o Campus Virtual no que estarán dispoñibles os materiais de traballo das sesións, as indicacións das tarefas a realizar e os prazos de entrega. Asimesmo é o medio para publicar ditas tarefas realizadas polo alumnado, e incluso para comentar dúbidas ou reflexións xerais nos foros de discusión. Para iso é necesario que todos os alumnos/as teñan activo o correo electrónico institucional da USC (imprescindible ao comezo da materia).
A avaliación do alumnado será continua e non estará determinada, exclusivamente, por un exame final. Por iso, tomarase en consideración os seguintes aspectos:
A/ Asistencia e participación na aula (non puntuable pero imprescindible para a avaliación final):
Neste caso a avaliación será positiva se o estudante acude con asiduidade as clases (mínimo do 80%) e participa de maneira activa, mantendo unha actitude positiva cara á aprendizaxe. Para iso, levarase un control exhaustivo da asistencia, sendo un requisito imprescindible para poder presentarse ao exame. Unha vez rematadas as clases informarase do alumnado que satisfaga este requisito para poder examinarse.
Neste sentido convén sinalar que a USC é unha Universidade presencial, polo que é un dereito e un deber do alumnado a asistencia ás clases, salvo dispensa concedida e aprobada pola Xunta do Centro ou órgano en que se delegue. Neste caso o alumnado con dispensa será avaliado do mesmo xeito que o alumnado asistente, mais os traballos grupais deberán realizalos individualmente. No caso do alumnado repetidor que teña este apartado superado, quedará exento da asistencia obrigatoria a aula se así o desexa, informando á docente desa elección e acordando con ela un plan de traballo adaptado.
B/ Proba específica (40%):
Para avaliar a adquisición de contidos, realizarase un exame final con data marcada no calendario oficial (non poderá ser cambiada salvo casos excepcionais recollidos na Normativa oficial). A avaliación será positiva se o alumno alcanza un mínimo de 5 puntos sobre 10. É necesario aprobar o exame para sumar os outros apartados. En caso de suspender, gardaránselle as puntuacións dos outros apartados, de estar aprobadas, só durante dous cursos (o presente e o seguinte).
C/ Traballos grupais (40%):
Durante o semestre elaboraranse diferentes traballos grupais de cada un dos bloques temáticos. A avaliación será favorable se o alumno alcanza un 5 sobre 10 en cada un dos traballos.
D/ Traballo individual (15%)
Previa á avaliación final, o alumno/a deberá entregar un traballo onde se recompile todos os coñecementos e habilidades adquiridos durante o estudo da materia. A avaliación será favorable se o alumno alcanza un 5 sobre 10.
E/ Valoración da materia (5%):
Como actividade final, o alumnado entregará unha pequena valoración persoal da materia, marcando os temas que viu máis interesantes e útiles para a súa futura práctica e os que, pola contra, resultáronlle máis tediosos ou complicados, dando sempre unha xustificación razoada
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto que se programen de xeito coordinado.
Na realización das práctica e traballos seguiranse as normas APA-Publication Manual of the American Psychologica Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2019-, que se poden consultar no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
* Para poder superar a materia será preciso ter entregadas todas as actividades nos prazos marcados (non se ampliarán os prazos para a convocatoria de xuño) e conseguir unha puntuación mínima de 5 puntos, sumando todos os apartados e sendo preciso que todos os traballos estean aprobados, incluido o exame.
** Lembrade que non se admitirán traballos entregrados fóra de prazo, mais dentro do mesmo, pódense correxir as veces que sexa necesario para alcanzar a maior puntuación. Por iso é convinte non esperar ao último día para facer as entregas, así poderase mellorar se é preciso.
Dado que a materia conta con 2,5 créditos ECTS, o traballo do alumno en horas chegará ás 62,5 horas.
A súa distribución aproximada queda reflectida da seguinte maneira:
- Actividades presenciais: 20 horas repartidas en:
• Clases expositivas: 7,5 horas
• Clases interactivas: 10 horas
• Titorías: 2,5 horas
- Traballo autónomo do estudante: 42,5 horas
Os contidos desta materia están estruturados de tal forma que é preciso, dende a primeira clase, un traballo diario e constante para que o alumno/a vaia acadando progresivamente o seu dominio, isto permitiralle resolver os traballos que conforman a práctica, conseguindo acadar os obxectivos e as competencias da materia.
Para que o traballo do alumno sexa máis continuo e produtivo para a súa aprendizaxe, recoméndase ter en conta os seguintes aspectos:
- Asistencia regular ás clases expositivas e interactivas, salvo dispensa autorizada.
- Participación en todas as sesións prácticas, implicándose de maneira activa e respectuosa, co fin de enriquecernos mutuamente.
- Colaborar activamente no equipo de traballo. Neste sentido recoméndase establecer un plan de traballo adecuado e consensuado, co fin de evitar “agobios” e chegar a tempo á entrega. Lembrade que non se aceptarán entregas fóra dos prazos marcados.
- Consulta e estudo dos materiais recomendados pola profesora da materia.
- Traballar dun modo progresivo para acadar a comprensión da materia, intentando evitar deixar todo para o final, para que poidamos resolver dúbidas de xeito común antes da avaliación final.
- Intentar nos deixar as entregas dos traballos para o último día. Podedes sempre melloralas e modificalas, se estades en prazo.
- Consultar frecuentemente a aula virtual, por se hai algún aviso, nova...
- Uso das titorías ao longo do semestre para solventar dúbidas e ir adaptando o traballo os requisitos esixidos para superar a materia.
ASISTENCIA A CLASE:
É obrigatoria a asistencia ao 80% das clases presenciais (condición indispensable para poder acudir a avaliación final). Sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias, estará suxeita ás normas ditadas na instrución num. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC. No caso de ter formalizada e/ou concedida solicitude, deberá informarse ao profesorado no inicio da materia. Igualmente de calquera outra circunstancia relacionada coa asistencia ás clases.
TITORÍAS:
As titorías serán no horario marcado para tal fin e, preferentemente, de forma presencial. De non poder acudir, utilizaránse medio telefónicos ou telmáticos (mail, Teams...),
CALIDADE FORMAL DOS TRABALLOS:
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA-Publication Manual of the American Psychologica Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2019-, que se poden consultar no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL E ENTREGA DE TRABALLOS:
En relación cos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual para evitar gastos innecesarios de papeis e contribuir todos e todas ao cuidado do medio ambiente. De non poder por algunha circunstancia, prégase ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvoltos.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
- É obrigatorio o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais (conta de correo RAI.USC, Campus Virtual, Microsoft Office 365...), así como outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Debe terse en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado: enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre a docente e o alumnado matriculado na materia.
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Queda restrinxido o uso do teléfono móbil na aula ao uso como instrumento de traballo, seguindo as indicacións da docente. O alumnado é responsable das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse do seu uso inapropiado.
PERSPETIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá da aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
https://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/desca…
Tamén se utilizarán outras medidas para aplicar o enfoque de xénero na docencia, tales como o recoñecemento e consideración das situacións particulares das alumnas, a promoción dun clima de interaccións igualitario, a organización paritaria de grupos sempre que sexa posible, a mostra das contribucións científicas e técnicas das mulleres na materia e das propias alumnas e, a introdución do xénero como categoría de análise dos traballos do alumnado.
ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL:
O alumnado con diversidade funcional deberá ser avaliado polo servizo correspondente (SEPIU) en coordinación co docente, con obxecto de poder coñecer con maior fundamento a súa problemática e garantir a igualdade de trato, así como as adaptacións pertinentes.
PROTECCIÓN DE DATOS
Adóptase a normativa da USC a este respecto: https://www.usc.gal/gl/politica-privacidade-proteccion-datos
Nuria Prieto Vigo
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 982821001
- Correo electrónico
- nuria.prieto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 22 |
Venres | |||
18:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 22 |
16.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 27 |
16.12.2025 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |